CATIVA DE TI

Page 1

MINISTERIO DE SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE SECRETARÍA DE ESTADO DE IGUALDADE Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero 1


Catálogo xeral de publicacións oficiais http://www.060.es

Edita: Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. Secretaría de Estado de Igualdade. Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero. Paseo del Prado 18. 28014 - Madrid Correo electrónico: violencia-genero@igualdad.mspsi.es Internet: www.mspsi.es Coordinación: Pilar Gómez Muñoz. Vogal asesora. Miguel Lorente Acosta. Delegado do Goberno para a Violencia de Xénero. Autores: © Do guión: Miguel Ángel Giner Bou. © Das ilustracións: Cristina Durán Costell. Deseño e maquetación: LaGRUAestudio. Para a elaboración deste cómic os autores contaron co asesoramento previo de Carmen Castro (SinGénerodeDudas) e coa supervisión da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero. NIPO: 860-11-033-X

2


CATIVA DE TI A HISTORIA DE OLIVA E MARTINO CRISTINA DURÁN / MIGUEL A. GINER BOU

MINISTERIO DE SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE SECRETARÍA DE ESTADO DE IGUALDADE Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero 3


CATIVA DE TI PRÓLOGO

Podería parecer unha trola, ou un conto no canto dunha historia, ou algo afastado ou irreal, coma se a realidade nada tivese que ver cos debuxos que aparecen no cómic, nin os personaxes coas persoas que camiñan á beira nosa, que collen o metro ou o autobús ao tempo que o facemos nosoutros e nosoutras. Porén, asegúrovos que a historia de Oliva e Martiño é ben certa e que os seus personaxes non veñen doutro mundo, nin son produto da imaxinación. Os protagonistas poden ser calquera dos mozos e das mozas cos que vos atopades acotío no patio ou nas aulas, na rúa ou nun centro comercial. Xente coñecida, mozas que acaban cativas de mozos que ao comezo son moi curriños, pero que despois se cren donos delas, que consideran que son súas, algo que lles pertence... e xa non son máis curriños e tórnanse violentos. Nun estudo que se fixo dende o Ministerio de Igualdade con rapaces e rapazas adolescentes de toda España comprobouse que, aproximadamente, 1 de cada 10 mozas refire ter vivido situacións de maltrato por parte dos mozos cos que saían, e que un pouco máis, 1,3 de cada 10 mozos, recoñecen que o exerceran sobre as súas parellas. Podedes, xa que logo, reparar en que non é tan raro e está máis preto do que pensades. Se cadra pensades que esaxero e vos preguntades qué fixeron eses mozos para que concluamos que maltrataron. Cóntovos, segundo explican eles mesmos, por exemplo, pegáronlles, fixéronas sentir medo, insultáronas ou ridiculizáronas, ou fixéronas crer que non valían un peso. Tamén difundiron imaxes súas ou mensaxes (sms) polo móbil ou por Internet para ofendelas ou humillalas... entre outras cousas. Como podedes comprobar, non se trata de “cousas de nenos”, todo o contrario, son auténticas agresións que forman parte da violencia que sofren as mulleres, tamén as máis novas. Por iso, é moi importante que coñezades esta violencia e saibades que se presenta envolta pola normalidade e polo corrente, coma se fose algo propio das relacións de parella, ou polo menos, dalgunhas relacións de parella, o cal fai que no canto de ser rexeitada sexa xustificada. Ademais, está moi estendida como puidestes comprobar, lembrade, practicamente un 10% das mozas e dos mozos refiren que a sufriron e exerceron nalgunha ocasión!, e ocorre en calquera lugar, non vaiades pensar que en ambientes de pobreza, conflitos, consumo de alcohol e drogas,... calquera mozo pode exercela se decide facelo, todo depende da súa vontade. E se isto é así, non vos preguntastes por que hai tantos mozos que a exercen en calquera lugar? Esa é unha boa reflexión. Se unha mesma conduta aparece en circunstancias moi diferentes, quere dicir

