52. No alén.
PUTA: Que ruído fai unha puta ao morrer? MORTA: Que ruído fai unha bala no peito? PUTA: Que ruído fan as crianzas ao enmudeceren? MORTA: Que ruído fai o decreto que nos obrigaba a abandonar
a nosa casa, a casa dos meus pais, a casa dos pais dos meus pais? PUTA: Que ruído fai unha muller cando sae da sala de partos? MORTA: Que ruído fan os mortos cando nos falan e non
escoitamos? PUTA: Que ruído fan os músculos ao se abriren? MORTA: Que ruído fai o médico cando comeza a coser unha
mamífera humana? PUTA: Que ruído fai a mocidade sen futuro? MORTA: Que ruído fai o consenso imposto polos mass media? PUTA: Que ruído fai a palabra antes de ser pronunciada? MORTA: Que ruído fai a memoria dos pobos exterminados? PUTA:
Das fillas non nacidas?
MORTA:
Das fillas abandonadas?
PUTA:
Das mulleres tolas?
MORTA:
Das mulleres asasinadas?
PUTA:
Das mulleres suicidas?
MORTA:
Das mulleres capadas?
63