10 de Marzo

Page 1

N4

MARZO ABRIL

10

SEGUNDA ÉPOCA

Exame á industria galega en plena crise

Páxina 3

Galicia e norte de Portugal, un pouco máis preto

Páxinas 4 e 5

Preguntas con resposta sobre os riscos psicosociais

Páxinas 6 e 7


OPINIÓN

Sindicalismo versus globalización, ou a globalización do sindicalismo súas convocatorias non son secundadas, porque a súa mesma forza reside na unión dos traballadores e traballadoras e será moito maior ou moito menor segundo as porcentaxes de seguimento que acaden. Iso sábeno moi ben aqueles aos que non lles interesa que exista acción sindical (porque transvasa rendas do capital a rendas do traballo) e, polo tanto, tentan restarlles aos sindicatos todos os apoios posibles, con distintas técnicas e dende distintos puntos de vista, pero cun obxectivo único que é a debilitación e, se for posible, a eliminación dos sindicatos e

Hoxe vivimos tempos turbulentos, coas redes sociais a xeraren novos fenómenos de masas. Vemos pola televisión as revoltas en países árabes, nas que o Estado bloquea Al Jazeera, o Facebook e a telefonía móbil, no intento de frear as reclamacións dos manifestantes, sabendo que eran instrumentos útiles para coordinárense nas súas protestas. Podemos ver semellanzas con traballadores de todo o mundo: Cos mineiros mexicanos, que viron como catro compañeiros do Sindicato de Mineiros eran sacados dos seus fogares o día 26 de xaneiro do 2011 ás 5:30 da mañá, sen roupa nin calzado, e baixo a falsa acusación de «saqueo» denunciada pola empresa, cando o verdadeiro motivo é a folga —totalmente legal— que convocaran e a defensa dos seus dereitos. A FITIM (Federación Internacional de Traballadores das Industrias Metalúrxicas) convocou accións, coincidindo co 5º aniversario da morte de 65 mineiros no desastre da mina de Pasta de Conchos, o 19-02-20061. Cos mineiros de Xeorxia que están en folga tras un accidente que deixou un morto e varios feridos en coidados intensivos; o máis grave é que antes do accidente os mineiros xa se negaran a baixar á mina pola alta concentración de metano, e así e todo fixérono, obrigados pola dirección. Xeorxia ten o duodécimo posto no informe Doing Bussiness, por riba de Finlandia, Suecia e Alemaña; pero se este é o custo, farían moi ben en revisar as súas políticas2.

Temos que aproveitar a coordinación cos movementos sindicais dos distintos países para que os traballadores e traballadoras de todo o mundo sexan cada día máis conscientes da súa clase e dos seus verdadeiros intereses

Tamén en Corea3 e en Rusia4, e non só na minería, danse situacións semellantes, a lista é moito máis longa que o espazo, só con casos recentes. En todo o mundo medra a presión contra os traballadores e as súas organizacións; en España non precisan xa (ou se cadra, xa non poden) usar a violencia, pois campañas antisindicais que rebordan mentiras e veleno ‘campan’ polos medios de comunicación, e crean irreais e falsas imaxes públicas do que son os sindicatos. Máis semellanzas con esta xente (e cos inmigrantes que veñen traballar aquí, pois se non conseguimos que se lles respecten os seus dereitos, empresarios sen escrúpulo ningún se aproveitarán deles para rebaixar as condicións de todos e, xa que logo, tanto

Tanto en Exipto como en México, Xeorxia, Corea ou Rusia os avances e os éxitos acadados polas mobilizacións non caeron nin caerán do ceo: a xente non quedou na casa cando a chamaron a mobilizarse, as persoas saíron a milleiros ás rúas en resposta á chamada de varias organizacións e dos sindicatos

a eles como aos españois interésanos que non sexan explotados e que traballen cos salarios e condicións de aquí). Máis ca con outros galegos, españois, europeos e occidentais en xeral, que teñen capitais e rendas para vivir sen traballar e teñen intereses ás veces lexítimos pero ben distintos ós nosos. Os relatados máis arriba son só algúns exemplos do acontecer recente, que nos indican ás claras que a solución non está centrándose en exclusiva no que acontece no propio país, senón que temos que aproveitar a coordinación cos movementos sindicais dos distintos países para que os traballadores e traballadoras de todo o mundo sexan cada día máis conscientes da súa clase e dos seus verdadeiros intereses, alén do que a publicidade e os medios tentan facernos consumir. No entanto, tanto en Exipto como en México, Xeorxia, Corea ou Rusia os avances e os éxitos acadados polas mobilizacións non caeron nin caerán do ceo: a xente non quedou na casa cando a chamaron a mobilizarse, as persoas saíron a milleiros ás rúas en resposta á chamada de varias organizacións e dos sindicatos; as organizacións sindicais que convocan os traballadores vén reducida a súa forza cando as

de todo o que significan, para acadar relacións laborais individuais, algo que, para case toda a poboación traballadora significaría o semiescravismo. A CSI, como a FITIM e o resto de federacións internacionais, ou en Europa a CES (Confederación Europea de Sindicatos), FEM (Federación Europea dos Traballadores do Metal) e as demais federacións europeas, desempeñan un papel importante na loita polos intereses dos traballadores en todo o mundo, emprendendo arreo campañas para responder a distintas problemáticas da clase traballadora. Pero para chegar máis lonxe e ser quen de dar solución a problemas como a precariedade ou as deslocalizacións, precisan aínda un maior apoio das organizacións que as forman e, sobre todo e inevitablemente, dos traballadores e traballadoras. Por iso é tan importante afiliarse a unha organización como a nosa, como as Comisións Obreiras, e participar nela, ben sexa como afiliado, botando unha man cando as condicións do momento o esixan, como delegado ou delegada encabezando na empresa a defensa dos compañeiros, na nosa sección sindical, no noso sindicato comarcal ou alí onde fagamos falta; en resumo, onde o sindicato nos necesite, para que logo o sindicato estea onde nós o necesitamos fi 1

2

3 4

http://www.imfmetal.org/index.cfm?c=25263&l=28 (sitio web da FITIM) http://www.ituc-csi.org/georgia-las-politicas-de-exito-de.html (sitio web da CSI - confederación sindical internacional) http://www.imfmetal.org/index.cfm?c=19425&ol=28 http://www.imfmetal.org/index.cfm?n=693&l=28

Pola defensa do emprego e a garantía das pensións No Día da Clase Obreira Galega, máis de 2.000 persoas acudiron ao chamamento do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e manifestáronse polas rúas de Ferrol en defensa do emprego e a garantía das pensións. A mobilización foi o acto central dunha xornada cuxa celebración comezou pola mañá coa tradicional ofrenta floral perante o monumento Dez do Marzal, que homenaxea os sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla, asasinados pola policía Franquista o 10 de marzo de 1972. No final da manifestación, o secretario xeral de CCOO en Galicia, Xosé