4


que ten que haber algo común a todas elas, algo que non ten que ver con que se a familia gaña máis ou menos diñeiro, se ten máis ou menos cultura, se vive nun barrio ou noutro,... se fose produto dunhas determinadas circunstancias, aparecería ligada a elas. Con todo, non o fai, a violencia contra as mulleres supera todo tipo de barreiras e espazos, transcende situacións e ambientes para presentarse en calquera parella se así o deciden os agresores. Todos teñen as mesmas referencias culturais, e cando falo de cultura non me refiro á manifestación cultural en forma de creación artística, de literatura, pintura, música,... senón aos valores que a cultura nos dá para organizar a nosa convivencia na sociedade e ás funcións e papeis que nos asigna como parte desas referencias para que “me faga un home” e “sexas unha señora muller”. Uns valores que nos din cousas diferentes a mozos e a mozas, e que permiten que algúns deles entendan que deben controlar “a súa moza” como parte do compromiso da relación de parella, para así non quedar en mal lugar e que non crean que son uns xans ou que ela os engana con outros amigos. E lles indican ás mozas que cando “o seu mozo” se pon serio ou lles di que non falen con outros amigos ou amigas, ou cambie a roupa... o fan por amor, porque é celoso e os celos son amor. E de certo que o fan por amor, pero por amor propio, por egoísmo e por crerse donos dela. Por entender que son eles quen poden establecer límites e criterios de maneira que a relación se adapte ao que unha cultura construída por homes entende que debe ser a relación de parella. Deste xeito, fórmase o engado, e tras del agóchanse as manifestacións máis graves da desigualdade, entre elas a violencia e a discriminación das mulleres, a mesma que di “non che son horas para unha rapariga” ou “ese non é lugar para unha señora”. Onde hai amor non pode haber violencia, e todo o que sexa impor, limitar, controlar,... a iniciativa dunha moza é violencia porque a obriga a someterse aos ditados dun mozo, e porque dá entrada a que actúe de maneira máis violenta por medio da agresión para corrixir o que el considera que non é axeitado, ou por entender que foi ela coa súa conduta a que atacou a súa posición como home. Non se quere máis por aguantar estas condutas, nin se é máis home por exercelas, a condición humana artéllase sobre o respecto aos Dereitos Humanos. Se vos atopades en situacións como as que describe a historia do cómic ou coñecedes que se produce na vosa contorna, non quededes coa dúbida, a dúbida sempre atrapa a quen sofre a violencia e reforza o que a exerce, pois o único que fai é prolongar o tempo e as circunstancias que o acompañan. Preguntade, falade do tema, chamade ao 016, pedide axuda e dádea vosoutros, entregádea vosoutras como o fai o grupo de Oliva. Temos que facer unha sociedade mellor e iso significa que nela non pode haber violencia e que debemos pórnos en acción, ninguén pode faltar a esa cita. Miguel Lorente Acosta Delegado do Goberno para a Violencia de Xénero.

5


6


EI, MIRA OLIVA, UN CACHORRO! A VER SE VAI SER PERIGOSO, CAROLINA?

PERO MÍRAO, NON VES O AGARIMOSIÑO QUE É.

ABOFÉ QUE O É... OLA, CANCIÑO...

LARACROF!

LARACROF!

7


AH, ESTÁS AQUÍ, DEMO DE ANIMAL!

VAS VER O QUE É OBEDECER O TEU AMO...

E... ESTABA XOGANDO CON NÓS E... E...

VAS VER AGORA!

OLIVA! OLIVA, AXÚDAME!

DÉIXEA QUIETA, BRUTO!

QUE TES?!? QUERES LEVAR TI TAMÉN?!

OOO... OLI... VAAAA...

O... OLIVA... FAI ALGO...

8


OLIVA!

OLIVA.

UF, PERDOA, ANDÁBACHE NAS VERZAS... VAIA, XA O VEO...

ESTABA A PENSAR... LEMBRAS O RAPAZ DO QUE CHE FALEI? MARTIÑO? O DO EQUIPO DE FÚTBOL?

É QUE ME MIRA CUNS OLLIÑOS...

EU CREO QUE LLE CHISTO...

EU NUNCA SENTIRA NADA SEMELLANTE POR NINGUÉN... ... OS AMIGOS CON DEREITOS QUE TIVEN ATÉ AGORA NON FORON MOI IMPORTANTES.

ISO NON LLELO VAIAS DICIR A ELES, HE, HE... VELAÍ, RAQUEL E AHMED.

LOGO VAI POR EL, FILLA!

SEICA CHE CAEU EN GRAZA MARTIÑO?

TÍA, PODES PASARME OS APUN- DE CERTO... E XA SABES QUE SE QUERES, AXÚDOTE... TAMENTOS DE MATES?

CAROLINA, ****!

TÍA, NON SABES O FAVOR QUE ME FARÍAS...

HE, HE... VEÑA, EU MARCHO QUE TEÑO DEBUXO.

