Modulo1 comunicacion

Page 96

ORTOGRAFÍA

Tamén se produce hiato cando van xuntas as vocais pechadas i, u e a segunda é tónica. Estas palabras levan sempre acento gráfico. Exemplos: mu-í-ño; mi-ú-do; xu-í-zo; cons-tru-ír... 40.a) Separa en sílabas as seguintes palabras: rúa, polea, poleiro, distribuír, Raúl, urxencia, saia, camión, avoa, formais, proído, saía b) Na seguinte lista de palabras, pon o acento gráfico naquelas que deban levalo: rio, saude, reunir, ainda, feira, Maria, construe, ruido, raiz, altruista, sinais, conselleria, sueca, caida, xuiz

O acento diacrítico Utilízase o acento diacrítico para diferenciar na escrita dúas palabras homógrafas (que se escriben igual pero teñen distinto significado). Vexamos algunhas destas palabras que se diferencian polo acento diacrítico: á/a á (contr. da prep. a e o artigo feminino a; ala das aves) a (artigo feminino; pronome persoal átono; preposición) Exemplos: - Chegaron á casa. - Acollemos na nosa casa unha pomba que tiña unha á magoada por ir bater contra un coche. - Colle a carteira. -Tíñalle unha laranxa tamén, mais non a quixo tomar na merenda. - Dille a teu irmán que só agardo por el ata as seis. ás / as ás (contr. da prep. a e o artigo feminino as; alas das aves) as (artigo feminino; pronome persoal átono) Exemplos: - Chámame ás oito que é cando chego á casa. - A aguia estendeu as súas ás sobrevoando todo o val. - Xa che dixen que as películas de medo non me gustan. - Tira con esas follas que xa non as necesito.

96


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.