contraaviolencia

Page 1

NON HAI FLORES NO CAMIÑO DA VIOLENCIA MACHISTA A vida das mulleres non debera estar tinguida do vocabulario e dos xestos da violencia. Unha violencia que é visible e invisible, que insulta e que bate nunha, que denigra e rouba a dignidade e que te mata. Esta violencia matou a 40 mulleres no que levamos de ano.Aínda onte unha rapaza de vinte e seis anos morreu a mans do seu mozo. Son persoas con pais, con fillos, con irmáns, con amigos e con nome propio: Os datos dan medo e reflicten que queda

moito por facer para que poidamos dicir que

vivimos nunha sociedade en que a convivencia entre mulleres e homes é exemplar. Unha sociedade na que a liberdade, o respecto, a confianza ou a igualdade de trato rexan as relacións entre ambos sexos, evitando situacións de desigualdade manifesta. Non hai nada que poida xustificar ou dar amparo ao asasinato das mulleres. Coñecerse ben, desenvolver a confianza, pode que non sexan suficientes, pero si deben estar presentes nas relacións e na convivencia entre as persoas.

Esta convivencia é unha carreira de

obstáculos, imprevisibles e constantes, e as mulleres oprimidas por un sistema cada vez máis desigual, como di Begoña Díez, sobrevivimos; e facémolo marcadas, que non recoñecidas na nosa verdadeira diferenza e identidade, mais non por iso imos asumir o rol vitimista, senón que precisamos superar esta situación e non ter medo: "Son muller... e sobrevivo e ás veces vivo. Son muller e son marca de xénero (e ás veces marca nas fazulas). Son vermello entre as pernas Son muller e non teño medo (porque son muller)

Por iso, o primeiro é avanzar nesa apropiación das nosas vidas, na superación, e para iso, escoitemos en galego os acertados versos da poeta de Granada, Victoria Ash, en "Para ti, que es especial":


"Veña, érguete. Non lles creas. Eles non ven o que eu vexo en ti. O que ti deberas ver. Non porque cho diga eu, Non porque eu te sinta. Dentro. Senón porque ti es o mellor que che aconteceu na vida. Que hei de dicir para que te queiras? Non podo dicir nada. Todos os motivos xa os tes ti dentro" Educación para facernos fortes. Educación para desfacer os prexuízos e estereotipos sobre as mulleres. Educación para adquirir conciencia crítica e saír da escola convencidas de que podemos facer que o mundo cambie. Esixir os nosos dereitos e que se faga todo o necesario para que ningunha muller morra asasinada. Rematamos este pequeno texto, de novo, cos versos de Ash: "Por todas as mulleres rompo o berro, a lanza e a desidia coa que esmagaron o seu voo os fillos do odio contra elas. Pouca valentía denota a actitude belixerante. Querer impoñerse para outorgarse a importancia que debe de ser que un por si mesmo non merece. (...) E eu, que non diferencio entre homes e mulleres, que os creo a todos iguais,


sigo soñando persoas libres e veraces. Por todas as mulleres choro sangue: dóeme cada unha delas nas entrañas. (...) Por todas as mulleres sinto medo de que este sexa o mundo que eu amaba, de que os golpes da vida lles dean mans, de que ninguén faga nada para cambialo. E avergónzome, enfádome e toleo. Este non é o lugar para o mañá dos fillos que eu soño. Por todas as mulleres érgome para ser, da liberdade, o seu canto. Ben alto: que non nos imos deixar morrer nin matar, que se non nos queren vivas os fillos do odio, os fillos do mal, augúrolles un triste final. Por todas as mulleres. Por todas as persoas que as saben amar" Poemarios escollidos Victoria Ash, Besos de nadie (Espasa, 2016) Begoña Díez Sanz, Camarada: Eu só quería facer algo bonito, (Os libros do Loureiro, 2014)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.