ATENDE, O OUTRO DÍA ESTABA NOS VESTIARIOS E PUIDEN OÍR QUE FALABAN DE TI...

9

QUE DIS?

SI, SI... QUE ONDE VIVÍAS, A QUE AULAS ÍAS... ESE TIPO DE COUSAS...


MARTIÑO!!

QUE FOI?

BUAHH, QUE MIRADA CHE BOTOU! E AÍNDA TES DÚBIDAS?

E LOGO NON É ESA A TÍA QUE CHE CHISTABA?

UF, CREO QUE ME PUXEN TODA ENCARNADA... NA FESTA VOU POR EL.

E QUEN É ESTE NENIÑO? SE É O MEU PEQUENO BUDA...

MA, PA, XA ESTOU NA CASA.

A VER SE É CERTO, MIRA QUE CHE CUSTA...

OLI... VAA...

VEÑA, DEICA MAÑÁ.

CIAO.

OLA, NENA, AXÚDAME CO TEU IRMÁN QUE TEÑO QUE FACER A CEA.

OLA, CEÍÑO.

O.. LI... VAA...

O.. LI... VAA...

OLA, MA, XA LLE DOU EU A CEA A HADRIÁN...

E COMO FORON AS AULAS?

BEN, COMA SEMPRE...

SÓ BEN? E A QUE SE DEBE ESE BRILLO NOS TEUS OLLOS?

OLI... VAA... 10

VAIA... É QUEEE... CREO QUE ME GUSTA UN RAPAZ...


MORDE O PO, NOXO DE ZOMBI!

QUEDAS A CEAR, RICARDO?

****! XA VOLVERON MATARME!

MARTIÑO, XA TES A CEA!

COMO QUEIRAS... POR CERTO, CREO QUE LLE VOU ENTRAR Á RAPAZA DO INSTITUTO...

NON SEI... O VENRES NA FESTA TENTAREI ALGO...

CERTO, BEN QUE ME GUSTA.

A OLIVA ESA? CAMPA UN MUNDO...

COMO QUEIRAS, PERO AVISADO ESTÁS: SON TODAS UNHAS CARGANTES.

RICARDO NON QUEDA QUE HAI DE CEA?

O DE SEMPRE...

E PA? ESTÁ MOI ATAREFADO NO BUFETE E CHEGARÁ TARDE...

11

SI, O DE SEMPRE...

NON, NON, XA DIXEN NA CASA QUE ÍA E NON QUERO PROBLEMAS CO VELLO... ÉCHE UNHA LERIA, NON DEIXA DE SER O MESMO CONTO CON TODAS...

FÍXENCHE UN SÁNDWICH... EU XA CEEI.


VAIA, OLIVA... ACABO DE OÍR QUE OS DO EQUIPO DE FÚTBOL NON VAN VIR...

COLOCÁRONLLES UN ADESTRAMENTO E NON VEÑEN, SÍNTOOO...

BEN... NON PASA NADA...

COMO?

OLA...

VOU TER QUE COMEZAR A COMER ESPINACAS? OLA!

TI ES OLIVA, NON É? E TI MARTIÑO... HE, TES O NOME DA MOZA DE POPEYE. É BOA IDEA... E O DA PROTAGONISTA DE FRINGE... ? CHEGUEI A TEMPO? DEPENDE... DEPENDE DE QUE? DE A QUE QUERÍAS CHEGAR... 12


DOUS MESES DESPOIS. NON PODO, XA CHE DIXEN QUE QUEDEI CON AHMED...

... E LOGO CON CAROLINA PARA VER E LOGO TEÑO QUE UNHAS PÁXINAS DO SEU CÓMIC... RECOLLER A HADRIÁN. ENTENDO. OLA, OLIVA, OLA, MARTIÑO. OLA, PROFESOR.

E POR QUE NON VÉS AO ADESTRAMENTO E AGARDAS POR MIN?

UI... NON, NON. NON ME PRESTARÍA DEIXALOS COLGADOS...

PERO MARTIÑO... SE A EL LLE ENCANTA VERVOS XOGAR... PÁSAO TAN BEN.

PERO, SE QUERES, CANDO RECOLLA A HADRIÁN, ACHEGÁMONOS...

UIII... TEN QUE VIR O TEU IRMÁN?

VEÑA, CIAO...

DÁMONOS UNHA CHAMADIÑA...

OLA, AHMED, A VER ESE TEOREMA...

