Modulo3 comunicacion

Page 279

UNIDADE 4

Ouvín como o mestre me mandaba ler na tarima, para exemplo xeral... e unha volupia gozosa encheume todo: era a vinganza; por riba do libro aínda vin o meu inimigo facéndose o distraído... Xavier Alcalá

1) ¿Que se conta no texto? a) Explica qué significado ten dicir que este relato está narrado en primeira persoa e que ten carácter autobiográfico. b) O capítulo comeza cunha circunstancia nova que vai determinar a vida do rapaz protagonista. – ¿Cal é esta circunstancia nova? – Segundo se desprende do texto, ¿cal foi o motivo deste cambio? c) Este cambio na vida do protagonista coincide no tempo con outra novidade na que se vai centrar a narración. – ¿Cal é esta novidade? – ¿Cales son os sentimentos do protagonista ante esta nova situación? d) A seguir no relato, aparecen dous novos personaxes, o Souza e outro rapaz, que van ter unha importante presencia ó longo da novela. Os seus trazos persoais xa se comezan a definir nesta primeira aparición. – ¿Que características presenta o Souza? – ¿Que caracteriza ó outro neno? e) Agora vai aparecer un novo personaxe adulto. – ¿Quen é este personaxe? – No final do fragmento o protagonista séntese satisfeito. ¿Cales son os motivos desta satisfacción? f) Tendo en conta a análise que vés de facer, escribe de maneira resumida (nunha frase ou dúas) o tema deste fragmento. 2) Recursos que emprega o autor no seu relato. Fíxate en que no fragmento que estamos a comentar predominan o diálogo e as descricións. Vexamos: – Descrición da praza na que está a casa nova. – Descrición do piso novo. – Descrición do instituto. – Diálogo protagonizado polos rapaces. – Descrición da aula. – Diálogo dentro da aula no que participan os nenos mais o protagonista é o profesor. – Descrición do Souza (retrato deste personaxe). Ímonos deter nalgunhas destas descricións. Fíxate na praza como exemplo.

279


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.