Catálogo de Exposicións

Page 1

Catálogo de exposicións

I

MPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO Rúa Barcelona, nº86, CP.36211. Vigo (Pontevedra) Tlf: 886111911 www.implicadas.com/exposicions@implicadas.com


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

- Implicadas no Desenvolvemento, presentación

3

- Exposicións

5

“A miña luzada iluminaranos a todas”

5

“Os meus ollos, as túas mans” Edición II (EN VENDA)

18

“Os meus ollos, as túas mans” Edición I (EN VENDA)

28

“O son das buguinas”

37

“Auga para Etiopía”

45

“Maquila Boutique”

54

2


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO ¿QUEN SOMOS? Implicadas/os No Desenvolvemento nace como iniciativa a finais do ano 97 cando un grupo de persoas sensibilizadas co desenvolvemento en xeral e coa India en particular deciden xuntalos seus esforzos nunha Organización non Gobernamental. En abril do ano 1998 constitúese en asociación, e en agosto dese mesmo ano como Organización non Gobernamental de Axuda ó Desenvolvemento. Como calquera asociación, Implicadas/os No Desenvolvemento conta cunha serie de obxectivos e modos de traballo que lle son propios e que a continuación expoñeremos. OS NOSOS OBXECTIVOS Implicadas/os no Desenvolvemento é unha Organización Non Gobernamental (ONG) de desenvolvemento apartidaria e aconfesional que actúa en Galicia con dous obxectivos principais: •

Apoiar proxectos de desenvolvemento en países en vías de desenvolvemento

Sensibilizar á comunidade galega, española e dos países desenvolvidos en

xeral dos problemas das comunidades coas que se traballa e da necesidade dun cambio global para erradicala pobreza. COMO TRABALLAMOS Implicadas/os No Desenvolvemento ten unha forma de traballar clara para cumprir os obxectivos que se acaban de presentar. En primeiro lugar, existen unha serie de criterios de traballo para a xestión de proxectos de desenvolvemento que se poderían centrar nos seguintes: •

Implicadas financia sempre proxectos xestionados por organizacións locais, de xeito que se garanta o respecto cultural, a creación de emprego local e a autosuficiencia das comunidades.

Implicadas financia proxectos primordialmente integrais e que sempre ofrezan garantías de que non se creará unha dependencia entre a comunidade e a ONG. En segundo lugar, con respecto á sensibilización, Implicadas tamén amosa

unha forma de traballar claramente definida:

3


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

Implicadas funciona ata o momento na súa práctica totalidade co esforzo voluntario das/os socias/os e simpatizantes, con contratacións temporais para necesidades puntuais que requiren persoal especializado do que non dispón entre o seu voluntariado, por motivos de formación ou dispoñibilidade.

Implicadas promove en todo momento a colaboración con outras organizacións xa existentes en campañas conxuntas e actividades de todo tipo, agrandando así a forza e a calidade do movemento das ONG ante a sociedade civil e gobernamental.

OS PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO Na actualidade Implicadas no Desenvolvemento, financia e apoia proxectos na India. Como xa mencionamos con anterioridade, os proxectos de desenvolvemento de Implicadas No Desenvolvemento son sempre integrais, o que quere dicir que abranguen tódolos aspectos da vida das persoas: educación, sanidade, dereitos das/os cidadáns/ás, atención ós/ás discapacitados/as, tempo de lecer, etc. Os proxectos de desenvolvemento, organizan e forman á comunidade para que sexa autosuficiente na xestión dos seus recursos e dos seus dereitos e teñen como piar fundamental o asociacionismo e a formación de grupos de traballo e aforro (cunha adaptación da técnica do microcrédito) capaces de crear verdadeiras redes de axuda e apoio dunhas ás outras. Así mesmo, os proxectos teñen un decidido enfoque de xénero, que se basea no empoderamento das mulleres para facelas visibles dentro da súa sociedade e capacitalas para a toma de decisións. Dende a alfabetización á capacitación laboral, pasando pola capacitación en aspectos sanitarios de prevención de enfermidades, ou de detección e prevención da violencia de xénero, as beneficiarias dos proxectos teñen a oportunidade de descubrir outra forma de vivila propia vida e de incidir na comunidade con voces autorizadas e valoradas. Este catálogo ten por obxectivo amosar as diferentes exposicións coas que conta IMPLICADAS, co gallo de achegalas á cidadanía para que esta coñeza o noso traballo e se sensibilice nas desigualdades Norte-Sur e de xénero.