13


TEMOS UN TRIÁNGULO CON ÁNGULOS ABC, NON É? ABC.

LOGO A PARTIDO POR SEO DE A É IGUAL A B PARTIDO POR SEO DE B, QUE É IGUAL A... VAIA O MÓBIL DE NOVO. BÓTOT MOITO D -...

OUTRA VEZ? VAIA, OLIVA XA VAN 10 SMS...

ASÍ NON HAI QUEN SE CENTRE.

É QUE É MOI AGARIMOSO...

É UN POUFÓN, NENA...

SI, PAROU DE CHOVER...

PERO... EH... AGORA?

NON, NON É ISO... É QUE NON ME PRESTA DEIXALOS PLANTADOS.

E QUE FAGO CON CAROLINA E... E... HADRIÁN?

EEEH... AHMED... SUSPENDERON O ADESTRAMENTO E... EH... VAIA, MARCHO...

TAC, TEC, TAC, TAC.

14

VALE, ESTÁ BEN... AGORA OS AVISO DE QUE NON PODO IR...


ESA SEMANA... EU PODO LEVAR BEBIDAS...

OLA, OLI, ESTAMOS PLANEANDO SÁBADO DE PRAIA E CINEMA.

OLA, GUAPO, QUE FAS?

OLA, RAPACES, QUE FACEDES?

OSTRAS! APETÉCEME UN MUNDO!

APÚNTASTE?

QUEDAMOS O SÁBADO PARA PRAIA E CINEMA...

MATAR ZOMBIS, APÚNTASTE?

DÍGOLLO LOGO A MARTIÑO... CONTADE CON NÓS!

O SÁBADO? O SÁBADO TEÑO PARTIDO...

ABOFÉ, ISO NIN SE PREGUNTA...

BEN, EH... POIS IREI EU QUE ME APETECE UN MUNDO...

VAIA... EU CRÍA QUE ÍAS VIR VERNOS... ... É UN PARTIDO MOI IMPORTANTE.

EH... É QUE HAI MOITO QUE NON SAIO CON ELES...

15


QUE PASA? XA NON XOGAMOS?

É QUE, VAITES OLI, ENMARÁÑALO TODO...

XA COMENTARA COS COLEGAS QUE ÍAS VIR... TEÑO MOITA GANA DE QUE VEÑAS...

E POR CERTO... PODES ABROCHARTE UN POUCO? VAS MOI DESTAPADA...

VERÁS, PODÍAS CONSULTARMO ANTES.

É BROMA, NON É?

VEÑA OLI... E LOGO IMOS AO CINEMA TI E MAIS EU... PERO VEMOS UNHA DAS NOSAS E NON UNHA DESAS RIDIS QUE LLES GUSTA AOS TEUS AMIGOS...

DÁLLE, QUE NON CHE CUSTA NADA...

VAIA. QUE PASA? ERA OLIVA... ADIVIÑADE.

VEÑA, É NORMAL... ESTÁN NA FASE A...

QUE NON VÉN O SÁBADO. PREMIO!

16

AI PEDRIÑO, PERO QUE CANDOROSO ES, NENO.


ESTA MA, CÁMPAME ESTA.

SI, QUE TES? NON CHE GUSTA?

E... ESTA?

COMO SEMPRE VAS DE CURTO, CHÓCAME VERTE CUNHA SAIA TAN LONGA...

POR QUE DIS ISO? QUÉDAME MOI BEN.

SI... SI QUE ME GUSTA... É QUE SE ME FAI RARO QUE CHE GUSTE A TI.

SAAAAIA OOO... LI... VAA

VEÑA, MA. XA SON MAIOR PARA IR COMO QUEIRA, NON É?

POR QUE NON DEIXAS DE TRATARME COMO UNHA CATIVA?

NON, CARIÑO, NON É ISO...

E NON EMPREGUES ESE TON CONDESCENDENTE COMIGO... ... NON O ATURO.

É MARTIÑO... ESTÁ FÓRA AGARDÁNDOME...

E... E A SAIA?

MARCHO.

EU QUE SEI...! POONA POR AÍ! OLIVAAA... ANOXADAAA...

17


TEN, PÁSOVOS A QUENDA...

VOU MEXAR.

SÚBENOS UNS REFRESCOS BEN FRÍOS...

SÚBEOS TI, NEN... EU VOU EN DIRECCIÓN CONTRARIA...

COMO?!

QUE PASA?!

A VER SE O ENTENDES...!

NON PODES FACERNOS ESE FAVOR?!

