CEIP PLURILINGÜE A LAXE 2022

Page 1

CEIP PLURILINGÜE A LAXE FERROL

Nº 18 XUÑO 2022

valón.com

Florencio Delgado Gurriarán


ÍNDICE DE CONTIDOS EDITORIAL SAÚDO DA ANPA EDUCACIÓN INFANTTIL PRIMEIRO CICLO PRIMARIA SEGUNDO CICLO PRIMARIA QUINTO PRIMARIA SEXTO PRIMARIA PROXECTOS

DESPEDIDA SEXTO e moito máis!


A escola rural non so ten un estilo propio de ensinar e aprender senón que cumpre a función social de fixar a poboación, por isto débese defender, na medida do posible e o prudente, a existencia das escolas rurais, por moi pequenas que sexan. A nosa é unha desas escolas rurais que, sempre a piques de pechar, atopa o xeito de manterse aberta e acoller a alumnado da zona e de fóra da zona. Unha escola que se adapta ás novas necesidades e ás novas situacións que nos toca vivir. Resulta difícil resumir o traballo deste curso, foi moi intenso e con moitas novidades. Continuamos coas medidas fronte a COVID e non o fixemos nada mal, xa que a incidencia foi moi baixa, polo que teño que felicitar a toda a comunidade educativa. Fixémolo moi ben e con moita responsabilidade. Este bo facer permitiu recuperar actividades que levaban tempo sen realizarse, como a excursión de fin de curso de 6º, tan esperada e desexada polo alumnado e por fin desfrutada. Tamén puidemos dar un paso máis na internacionalización da nosa escola acudindo a dúas citas cos nosos socios europeos, unha visita de mestres e outra con alumnos e alumnas. Ambas visitas foron proveitosas, pero cómpre dicir que a segunda resultou unha experiencia extraordinaria para os rapaces e rapazas que tiveron a sorte de participar nela. Para as mestras tamén supuxo unha apertura a este tipo de actividades xa que non presentou ningún problema malia a distancia e a responsabilidade dunha viaxe dese tipo. Seguiremos nesta liña o vindeiro curso. Abordamos novos retos como Digicraft, un interesanteproxecto no que traballamos a tecnoloxía sen perder de vista a importancia de traballar coas mans. Continuamos a participar no proxecto de ópera LOVA aprendendo todas as fases do proceso de creación, e tamén dentro de Educación Responsable co Coro das Emocións a música ten un papel relevante no noso centro. En Educación Responsable distintas propostas foron introducidas en todos os cursos para traballar a educación emocional, tan importante na nosa sociedade. Pero tamén entramos no Aprendizaxe Baseado nos Xogos, unha nova mirada aos xogos de mesa desde un punto de vista pedagóxico. Robótica, realidade aumentada, realidade virtual...... imos cos tempos, tentamos estar ao día nas tendencias educativas que perseguen a innovación, a inclusión e o éxito escolar, sempre contando con todos porque todos formamos esta familia que é a nosa escola. Moitas grazas a toda a comunidade escolar e a seguir medrando!


Saúdos da ANPA, Por sorte, parece que pouco a pouco podemos ir volvendo á normalidade. Estamos moi contentas de poder facer de novo as actividades que solíamos realizar. Coma no curso pasado, no Magosto, Nadal e Entroido, agasaiamos a cada alumno cun detalliño, xa que non podíamos facer moito máis. No Nadal tamén organizamos a visita do papá Noel, que foi o encargado de repartir os regaliños. Os calendarios de cada ano tiveron o éxito habitual, as fotos de cada curso e dalgunha actividade que puideron facer. No mes de abril realizamos un obradoiro presencial para as familias, xunto á ANPA do San Xoán de Figueira, “Guiar no Estudo sen sobreprotexer”. No mes de maio organizamos unha andaina pola zona de Xuvia, en Narón, cun pequeno detalle ao remate a cada participante menor de idade. Fixemos unhas rifas onde sorteamos 300€ en libros de lectura. En fin de curso faremos a festa de convivencia, unha actividade que leva facéndose dende a apertura deste cole e aínda que non será igual que en anos anteriores, intentaremos que sexa o máis divertida posible, ao non poder afrontar os gastos da comida cada familia terá que traer a súa merenda, instalaremos xogos para os máis pequenos e faremos un pequeno sorteo. Acudimos e apoiamos, vía telemática e presencial á Federación, para solventar o problema cos horarios do comedor, en todos os colexios públicos do Concello de Ferrol dun día para outro modificáronse os horarios na entrada en Madrugadores, co inconvinte de limitar a un alto porcentaxe de familias a conciliar a vida laboral coa familiar, despois de varias semanas conseguiuse voltar aos horarios habituais. Ao alumnado que marcha para Secundaria, desexámoslles unha etapa moi feliz. Esperamos que a súa aprendizaxe neste cole fora unha boa experiencia e que desfrutasen coas nosas actividades tanto como nos organizandoas. Desexamos, como todos, que esta situación vaia mellorando, dese xeito seguiremos organizando cousas para os rapaces e as familias. Para rematar, non podemos esquecernos da nosa Educación Pública, da preocupación que temos as asociacións de nais e pais ao ver a pouca inversión e desatención que sufrimos nas escolas públicas. O sistema educativo depende nunha gran parte, da vocación dos nosos docentes, algo inxusto, por non dotar aos nosos coles de medios para ter unha educación de calidade. Pedímosvos desculpas polos erros cometidos na nosa xestión, dende aquí seguiremos traballando, dende a nosa pequena labor, para axudar a unha boa convivencia e loitando polos dereitos que cremos que son imprescindibles para unha sociedade mellor

