Cienciaqueconta2010

Page 93

—Como unha célula ao reproducirse? —Exacto, como a fisión celular, pero con núcleos atómicos. —Fisión nuclear, entón? Lise non respondeu, absorta como estaba nos seus propios pensamentos. Ergueuse da árbore sobre a que estaba sentada e sen agardar polo sobriño que xa seguía os seus pasos, volveu á casa dos seus anfitrións sobre as pegadas que xa deixara na neve. Só pensaba en escribirlle de novo a Hahn para contarlle o que se lle acababa de ocorrer, o que acabara de descubrir…

Soño eterno en Alexandría José Manuel Páramo Rodríguez

Os días do solsticio de inverno da era de Pisces refresca no Mediterráneo. A incerta luz do solpor debuxa pantasmagóricas figuras de lume baixo os capiteis, entre as columnas do quiosco de Poseidón. Os amarelos van, pouco a pouco, tornando en laranxas, e reflectíndose na turquesa superficie do mar, que vai mudando a un ton rosáceo, como se fose derramando un balde de tintura sobre un cadro de fondo azul. Por toda a costa, dende Roma ata Exipto, os protocristiáns, que co seu cada día máis alborotador comportamento descompensan o desequilibrio da paz social, festexan a chegada do seu salvador. Éfeso, Colosos, Tesalónica, Corinto, Alexandría incluso. Cebado na miseria e nas últimas exhalacións dun sistema escravista que xa non hai economía imperial que o sosteña, o poder deste colectivo, xa politizado e asimilado polo réxime de Roma, lonxe de respectar o tan pregoado amor ao próximo, esmaga, coercitivo e punitivo, os pensamentos e crenzas doutras doutrinas coma as dos adoradores dos deuses clásicos, ou a dos xudeus que aínda seguen agardando o mesías. E no medio destas tribulacións, dende a dimensión onírica, Hipatia viaxa tres meses atrás a ese tempo solsticial e vese a si mesma fixando a ollada no último escintileo do astro rei, e intúe o raio verde –efémera liña fronteiriza entre a noite e o día– apenas perceptible e apenas percibido polas xentes que viven a alterada rutina cotiá dese tempo. Sentada sobre a escalinata do templo, con

Público xeral

Comezo

Primaria

Secundaria

Bacharelato

Público Xeral

Índices

93


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.