Com m2 ud6 cast

Page 8

2.3

O conservatorio de música Señor alcalde, vostede xa coñece a miña opinión contraria a que o conservatorio de música de X se constrúa no solar interior que está formado polas rúas Marcelo Macías, Avenida de Ourense, Curros Enríquez e Cruceiro. Como agora xa é unha realidade que se vai facer aí de acordo coa axuda do Goberno do Estado, quero lembrarlle a vostede, señor A, e á cidadanía en xeral, o enorme desatino que implica o tomar esta decisión, ao meu entender. As persoas que coñezan o lugar saben que o único acceso que queda a ese patio é a través da praza Carlos Casares, tendo que facer o mesmo a pé xa que por ese oco non colle ningún coche. Que pasará no caso dunha emerxencia? Por onde accederían os vehículos de bombeiros, ambulancias, etcétera? Por outra banda, as rúas de Curros Enríquez e Cruceiro teñen prohibido estacionar vehículos nelas. Se se fai é ocupando a beirarrúa. Ademais, os usuarios/as do conservatorio (a maior parte crianzas) teñen que cruzar a rúa para poder acceder a estas instalacións. Na actualidade, os pais e nais do alumnado aparcan alí á espera de que saian das aulas. Ata cando llo vai permitir, señor alcalde? E cando deixe de consentirllo, onde van poder aparcar? No Toural? Ademais, a obra que se vai a facer é a estrutura. E o resto, para cándo? Calquera pode ver a Casa do Concello, que leva máis de 10 anos en continuas reformas e con visos de que iso vai continuar así. Vostede, señor A, é o alcalde máis ‘chapuceiro’ que coñezo. As poucas obras que inicia non as remata. Agora que na Xunta van mandar os seus, pode retomar aquela idea do multiúsos e facer alí o conservatorio (por certo, aquel proxecto fóralle aprobado unha vez que xa perderan as eleccións, é dicir, cando ‘gobernaban’ en funcións, lémbrase?). Por outra banda lembre que a Asociación de Veciños de Marcelo Macías ten formuladas varias reclamacións a ese concello sobre, entre outras cousas, parte da propiedade dos terreos onde quere vostede construír o ‘esqueleto’ do conservatorio. Que pasará se o día de mañá a Xustiza dá a razón aos veciños? Claro que para aquelas vostede xa non será alcalde e os que veñan, peor para eles. Reitérolle, señor A, faga por primeira vez na súa historia de alcalde un conservatorio que sexa a admiración de todo o mundo e nun lugar que se poida ver e déixese de andar con chapuzas. Texto extraído de Cartas ao director da edición dixital do xornal La Región [adaptado]

Actividades propostas S2.

Texto 2.3. Lea o texto detidamente e responda ás cuestións:

Cal é o tema principal do texto? Este é un texto argumentativo. Identifique e marque nel as tres partes que forman os elementos da argumentación: tese, corpo da argumentación e conclusións. Que tipo de argumentos se utilizan para defender a tese? Utilice exemplos extraídos do texto. Subliñe os conectadores que aparecen neste texto.

Página 8 de 55


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.