EU PÍDOCHE QUE NOS TRAIAS UN REFRESCO E TI TRÁELO E PUNTO!

SI, SE FOSE ABAIXO, PERO NON VOU, PODES FACELO TI...

TES GANA DE RIR, NON É?

TEÑO, GANA DE RIR...

FAI O FAVOR DE TRAER OS **** REFRESCOS E DEIXEMOS XA ESTA LERIA.

18


Á MAÑÁ SEGUINTE NO INSTITUTO... E LEMBRADE QUE TEDES DEREITO A DENUNCIALO, A SOLICITAR UNHA ORDE DE PROTECCIÓN OU A RECIBIR INFORMACIÓN SOBRE AS ACTUACIÓNS XUDICIAIS...

MOITA XENTE ESTÁ EN SITUACIÓN DE RISCO E NON É CONSCIENTE DISO...

E QUE TEDES O TELÉFONO 016(*) AO VOSO SERVIZO. DEIXÁMOSVOS UN TRÍPTICO INFORMATIVO...

016(*): Teléfono de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero.

MOI BEN, AGRADECÉDELLE Á REPRESENTANTE DA UNIDADE DE VIOLENCIA DO MINISTERIO DE IGUALDADE A SÚA COMPAÑA.

É QUE LEVO PRÉSA...

MOITAS GRAZAS, FOI UN PRACER...

OLIVA, PODES QUEDAR UN CHISCO? SÓ SERÁ UN INTRE...

NON SEI SE SABES QUE O ADESTREI DURANTE UNS ANOS, COMO CHE VAI CON EL?

GUSTOUCHE A CHARLA? FOI MOI INSTRUTIVA...

ISO NON É ASUNTO SEU... REPAREI EN QUE ESTÁS SAÍNDO CON MARTIÑO DO EQUIPO DE FÚTBOL...

VEÑA OLIVA, NON TE POÑAS RABUDA, QUE NON CHE PEGA...

SAIO... E QUE TEN ISO?

O QUE SI ME PEGA É QUE ME DEIXEN QUIETIÑA...

EN CALQUERA CASO LEVA O TRÍPTICO E BÓTALLE UN OLLO, POR FAVOR...

O QUE VOSTEDE DIGA... E SE XA PAROU DE AMOLARME, MARCHO... 19


CAROL? HAI TEMPO QUE NON ME CHAMAS ASÍ... DENDE QUE ERAMOS CATIVAS...

GÚSTACHE?

LEMBRAS AQUELA CADELIÑA?

LARACROF! É FERMOSO, CAROL...

VAIA MEDO PASAMOS.

COMO PODER ESQUECELA?

PASAMOS, LEMBRAS QUE QUEDACHES PARALIZADA?

É QUE... EH... NON SEI COMO TE VEXO, OLIVA...

CADA VEZ ESTÁS MÁIS DISTANTE, AFASTADA DOS TEUS AMIGOS...

XA, XA...

***** CAROLINA! TI TAMÉN?!

PREOCÚPOME POR TI...

POIS DEIXA DE FACELO QUE XA SON UNHA NENA GRANDE...

VEÑA, OLIVA...

MIRA, O NOSO É ALGO MOI ESPECIAL...

VÓS NON PODEDES ENTENDER O QUE NÓS SENTIMOS. SOBRE TODO TI... QUE NUNCA PODERÁS CONSEGUIR UNHA PARELLA ASÍ..

A QUE TE REFIRES? VEEEÑA... INDA FAI FALLA QUE CHO EXPLIQUE? 20


...E XA TEÑEN O SEU MERECIDO...

HA, HA, COMO CAMPA!

OLA, NENA, QUE TES? SEMELLAS MURCHA...

É POLA MIÑA CULPA, NON É?

NON É NADA...

A VERDADE É QUE ME PORTEI COMO UN INDESEXABLE...

NON O É, PARVIÑO...

LEVO TODO O DÍA DÁNDOLLE VOLTAS...

SABES QUE ESTOU CATIVA DE TI...

... E AGARDANDO A VERTE PARA PEDIRCHE PERDÓN...

ASÍ QUE CASTÍGAME, FUSTÍGAME, BÓTAME Á GRELLA, FAI O QUE QUEIRAS COMIGO...

21

POLO DOS REFRESCOS DO OUTRO DÍA...


FIN DE SEMANA POLO BARRIO DE PUBS... OLA.