4


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“ A MIÑA LUZADA ILUMINARANOS A TODAS” 1. Obxectivos: Recóllense nesta exposición, as obras máis representativas das presentadas ó concurso fotográfico “Das crises ás alianzas”, que se levou a cabo en abril e maio do ano 2013 para mulleres de Galicia e Tamil Nadu (estado do sur da India onde Implicadas desenvolve os proxectos). O obxectivo de dito concurso foi promover unha canle de expresión para reflectir como afectan as crises de calquera tipo na vida das mulleres, tanto no Norte coma no Sur, e/ou as alianzas e prácticas que se adoptan para superar estas situacións, tendo en conta que a desigualdade e marxinación á que aínda nos vemos sumidas as mulleres a causa do patriarcado dáse en todas as culturas e sociedades, e nas súas interaccións, xerando iniquidades en todos os ámbitos, xa que a visión das mulleres, a nosa voz e particularidades seguen a non ser consideradas. Todas estas ideas e feitos están claramente plasmadas nas fotografías. Dentro da propia filosofía de Implicadas, que loita pola pobreza e a desigualdade de xénero como piar básico para o desenvolvemento, concibimos esta exposición como unha ferramenta sensibilizadora para toda a sociedade, tanto galega como támil sobre as saídas que atopamos as mulleres fronte as diferentes crises que se nos presentan nas nosas vidas, froito da opresión patriarcal. Tanto a propia exposición como o concurso englóbanse dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento “A crise como cambio”. 2. Colaboracións Autoras das fotografías: Uxía Caride Blanco, Tania Merelas Iglesias, Cristina González López, Juana Luisa Prieto Luna, Gema Zunzunegui Lamas, Sila Cela Ferreiro, Laura A. Seijas Real, Sarah Shanthini e Amala Infantta. Financiación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores. Coa colaboración de People´s Development Initiatives, Marcha Mundial das Mulleres, Kalachuvadú, Cooperación Galega e Xunta de Galicia. 3. Composición - Descripción: 11 paneis fotográficos (10 fotos e un panel explicativo) en pvc de 59x84x0,5. Hai 5 paneis que se dispoñen de forma vertical e 6 de forma horizontal. - Montaxe: as fotografías non teñen un orde marcado, aínda que si se aconsella colocar as da mesma autora xuntas seguindo unha serie.

5


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

NOTA: Prégase que as obras sexan embaladas e enviadas no mesmo estado no que se entregaron, é moi posible que sufran danos no seu transporte. Deberase devolver todo o material que se emprestou. - Espazo: adáptase a calquera tipo de espazo, so precisa soportes verticais lisos (paredes ou paneis estables) para a colocación de 11 pezas lixeiras. 4.

Fotos

- Obras

“Vendedora de froita” – Amala Infantta

6


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Mulleres de fe” – Gema Zunzunegui Lamas

“Pas(e)ando o tempo” – Gema Zunzunegui Lamas

7


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

8


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Cargas de muller” – Cristina González López

9


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Luz entre tebras” – Uxía Caride Blanco

10


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

11


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Sororidade interxeracional” – Sila Cela Ferreiro

12


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

13


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Palilleiras” – Laura A. Seijas Real

14


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

15


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“As mariscadoras de Barallobre” – Juana Luisa Prieto Luna

16


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Sororidade interxeracional” – Tania Merelas Iglesias

“É medianoite e aínda segue servindo idlis (cea típica en Támil Nadu) aos seus clientes, todos homes” – Sarah Shanthini

