Plan Estratéxico de Xuventude 2013

Page 155

XUVENTUDE 2013: UNHA EXTRATEXIA PARA A MOCIDADE GALEGA III PLAN ESTRATÉXICO DE XUVENTUDE

MEDIDA NÚMERO 5 PROGRAMA MÓVETE

ObXECTIVO OPERATIVO 6

DESCRICIÓN DA MEDIDA Programa do Espazo Quérote + no que se programan unha serie de actuacións co fin de reducir os factores de risco que inciden na inseguridade viaria, promovendo actitudes e comportamentos responsables. Lévanse a cabo programas específicos para desenvolver nos campamentos de verán e campos de traballo. ENTIDADES IMPLICADAS – Entidade promotora: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar) – Outros entes implicados: • Institutos de educación secundaria e colexios de educación infantil e primaria • Consellería de Educación • Garda Civil • Dirección Xeral de Tráfico (DXT) MEDIDA NÚMERO 6 AXUDAS PARA OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR DESCRICIÓN DA MEDIDA Liña de axudas para lles posibilitar a obtención do permiso de conducir aos mozos e mozas, incidindo na importancia dunha condución segura e responsable. ENTIDADES IMPLICADAS – Entidade promotora: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar)

MEDIDA NÚMERO 7 CURSO HÁBITOS DE SAúDE E DEPORTE. HÁBITOS ALIMENTICIOS E ACTIVIDADE FÍSICA DESCRICIÓN DA MEDIDA Curso dirixido á formación de técnicos, profesionais e demais persoas que traballan ou queiran traballar no ámbito da mocidade, sobre aspectos básicos da saúde e o deporte dende a óptica dos trastornos alimenticios e, ao mesmo tempo, coñecer os beneficios dunha alimentación e unha actividade física adecuada para a mocidade. ENTIDADES IMPLICADAS – Entidade promotora: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar) MEDIDA NÚMERO 8 CONDUCIÓN SEGURA DESCRICIÓN DA MEDIDA Programa de educación viaria dirixido á mocidade a través dun módulo teórico e un módulo práctico para entender as claves de control dun vehículo e as actitudes que cómpre adoptar nas situacións de perigo que poidan xurdir durante a condución dun vehículo. ENTIDADES IMPLICADAS – Entidade promotora: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar) • Outros entes implicados: • Dirección Xeral de Mobilidade (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

155


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.