Recomendacións veran 16

Page 1


PRELECTORES/AS (E. INFANTIL) O GRILO MÍLLELO Xosé Tomás Edit.: Embora O grilo Míllelo é moi contareiro pero un bo día ao levantarse das súas ás non saía nin un cri, cri... Como amañará isto?

Mariana Ruiz Johnson (ilustración)

EL VIAJE DE MAMÁ Edit. Kalandraka

Cando mamá se ausenta por traballo, a casa non arrecende a flores e é papá quen coida en solitario do pequeno elefante. A maleta, o aeroporto, a despedida..., todo un proceso ata que mamá á fin regresa.

¿SOMOS AMIGOS? Anabel Fernández Rey (ilustración) Manuela Rodríguez (tradución)

Edit.: Kalandraka

Porque a amizade é, polo menos, cousa de dous: pedir e dar, non só no material, senón tamén no afectivo.

Pat Hutchins (ilustración) Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez (traducción)

UNHA FESTA SORPRESA Edit.: Kalandraka

Ía ser unha festa, pero os amigos de Coello fixéronse ideas moi distintas e estrafalarias sobre aquela sorpresa. Humor e rumor nunha historia que se presta a xogar.

MAISY LEARNS TO SWIM Lucy Cousins Maisy vai nadar por primeira vez e está un pouco nerviosa...


PRIMEIROS LECTORES (1º CICLO) AUGUSTA E OS SEUS MEDOS Sabela Fernández Trelles Edit.: Xerais Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Un día, cansa de sentir medo, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.

HISTORIAS DE MONSTRUOS Paula Bombara e Florencia Caffetara Edit.: Susaeta Preguntácheste algunha vez de que tamaño son os monstros? Pois os hai xigantes como o monstro Pulpósido, que por sorte deixou o noso mundo. E tamén os hai tan pequenos como granitos de area. E como poden asustarnos os monstros pequenos? Iso mesmo pregunteille á miña tía Jacinta, e ela contoume unha historia que che sorprenderá.. CON TANGO SON TRES Justin Richardson e Peter Parnell

Edit.: Kalandraka

Ocorreu no zoo de Central Park, en Nova York. Tango foi a primeira pingüín que tivo dous pais. Unha familia diferente que nada, salta, xoga no estanque e que é feliz. negros e un branco... UN LOBO BOQUIABIERTO Jodi Palet y Esther Llorens Edit.: Parramon Contos nos que o lobo é o protagonista, un lobo que non se sae exactamente coa súa...e é que, ás veces, a fame non deixa pensar con claridade que é o que hai que facer. Ser lobo é un oficio moi difícil. Hai que prepararse ben antes de cada ataque, adestrarse como o mellor dos atletas. Se non, existe o perigo de ser malparado. .. Libro con realidade aumentada.

FUN AT THE BEACH Edit.: Macmillan Readers Libro de ficción que conten dúas historias , actividades e audio.


LECTORES AUTÓNOMOS (2º CICLO) O MISTERIO DO LIXO MUTANTE Carlos Freire Edit.: Sushi Books Catro gatos da rúa, Fiz, Carlocho, Felisa e Nébedo atopan entre restos de comida unha botella cuns estraños xeroglíficos. A curiosidade por coñecer o autor da misteriosa mensaxe levaraos a vivir múltiples aventuras, escoitar historias entretidas e a descubrir os segredos do mundo da reciclaxe.

EL LETRERO SECRETO DE ROSIE Maurice Sendak Edit.: Kalandraka O poder da imaxinación e a súa capacidade transformadora da realidade son os elementos que utilizan Rosie e os seus amigos para reinventarse cada día. Xogar a ser outro, diluírse en diferentes máscaras para facer da vida un lugar emocionante.

CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA Pinto & Chinto Edit.: Kalandraka 28 contos que sorprenden pola súa brevidade, orixinalidade e sentido do humor.

Beatriz Osés

LO QUE SABEN LOS ERIZOS Edit.: Kalandraka

Poemas impregnados de melancolía. A nena protagonista recorre a distintos animais para pescudar canto pesa unha bágoa. Pero nin a balea, nin a cigarra, nin a musaraña saben "cando pasa a negra tristeza". Unha invitación a endulzar con alegría os malos momentos .

SWIMMING WITH DOLPHINS Edit.: Oxford (Read and imagine, level 4) Dan, o científico, traballa con golfiños. Ludo, o golfiño, está baixo a auga e non pode respirar. Quen o axudará? Inclúe CD.


LECTORES EXPERTOS (3º CICLO) ¿QUÉ ME ESTÁ PASANDO? Alex Frith Edit. Usborne Unha guía que pon ao alcance das xoves lectoras respostas a importantes preguntas sobre o tema da adolescencia e dos cambios que se producen de forma clara e simpática.

VOLVERÁS,GOLFIÑO Andrea Maceiras Edit. Xerais, Merlín A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas súas visitas ao areal de Trece e ao faro de Cabo Vilán,. Descubre no faiado un baúl co seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura ; con lendas ; cos segredos da costa da morte , pero tamén da vida onde, en ocasións, nadan os golfiños

SUEÑOS DE VOLAR Teresa Marques (texto) Fátima Afonso (ilustración)

Edit. Kalandraka

Unha fermosa metáfora sobre os soños que non deben quedar incumplidos.

CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS Xosé Neira Vilas Edit. Bolanda Unha mostra de contos populares do mundo enteiro, ou sexa, historias de tradición oral de 35 paises dos cinco continentes. Fermoso libro gran tamaño e capa dura. Recopilados por Xosé Neira Vilas e ilustrados por Antía Barba Mariño

TREASURE ISLAND Edit. Macmillan , English Explorers, level 6 Conto tradicional onde se mezclan tesouros, piratas e moitas aventuras.


PARA TODA A FAMILIA MI HIJO TIENE CELOS Juan Manuel Ortigosa Quiles Edit. Pirámide O comportamento do fillo celoso é consecuencia do sufrimento que lle xenera a crenza da perda de afecto e o amor dos pais a favor do novo irmá. Este problema, que afecta a diversas áreas da vida do neno, desborda aos pais que se ven incapaces de solucionalo. Esta obra realiza un repaso directo e ameno aos celos na infancia....

ADICCIÓN A LAS REDES SOCIALES Y NUEVAS TECNOLOGÍAS EN NIÑOS Y ADOLESCENTES Enrique Echeburúa Odriozola y Ana Requesens Moll Edit. Pirámide As tecnologías da información e da comunicación (TIC) facilitaron aos nenos e adolescentes un horizonte de coñecementos e experiencias que son , en xeral, beneficiosas para o desenvolvemento persoal e social. Mais hai unha preocupación crecete polos riscos que traen consigo. É unha guía práctica na que se prantexan os principias perigos das redes sociais e se marcan estratexias de actuación ao alcance dos educadores...

O SOÑOS NA GAIOLA (CD) Manuel María Edit. Senén Vaamonde Reedición dun clásico da literatura galega contemporánea no ano no que se lle dedica a Manuel María o Día das Letras Galegas. Imprescindible...Contén CD musicado por Suso Vaamonde.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.