17


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“ OS MEUS OLLOS, AS TÚAS MANS” Edición II 5. Obxectivos: Esta exposición pretende plasmar a visión do traballo das voluntarias da ONG a través dos ollos das ilustradoras e ilustradores que realizaron as propias ilustracións. Con motivo do ano do voluntariado, 2011, Implicadas no Desenvolvemento quixo facer unha homenaxe ó traballo das voluntarias que compoñen a organización, piar fundamental da mesma. No ano 2010 realizouse unha exposición semellante que resultou un éxito; desta maneira en Implicadas volvemos apostar pola colaboración desinteresada de persoas do mundo da imaxe e a ilustración para que plasmasen a testemuña do traballo diario das voluntarias na organización. Realizouse unha convivencia do 27 de decembro de 2011 na cidade de Lugo onde voluntarias e ilustradoras/es puxeron en común o seu traballo e experiencias, cada unha no seu campo. Previamente o grupo participante tomou parte en actividades formativas, dinámicas e xogos que serviron para divertirse aprendendo sobre a cooperación, o enfoque de xénero, o infanticidio feminino... sobre a filosofía e traballo de Implicadas no Desenvolvemento. Desde Implicadas trátase de promover, a través da cultura, un cambio de actitudes que de paso á acción entre a cidadanía galega para a loita contra a discriminación/violencia de xénero e pobreza. E, sobre este eixo cultural aséntase esta exposición, nunha colaboración de intercambio de experiencia por parte das voluntarias, e creación das ilustradoras onde o tema base é a interacción entre o xénero e a pobreza suxeito ás experiencias do voluntariado na organización. Nestas obras represéntase o traballo continuo do voluntariado, un traballo colectivo que fai posible o cambio, un traballo de persoas individuais movidas por un sentimento compartido que unen as súas forzas para loitar polas inxustizas que azoutan o noso planeta, inxustizas das que sentimos que formamos parte 6. Colaboracións -Voluntariado participante na actividade que deu froito á exposición: Ania Piñeiro, Ánxela Valdés, Begoña Pedrouzo, Iria López, Manuela Vázquez, Noelia Darriba, Quitéria Mejuto, Tatiana Conde e Verónica Pardo. -Ilustradoras/es: Julia Aguiar, Edgar Goás, Olalla Castro, Mariano Fuertes, Elena Gómez, Pascual Cabaleiro, Noemí Lorenzo, Ruth Caramés e Natalia Veiga. Esta exposición foi realizada gracias a unha subvención do Concello de Lugo, área de Participación Cidadá.

18


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

7. Composición - Descripción: A exposición está formada por 10 ilustracións enmarcadas nunha moldura negra, fina e discreta que non lle quita protagonismo ás obras, algunhas delas adornadas con passepartout de cores vivos acorde coas imaxes. 9 delas teñen un tamaño de 40x50 e unha de 22x29, 5 colócanse de forma apaisada e as outras 5 de maneira vertical. A exposición é complementada con un panel informativo da mesma medida das ilustracións que contén información básica sobre a ong, a exposición e o nome das persoas que a fixeron posible. Forma un conxunto de imaxes moi diferentes e coloridas que se poden combinar segundo diferentes gustos e espacios. - Montaxe: En total son 11 obxectos a colgar, que van acompañados de cadanseu colgador na súa parte traseira. A exposición debe estar acompañada das cartelas explicativas de cada obra, uns rectanguliños en cartón-pluma que conteñen o nome da autora e o da súa obra. Estes, e os propios cadros están numerados por detrás, o cal permite unha maneira doada emparellar cada obra coa súa correspondente lenda, a numeración non é un orde a seguir, foi creada dunha forma aleatoria. Tamén a acompaña un adhesivo para as cartelas e un rotulador negro para retocar os marcos no caso de que fose necesario por algunha imperfección. NOTA: Prégase que as obras sexan embaladas e enviadas no mesmo estado no que se entregaron. É estrictamente necesario que á hora de embalalas, os marcos sexan colocados de maneira individual dentro do papel de burbullas; é moi posible que os marcos sufran danos no seu transporte. O panel informativo debe ir con calquera dos marcos para que non sufra tampouco ningún dano. Deberase devolver todo o material que se emprestou, obras, panel, cartelas, pasta para pegar as mesmas e o rotulador. As ilustracións que compoñen esta exposición serán postas á venda proximamente polo que existe a posibilidade de que a exposición non estea dispoñible. - Espazo: adáptase a calquera tipo de espacio, so precisa soportes verticais lisos (paredes ou paneis estables) para a colocación de 11 pezas (cadros e panel) lixeiras.

