Modulo3 comunicacion

Page 152

A COMUNICACIÓN LITERARIA

C) Uso de comparacións. 36. Explica o significado desta comparación:

“Largacía floresta que, coma unha alfombra de mestos verdores, se estendía ata os propios límites da vila cortesá”

D) Predominio do copretérito nos tempos verbais. 37. Busca e escribe os verbos da parte descritiva. Ademais destes recursos xa comentados, imos ver outros que se empregan na descrición de ambientes: E) A descrición de ambientes precisa dunha planificación espacial, isto é, hai que ter en conta a orde que se vai seguir na presentación dos elementos. Fíxate que no texto que estamos comentando, esa planificación vai do xeral ó particular, primeiro fala da visión panorámica que enxerga Lanzarote desde o cume do coutarelo, e despois vai pormenorizando detalles: o río, a congostra, a arboreda. Ademais, na enumeración destes detalles o narrador tamén segue unha orde, vai do máis próximo ó máis afastado. Os autores elixen en cada momento a orde que van seguir para facer a descrición. Pode ser: - Do xeral ó particular. - Do particular ó xeral. - Do máis próximo ó máis afastado. - Do máis afastado ó máis próximo. - De dereita a esquerda (ou ó revés). - Partindo de algo central e situando os outros elementos ó seu redor. - Etc.

Torso sentado de Francisco Leiro.

152

Para axudar nesta planificación espacial, e tamén para situar no espacio os distintos elementos relacionándoos uns cos outros, nos textos descritivos utilízanse marcadores espaciais que son adverbios, preposicións ou locucións.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.