OLIVA? VÉS TOMARLLE UNHA? ESTAMOS AQUÍ TODOS...

OLA, CAROLINA, TODO BEN? ATENDE, AQUEL NON É MARTIÑO? ... E TODO O EQUIPO... NON ESTABAN XOGANDO FÓRA TODA A FIN DE SEMANA?

ESTABAN, DÍXOMO OLIVA... VOU CHAMALA.

22

VOU, VALE...


EH... QUE NON VÉN... QUE TEN QUE COIDAR O SEU IRMÁN E QUEDA A ESTUDAR...

ESTÁ Á AGARDA DE QUE CHAME MARTIÑO CANDO REMATE O PARTIDO!

E, NON O PERDADES...

BULIDE, MARCHAN, OS DO FÚTBOL MARCHAN...

SEGUÍMOLOS E VEMOS O QUE FAN, VALE RAPACES?

... E ADEMAIS TEMOS QUE ESTUDAR QUE É FINAL DE CURSO...

EEH... MELLOR NON, CAROLINA. PASAMOS DE LEAS...

VAITES, A ONDE FORON TODOS?

POIS EU VOU SEGUILOS...

VIDE AQUÍ SE TEDES****!

O... OSTRAS!

VEÑA, COVARDES...

23


DOMINGO Á TARDE. VAIA, TES UN HEMATOMA ENORME NAS COSTELAS...

EH... HA DE SER DO PARTIDO DE ONTE...

NON ENTENDO COMO CHE GUSTA ESE DEPORTE TAN VIOLENTO...

POIS TI NON TES PROBLEMAS EN ESMAGAR ZOMBIS...

VEÑA... NON É O MESMO... ISO É VIRTUAL...

PENSACHES NO QUE CHE DIXEN? O DE MATAR MÁIS ZOMBIS? NON PARVIÑA, O DE IR UN CHISCO MÁIS LONXE... O DAS FOTOS CO MÓBIL XA SABES QUE NIN DE BROMA...

XA SABES QUE NON ME REFIRO A ISO... NON SEI... DÉIXAME PENSALO MÁIS... SEMPRE DIS QUE ME QUERES E XA VAI SENDO HORA DE DEMOSTRALO, É OU NON É? QUÉROTE, E COMO NUNCA QUIXEN A NINGUÉN, PERO PRECISO MÁIS TEMPO. 24


LEVO MESES AGARDÁNDOTE E NON PODO FACELO TODA A VIDA...

O NOSO É ÚNICO, NUNCA ATOPARÁS NADA SEMELLANTE...

XA, PERO NON DEIXAS QUE NINGUÉN SE ME ACHEGUE A MIN...

O OUTRO DÍA VINTE A XOGAR CUNHAS RAPAZAS...

VEÑA... NADA SERIO... É NORMAL QUE OS TÍOS XOGUEMOS...

...E SE O FAN, LOGO BOTAS HORAS SEN FALARME, EMPERRENCHADO...

SÍNTOO, PERO SON COUSAS QUE HAI TEMPO QUERÍA COMENTARCHE...

VOLVICHES FACELO! VOLVICHES CAMBIARME DE TEMA!

COUSAS? HAI MÁIS?

HAI, PERO NON TE ANOXES...

PERO É QUE SEMPRE SAÍMOS COS TEUS AMIGOS... BOTO EN FALLA OS MEUS.

ISO É TODO O QUE QUERÍAS DICIRME?

UF, XA... PERO É QUE OS TEUS AMIGOS SON UNS POUFÓNS...

EH,... O TEU AMIGO RICARDO...

... E ABURRIDÍSIMOS... TI MESMA O DIXECHES ALGUNHA VEZ...

QUE PASOU?

NON SEI... É QUE NON ME GUSTA... CANDO ESTÁS CON EL, COMPÓRTASTES DIFERENTE.

POIS MIRA, RICARDO É COMO UN IRMÁN PARA MI...

VÉN DUNHA FAMILIA CON PROBLEMAS E EN PARTE SÍNTOME RESPONSABLE DEL...

NON É UNHA BOA INFLUENCIA... NON É UNHA BOA INFLUENCIA? PARECES A MIÑA VELLA! E LOGO XA QUE TE VENDES TAN SOLIDARIA, DEBERÍAS ENTENDELO, NON É?

25


VEÑA MARTIÑO, NON TE POÑAS ASÍ...

SEICA A TÚA IDEA É ANDARME NO CALLEIRO, ****!