19


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

8. Vida -

1 – 31 de Marzo de 2012: Mesón do Forno, Lugo

-

3 – 28 de Abril de 2012: Museo María Pita, A Coruña

-

7 – 31 de Maio de 2012: Bar Plaff, Vigo

-

6 de Xullo – 17 de Agosto de 2012: Centro Cultural, Cerdedo

-

21 de Setembro – 22 de Outubro de 2012: Restaurante Cúrcuma, Vigo

-

31 de Xaneiro – 28 de Febreiro de 2013: Casa da Xuventude, Chantada

-

5 – 22 de Marzo: OMIX, Pantón

-

1 – 29 de Abril de 2013: Mesón do Forno, Lugo

9. Fotos - Obras

“Implicada” – Julia Aguiar (Reservada)

20


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Cóntamo coas túas verbas” – Olalla Castro

“Concienciando e colonizando un mundo machista” – Edgar Goás 21


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Non bicar – Pascual Cabaleriro

“Desenvolvendo á organización” – Noemí Lorenzo 22


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Alas” – Mariano Fuertes

“Dereito a vivir” – Pascual Cabaleiro

“Amo da casa” – Pascual Cabaleiro

“Boca a boca” – Elena Pereiras

23


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Sentir” – Ruth Camarés - Instalación

24


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

25


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

26


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

27


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“ OS MEUS OLLOS, AS TÚAS MANS” 1. Obxectivos: Esta é unha exposición de ilustracións que trata a temática do xénero e a pobreza, que plasma a visión (ollos) que teñen da cooperación, as voluntarias de IMPLICADAS a través das mans das ilustradoras que se encargaron da parte artística (mans). Xurdiu como froito dunha convivencia entre o voluntariado da ONG e ilustradoras e ilustradores que cederon o seu tempo e o seu traballo á organización, pero que tamén se lles foi devolto por parte desta, sensibilidade cara as inxustizas que nos rodean, un punto de vista crítico cara a problemas e solucións e un pouco de formación neste eido. As ilustradoras participantes, previamente recibiron información sobre xénero, pobreza e cooperación a través da perspectiva que dá a experiencia dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento de IMPLICADAS, como os que desenvolve na India, así como os anos de labor de sensibilización e educación para o desenvolvemento en Galicia, a través de incontables iniciativas. A través dun obradoiro de dinámicas de participación, as ilustradoras coñeceron e afondaron nas experiencias das voluntarias do seu traballo en Implicadas, nas súas impresións e reflexións, cuxo intercambio serviu para a inspiración ás ilustradoras para a creación da súa obra. Desde Implicadas trátase de promover, a través da cultura, un cambio de actitudes que de paso á acción entre a cidadanía galega para a loita contra a discriminación/violencia de xénero e pobreza. E, sobre este eixo cultural aséntase esta exposición, nunha colaboración de intercambio de experiencia por parte das voluntarias, e creación das ilustradoras onde o tema base é a interacción entre o xénero e a pobreza suxeito ás experiencias do voluntariado na organización. Estas obras representan a temática do xénero, a pobreza, a cooperación e inciden no problema do infanticidio feminino que segue presente nalgúns distritos do sur da India onde Implicadas traballa para erradicalo dende 2007. 2. Colaboracións - Voluntariado participante na actividade que deu froito á exposición: Tatiana Conde, María Reimóndez, Ania Piñeiro, Quitéria Mejuto, Vanessa Armada, Laura Paradela, Maria José Meilán, Sonia Fernández, Blanca Rodríguez, Carlos Parada, Marta Perez e Manuela Vázquez

28


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

- Ilustradoras: Rebeca López, Patricia Castelao, Idoia de Luxán, Almudena Aparicio, Iván Sende, María Álvarez, Elena Valverde, Eva Callón, Macús Romero, Jorge Fernández e Ana María Piñeiro - Concello de Lugo, Consellería de Igualdade, muller e benestar social. 3. Composición - Descripción: A exposición está formada por 10 ilustracións enmarcadas nunha moldura negra, fina e discreta que non lle quita protagonismo ás obras. Todas elas teñen un tamaño de 40x50, 5 colócanse de forma apaisada e as outras 5 de maneira vertical. A exposición é complementada con un panel informativo da mesma medida das ilustracións que contén información básica sobre a ong, a exposición e o nome das persoas que a fixeron posible. Forma un conxunto de imaxes moi diferentes e coloridas que se poden combinar segundo diferentes gustos e espacios. - Montaxe: En total son 11 obxectos a colgar, que van acompañados de cadanseu colgador na súa parte traseira. A exposición debe estar acompañada das cartelas explicativas de cada obra, uns rectanguliños en cartón-pluma que conteñen o nome da autora e o da súa obra. Estes, e os propios cadros están numerados por detrás, o cal permite unha maneira doada emparellar cada obra coa súa correspondente lenda, a numeración non é un orde a seguir, foi creada dunha forma aleatoria. Tamén a acompaña un adhesivo para as cartelas e un rotulador negro para retocar os marcos no caso de que fose necesario por algunha imperfección. NOTA: Prégase que as obras sexan embaladas e enviadas no mesmo estado no que se entregaron. É estritamente necesario que á hora de embalalas, os marcos sexan colocados de maneira individual dentro do papel de burbullas; é moi posible que os marcos sufran danos no seu transporte. O panel informativo debe ir con calquera dos marcos para que non sufra tampouco ningún dano. Deberase devolver todo o material que se emprestou, obras, panel, cartelas, pasta para pegar as mesmas e o rotulador. As ilustracións que compoñen esta exposición serán postas á venda proximamente polo que existe a posibilidade de que a exposición non estea dispoñible. - Espazo: adáptase a calquera tipo de espazo, so precisa soportes verticais lisos (paredes ou paneis estables) para a colocación de 11 pezas (cadros e panel) lixeiras.

