BASILIO ÁLVAREZ

Page 1

BASILIO ÁLVAREZ Nace en Ourense o 10 de Agosto de 1887. Basilio Álvarez amosou interese polo xornalismo desde moi novo. Estivo vinculado a xornais ourensáns como La Nueva Época, diario católico , e La Galerna. Tamén traballou para El Eco de Orense, o xornal que dirixía Valentín Lamas Carvajal. En 1907 trasladouse a Madrid onde colaborou co centro galego e coa revista Galicia.Formou parte xunto a personalidades como Manuel Portela Valladares e Alfredo Vicenti do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reunían para debater sobre os problemas de Galiza. Funda Acción Gallega, organización política e periódico quincenal, antiforal e radicalizador das loitas agrarias.Participou tamén na fundación do diario madrileño El Debate que mesmo dirixiu entre outubro de 1910 e xullo de 1911. Abandonou entón a dirección do xornal para aceptar a oferta do bispo de Ourense e facerse cargo da freguesía de Beiro, o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro". Xa moi determinado na defensa do movemento agrario, Basilio Álvarez emprende en 1913 a edición do xornal El Heraldo Gallego, editado en Ourense. As autoridades eclesiásticas reaccionaron de xeito irado contra a publicación e denunciaron a participación do crego en mitins políticos e o bispo sepárao da parroquia ao consideralo un modelo de axitador en contra dos foros e os caciques.

Viaxa a América en 1913, onde descubre ao poeta Ramón Cabanillas, a quen lle prologa o primeiro libro. Cofunda en Madrid El Parlamentario; deixa o sacerdocio e en xullo de 1921 iniciou a máis destacada das súas aventuras xornalísticas coa publicación do xornal ourensán La Zarpa, que foi o gran diario agrario da época. Colaboraron nel non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos escritores galeguistas como Castelao, Vicente Risco, Ben-Cho-Shey, Arturo Noguerol, os irmáns Antón e Ramón Villar Ponte, etc. Licénciase en Dereito e exerce de avogado en Madrid. Consegue Acta de Deputado nas Cortes da Segunda República en 1931 e 1933. Exiliado no 36, publica España en Crisol, recopilación de artigos en defensa da República (1937). Morre nos Estados Unidos en 1943.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.