Catálogo Sala Alterarte 2007-2010

Page 176

2007

174

-2010

7. (Ulindo no aire). Por entre o falado, xurdíame, polo medio doutros moitos conceptos, a noción do ergonómico que tratarei máis de vagar.

8.

(Abrindo a boca). Que é isto da ergonomía? Todos escoitaríamos iso de que o

mando da televisión é ergonómico ou cousas semellantes… Pois ben; botando man da etimoloxía, esta palabra está formada por dúas partículas gregas: ergos, actividade e nomos, normas ou leis naturais.

9. (Un pé para un lado). A ergonomía ven sendo unha disciplina científica que forma

o seu corpo a partir do coñecementos de varias ciencias e cuxo obxectivo fundamental pode resumirse no deseño de produtos de maneira que éstes se adapten as persoas.

10. (Sentamos o corpo e contemplamos, ou descansamos, según quen). Ó

contrario da ergonomía, estes refachos de palabras houberon de adaptarse o espazo do cartel, o que choca coa idea que aquí nos propoñen os autores. Polo tanto non quixera acabar sen dar unha lista dalgunhos conceptos que non puiden tratar e que lanzo como sementes, tentando que isto medre e continúe doutro xeito en quen lea isto e vexa a exposición. Aí van: azar; percepción (subxectiva); jazz; salvapantallas; Georges Perec; homo ludens; Stelarc; Lucrecio e a caída do átomo; Gaston Bachelard; danza contemporánea; fractais; memoria física; o piso de escasos trinta e cinco metros cadrados no que vivín en Vigo… e algunhas cousas máis que se me perderon nos escasos centímetros cadrados da miña cabeza. Rosendo Cid


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.