2

ı

10 DE MARZO

Manuel Sánchez Aguión, lembrouse das máis de 250.000 galegas e galegos que están actualmente no paro, e reclamou un cambio produtivo para xerar emprego. Así, criticou a reforma laboral, que se demostrou «inútil», e criticou a «obsesión pola austeridade» das diferentes administracións, porque «se centran só en reducir o gasto, e non en incrementar os ingresos». Sánchez Aguión tamén reclamou unha reforma fiscal e financeira. A primeira, asentada na progresividade e na equidade, «na que pague máis quen máis ten», aumentando así os recursos dispoñibles para o Estado. E

unha reforma financeira «que asegure recursos ás administracións públicas, penalice a especulación e favoreza o fluxo de crédito ás empresas». O secr etario xeral do Sindicato Nacional de CCOO defendeu tamén os servizos públicos de calidade e opúxose ás iniciativas privatizadoras, que, amais de inxustificadas, «deterioran a calidade da prestación e ao cabo lle resultan máis caras á cidadanía». Canto ás pensións, Sánchez Aguión defendeu o pacto ao que se chegou no ámbito estatal, «exemplo do triunfo do noso modelo de acción sindical» porque logrou garantir a viabilidade

do sistema público de repartición, amais de reforzar a solidariedade en todos os aspectos fi


EDITORIAL

A crise industrial galega Se existe unha cifra macroeconómica que describa ben a situación actual é esta: 4.696.600. Estes 4.696.600 son os desempregados e desempregadas que, segundo a última enquisa de poboación activa, viven no noso país. Case cinco millóns de homes e mulleres que queren traballar, que necesitan traballar e que non o poden facer. Case cinco millóns de dramas sociais que son o máximo expoñente da nosa actual situación económica. Estamos en tempos de facer balance e, sen lugar a dúbidas, as medidas adoptadas polo Goberno durante o pasado ano non evitaron, nin sequera deron freado, tan escandaloso nivel de desemprego. Aínda que os principais indicadores económicos parecen indicarnos unha leve melloría, a realidade dinos que esta non chega. Malia que a economía galega deixou o crecemento negativo no primeiro trimestre do

ano pasado, parece que se instalou nunha situación de estancamento cun crecemento interanual de só o 0,1% para o conxunto do ano 2010. Non ten faladoiro que a saída das cifras negativas é unha boa nova, pero non foi quen de rematar coa continua caída do emprego pois, con todo, perdéronse en Galicia case 46.000 empregos no último ano. E se acumulamos esta cifra aos empregos xa perdidos des que comezou a crise, temos que son máis de 122.000 os galegos e galegas que perderon o seu posto de traballo. Pero, ademais, foi o sector industrial galego –no que se inclúen as actividades que representamos na Federación de Industria– o que, sen dúbida, máis perdeu nesta crise, e con el os traballadores e traballadoras industriais. Isto foi así polos centos de empresas que se viron forzadas a pechar, polos milleiros de postos de traballo destruídos (dous

Automóbil Pódese considerar que o ramo do automóbil galego, con PSA-Citroën á cabeza, foi un dos primeiros sectores en que se materializou a crise. A significativa caída do consumo en xeral e, principalmente, daqueles bens que non son de primeira necesidade, provoca un estancamento das vendas de automóbiles en toda Europa que afecta á actividade produtiva dos construtores e, por conseguinte, á da industria auxiliar que deles depende. A importancia deste sector e a forte dependencia del da economía galega puxo a esta en serias dificultades; dificultades que levaron os axentes sociais, a patronal do auto e a Xunta de Galicia a formularen un plan de axuda ao sector. A falta de carga de traballo derivada da crise de produción causou que practicamente non quedase auxiliar ningunha que non tivese que presentar un expediente de regulación de emprego: Grupo Antolín, Gestamp, GKN Driverline, Asientos de Galicia, etc., a pesar das axudas públicas recibidas. A cara máis amarga, sen dúbida, atopámola na enorme perda de postos de traballo. Ao primeiro, o axuste foi pola vía da non renovación de contratos temporais e, máis tarde, tamén o emprego indefinido se viu afectado. Así, dende o comezo da crise perdéronse más de 3.000 postos de traballo só en PSA Peugeot-Citroën, máis de 1.000 neste último ano fi

Lousa A mingua da carga de traballo afectou considerablemente ao sector da lousa: na actualidade, e á custa de emprego temporal, supón só dous terzos do emprego que existía no 2007. En conxunto, os empregos deste sector en Galicia son 2.500, 2.100 no Barco de Valdeorras. Que está a ocorrer agora? Que a repunta das economías de Alemaña principalmente, de Francia ou Gran Bretaña, países a onde dirixen o 80% da produción, permitiu aumentar neste primeiro mes un 10% as exportación de lousa, o que supón unha esperanza para o ano que entra fi

de cada cinco foron industriais dende o comezo da crise) e ademais porque estamos a perder a oportunidade de que o industrial sexa o sector que nos arranque desta situación, o sector que tire da economía de aquí en diante, en definitiva, o sector que nos permita deixar atrás un modelo de crecemento baseado na construción e nos servizos, que racha á primeira dificultade e que xa demostrou que non é válido a longo prazo. A destrución de tecido produtivo galego durante o último ano ten representación en todos os sectores e subsectores que abrangue a nosa federación en Galicia. Só raras excepcións capean a situación sen demasiados problemas. Pola contra, sectores como o automóbil, a lousa, o naval e, como non, a metalurxia, seguen a ser golpeados con dureza por terceiro ano consecutivo. Non abondou con que, durante o último ano, o índice de produción industrial galego deixara atrás o crecemento negativo; a perda de emprego mantívose en todas as nosas actividades e, aínda que de xeito máis leve que no ano anterior, estamos moi lonxe de poder crear emprego de novo fi

Naval O naval é outro dos sectores industriais fortemente afectado pola crise. Ben que ata o ano pasado non topou con grandes problemas de falta de carga de traballo, o ano 2010 os expedientes de regulamento de emprego estiveron á orde do día, e máis da metade do naval de Vigo está afectado por un. Así, H. J. Barreras, Vulcano, Fundivisa, Construcciones y reparación naval, Baliño, Factoría Naval de Marín ou Estaleiros M. Cíes, son algúns exemplos desta situación. Xa se esperaba que a carga de traballo rematara no naval, co conseguinte efecto para toda a industria auxiliar que del depende. O mesmo que ocorreu co auto, foi o emprego temporal o que se viu afectado nun primeiro momento. Hoxe, este tipo de contratación é nula despois de se producir un axuste de máis de 4.000 empregos fi

