Com m2 ud5 cast

Page 20

2.9.2 Mecanismos de referencia interna Hiperónimos

Un hiperónimo é unha palabra de significado máis xeral (por exemplo, flor) que outras, de significado máis específico (por exemplo, rosa, caravel, dalia, pensamento...). Algúns exemplos: Planetas (hiperónimo): Terra, Marte, Xúpiter, Saturno... (hipónimos) Familiares (hiperónimo): nai, pai, irmán, curmá, sobriño... (hipónimos) Un hiperónimo, como pode ver, ten, normalmente, máis dun hipónimo. Así, nai, pai, irmán, curmá e sobriño son hipónimos do substantivo familiar (que é o chamado hiperónimo). Os hiperónimos son moi útiles para evitar repeticións innecesarias cando escribimos

2.10 A lingua galega [...] En primeiro lugar, a lingua normativa ten que estar ao servizo da cultura dun pobo real e concreto, e por tanto ha de ser necesariamente continuadora da lingua falada pola comunidade e ha de achegarse canto sexa posible a ela, a fin de enraizar sobre bases seguras e vivas. Agora ben, para que estas bases sexan efectivamente sólidas, a norma debe acoller un galego fiel a si mesmo e limpo de canto alleo innecesario hai incrustado na fala viva pola presión do castelán. É dicir, a lingua común debe ser o máis galega posible, establecida sen sometementos nin dependencias, con atención escrupulosa á estrutura e características lingüísticas do galego. En segundo lugar, o galego normativo ten que ser o vehículo expresivo común e válido para todo o pobo galego, voz apta e dispoñible para as súas manifestacións tanto escritas coma orais, tanto artísticas coma utilitarias. Consecuentemente, o galego común non pode basearse nun único dialecto, senón que debe prestar atención preferentemente á extensión xeográfica e demográfica das formas para seleccionar as normativas. Ha de ser, pois, supradialectal e lograr que o maior número posible de falantes galegos se identifiquen coas solucións acordadas. En terceiro lugar, o galego común debe seguir as boas tradicións da antiga lingua galega que sexan compatibles coa maneira de ser moderna da lingua, de xeito que as formas tradicionais sexan preferidas ás máis innovadoras e evolucionadas. Debe recoñecer tamén a súa propia literatura e cultura máis recentes, emparentando así con todos os escritores anteriores e aceptando solucións xa consagradas polo uso [...]. ILG & RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, Vigo, 2003 [Adaptación]

Actividades propostas S16.

Texto 2.10: Diga de que tipo (de orde, explicativos ou de contraste) son os conectadores que aparecen subliñados no seguinte texto.

S17.

Complete os ocos brancos deste texto con conectadores de orde.

__________, querían saír de viaxe o antes posible. __________, non querían perder ningún día de venda no seu negocio. __________, decidiron retrasar a saída.

Página 20 de 63


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.