Modulo1 comunicacion

Page 113

UNIDADE 3

c) Ademais destes substantivos comúns, no texto aparecen varios tóponimos (nomes propios de lugares). Búscaos e escríbeos. d) Outra característica da descrición é o uso de adxectivos. Busca e escribe os adxectivos que cualifican ós seguintes substantivos: ponte........................................................................ pista.......................................................................... fermosura................................................................. areal......................................................................... mar........................................................................... e) Tamén se caracteriza a descrición polo uso de marcadores textuais (adverbios, preposicións, conxuncións, locucións) que serven para situar os distintos elementos no espacio. [Para os marcadores textuais ver o anexo.] Busca no texto e escribe todos os marcadores: Antes de, por xunto das.... (sigue ti) f) Busca e escribe todos os verbos conxugados que aparecen no texto: vai, pasa...(sigue ti) - ¿En que tempo están estes verbos? Ten en conta que os tempos verbais máis usuais nas descricións son o presente e o pretérito.

Características dos textos descritivos • Organizar a descrición segundo un criterio espacial (estática, dinámica, do conxunto ós detalles, de arriba abaixo, de dereita a esquerda...). • Uso de marcadores textuais que serven para fixar a situación dos elementos no espacio. • Uso de substantivos pertencentes ó mesmo campo semántico. • Uso frecuente de adxectivos. • Uso de verbos en presente e en pretérito perfecto.

113


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.