É curioso observar

que a falta de demanda, por unha banda, e a imposibilidade de acceder ao crédito bancario, por outra, son os dous problemas principais aos que se enfrontan as empresas e que, no peor dos casos, as empurran ao peche e ao despedimento dos traballadores e traballadoras. A falta de demanda reverte na carga de traballo, que cae, e en dificultades para as empresas e para os traballadores. As altas taxas de desemprego e a desconfianza que isto provoca non axudan a que as familias consuman e as empresas invistan. A primeira necesidade é incidir sobre a demanda privada para reactivala. Pero en España as últimas medidas adoptadas polo Goberno non axudan. Son medidas enfocadas case en exclusiva a reducir o déficit público e cumprir así co Tratado de Maastricht, e que practicamente só inciden sobre a redución do gasto público con reducións salariais, conxelación de pensións, redución de investimentos e infraestruturas, etc. Esquecen que o déficit pode tamén reducirse cun incremento dos ingresos pola vía da restauración dalgún imposto esquecido e loitando contra a fraude fiscal, por exemplo. Este tipo de medidas non farán máis que atrasar a nosa saída da crise ao tempo que reducen a capacidade de gasto e investimento de familias e empresas. A saída da crise pasa pola reactivación da economía como única vía para a creación de emprego. E esta reactivación ha tomar, inevitablemente, dous camiños: o incremento do consumo interno ou que sexa o sector exterior o que tire da economía. Temos un exemplo na lousa galega: moitas das empresas que se viron en serios problemas tanto pola falta de carga de traballo como pola denegación de crédito, empezan a despegar polas exportacións a Alemaña, país en clara vía de recuperación. Tamén son grandes os atrancos que teñen as empresas para acadaren financiamento cando máis o necesitan. Incluso peticións de créditos avalados pola Administración autonómica foron rexeitadas, como ocorreu nalgun-

ha das empresas representadas pola nosa Federación e que na actualidade se atopa en serias dificultades. Non cabe dúbida de que o crédito é o combustible das empresas e sen el, sobre todo nestes tempos, é moi difícil continuar. É imprescindible que o sistema financeiro poña os recursos a disposición das empresas e tamén das familias. Ante este panorama, é evidente que a última reforma laboral non é a solución, e así o demostran os últimos datos de emprego, que reflicten un incremento do paro e da temporalidade. Sobre esta reforma laboral pretende actuar CCOO, modificando os aspectos que máis afectan aos traballadores e traballadoras porque recortan os seus dereitos, aumentan a precariedade, provocan a dualidade do mercado laboral e a mingua da protección social. Pola contra, o ACORDO SOCIAL E ECONÓMICO recentemente asinado por CCOO, UGT, CEOE e Goberno vainos permitir, por unha banda, frear as duras pretensións iniciais do Goberno en materia de xubilacións, negociación colectiva e cobertura social, que non supoñía máis que unha importante redución dos dereitos acadados e, por outra, incorporar cuestións que os axentes sociais, e en especial CCOO, levamos anos demandando como propostas para saír da crise e resolver os problemas estruturais da nosa economía, como o cambio de modelo produtivo e de crecemento. A Federación de Industria de CCOO de Galicia consideramos que é un acordo importante e que era necesario nun contexto caracterizado polo alto nivel de desemprego, pola persistente tendencia á perda de emprego e os peches de empresas, polos continuos ataques á función que cumpren os convenios colectivos na regulación das condicións salariais e laborais e pola incerta viabilidade futura do sistema de pensións, entre outros. De agora en diante, CCOO intensificará a súa acción sindical para desenvolver os compromisos contraídos nas mesas de negociación en temas como a negociación colectiva, as políticas industriais e enerxéticas, que para a nosa Federación son estratéxicas fi

10 DE MARZO

ı

3


Galicia e Portugal estreitan lazos de colaboración Resolución das xornadas interfronteirizas dos sectores do metal, minería e eléctrico de Galicia e norte de Portugal sobre a acción conxunta fronte aos actuais retos: deslocalización e eixo Atlántico Baixo o lema “Xornadas interfronteirizas dos sectores do metal, minería e eléctrico de Galicia e norte de Portugal sobre a acción conxunta fronte aos actuais retos: deslocalización e eixo atlántico”, celebrouse, durante os días 24 e 25 de febreiro do 2011, unha xuntanza de traballo na que, de forma conxunta, a Federación de Industria de CCOO de Galicia e FIEQUIMETAL (CGTP-IN) debatiron relatorios sobre a situación socieoeconómica, situación industrial, negociación colectiva, e saúde laboral e medio ambiente da eurorrexión.

Participaron oitenta persoas de Galicia e norte de Portugal co fin de planificar e concretar as futuras accións sindicais, de acordo coas conclusións obtidas nas xornadas, sendo esta resolución un resumo das mesmas. A afinidade cultural e a proximidade lingüística e xeográfica entre Galicia e o norte de Portugal, entre outros factores, facilitan numerosos intercambios de todo tipo entre ámbolos dous territorios. Estes contactos xeran necesidades e oportunidades comúns que esixen a cooperación entre ámbalas dúas zonas. Galicia e o norte de Portugal te-

ñen moitas cousas en común, que nos obrigan a traballar estreitamente para superar a preocupante situación económica. A necesidade dun maior intercambio interrexional e a de por en marcha os mecanismos que a Unión Europea ten, fan necesarios debates como o que tivemos ao longo destes días, para así reforzar as nosas posicións e esixir aos gobernos e patronais respectivas unha mellora nas condicións de traballo e de vida. Os traballadores e traballadoras temos que ser parte activa neste proceso. Por iso, é necesaria a nosa presenza nas institu-

Situación socioeconómica e industrial Ámbolos dous países estamos inmersos nunha crise internacional que está a afectarnos dunha maneira máis intensa que ao resto dos países da UE. Ao carácter cíclico desta crise súmanselle os problemas estruturais que teñen as dúas economías. En ámbalas dúas zonas o industrial é o sector que máis está sufrindo coa crise e, con el, os traballadores e as traballadoras industriais. As altas taxas de paro rexistradas nas dúas zonas así o amosan. En Galicia a taxa alcanzada no cuarto trimestre do 2010 foi do 15,6% cando no terceiro trimestre do ano 2007 rozabamos o pleno emprego. No Norte de Portugal o desemprego alcanzou o 13,2%, o que significa un aumento de tres puntos porcentuais con respecto ao terceiro trimestre do 2009.

A escasa diversificación actúa como unha debilidade da nosa industria. As actividades de “Fabricación de material de transporte”, “Produción de enerxía eléctrica, gas e auga” e “Metalurxia e fabricación de produtos mecánicos” son as que maior peso teñen dentro da industria, con diferenza respecto das demáis. A alta dependencia destas tres actividades pode ser un serio problema para o conxunto da economía galega se algunha delas amosara dificultades, como xa ocorre na actualidade cos sectores do auto e do naval. En Portugal tamén o sector industrial está levando a peor parte tanto en actividade como en emprego. Como en Galicia, o sector industrial do Norte de Portugal tamén ten os seus factores críticos.

