Skip to main content

Mapoula 2002-03

Page 6

CADEA HUMANA ​

O día 22 de xaneiro foi o día da solidariedade; máis de 40.000 rapaces chegados de centros de todas as partes de Galicia, non só da Coruña, fixemos unha cadea humana de 40 quilómetros na Costa da Morte como sinal de protesta polo acontecido o 13 de novembro co barco ​ Prestige​ . Os tres autobuses encargados polo instituto de levarnos deixáronnos no camiño, a aproximadamente 4 km. da praia do Trece, resto fixémolo a pé. Andamos arredor de 8 km. entre ida e volta, pero a causa merecía a pena, a verdade é que moito ¿se non facemos nada por Galicia, o lugar onde a maioría de nós pasou a súa vida, que outro motivo merece a pena? Eu creo que todo o que estea nas nosas mans é pouco para a importancia do acontecido, pero polo menos xa que non podemos facer máis nada, ¡que menos que mostrar o noso descontento pola actuación do goberno tralo afundimento do barco! Marta Buján Sánchez

6


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Mapoula 2002-03 by I.E.S. Plurilingüe Adormideras - Issuu