AS APERTAS ESQUECIDAS

Page 1

AS APERTAS ESQUECIDAS: Había unha vez un planeta no que vivía moita xente, miles e miles de persoas que nunca tiñan tempo para descansar. Cada día a mesma rutina, facían todo correndo. Os adultos traballaban moito, as nenas e nenos case non podían nin xogar, ían á escola, logo a actividades, despois mais actividades, chegaban a casa cenaban e a durmir, apenas tiñan tempo para o conto de boas noites. Aínda así todo funcionaba ben, Xoana, a nosa protagonista, era moi feliz, vivía nunha fermosa casa cos seus papás e a súa mascota, un can chamado Lois. Cada día Xoana espertaba con un bico de súa avoa Clara. Os seus papás madrugaban moito e non lle podían facer o almorzo. Pero Clara era unha súperavoa que vivía a poucos metros da casa de Xoana. De luns a venres, Xoana espertaba, aseábase, vestíase, almorzaba, sempre deixaba unha galleta para Lois, ela pensaba que Clara non se daba conta Logo os 3 ían camiñando á escola, e despedíanse con un bico ata pola tarde. As tardes tamén eran rutinarias, un día con papá á piscina, outro con mamá a inglés, outro a música. As fin de semana tamén pasaban nun abrir e pechar de ollos, compra, limpeza, un pouco de parque, visitar aos avós. E, outra vez luns………


De repente un día Xoana sentiu algo estraño na mirada de seus pais. Non sabia o que era porque nunca se sentiu así. Xoana sabía que era xoves, e que tiña que ir á escola. De repente con voz moi asustada dixo: -¿Por qué non veu a avoa a espertarme? ¿esta enferma? -Xoana, - díxolle a súa mama, a avoa non está enferma, e, para que non enferme temos que quedar dentro da casa sen saír -Pero, como? Se a avoa non está aquí, como a imos coidar? Ela sempre me coida cando estou enferma, está todo o tempo abrazándome. Pois vamos a buscala. - Non Xoana, non podemos, a única maneira de coidala neste momento e quedarnos na casa, se a imos a buscar pode enfermar -pois, non o entendo, e que xa non queredes a avoa? Eu vou a buscala -Espera Xoana, sí que queremos moito a avoa, pero non podemos saír, séntate que cho vou explicar A culpa é dun virus, un virus moi malo que quere facer enfermar a tódalas persoas do mundo. Por iso, non podemos saír á rúa, temos que estar na casa para que o virus se vaia, xa que, se non ve a ninguén vaise. Xoana quedou pensativa, e respondeu,


papá, pero entón, se non podemos saír ¿quen vai abrazar a avoa? Xurxo, o papa de Xoana tivo que irse de cara a cociña para que a pequena non vise as bágoas que comezaban a caer polo rostro de seu pai Na cociña Xurxo díxolle a Rosa, a mamá de Xoana, -Xoana ten razón, estoume dando conta que hai moito tempo que non abrazo a miña mamá. Nese intre os papás de Xoana déronse conta do importantes que son as apertas, as persoas, saír á rúa. E, conforme pasaban os días íanse percatando de que as presas nos impiden disfrutar dos pequenos detalles: un abrazo, un paseo, un xeado na praia….. Os días pasaban lentos, Xoana falaba con súa avoa por teléfono moitas veces ó día, e sempre lle dicía: avoa cando poidamos vernos voute abrazar tan forte que vas quedar sen respiración, tamén falaba cos outros avós, cos seus amigos e amigas da escola e da piscina, coa profe. Ai como os botaba de menos a todos!! Pero, entre chamada e chamada, tamén aproveitaron para pasar tempo en familia, cociñaron, xogaron, bailaron bañaron a Lois, fixeron un arco da vella precioso e ata lle axudou aos seus papás a pintar a porta do garaxe. Un día pola maña, Xoana estaba almorzando e díxolle aos seus papás un pouco enfadada:


-Xa estou farta de non ver a avoa, nin aos meus amigos -Xoana xa sabes que neste momento a maneira de coidar a avoa é quedar na casa. Que che parece se lle fas un debuxo? Podes escribirlle unha mensaxe dicíndolle cánto a botas de menos -paréceme moi boa idea mamá. Vou facer mensaxes para tódalas persoas que boto de menos e tamén para todas as persoas que están axudando á avoa. - Non soamente a avoa, Xoana . Moitas persoas están traballando moito para axudarnos a todos, viches cómo os veciños lle traen a compra a Pepe, que é moi maior e vive soíño? O panadeiro ven tódolos días a traernos pan, a farmacéutica, Flora a tendeira tódolos días madruga para ter a tenda chea de comida, os médicos, as enfermeiras Debuxa tamén para eles Xoana, así ti tamén axudarás a coidar de tódolos avós do mundo. -Vale mamá paréceme unha idea xenial. Podemos dicirllo tamén aos nenos e nenas da clase para que fagan o mesmo? Así serán moitos mais debuxos e mensaxes. -claro que sí Xoana, pois dicímosllo á profe veña! Á profe pareceulle tan boa idea que ao día seguinte había miles de debuxos en cada casa desexando transmitir as mensaxes que contiñan.


Un deses días, Xoana asomouse á fiestra porque escoitou un ruído moi raro, era o tractor de Manuel, pero conducíao un astronauta, Xoana asustouse tanto que se botou a chorar pero enseguida veu papá a calmala para explicarlle que conducía Manuel, pero tiña que vestirse así para non contaxiarse. Manuel estaba desinfectando as rúas da vila para coidar de tódolos veciños. Nese mesmo intre Xoana escribiulle unha mensaxe a Manuel A mensaxe dicía: GRAZAS. Manuel alegrouse tanto que soamente puido mandarlle unha gran aperta polo aire. Foi tan emocionante que Xoana e os seus papás abrazáronse tan forte que case caen ao chan, e déronse conta que a pesares de estar na casa, non todo era malo, as persoas son boas e solidarias e axúdanse uns a outros aínda que non se coñezan, ademais pasar tanto tempo en familia, era xenial E así foron pasando os días, ata que, un martes pola tarde esoitaron na tv: “Grazas” GRAZAS AO TRABALLO EN EQUIPO O BECHO MARCHOU, de fondo na pantalla víanse miles e miles de debuxos e mensaxes.... Aquel día todo volveu á normalidade pero nada volveu a ser igual, agora Xoana pasa o día dando apertas, a súa familia tamén e tódalas persoas do mundo non deixan para maña unha aperta que poidan dar hoxe. E, colorín colorado este conto está rematado


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.