Como xa comentamos, en Galicia é o sector industrial, e polo tanto as actividades que representa a nosa Federación, o que está levando a peor parte. Con taxas de crecemento negativo dende o segundo trimestre de 2008 perdeu máis de 52.000 empregos ocupados dende o comezo da crise (15.000 no último ano). Ademais está a ser imposible que o sector industrial sexa o que nos permita combater un modelo de crecemento ineficaz, no longo prazo, e baseado en sectores económicos de baixo valor engadido e que ofrecen empregos precarios.

Así pois, únha limitación importante é a escasa capacidade para adoptar e desenvolver tecnoloxías e para incentivar a innovación. Outra das súas debilidades é a escasa cualificación profesional dos seus traballadores e traballadoras.

Esta incapacidade de tomar o mando fronte ó crecemento económico pódese ver na perda de peso que a industria galega ten no resto da economía dende o ano 2003, de tal xeito que nese ano supoñía o 18,6% do total do valor engadido bruto galego e no 2010 tan só supón o 16%.

Deste xeito deuse máis importancia aos negocios financeiros que aos sectores produtivos da economía portuguesa. Esta práctica levou ao desmantelamento dos sectores produtivos considerados estratéxicos para a economía como o siderúrxico, o naval, o químico, a metalomecánica e gran parte das empresas de compoñentes do auto.

Se durante o ano 2009 tódalas actividades que representa a nosa Federación creceron a taxas negativas, no 2010 tan só algunhas delas abandonaron ese signo. De tódalas maneiras, o cambio de signo nas taxas de crecemento en actividades como a “Metalurxia”, a “Fabricación de vehículos de motor” e a “Produción de enerxía eléctrica” non foi dabondo para xerar emprego. Os principais sectores que abrangue a nosa Federación son seis: o sector de auto, o naval, o enerxético, o sector do aluminio, o metalográfico e as industrias extractivas. Na maioría destes sectores obsérvase unha forte caída da actividade e do emprego nos últimos anos debido, por unha banda, á forte crise económica que estamos a vivir pero tamén ás importantes deficiencias estructurais do noso sector industrial que o fan máis vulnerable, complicándolle sair dela. Temos un sector industrial en Galicia que perde peso dentro do conxunto da economía, un sector industrial pouco competitivo, ameazado pola deslocalización, escasamente internacionalizado, pouco diversificado e con altas taxas de precariedade no emprego. Ante este panorama non cabe dúbida de que os máis afectados foron os traballadores e as traballadoras galegas, de tal xeito que, nos dous últimos anos, perdéronse 9.313 empregos asalariados. Ademais, o 42% do emprego ocupado perdido en Galicia dende o comezo da crise era industrial.

4

ı

10 DE MARZO

Coa entrada de Portugal na Unión Europea, os apoios e as orientacións político-económicas europeas provocaron un estado de euforia xeralizado onde primaba o diñeiro barato que proviña dos chamados fondos estructurais.

A crise tivo un forte impacto sobre o sector industrial, particularmente na industria do automóbil, construción naval e fabricación de bens de equipo, con indicios de recuperación en 2010 aínda que de maneira feble. Esta diminución de actividade provocou, como en Galicia, unha forte crise nos niveis de emprego, con consecuencias máis acentuadas nos sectores metalúrxicos e metalomecánicos. Os continuos peches de empresas e os centos de deslocalizacións dos sectores da industria metalúrxica, eléctrica e química acarrearon consecuencias nefastas para o Norte de Portugal provocándose un incremento expectacular do desemprego, da precariedade (os traballadores e traballadoras con contratos temporais representan o 30% do total de traballadores), e dos índices de pobreza. CONCLUSIÓNS. A situación de crise internacional afecta ás dúas rexións de maneira importante, sendo o sector industrial, e con el tódalas actividades que ámbolos dous sindicatos representamos, os máis afectados. Ámbalas dúas rexións teñen problemas estructurais comúns sendo o máis relevante o fracaso dun modelo de crecemento económico baseado en sectores económicos de baixo valor engadido, baixos salarios e cualificacións e precarización acentuada do emprego. Este modelo ten consecuencias comúns como é a vulnerabilidade dunha parte do tecido industrial, as importacións de países de custos salariais máis baixos e a deslocalización de empresas.

cións para facérmos as nosas propostas. Os desequilibrios territoriais teñen que superarse e, polo tanto, os distintos fondos comunitarios, así como os proxectos, deben ter cohesión para que a competividade das rexións e o potencial desenvolvemento teñan como meta a creación dun tecido industrial, camiñando cara a unha Europa de maior equilibrio rexional. As diferenzas existentes limitan fortemente as posibilidades de desenvolvemento, polo que a nosa intención é propoñer e esixir solucións que teñan respostas reais aos nosos problemas fi

Outro problema común que teñen os dous sectores industriais é a dificultade de converterse na fonte do crecemento económico en tanto en canto é o sector que xera un maior valor engadido e un emprego de calidade. Os dous sindicatos son da opinión da necesidade dun cambio na estrutura por medio de políticas industriais integradas e orientadas a dotar de competitividade ámbalas dúas economías. A mellora desta competitividade pasa por incidir, entre outros, en diversos factores: 4Políticas activas encamiñadas a favorecer a adquisición de coñecementos mediante investimentos no sistema educativo e na formación continua. Só unha mellora na cualificación profesional garante un incremento da produtividade. 4Pulo á investigación, ao desenvolvemento tecnolóxico e á innovación pola vía, entre outras, da mellora das relacións entre a administración, as universidades e as empresas. 4Aproveitamento dos nosos recursos naturais con vistas ao desenvolvemento de enerxías renovables para evitar a excesiva dependencia enerxética. Fomento da enerxía solar, eólica, da biomasa, etc. e mellora nas redes de distribución desa enerxía. 4Mellora na rede de infraestruturas (ferroviarias, portuarias, etc.) que permitan unha óptima comunicación entre as nosas comarcas e co exterior. Unha vez presentados ámbolos dous informes, o grupo de traballo formado por representantes das dúas rexións debatiron sobre algúns dos problemas e dificultades comúns: 4Os compañeiros portugueses referiron que no seu informe non se facía referencia a algunhas empresas que foron pechadas e deslocalizadas e que aínda tiñan oportunidades na rexión Norte, como por exemplo empresas do sector naval. 4A nivel europeo o grupo acusou a Alemaña de practicar unha política moi egocentrista, ao practicar unha política externa de imposición de regras que debilitan ás economías dos outros países da Unión Europea. 4Estábase de acordo, tamén, en que as deslocalizacións non sempre tiñan como obxectivo procurar man de obra máis barata ou outras contrapartidas económicas; apuntándose o propio caso de Alemaña onde, con salarios elevados, mantéñense as empresas. O grupo concluíu que, para facer fronte ás consecuencias desta situación industrial e por conseguinte laboral, temos que continuar, a nivel sindical, promovendo que os gobernantes tomen medidas máis proteccionistas do tecido empresarial. Tamén, responsabilizar ás empresas multinacionais e nacionais, que reciben fondos para se instalar e que, nos momentos de dificultades, tamén son subsidiadas polos Estados, polo que deben responder polos prexuízos aos traballadores, ao país e ás rexións. O grupo valorizou este encontro pola posibilidade do coñecemento mutuo da situación de cada rexión, pero tamén polo feito de achegar vontade de traballar en conxunto e loitar pola defensa dos dereitos dos traballadores. A contratación colectiva (convenios) interrexional pode ser o primeiro paso para facer un camiño máis global a nivel europeo e mundial, por sociedades máis xustas e solidarias fi


