Com unidade 11

Page 6

te con computadores. Trátase de actividades prácticas, de procura de información en internet, e de participación, por grupos, en obradoiros literarios. Ao final, realizarase a exposición de conclusións, de xeito oral na aula. Ao profesorado correspóndelle dirixir a actividade e supervisar o traballo do alumnado co computador para que, en caso de xurdiren dificultades, se poidan superar. 3ª sesión: en castelán. – Entregaránselle ao alumnado fotocopias do texto 3 . Neste texto trátase de predispor unha actitude positiva do alumnado ante o estudo. É conveniente a creación de hábitos diarios de estudo e o uso de estratexias que axuden a planificar o traballo, non só das actividades escolares, senón tamén de calquera actividade que se propoña realizar fóra das aulas. Cumprirá deseñar un horario de estudo e cumprilo. É conveniente que o profesor ou a profesora fagan revisións periódicas do cumprimento dos obxectivos marcados. 4ª sesión: en galego. – Entregaranse fotocopias do texto 4, onde se estuda a televisión como medio de comunicación audiovisual. Trátase de entender o medio de comunicación máis completo, as estratexias de manipulación que utiliza e a creación dun espírito crítico no alumnado ante esa manipulación. As actividades para este texto refírense a un estudo comparativo entre dúas cadeas televisivas. Intentarase que se entenda cal é o obxectivo primordial da televisión e realizarase un debate sobre os programas de entretemento. No debate cumprirá manter o respecto ante as opinións dos demais e unhas normas básicas na expresión oral. É importante que o alumnado participe de forma oral na aula, tendo en conta nas súas participacións os elementos verbais e non verbais, e respectando as regras da comunicación oral. 5ª sesión: en castelán. – Entregaranse fotocopias dos texto 5 e 6. No texto 5 explícase que é o correo electrónico, como funciona, e instrúese o alumnado no seu manexo. O profesor ou a profesora teñen que estar pendentes para que se sigan as pautas precisas, e deberán orientar cando se considere que algún aspecto presenta dificultades na práctica. No texto 6 , explícase o chat. Igual que se fixo no texto anterior, trátase de informar o alumnado sobre o que é e como se usa, ademais de entregar algúns enderezos útiles para participar nestes faladoiros. É, en xeral, outro paseo polas tecnoloxías da información e da comunicación. Ao profesorado correspóndelle dirixir a actividade e supervisar o traballo do alumnado co computador para que, en caso de xurdiren dificultades, se poidan superar. 6ª sesión: en galego. – Entregaránselle ao alumnado fotocopias do texto 7. O tema desta sesión é o xénero lírico. Faise un rápido percorrido, na súa parte teórica, polas características lingüísticas do xénero e os recursos literarios que lle son propios. Non se abordan todos os recursos, senón os máis salientables. Nas actividades, o alumnado intentará identificar os recursos estudados en poemas de autores e autoras de Galicia. O profesor ou a profesora prestarán atención aos traballos para que as súas presentacións escritas cumpran os requisitos mínimos, utilizando ben os signos de puntuación. Débese dirixir sempre o alumnado ata os dicionarios cando xurdan dúbidas, aínda que sexa para comprobar, autocorrixir e autoavaliarse. É importante que o alumnado adquira o hábito de usar dicionarios impresos e interactivos. 7ª sesión: en castelán. – Entregaranse fotocopias do texto 8, que inclúe unha revisión da oración simple e da súa clasificación desde os puntos de vista da actitude do falante e da estrutura sintáctica. Non se persegue nesta sesión unha aprendizaxe memorística por parte do alumPáxina 6 de 73


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.