A DIRECTIVA


EDUCACIÓN INFANTIL

Ola!! Este curso os nenos e nenas de infantil sumerxímonos en varios proxectos como os medios de transporte, as profesións, converténdonos en chefs, paleontólogos/as ou bombeiros/as, e o mundo mariño, tendo na aula Aquadragons!!


Tamén contamos coas visitas das familias coas que puidemos facer actividades moi divertidas.


Ademais fixemos maxia e convertemos diferentes figuras xeométricas como cadrados, círculos, triángulos e rectángulos en persoas, casiñas, coches, soles...

Este curso estivemos moito máis concienciados en levar unha dieta saudable e analizamos as nosas merendas comprobando a cantidade de azucre que tiñan, e segundo iso as fomos colocando no noso semáforo.


Celebramos o Samaín elaborando apócemas , decorando camisetas, realizando receitas terroríficas, pero saudables, e botando os nosos medos ao pozo.

E aproveitando o bo tempo, desfrutamos da fermosa natureza que nos rodea lendo contos no exterior.


Ao longo do curso, na aula de 1º e 2º fixemos un montón de cousas! Entre uns traballos e outros, tamén tivemos tempo de lecer e de festa! Velaquí, unha mostra das nosas andanzas…

Somos Sofía e Duarte, e celebramos o día da

Comezamos o

Paz con moitos sorrisos!

Entroido vestindo coma poliños: de amarelo!

“Rapeando” mentres creábamos unhas máscaras! Aquí, Lois e Paula.

RAPEIROS E RAPEIRAS DE 1º E 2º! Como nos gustou!

Tivemos unha visita moi especial: Gema, unha rapaza a piques de converterse en enxeñeira aeroespacial!


Para celebrar o Día da Muller, adicámosllo ás mulleres da nosa vida!

Pero tamén investigamos sobre outras mulleres que fixeron historia. Aquí, Lois co seu traballo de Celia Rivas e Celia co de Ángeles Alvariño.

Emma, Yeray, Dylan e Duarte co seu flipbook de naturais. Que ben o pasamos!


Sara, Emma e Celia botaron unhas risas facendo o traballo de Don Quijote. Canto aprendimos!

Mércores de ciencias entre bicarbonato e microscopios!

Día soleado= lectura ao aire libre! Nas imaxes: Dylan e Yeray, Lois, Emma e Celia.

Tamén tivemos a visita dos “Perrecicladores”. Nesta imaxe, Alejo e Yeray aprenden a separar o lixo.


Para o noso alumnado o de plantar e regar, é coser e cantar! Aquí, Cris, Duarte e Alejo demostrando a súa arte.

Tanto esforzo, ten recompensa! Fixemos varias excursións, e nelas pasámolo xenial! Aquí, unha pequena mostra.


Tamén tivemos tempo para celebrar os cumples. Aquí temos un recordo dos de Paula, Duarte, Sara e Celia.

Como vedes, en 1º e 2º temos unha “maxia especial”. Por elo, na celebración do Día das Letras Galegas, deixamos saír a nosa faceta máis “dicharacheira”! Un pracer ;-)


Fotos, fotos e máis fotos! E eu aquí co meu brazo escaiolado! E Cris con gafas..que ben lle sentan!