Saúde laboral e medio ambiente Unha das principais necesidades en materia de saúde laboral é reducir as elevadas taxas de accidentalidade e mellorar a complexa situación medio ambiental. A saúde laboral debera ser para o empresario un dos principais problemas a resolver. É verdade que imos mellorando pouquiño a pouco, aínda que ralentizándose no último período pola situación de crise e a redución de presupostos dedicados á prevención na empresa. No que se refire ao medio ambiente, aínda que temos normativa dabondo, a deterioración segue a ser alta (emisións contaminantes, verquidos aos ríos e ao mar, entulleiras fóra de control, etc.) CONCLUSIÓNS: Inspección de Traballo 4Actuación urxente e de oficio cando se produza un incidente de Saúde Laboral nas empresas. 4Nula persecución e seguimento das denuncias efectuadas. 4Incumprimento empresarial dos requirimentos da Inspección de Traballo. 4Aumento do número de inspectores.

Mutuas: 4En Portugal non existen os partes de asistencia de accidente laboral nas empresas, polo tanto esiximos as actuacións por parte da administración que correspondan neste sentido. 4Todo traballador ou traballadora que sufra un accidente laboral, debe chegar á mutua como accidente e con parte de asistencia. Deste xeito eliminariamos o descanso preventivo. 4Forma de catalogar as incapacidades en Portugal. É moi complexo e sempre en detrimento do traballador. 4As enfermidades profesionais recoñécense á baixa con respecto ao resto de países de UE. Tanto en Galicia como no norte de Portugal temos problemas á hora de recoñecer a enfermidade profesional, tendo que demostrar a causa efecto da devandita enfermidade e, nalgúns casos, tendo que ir a xuízo. Vixilancia da saude: 4Recoñecementos médicos mínimos esixibles: – Audiometría. – Vistas.

Condicións de traballo, salarios e convenios No caso de Galicia temos catro convenios provinciais do sector do metal, un interprovincial do sector da lousa e sesenta de empresa, que regulan as condicións de traballo de máis de 75.000 traballadores e traballadoras. A capacidade negociadora osténtana os Comités de Empresa e os Sindicatos. A capacidade negociadora en Portugal téñena os traballadores e traballadoras que son designados polos seus propios compañeiros e compañeiras e confirmados ao final polo sindicato. A única regulación de mínimos que tiñan era o Código do Traballo que, ao día de hoxe, está derogado e só é unha garantía para aqueles que estaban traballando antes do 2009. A regulación dos convenios é similar en Portugal e en Galicia, agás nos incrementos salariais: no caso de Portugal non existe ningunha diferenza, e poden pasar anos sen ningún incremento salarial, coa conseguinte perda de poder adquisitivo. En Galicia, os incrementos salariais están relacionados co IPC. En Portugal poténcianse os Pactos de Eficacia Limitada. Este tipo de acordos afectan en exclusiva aos afiliados e afiliadas do sindicato que os asina, xerándose condicións diferentes entre traballadores

dunha mesma empresa. En Portugal, a estrutura de contratación colectiva é diferente á de Galicia, estando estruturada en tres formas de contratación: Contrato colectivo de traballo (abrangue todo un sector), acordo colectivo de traballo (abrangue un grupo de empresas) e acordo de empresa (abrangue unha empresa) Fiequimetal negocia directamente preto de medio cento de convenios nos seus sectores, que afectan a 50.500 traballadores e traballadoras directamente e a moitos outros que, ata o momento, non están afiliados a ningún sindicato. As liñas estratéxicas das propostas da patronal portuguesa son: 4Alteración unilateral (a vontade do patrón) dos horarios de traballo. 4Aumento da carga horaria (12 horas ao día/60 horas semanais). 4Non se respectan os días de descanso obrigatorio nin sequera no caso dos festivos, tampouco o número mínimo de horas de descanso entre períodos de traballo. Desregulación do carácter voluntario das horas extraordinarias, así como unha diminución da súa retribución, incluso no caso de traballo en día de descanso obrigatorio ou en festivos.

Participación dos axentes sociais nas institucións A participación dos axentes sociais nas institucións e na toma de decisións ten que ser un obxectivo para preservar e desenvolver o estado social europeo, cuxo xurdimento e desenvolvemento no século XX pretendía dar respostas ás demandas sociais. A cohesión social ten que ser un ele-

mento para o benestar económico e de calidade de vida. Unha verdadeira democracia social só é posible se existe unha sólida e real participación dos axentes sociais nas institucións e na toma de decisións. A participación sindical nas institucións e

Liñas de traballo a desenvolver A Federación de Industria de CCOO de Galicia e FIEQUIMETAL (CGTP-IN) manifestan a súa vontade de manter este foro vivo e de carácter permanente, con encontros cada dous anos e coa constitución de grupos de traballo específicos que serán, como mínimo, tantos como temas tratados nestas xornadas: situación industrial, condicións de traballo, saúde laboral e medio ambiente, etc. O obxectivo sería chegar ao vindeiro encontro con propostas máis traballadas por ámbalas dúas partes, e máis concretas,

podendo así ser trasladadas, por unha banda, aos ámbitos correspondentes en cada unha das zonas e, pola outra, aos organismos das Administracións. Asemade, sería nestes grupos de traballo onde se debaterían os problemas cotiáns que denunciamos nestas xornadas (mobilidade xeográfica, salarios, contratación, deslocalización, etc.) Traballaremos para activar o diálogo social sectorial, mediante actuacións nos plans específicos a desenvolver para fomentar a economía produtiva.

– – – –

Análise de sangue e de ouriños. Espirometría. Ecocardiograma (segundo idade). Aplicando os protocolos de VIXILANCIA DA SAÚDE.