UI, OLA, CAROL... OLIVA NON ESTÁ, FOI AO BALONCESTO... VEÑA DÁLLE... CREO QUE SEI DO QUE ME QUERES FALAR...

OLA, CARME, NON VEÑO FALAR CON ELA, VEÑO FALAR CONTIGO... AO DÍA SEGUINTE. SABEDES DE CAROLINA?

O... OLA OLIVA... E... ESTABA NA CANCHA... QUE PASA?

CAROLINA!

VAITES, VAITES! 26


PERO QUE **** LLES CONTACHES AOS MEUS PAIS?!

ACOUGA, OLIVA...

QUE ACOUGUE?! OS MEUS PAIS MÁNDANME A IRLANDA TODO O VERÁN!

AGORA QUE PLANEARA AS VACACIÓNS CON MARTIÑO... ESTÁ BEN, SÍNTOO, NON DEBÍN IR CO RUXERRUXE AOS TEUS PAIS...

ISO É ASUNTO MEU!! E TI NON TES POR QUE METER OS FOCIÑOS!!

PERO É QUE NON O VES, XA NON ES TI, PARECE QUE FUCHES ADUCIDA...

XA CHO DIXEN, ES A MIÑA AMIGA E PREOCÚPOME POR TI...

POIS A PARTIR DE AGORA TERÁS QUE PREOCUPARTE POR BUSCAR UNHA NOVA AMIGA QUE ATURE AS TÚAS PARVADAS...

ISO NON ME CHISTOU NADA...

O QUE PASA É QUE NOS TES ENVEXA E NON PODES CON ISO.

SE TAN BEN TE LEVAS CON EL POR QUE NON LLE PREGUNTAS POLO SÁBADO Á NOITE?

O SÁBADO? FORON XOGAR FÓRA... ESTÁS SEGURA? POR QUE NON LLO PREGUNTAS?

XA NON ES A MESMA OLIVA, XA NON TES SANGUE...

ES... ES COMO A CADELIÑA AQUELA QUE MIRABA AMEDRENTADA O SEU AMO...

ASÍ ES TI CANDO ESTÁS CON MARTIÑO...

E ISO... DE CERTO QUE NON É AMOR... 27

VAI CAGAR!


OND STAS?

QUE PASOU O SÁBADO POLA NOITE, MARTIÑO?

NO FTBOL, Q OCORRE?

EH?

NON FOSTES XOGAR FÓRA, NON É?

QUEN CHE CONTOU ISO?!

QUEN CHE FOI CO CONTO?!

OU SEXA QUE É VERDADE QUE NON SAÍSTES...

NON É ASUNTO TEU... COMO QUE NON É ASUNTO MEU?! EU TEÑO QUE DICIRCHE TODO O QUE FAGO! CON QUEN VOU, CON QUEN DEIXO DE IR E TI NON FAS OUTRA COUSA MÁIS CA MENTIRME!

PORQUE AS GHICHAS NON O ENTENDEDES...

ESTÁ BEN, MENTINCHE...

A IR PELEXANDO POR AÍ CON OUTROS?

FOMOS AXUSTARLLES AS CONTAS AOS DO OUTRO EQUIPO... NON É TAN GRAVE...

CLARO, O HEMATOMA ERA DA PELEXA...

POR QUE NON MO CONTACHES?

A QUE TE REFIRES? 28

CRES QUE ISO TEN QUE VER CON SER UNHA GHICHA?


ESCOITA, AS TÚAS PARVADAS ESTÁN COMEZANDO A ENCHERME...

E LOGO QUE VAS FACER? “AXUSTARME AS CONTAS”?

AGORA VAS DICIRME QUEN CHE FOI CO CONTO!

POIS NON SERÁ PORQUE NON O MERECES...

DIME, QUEN FOI? QUEN CHO CONTOU?

RAQUEL?

O MOURO? CAROLINA?

CLARO, CAROLINA...

ESA ENTREMETIDA DOS ******!

POIS VAI VER QUEN SON EU!

CA... CAROL...

29


“ES COMO A CADELIÑA AQUELA QUE MIRABA AMEDRENTADA O SEU AMO”

CAROL...

MARTIÑO, NON!

30


BAH!

AH!

PERO NON VAS QUEDAR SEN LEVAR ALGO...

E XA FALAREMOS TI E MAIS EU...

POR ESTA VEZ ZÁFASTE...!

UUUI, A CABEZA...

DÉIXOTE COA SUBNORMAL DA TÚA AMIGA...

