Marqués de Bradomín 2012

Page 69

65. Na cela.

TOLA: Cunha nación de carrascos quen pode reconciliarse?

Cada mañá bombardean os sentidos. Non é un simple orballo, é a destrución da lingua. Nese ermo, ninguén é responsábel de nada. Os muros, os bisturís, as engrenaxes balizan o meu corpo e, no entanto, nin as medias verdades nin as mentiras poden conter a guerra. Eis a sociedade fratricida. Eis o cerco dos corpos. Eis a episiotomía.

66. No alén.

MORTA: Imaxínaste un día en que as ratas fosen conscientes do

seu número, decidisen deixar de ser ratas e comezasen a mandar. PUTA: As ratas non saben que o nivel de vida dunha parte do

mundo depende do nivel de morte da outra parte. MORTA: A pesar do lavado de cerebro, Europa continúa erguida

sobre o sumidoiro. PUTA:

E tamén sobre a fosa común.

MORTA: As cidades están cheas de drogados, alcohólicos e

proxenetas. Bos cidadáns con amianto nos pulmóns e mercurio no sangue. PUTA: Bos cidadáns que alimentan monstros e estenden

a violación humanitaria, o espolio meteorolóxico, a fame democrática, a escravitude parlamentar, o

74


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Marqués de Bradomín 2012 by Instituto de la Juventud de España - Issuu