4Respecto do segredo dos informes médicos. 4Os médicos non deben ser da empresa, principalmente por problemas de aplicación do descanso preventivo e por prexudicar ao traballador ou traballadora á hora de catalogar unha doenza, porque sempre favorece á empresa. 4Promover nas empresas a avaliación de riscos psicosociais. Actualmente non se están realizando correctamente este tipo de avaliacións, que se deben levar a cabo cun dos métodos recoñecidos polo Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo. 4Que as enfermidades profesionais sexan recoñecidas. Medio ambiente: 4Tratamento da xestión de residuos. 4Contratación obrigatoria de empresas xestoras de residuos. 4Substitución de sustancias perigosas por outras que o sexan menos. 4Substitución de gases de efecto invernadoiro para acercarnos ao protocolo de Kioto fi 4Diminución da retribución no caso de traballo en quendas, nocturno, etc. 4Aumento das tarefas complementarias ás que cada profesional está obrigado, eliminación de profesións a nivel de empresa e creación de profesións cunha abusiva mobilidade funcional. CONCLUSIÓNS: Estamos vendo como en ámbalas dúas zonas existe un ataque ós procesos e modelos de negociación colectiva. Por isto, é máis que necesaria a unificación de criterios no ámbito sindical europeo e, sobre todo, na nosa eurorexión, tarefa imprescindible para conseguir os nosos obxectivos. Temos que continuar a loita por aumentar os salarios en Portugal e en Galicia, mellorando as condicións de vida dos traballadores e traballadoras. Outra proposta sería manter contactos periódicos entre os sindicatos cunha frecuencia mínima trimestral, intercambiando información dos distintos convenios e das modificacións que se produzan e buscando, para isto, un xeito de comunicación fluída. Mellorar e potenciar a capacidade negociadora, para propiciar acordos que melloren as condicións do conxunto de traballadores e traballadoras fi o diálogo social constitúen unha parte moi importante da nosa actividade. É necesaria unha normativa que regule a participación, eliminando o baleiro legal actual. Temos pendente unha grande labor neste sentido. Debemos traballar para mudar esta concepción da realidade e instaurar novamente a conciencia social e a solidariedade da cidadanía fi Demandaremos das Administracións correspondentes que poñan as bases para unha negociación orientada a avanzar en capacidade sindical de participación e intervención sindical nas empresas e nos sectores. Entendemos imprescindible poñer as bases para garantir a estabilidade industrial, afondando nos cambios de modelo produtivo. Tamén é necesario pactar criterios de estrutura e condicións do emprego. Faremos esforzos para contribuír a consolidar a acción sindical no ámbito europeo para homoxeneizar as propostas nas distintas materias no mundo do traballo fi

10 DE MARZO

ı

5


SAÚDE LABORAL

Preguntas con resposta sobre os riscos psicosociais Os factores ou riscos psicosociais son unha das áreas en que se divide tradicionalmente a prevención de riscos laborais e está incluída na especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada (as outras áreas son a vixilancia da saúde, a seguridade e a hixiene). Os riscos psicosociais orixínanse por diferentes aspectos das condicións e organización do traballo. Cando se producen, inciden na saúde das persoas a través de mecanismos psicolóxicos e fisiolóxicos. A existencia de riscos psicosociais no traballo afecta, ademais de á saúde dos traballadores, ao desempeño do traballo. Os riscos psicosociais prexudican a saúde dos traballadores e traballadoras, causando estrés e, a longo andar, enfermidades cardiovasculares, respiratorias, inmunitarias, gastrointestinais, dermatolóxicas, endocrinolóxicas, musculoesqueléticas e mentais. Son consecuencia dunhas malas condicións de traballo, concretamente da súa deficiente organización. A avaliación de riscos psicosociais é un paso necesario para detectar, previr e corrixir as posibles situacións problemáticas relacionadas cos riscos psicosociais. Trátase normalmente dunha avaliación multifactorial, que ten en conta aspectos da tarefa, a organización do traballo, o ambiente, o desempeño, etc. Un dos eixes principais da avaliación de riscos psicosociais é a participación dos traballadores en todo o proceso. De feito, os métodos cunha maior validez científica neste ámbito baséanse en realizar preguntas aos traballadores sobre a súa percepción de diversas situacións laborais que poden ser causa de problemas de índole psicosocial. O estrés, o acoso e o malestar físico e psíquico que sofren moitos traballadores e traballadoras son resultado dunha mala organización do traballo e non dun problema individual, de personalidade ou que responda a circunstancias persoais ou familiares. A lei de prevención de riscos laborais considera que a organización do traballo forma parte das condicións de traballo que inflúen na saúde e seguridade dos traballadores e as traballadoras, entre outros mecanismos a través da exposición nociva aos riscos psicosociais. Por iso, as características da organización do traballo deben ser avaliadas, controladas e modificadas se xeran riscos. A avaliación de riscos psicosociais debe realizarse utilizando métodos que apunten á orixe dos problemas (principio de prevención na orixe), é dicir, ás características da organización do traballo, e non ás características das persoas. Para a avaliación dos riscos psicosociais existen métodos avalados por estudos científicos e non debe aceptarse calquera método. Os traballadores e traballadoras e a

Como axuda, está dispoñible a Guía do delegado e delegada de prevención para a intervención sindical: organización do traballo, saúde e riscos psicosociais

súa representación teñen dereito a esixir a protección da súa saúde e, para isto, a participar propositivamente en todas as etapas da prevención de riscos laborais, tamén con relación á prevención de riscos psicosociais. Os danos á saúde por riscos psicosociais non son un problema individual e ha facerse prevención para todos e todas. Unha vez superado o obstáculo da falta de recoñecemento dos riscos psicosociais, ha resolverse a cuestión de método de avaliación. O método debe reunir uns requisitos mínimos científicos e operativos, e é fundamental que sexa participativo e que cumpra os requirimentos xurídicos establecidos para calquera método de avaliación de riscos. Non vale unha listaxe ou simple cuestionario inventado por non se sabe quen, que estima a exposición non se sabe como, que identifica aspectos sobre os que non hai evidencia suficiente de teren relación coa saúde laboral, que non permite identificar os riscos por posto de tra-

As súas causas e consecuencias As causas que orixinan os riscos psicosociais son moitas e están mediadas polas percepcións, experiencias e personalidade do traballador. Algunhas das máis importantes poden ser exceso de esixencias psicolóxicas, falta de influencia e de desenvolvemento, falta de apoio e de calidade de liderado, escasas compensacións e a dobre presenza (o traballo doméstico e familiar) Tamén podemos engadir características da tarefa, estrutura da organización, características do emprego, organización do traballo e factores externos á empresa.