31

SUBNORMAL?


ESTÁS BEN, CAROL?

AO DÍA SEGUINTE. AÍ ESTÁN...

QUE FACEMOS SE SE PON VIOLENTO?

XA, PERO E SE SE ATREVE? POIS CHAMAMOS A POLICÍA, NON É?

SI, E PARECEN MOI ANOXADOS. NON SE ATREVERÁ NUNHA TERRAZA CHEA DE XENTE. 32


MARCHA, VEÑA...

MIRA, PARECE QUE MARTIÑO MARCHA...

COMO ESTÁS?

BEN, BEN... XA CORTEI...

VAIA, TÍA, QUE DURA ES! NON SOLTACHES UNHA SOA BÁGOA!

PARA SEMPRE!

BEN, XA CHOREI TODO O QUE DEBÍA...

NON MERECE UNHA BÁGOA MÁIS...

MOITAS GRAZAS POR ESTAR AÍ, RAPACES....

E EU, RAQUEL, E EU... PERO NON PODÍA SER COMO AQUELA CADELIÑA...

SOMOS OS TEUS AMIGOS, FILLA... NON É TAN DOADO DESFACERSE DE NÓS.

COMO?

VAIA, TÍA, PASEICHE UN MEDO!

NADA, NADA, XA VOLO EXPLICAREI...

TOMAMOS ALGO PARA RELAXARNOS?

IDE VÓS, A MIN INDA ME QUEDA UNHA COUSA POR FACER... 33


OLA, CAROL.

VOU EU...

NON ME PECHES A PORTA, POR FAVOR.

TRÓUXENCHE UNHA COSA...

BEN... EH... MOLLEIME UN CHISCO...

QUE É? NON TEÑO ANSIA. NON MÁIS SORPRESAS...

CONFÍA EN MIN... ÁBREO E SABERALO...

PERO CREO QUE ESTÁN TODAS, NON É?

OLIVA! CO... COMO?

DÁME UNHA APERTA!

E POR MARTIÑO NON TE PREOCUPES...

DÁME OUTRA APERTA!

CORTEI CON EL DE-FINI-TI-VA-MEN-TE!

PERO QUE CALDOSA ESTÁS!

OCORRÉUSEME UNHA COUSA...

DESTA APRENDÍN, CAROL! GRAZAS A TI...

VOU FACER UN CÓMIC CON TODA ESTA HISTORIA... TITULAREINO: “CATIVA DE TI”.

FIN 34


Estudo sobre Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero na Adolescencia en:

www.mspsi.es

Cristina Durán (1970) y Miguel Ángel Giner Bou (1969) son licenciados en Belas Artes na especialidade de Debuxo pola Facultade de Belas Artes de San Carlos de Valencia, UPV. En 1993, crean LaGRUAestudio, onde traballan dende aquela dedicados profesionalmente ao cómic e á ilustración tanto editorial como publicitaria. En 2009, Ediciones Sins Entido publica a súa novela gráfica UNA POSIBILIDAD ENTRE MIL. En marzo de 2010, a editorial Dargaud edítaa tamén no mercado na súa tradución ao francés, co título UNE CHANCE SUR UN MILLION. Esta obra queda finalista no Premio Nacional de Cómic 2010 que outorga o Ministerio de Cultura e, en 2011, recibe o seu 2º premio en Francia no 1er Trophée “les Bds qui font la Différence”. www.lagruaestudio.com www.unaposibilidadentremil.com

35


CATIVA DE TI A HISTORIA DE OLIVA E MARTINO

“Podería parecer unha trola, ou un conto no canto dunha historia, ou algo afastado ou irreal, coma se a realidade nada tivese que ver cos debuxos que aparecen no cómic, nin os personaxes coas persoas que camiñan á beira nosa, que collen o metro ou o autobús ao tempo que o facemos nosoutros e nosoutras. Porén, asegúrovos que a historia de Oliva e Martiño é ben certa e que os seus personaxes non veñen doutro mundo, nin son produto da imaxinación. Os protagonistas poden ser calquera dos mozos e das mozas cos que vos atopades acotío no patio ou nas aulas, na rúa ou nun centro comercial. Xente coñecida, mozas que acaban cativas de mozos que ao comezo son moi curriños, pero que despois se cren donos delas, que consideran que son súas, algo que lles pertence... e xa non son máis curriños e tórnanse violentos...”

Do Prologo de Miguel Lorente Acosta Delegado do Goberno para a Violencia de Xenero

36


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.