Galicia nos textos clásicos

Page 85

Sobre o traballo intenso e variado da muller, tamén aparece en lustino (XLlV,3,7). Esta insistencia no gran papel desenrolado pala muller dou pe para falar dunha posible organización de tipo amazónica, ou, polo menos, dun matriarcado. Así sinala Caro Baraja (España Antigua, p. 48): «nunha novela do escritor grego A. Dióxenes hoxe perdida, resumida polo patriarca Focio, asegurábase que no país dos Artabros, no extremo N-W da actual Galicia, as mulleres exercían os papeis fundamentais na vida, que había unha especie de organización amazónica». O propio Caro Baraja estudiará este papel específico da muller nos pobos do N. peninsular, sobre todo entre os Cántabros e Vascóns: sistemas de transmisión hereditaria por vía feminina vixentes ata faj pouco nalgunhas zonas, a entrega da dote palas irmáns, etc. Non lIes parecían moi «civilizados» estes sistemas ós romanos e, trala conquista, intentaron cambiar estes costumes (Floro, Epit. 11,33) e que fosen tamén os homes os que traballaran aterra. Aínda que é indudable que a muller en Galicia sigue a ter un papel importante á hora das decisións familiares e realiza traballos que noutras áreas son de tipo masculino, hoxe por hoxe o tema do amazonismo (alomenos nun senso clásico) non parece que se poida defender cos datos de que dispoñemos. O mesmo concepto de matriarcado teríase que matizar.

SILlO ITALlCO, 111,366-367 Et quos nunc Gravios violato nomine Graium Oeneae misere domus Aetolaque Tyde

SILlO ITALlCO, 111,366-367 E ós que agora a descendencia Oenea e a Aetola Tyde Iles chama Gravios, unha vez transformado o nome de Graios.

SILlO ITALlCO, XVI,368 ... Aetola, vago Diomedi condita, Tyde.

SILlO ITALlCO, XVI,368 A Aetola Tyde, fundada polo errante Diomedes

De novo aparece o nome dos Gravios (1,235) e agora en relación ca tema, tan discutido e polémico, da presencia e colonización dos gregos en Galicia. Aparecen os descendentes de Oeneo, o rei dos Aetolos, pai de Tydeo e abó do héroe Diomedes. Todos estes persoaxes veránse relacionados na fundación da cidade de Tui por Diomedes, un dos moitos héroes que viaxaron a lonxanos países ó se remata-la guerra de Troia. Estes versos son pedra angular para os partidarios da existencia dunha colonización grega do N-W peninsular (ver lustino, XLlV,3,3).

87


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Galicia nos textos clásicos by Jm Bello - Issuu