6

ı

10 DE MARZO

A consecuencia e os efectos da exposición aos riscos psicosociais son diversos e vense modulados polas características persoais. Algúns dos efectos máis documentados son problemas e enfermidades cardiovasculares; depresión, ansiedade e outros trastornos da saúde mental; dor de costas e outros trastornos musculoesqueléticos; trastornos médicos de diverso tipo (respiratorios, gastrointestinais, etc); condutas sociais e relacionadas coa saúde (hábito de fumar, consumo de drogas, sedentarismo, falta de participación social, etc.) e absentismo laboral fi

ballo, que non permite a súa utilización para todos os traballadores e traballadoras dunha empresa. Moitas veces nas empresas fannos unha enquisa de clima laboral, totalmente dirixida: iso non é unha avaliación de riscos psicosociais. Outras veces o persoal técnico de prevención que realiza esas avaliacións se limita a formularlle ao traballador ou traballadora unha serie de preguntas como dóeche con frecuencia a cabeza?, traballas en quendas?, irrítaste facilmente? e dormes ben? Isto tampouco non é unha avaliación de riscos psicosociais. Hai outro caso: cando os técnicos mesturan métodos para realizar a avaliación de riscos psicosociais; iso tampouco non é unha avaliación de riscos psicosociais, porque van enfocar as preguntas de xeito que as respostas (se non todas, si a maioría) van encamiñadas a deixar en bo lugar a empresa. A avaliación debe realizarse cunha finalidade preventiva: debe ter como obxectivo proporcionar un mellor coñecemento para poder controlar os riscos en orixe de forma eficaz. A participación é unha necesidade metodolóxica: os traballadores/as e os seus representantes na empresa teñen coñecementos, derivados da experiencia, que non son substituíbles e que son complementarios dos dos técnicos. Ademais, é un imperativo legal: dío a Lei de prevención de riscos laborais. E é un requirimento operativo, xa que é necesaria a implicación activa dos traballadores se se pretende unha prevención eficaz. Entre outras moitas propiedades, o método debe ser científico, fiable, avaliable, participativo, etc. A Federación de Industria de CCOO de Galicia trata de que se aplique nas empresas a avaliación de riscos psicosociais polo método ISTAS21. Este método cumpre cos requisitos esixidos para tal fin, é do Instituto Sindical de Traballo Ambiente e Saúde de CCOO. Nós, como sindicato, debemos loitar, primeiro, por que se cumpra a lei e que todas as empresas teñan ao día as avaliacións de riscos en todos os postos de traballo. Dentro desa avaliación, hai que realizar tamén a de riscos psicosociais, e no caso de non a realizaren, ou que creamos que está mal feita, debemos denunciar a Inspección de Traballo, que é quen debe decidir se é correcta ou non esa avaliación. En Galicia xa houbo que denunciar algunha empresa, iso si, non sen antes dialogar con ela para tratar de demostrarlles que non estaban correctamente analizados os riscos psicosociais. Como última medida levouse o caso á Inspección e esta deu un prazo curto de tempo para realizar a avaliación. Agora xa teñen a avaliación de riscos psicosociais fi

Todo delegado de prevención... ... hai que loitar por que se realicen as avaliacións de riscos, vixiar que estean completas e participar nelas, facendo un seguimento dos posibles riscos que resulten e, segundo o tipo, planificalos dentro da acción preventiva da empresa e do seu plan de prevención, facendo un seguimento dos prazos de execución de cada unha das solucións aos ditos riscos. Se dubidas, se no sabes ou cres que non sabes, consulta no sindicato: orientarante para que realices as túas funcións e exerzas os teus dereitos cumprindo os teus deberes como delegado de prevención. E os teus compañeiros vancho agradecer, hai que loitar por eliminar ou reducir ao máximo a accidentalidade laboral fi


SAÚDE LABORAL

A influencia do xénero nos riscos psicosociais Industria de CCOO de Galicia celebrou unha xornada de traballo para debater sobre a súa relación coa organización do tempo de traballo Hai uns meses a Secretaría da Muller, a Secretaría de Saúde Laboral e a Secretaría de Acción Sindical da Federación de Industria de CCOO de Galicia organizaron unha xornada de traballo para tratar da influencia do xénero nos riscos psicosociais relacionados coa organización do tempo de traballo nas empresas. Á dita xornada asistiron as responsables das Secretarías da Muller e de Saúde Laboral das distintas comarcas de Galicia, así como delegados e delegadas das empresas dos sectores do metal, enerxía e minería, tanto con convenio propio como suxeitas a un convenio provincial. Iniciou a xornada a responsable da Muller da Federación de Galicia, Isabel Gómez, que lles expuxo ás compañeiras e compañeiros convocados un relatorio para o debate, centrándose na división sexual do traballo. Esta división provoca, entre outras cousas, que os traballos na esfera privada —os labores domésticos e de atención ás persoas—, que as mulleres desenvolven maioritariamente, e o tempo empregado neles teñan menos consideración e valor que o tempo dedicado ao emprego asalariado ou autónomo, ao tempo mercantil, que é maioritariamente desempeñado polos homes. Despois dun interesante debate, as conclusións destacan a importancia de avanzar na corresponsabilidade de todos os membros que compoñen a unidade familiar, así como a negociación de plans de igual-

dade nas empresas co fin ir creando nos traballadores e traballadoras un ambiente libre de discriminacións por razón de xénero e máis igualitario tamén no mundo laboral. Rematou esta parte da xornada de traballo incidindo na necesidade da organización das

mulleres como afiliadas e delegadas de CCOO. Logo, Francisco Gayoso, responsable de Saúde Laboral, fixo unha exposición sobre que son os riscos psicosociais, a importancia que ten traballar nun ambiente laboral onde a organización do

traballo sexa a adecuada e non exista acoso moral (mobbing) nin «síndrome do queimado» (burnout). Explicou os distintos sistemas que se utilizan para medir os riscos psicosociais e cal é o que promove CCOO e por que. Concretou que, no caso español, a enquisa para detectar estes riscos tamén pregunta pola dobre xornada e o seu efecto. Durante o debate posterior aclaráronse dúbidas e planificáronse estratexias para intervir, como delegados e delegadas, na avaliación dos riscos psicosociais e os pasos que se han dar cando se detecte a existencia do acoso moral. Pechou a xornada José Hurtado, responsable de Acción Sindical da Federación de Industria de CCOO de Galicia, quen repasou os criterios de negociación colectiva en materia de tempo de traballo para o ano 2011. Así, foi formulando as principais propostas en materia de xornada, flexibilidade horaria, traballo en quendas, licenzas e permisos, vacacións, etc. Na súa exposición, Hurtado fixo fincapé na importancia da intervención sindical á hora de negociar estas materias e a súa aplicación, entendendo esta participación sindical como o mellor freo para impedir que unha excesiva flexibilidade forzosa, sen contar coas persoas traballadoras, poida botar fóra dos postos de traballo moitas mulleres por seren incompatibles coas responsabilidades familiares que asumen a maioría e pola inexistencia de servizos sociais suficientes que recoñezan as novas necesidades das familias fi