29


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

4. Vida -

23 de Novembro – 23 de Decembro 2010: Mesón do Forno, Lugo

-

19 de Marzo – 1 de Abril 2011: Pazo de Tor, Monforte

-

12 de Abril – 28 de Abril 2011: Modus Vivendi, Santiago

-

2 de Maio – 21 de Maio 2011: Capela da Madalena, Arzúa

-

13 de Xuño – 5 de Xullo 2011: Biblioteca Ánxel Casal, Santiago.

-

3 – 28 de Abril de 2012: Museo María Pita, A Coruña

-

10 de Maio – 1 de Xuño de 2012: Bar Xarope, Sarria

-

11 de Xuño – 4 de Xullo de 2012: Bar Plaff, Vigo

-

6 de Xullo – 17 de Agosto de 2012: Centro Cultural, Cerdedo

-

31 de Xaneiro – 28 de Febreiro de 2013: Casa da Xuventude, Chantada

-

5 – 22 de Marzo de 2013: OMIX, Pantón

-

1 – 29 de Abril de 2013: Mesón do Forno, Lugo

5. Fotos - Obras

“ Shanti” – Almudena Aparicio (Vendida) 30


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Implicadas” – Patricia Castelao (Vendida)

“Fusión” – Elena Valverde (Vendida)

“Besvellos” – Iván Sende (Vendida)

“Igualdade e prosperidade” – Jorge Fernández (Vendida)

31


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Yule (Solsticio de Inverno)” – Eva Callón

“Construíndo un mundo mellor – María Álvarez (Vendida)

“Mulleres, nais da terra” – Idoia de Luxán 32


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“Meu corazón é teu corazón” – Rebeca López

“Nosoutras” – Ana M. Piñeiro

33


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

- Instalaci贸n

34


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

35


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

36


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“ O SON DAS BUGUINAS” 1. Obxectivos: É unha exposición sobre a tsunami que asolou o surleste asiático o 26 de decembro do ano 2004, centrada no distrito de Karaikal ó sur da India, lugar onde Implicadas emprendeu un proxecto de axuda humanitaria de emerxencia que derivou nun proxecto de desenvolvemento que segue na actualidade. A exposición componse de fotografías de Paco Vila Barros, ilustracións de Xulia Barros e textos de María Reimóndez, que versan sobre o traballo da organización neses primeiros momentos da tsunami. Textos e ilustracións harmonizan co libro do mesmo título “O son das buguinas” (acompañado dun DVD) publicado por Edicións Xerais de Galicia no ano 2007. Para a realización desta obra colaboraron cos seus relatos: Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz e María Reimóndez. Esta obra foi editada por Implicadas en colaboración con Ed. Xerais para destinar os dereitos de autor ó proxecto que a ONG ten en Karaikal. Como complemento adicional desta exposición, Implicadas

elaborou unha

unidade didáctica para alumnas/os de 3º e 4º da ESO titulada Vanakkam/Benvidas, cuxas actividades propostas pretenden afondar no coñecemento doutras culturas (neste caso a India), fomentar a solidariedade, a erradicación dos estereotipos que creamos dende o Norte sobre os países do Sur, así coma o xénero e o desenvolvemento. Pódese descargar a Unidade Didáctica na sección Arquivo, carpeta Materiais Didácticos na web da organización www.implicadas.com. 2. Colaboracións Concello de Santiago de Compostela. 3. Composición - Descrición: A exposición está formada por 4 paneis informativos de 80x90 e 36 fotografías de 60x50, todos eles en cartón-pluma. - Montaxe: os paneis poden colgarse cunha tanza ou colga-fácil. Aínda que a exposición foi concibida de maneira unitaria, tamén pode colocarse por partes, poden empregarse so as fotos, os paneis ou mesmo facer unha composición entre ambas, tendo en conta as necesidades do espazo, a temática que se requira ou mesmo os gustos de cada quen.

