Animais fantásticos G - José Jorge Letria / André Letria

Page 1

Animais fantásticos

José Jorge Letria | André Letria

A Ave Fénix

Cuberto de plumas douradas, o meu corpo voador elévase no aire, lentamente, despois de renacer do silencio que hai nas cinzas, da tristeza que hai no lume, do esquecemento que hai nos séculos. Se alguén se achega, bocexo e digo:

«Viaxo cara ao templo do Sol, alá, nas terras de Exipto; teño présa por chegar, e ninguén sabe se existo, mais o que eu quero é voar. Vivo na casa dos mitos, en corredores sombrizos, e os misterios que gardo xamais os revelarei. Voade comigo, voade!

Irei ata onde alcancen os vosos soños!»

O Basilisco

Eu son a estraña mestura dun galo e dunha serpe que é quen de transformar un sapo pequeno nun fero animal. Eu son todo e nada son, e hai noites que me envolven dez feixes de luz nados do luar. De certo, non sei o que fun nin o que chegarei a ser, pero cada vez estou máis lonxe dun mundo que non coñezo. Abro un libro moi antigo que describe o meu ollar, e nel dise que ninguén pode mirar os meus ollos.

Hai gravados que me amosan nun bulideiro movemento, en manobras envolventes de auténtico feiticeiro. Son ave e tamén son serpe, con esporóns e patas de galo. Parezo tan inofensivo e inmóbil que algúns se preguntan se estarei vivo. Habito nunha casa de néboa no outro lado do mundo; se lle queredes dar nome, chamádelle Mitoloxía.

9 7 8 8 4 1 3 4 3 3 2 1 9
ISBN 978-84-1343-321-9

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.