Delegados expertos en riscos químicos [ A Federación de Industria de CCOO de Galicia deu un curso sobre riscos químicos para delegados e delegadas. Organizáronse dous grupos: un formado por delegados da Coruña e Lugo e outro por delegados de Pontevedra e Ourense. Impartiuse en Santiago, un día por mes cada grupo, durante catro meses ] Os dous primeiros días tratouse de que a delegada/o coñecera o que é un risco químico, a perigosidade das substancias químicas, as alternativas para eliminar o risco químico, propostas para a intervención sindical, os efectos nocivos dos compostos químicos sobre a saúde e o medio ambiente. Presentóuselles a base de datos alternativa: é unha base de datos que está na plataforma de Istas, e ofrece documentos sobre substancias químicas alternativas (baixa-moi baixa toxicidade), con canles de acceso comercial a elas, así como procesos e tecnoloxías alternativas e experiencias de substitu-

ción, que poden axudar a previr o risco químico na túa empresa. Todo delegado de prevención que lea isto debe saber que esta información está na páxina www.istas.net: éntrase na pestana «saúde laboral», logo en «risco químico», «alternativas» e «base de datos de alternativas». Na mesma páxina e seguindo a mesma ruta, accedemos a «avalía e compara o que usas»; aquí, ao introducir o nome da substancia, dános un bo número de datos da substancia que nos poden valer para saber que é o que estamos usando. O terceiro e cuarto días do curso centráronse nun coñecemento teórico do triángulo do lume, tipos de lume, partes de extintores, etcétera; en definitiva, todo o que se necesita saber para unha primeira intervención en caso de se producir un incendio no posto de traballo. Á parte da teoría, apagáronse incendios de distinta clase e con varios medios extintores. En todo momento, os delegados estiveron ataviados coas prendas de seguridade pertinentes nestes casos. Foi unha boa experiencia que trataremos de facer extensiva ao resto de delegados/as de prevención da nosa federación, pois no momento en que se produce unha emerxencia, se non estamos preparados, seguro que a nosa actuación non será a adecuada fi

10 DE MARZO

ı

7


SECTORES

ELECCIÓNS SINDICAIS

agradece o apoio recibido en Irosa Os metalúrxicos da CCOO Nas eleccións sindicais ampliou a maioría que viña obtendo ao Coruña e Lugo xa acadar dez dos trece delegados que forman o comité de empresa teñen convenio

Asináronse os dous convenios que estaban pendentes de Galicia do sector da industria siderometalúrxica da provincias da Coruña e Lugo. Despois de practicamente todo o ano 2010 coas mesas abertas e case sen negociación, déuselles un pulo a ambos os convenios e as patronais cederon nas súas posturas iniciais. Os dous convenios, asinados por CCOO e UGT, terán unha vixencia de tres anos, do 2010 ao 2012. Os incrementos pactados están por encima dos IPC reais de cada ano: na Coruña, IPC máis 0,5; IPC máis 0,5 e IPC máis 1 puntos, e en Lugo IPC (3%); IPC máis 0,25 e IPC máis 0,50. Modifícanse redaccións e créanse as comisiones de igualdade en ambos. Desde a Federación de CCOO de Galicia consideramos nestes momentos moi positivo este peche, xa que os traballadores empezaban a perder poder adquisitivo ao levaren catorce meses sen incrementos fi

Tanto o Sindicato Comarcal de Industria de CCOO de Valdeorras como a candidatura en Irosa queren, en primeiro lugar, agradecer o apoio maioritario e felicitar tamén o conxunto de traballadores e traballadoras, xa que a participación foi moi superior ao 80% do cadro de persoal. Este resultado é o mellor aval para continuarmos coa nosa liña de actuación na empresa: unha actitude sindical dialogante e responsable, pero tamén firme na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras. O noso compromiso é afondar no traballo que vimos realizando para facer fronte aos problemas que temos por diante: o emprego, a saúde laboral, a mellora das condicións de traballo, etc. En todas as decisións importantes que tivemos que tomar neste período, contamos coa participación dos traballadores e traballadoras de Irosa, a través de asembleas e votacións democráticas. É tamén un compromiso de CCOO manter a transparencia e o fomento da cultura democrática no sector da lousa. En CCOO somos conscientes de que a maioría dos de-

legados e delegadas que se elixan no sector non van ser do noso sindicato, debido fundamentalmente á actitude da UGT, que asinou os dous últimos convenios con rebaixas substanciais e inxustificadas dos dereitos que recollía o convenio nos últimos vinte anos. Estamos a falar da antigüidade, o 10% do complemento de IT, a desaparición no ano 2011 da póliza por enfermidade profesional ou común e a supresión da cláusula de revisión salarial no último convenio asinado ata finais de 2013. Os traballadores e traballadoras da lousa temos que mudar esta situación facendo candidaturas libres, non impostas polo empresario, e dar un paso difícil pero necesario se queremos recuperar a defensa eficaz dos nosos dereitos e intereses. Por todo isto, desde CCOO facemos un chamamento para que se apoien as nosas candidaturas no resto do sector, xa que é a mellor fórmula para non retrocedermos en dereitos, salarios e condicións de traballo. Estamos convencidos de que, a pesar da crise económica que vivimos, as cousas na lousa poden e deben mellorar fi

ERE innecesario en Peugeot Citroën O pasado 1 de febreiro deuse por rematado o período de consultas en curso desde o mes de decembro entre a dirección do centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën e o comité de empresa en torno ao ERE (temporal) e ás medidas de flexibilidade adicionais presentadas pola propia dirección. Finalmente, este paquete de medidas foi aprobado por unha maioría da representación social que compón o comité (SIT, UGT). Os principais puntos do acordo son un ERE de 40 días para todo o cadro de persoal para aplicar en dous anos, sen compensación económica por parte da empresa para a metade dos días que finalmente se apliquen e coa carencia dalgunha cláusula de protección para colectivos en risco de verse grave-

mente afectados en caso de ser regulados; subtracción de parte do salario mensual aos compañeiros con contrato a tempo parcial, para saldar a débeda xerada coa empresa no acordo de bolsa de horas e calendario laboral confirmable mensualmente e modificable de forma unilateral por parte da dirección. A sección sindical de CCOO en PSA Vigo, unha vez celebrada a asemblea de afiliados, rexeitou por unanimidade todas as medidas expostas pola dirección, por entender que a presentación do ERE é innecesaria e supón un falso pretexto con visos chantaxistas que o único obxectivo que persegue é incrementar unhas medidas de flexibilidade que lesionan gravemente os intereses xerais do conxunto de traballadores do centro fi

EDITA: Federación de Industria de CCOO de Galicia. C.María,42-3. 15402 Ferrol. e-mail: fm.ga@industria.ccoo.es. CONSEJO EDITORIAL: Nicolás Pato Pérez/José Sanz García/Isabel Gómez González/Cristóbal M. Álvarez Quirós/José Manuel Abalde Mallo/José Hurtado Amador/José Luís Pousa Prado/Francisco J. Gayoso Rivera/Celso Carnero Ferreiro/José Luís Paz Pena/Carlos Galindo González/José Antonio Vilar González/Lázaro Fernández López. REDACCIÓN: Isabel Gómez/Nuria Silván/Arantxa Rochet. PRODUCCIÓN: Carmen de Hijes. Depósito legal M-25757-2009. Tirada de este número 12.100 ejemplares.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.