37


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

NOTA: prégase que as persoas que manipulen a exposición teñan sumo coidado coas pezas que a compoñen, así como colocar, embalar e entregar as mesmas tal e como se recibiron por parte da organización, para que non sufra danos. - Espazo: se ben as fotografías adáptanse mellor a calquera tipo de espazo expositivo, se se pretende colgar a exposición enteira precísanse soportes onde sexa posible colgar tanto os paneis como as fotos, ou paredes que as soporten.

4. Vida -

22 de Decembro 2006 – 10 de Xaneiro 2007: Santiago

-

6 de Marzo – 15 de Marzo 2007: Galería Sargadelos, Santiago (Presentación do Libro)

-

9 de Abril – 22 de Abril 2007: Museo Provincial de Lugo (Presentación da exposición e libro, Fran Alonso (autor e representante de Ed. Xerais), María Reimóndez (autora e presidenta de Implicadas) e Carmen Basadre (Conselleira de Muller e Benestar Social)

-

15 de Xuño – 15 de Xullo 2009: Modus Vivendi, Santiago

-

29 de Decembro 2010 – 9 de Xaneiro 2011: Casa da Cultura, Taboada

-

10 de Xaneiro – 14 de Febreiro 2011: Cafe-Bar a Repichoca, A Coruña

-

Marzo 2011: Lugo, Colexio

-

7 de Abril – 28 de Abril: Asoc. Cultural “Os Tilos”, Santiago

-

1 de Maio – 30 de Maio 2011: Casa das Crechas, Santiago

-

10 de Maio – 31 de Maio 2011: Mediateca de Teo, Santiago

-

3 de Outubro – 31 de Outubro 2011: Castelo de Sta. Cruz, Oleiros, A Coruña

-

9 de Decembro 2011 – 15 de Xaneiro 2012: Casa Museo Casares Quiroga, A Coruña

-

13 de Abril – 2 de Maio de 2012: Casa da Xuventude, Lugo

-

16 - 31 de Xullo de 2012: Casa da Xuventude, Ourense

-

10 - 31 de Outubro de 2012: Colexio Divina Pastora, O Barco de Valedeorrás

-

5 – 7 de Abril de 2014: MOEXMU, Muimenta

-

1 de Maio de 2013: Festa da Filloa, Muimenta

38


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

5.

Fotos

39


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

40


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

41


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

- Instalaci贸n:

42


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

43


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

44


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“ AUGA PARA ETIOPÍA” 1. Obxectivos: Esta exposición reivindica a desigualdade na xestión da auga nos países do Sur, onde a carencia de auga non é un problema de carencia de recursos senón de distribución e uso. Países tan secos como Arabia Saudí (100mm/ano) non experimentan problemas de auga mentres que outros moito máis vizosos coma Etiopía (500mm/ano) viven unha situación de carencia permanente. A falta de investimento e infraestructuras fai que a auga non chegue á poboación. Son as mulleres e nenas encargadas de percorrer grandes distancias para abastecer á familia da auga que precisan para pasar o día, cargando ás costas os 25l que transportan por un terreo escabroso só accesible a pé ou en mula. Esta actividade que recae na responsabilidade das mulleres, coma a alimentación e coidado da familia, a limpeza do fogar, a atención da horta e dos animais, etc, ó cabo do día ocasiona que non poidan dispoñer do tempo suficiente para facer uso dos seus dereitos máis esenciais como son o ocio e o tempo libre, a educación, a sanidade, a participación política, social e cultural, etc. Esta exposición foi elaborada no marco da campaña “Auga para Etiopía” celebrada nos anos 2008, 2009 e 2010 (http://www.augaparaetiopia.org/) cuxos fins son: achegar a realidade de Etiopía, a importancia do coidado medioambiental e a desigualdade de xénero á sociedade do noso país. As fotografías que compoñen a exposición foron realizadas polo fotógrafo etíope Zabasil Alemu. Esta é unha exposición que, polo seu contido funciona moi ben nos colexios e institutos, Implicadas dispón dunha unidade didáctica que pode entregarse ás mestras ou persoal responsable para facilitar a información da exposición e facer actividades relacionadas coa mesma. Dispoñible na sección de arquivos da páxina web da organización: www.implicadas.com.