Esa maxia da que falamos, non a podemos mostrar tan só nestas imaxes. Ou si?? Temos moitísimos recordos e moitas vivencias que quedarán para sempre na nosa memoria e no noso corazón. Agora a desfrutar do verán porque ben o merecemos!!


- CRECEMENTO SOCIOEMOCIONAL CO PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE 2021/2022 -

Ao longo do curso puxemos en marcha este programa, cheo de bos momentos e dos que aprendimos moitísimo!


- CRECEMENTO SOCIOEMOCIONAL CO PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE 2021/2022 -

- Aula de 1º e 2º -


Clase de 3º e 4º de primaria Neste curso fixemos un montón chulísimas e aprendimos moitísimo !

de

actividades


Foi un curso tan especial que quixemos gardar os nosos mellores recordos, para rememoralos sempre que queiramos. Descarga o QR e descúbreos !


Os 8 fantásticos

Creación dunha compañía de ópera en 5ºEP


Profesións Ola! Chámome Nadia. A miña profesión é compositora. O meu momento favorito de todo o que levamos feito creo que é cando Þxemos a entrevista de traballo. Tamén gústame moito compoñer cos meus compañeiros.

Ola! Eu chámome Ianire. En LOVA tocoume ser intérprete. Encántame esa profesión e estou moi contenta. A miña parte favorita é cando ensaiamos a obra no escenario. Mola moito!

Ola! Chámome Martín. Son o relacións públicas da compañía Os 8 fantásticos. O que máis me gustou da compañía foi traballar por equipos. Ata Þxemos unha sala VIP! Foi moi divertido.


Ola! Chámome Sara. Na compañía de ópera tocoume un oÞcio dos que máis me gusta, INTÉRPRETE. Gústanme moito os ensaios. Estou moi contenta coa ópera!

Ola! Chámome Celia e o meu traballo é compositora. A min o que máis me gustou da compañía foi traballar en equipo e sacar as cousas adiante: elexir o nome, facer o logo, elexir as características dos personaxes… A ópera é moi chula!

Ola! Chámome Lucas e son músico. O que máis me gustou foi facer todo cos meus compañeiros. Estou desexando que chegue o día!


Bos días! Chámome Antonio e na compañía de ópera son o director e encárgome de coordinar todas as profesións. Estou moi contento coa ópera.

Ola! Chámome Emilio e son intérprete. Fago un personaxe que é malo e ladrón. O que máis me gustou de todo o ano foi cando debatíamos sobre a imaxe da ópera.


6º de Primaria º


6º de Primaria Nico

Mónica e Jimena (EI)

Samu e Luis (EI )


6º de Primaria

º


6º de Primaria


6º de Primaria


6º de Primaria


6º de Primaria


6º de Primaria


6º de Primaria


6º de Primaria


OUR TRIFLE

YUMMY! YUMMY!


FRESH SPOTS


AR TS Pa i & CR nti AFT n 6t h g b a S le v g s el


s t f a r C & n s e t e r A llow Ha


REFLEXARTE


VOZ NATURA

As novas actividades que se desenvolveron ó longo deste curso foron a seguintes: Incorporamos ó horto escolar os bancais con chicharos, tirabeques e amorodos

ia de a r p a d a Limpez Doniños

Reforestación do monte de Brión

Obradoiro de Urbaser sobre a importancia da reciclaxe


APRENDIZAXE BASEADa NO XOGO Este curso o centro embarcouse no mundo dos xogos de mesa, un mundo cheo de novas experiencias enriquecedoras para todos: profesorado e alumnado.



GAÑADORES DO CIRCUÍTO MÁIS ORIXINAL 2021

https://www.instagram.com/tv/CVV 2jhXjbaT/? utm_source=ig_web_copy_link


PROXECTO DORIS Este curso tiveron lugar dúas mobilidades dentro do Proxecto Europeo KA226 DORIS, a Londres e Varsovia, nas que puidemos amosar os proxectos do noso centro ao mesmo tempo que coñecemos como se traballa noutros colexios fóra das nosas fronteiras. VIAXE A LONDRES


VIAXE A VARSOVIA


USA

BETH

OUR LANGUAGE ASSISTANT

THANK YOU VERY MUCH! WE LEARN LOTS OF THINGS WITH YOU.

WE LOVE YOU!


PASATEMPOS SEMINARIO GALÁN 2022


PASATEMPOS SEMINARIO GALÁN 2022


PASATEMPOS SEMINARIO GALÁN 2022


AT A AT SEMPRE!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.