45


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

2. Colaboracións 3. Composición - Descrición: consta de 12 fotografías de 65,5x44 enmarcadas cun marco fino de aluminio prateado, 3 garrafas (nas que as mulleres transportan a auga en Etiopía) e 4 cordas (das que empregan as mulleres para amarrar ó seu corpo as garrafas). Pode incluírse tamén unha lona de presentación da propia exposición. - Montaxe: esta exposición adáptase moi ben a diferentes lugares expositivos pois pódese colocar na súa totalidade ou parcialmente, prescindindo das garrafas ou facer unha selección das fotografías. No caso de presentar a exposición completa a súa colocación é da seguinte maneira: as fotografías conteñen unha numeración por detrás para a súa colocación, as garrafas irán colocadas no chan debaixo da exposición, as cordas poden situarse arredor das garrafas e mesmo colgar algunhas na parede. Os cadros conteñen colgadoiros polo que simplemente faría falta un soporte que sobresaia da parede ou tanza para colocalos. NOTA: prégase que unha vez desmontada a exposición sexa embalada e colocada tal e como se recibiu, para que sufra os menos danos posibles. - Espazo: adaptable a calquera tipo de espazo, pode instalarse ó completo ou so as fotos.

4. Vida -

2008: Local de Implicadas no Desenvolvemento, Vigo

-

26 de maio – 16 de xuño de 2008: Galería Sargadelos, Santiago de Compostela

-

31 de Maio – 12 de Xuño de 2010: Teatro Principal, Pontevedra

-

6 – 24 de Febreiro de 2012: Punto Xove, Vigo

-

19 - 31 de Marzo de 2012: Forum Metropolitano, A Coruña

-

18 de Abril – 3 de Maio de 2012: IES Cacheiras, Santiago

-

9 de Maio – 17 de Xullo de 2012: Museo María Pita, A Coruña

-

3 – 31 de Maio de 2013: Correos, Vigo

-

5 de Xuño – 16 de Xullo de 2013: Correos, Pontevedra

46


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

5.

Fotos

- Obras

47


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

48


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

49


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

50


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

- Instalaci贸n

51


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

52


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

53


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

“MAQUILA BOUTIQUE” 1. Obxectivos: Esta é unha exposición de artistas plásticas na que se denuncia a explotación na industria téxtil e se presentan posibles alternativas a esta explotación. Trátase dunha instalación a modo de tenda na que se expoñen pezas de roupa creadas a partir de roupa usada de compañías sobre as que existen informes de explotación laboral nos países do Sur. Acompañan a estas pezas uns paneis informativos sobre a explotación na industria téxtil e alternativas, por exemplo o microcrédito como fonte de xeración de ingresos. Inclúense ademais estudos de caso que contan a situación de traballadoras nesta industria e as beneficiarias dos grupos de aforro que apoia Implicadas no Desenvolvemento na India e en Etiopía e, ademais paneis con poemas do libro Moda Galega, de María Reimóndez (Ed. Positivas, 2002). Esta exposición foi coordinada pola artista galega Mar Calda e Andrea Abreu, voluntaria de Implicadas. Esta exposición nace no ano 2006, tras o éxito do Implícate 2005 (Noite da música e palabra solidaria) a organización

decidiu elaborar unha acción máis

ambiciosa que combinase non só o espectáculo senón unha serie de actividades complementarias que axudasen a afianzar a relación da cultura galega coa solidariedade na busca dun modelo propio de relacións xustas cos pobos do Sur. Entre estas actividades complementarias atópase o proxecto IMPLIC-ARTE, polo que se concibiu esta exposición, que foi presentada en Santiago nos días previos ó Implícate 2006 e posteriormente rotou por diferentes cidades e vilas galegas. 2. Colaboracións: - Artistas: Andrea Costas, Berta Cáccamo, Carme Nogueira, Carmen Suárez, Itziar Ezquieta, Mar Caldas (coordinadora), Las Pingüinas (Natalia Umpiérrez e Sara García), Renata Otero e Rosalía Pazo Maside. 3. Composición - Descrición: 15 pezas de roupa e 14 paneis violetas que informan sobre a explotación na industria téxtil e 3 paneis verdes con poemas do libro Moda Galega. - Montaxe: orde de colocación dos paneis informativos: 1-A roupa, 2Estatísticas, 3-A industria do téxtil, 4-Mulleres, 5-A historia de Razia, 6-Quen fai a túa roupa?, 7-As consumidoras do norte, 8-Comercio Xusto, 9-Listaxe de tendas de comercio xusto, 10-Dentro do proceso de cambio, 11-Proxecto de desenvolvemento humano en Tiruchy, 12-Maheshwari e Anusuya, 13-Yeshekebede, 14-Tenagne. 3 paneis verdes intercalados entre os anteriores ou se desexe.

54


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

- Pezas: • Almudena Fernández Fariña: dúas pezas a partir dunha saia de cadros plisada e unha camiseta negra con textos bordados. Colócase no manequín de polixpán con base de madeira, pódese empregar sedal ou alfinetes levantando os pregos da saia. • Berta Cáccamo: cadro no que o lenzo é unha camiseta púrpura. Cólgase da parede. • Carme Nogueira: tres versións da mesma idea sobre tres camisetas de distintas cores: malva, verde e gris. 2 camisetas na estantería e outra en percha colgada da parede ou manequín de aramio. • Carmen Suárez: dúas pezas a partir de dous traxes de muller serigrafados con textos, imaxes e bordados. Cólganse nunha percha de madeira na parede de xeito que se vexa o bordado da parte de atrás. • Itziar Ezquieta: dúas pezas a partir de dúas camisetas. A primeira é branca e ten gasa e apliques serigrafados e a segunda é negra cun debuxo sobre tea branca. Cólganse en perchas de madeira vermella, a negra colgada da parede e a branca do teito. • Mar Caldas: unha camiseta marrón cun texto bordado con fío dourado e agullas. Cólgase nunha percha de madeira colgada do teito. • Pingüinas (Natalia Umpiérrez e Sara García): peza en tres dimensións con figuras feitas de tea, retallos e outros elementos. Colgada da parede • Renata Otero: figura a tamaño real dunha moza pintada sobre madeira probándose un pantalón xunto a un espello. Escultura apoiada no chan e espello colgado da parede, enfrontados. • Rosalía Pazo Maside: peza a partir dunha blusa vermella con nomes bordados e retais serigrafados con fragmentos de Nube de Algodón: “Cartas desde a máquina de coser”, traducidos e interpretados ao galego por ela mesma. Colgada nunha percha vermella do teito. NOTA: unha vez desmontada a exposición, e para que non sufra danos prégase embalar e enviala tal e como se recibiu. Así mesmo prégase ter o máximo coidado e atención a que as pezas téxtiles non sufran dano algún pois son pezas únicas e irrepetibles. Espazo: para a colocación desta exposición completa precisase un espazo amplo e transitable tanto para as pezas que van colocadas sobre maniquis como as que se colgan sobre un soporte. Por unha parte son necesarios uns soportes (paredes ou paneis) onde se podan colgar os paneis informativos e, ademais un lugar onde pendurar as perchas coas pezas necesarias. De ter a posibilidade sería bo colocar no centro da exposición algunhas das pezas téxtiles para poder

55


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

xirar en torno a elas e admiralas na súa totalidade. 4. Vida -

15 de Decembro de 2006: Galería Sargadelos, Santiago de Compostela

-

12 de Xaneiro – 16 de Febreiro de 2009, Casa das Mulleres, Vigo

-

7 – 17 de Xullo de 2009, Casa da Xuventude, Vigo

-

2 – 25 de Febreiro de 2010: Biblioteca Pública, Tuy

-

10 – 31 de Maio de 2010: Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela

-

12 – 13 de Marzo de 2011: Feira de Artesanía, Narón

-

1 – 30 de Marzo de 2012: Casa das Mulleres, Vigo

-

1 de Frebreiro – 1 de Marzo de 2013: Casa Museo Casares Quiroga, A Coruña

-

26 de Abril – 24 de Maio de 2013: Espazo Cultural Lorenzo Varela, Monterroso

-

27 de Maio – 12 de Xuño de 2013: Casa da Xuventude, Chantada

5.

Fotos

- Obras

Almudena Fernández Fariña

Berta Cáccamo

56


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

Carme Nogueira

Carmen Suรกrez

57


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

Itziar Ezquieta

Mar Caldas

Ping端inas

58


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

Renata Otero

Rosalia Pazo Maside

- Instalaci贸n

59


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

60


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

61


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

62


IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com exposicions@implicadas.com

63


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.