/Guia_CLAG_1

Page 62

de representación dos proxectos son os diagramas de burbullas, nos cales se mostran os proxectos como burbullas cuxo diámetro é proporcional á necesidade de recursos necesarios para levalos a cabo. Estas burbullas represéntanse en dúas dimensións sobre uns eixes cartesianos que poden corresponder a diferentes parámetros, por exemplo o risco dun determinado proxecto versus o seu retorno esperado, o grao de novidade técnica respecto ao grao de novidade para o mercado, a importancia versus a urxencia na realización dun determinado proxecto, o atractivo respecto á probabilidade de éxito, etc.

3.3.4 Aplicación “paso a paso”

A sistemática para a priorización de proxectos mediante matrices de puntuación é a seguinte: Definición dos criterios que se deben utilizar para a priorización de proxectos

Para esta etapa pódense utilizar criterios como os mencionados na alínea 3.3.3. deste tema. É importante separar os factores que deben cumprirse necesariamente dos que poden cumprirse de forma parcial. Avaliación de cada proxecto respecto a todos os criterios definidos

Primeiro avaliaranse os factores que deben cumprirse necesariamente, de maneira que se poderán eliminar todos aqueles proxectos que non satisfagan algún destes criterios. Unha vez reducida a lista de proxectos, fixaranse ponderacións para os criterios que se poden cumprir en diferente grao, e puntuarase cada criterio para cada proxecto. Cálculo do factor de mérito para cada proxecto e priorización

O factor de mérito calcúlase a partir da suma das puntuacións de cada criterio polas súas ponderacións respectivas. Desta forma obtense un valor para cada proxecto que permite priorizalos (o que teña maior puntuación será o proxecto prioritario, mentres que o que teña menor puntuación será o menos prioritario), ordenándoos segundo os seus factores de mérito (de maior a menor). Planificación agregada dos proxectos

Para poder determinar cantos proxectos poden realizarse é necesario avaliar o consumo de recursos (financeiros, humanos e materiais) para cada proxecto. Seguidamente agregaranse os proxectos á planificación, na orde de prioridades establecida, ata o esgotamento dos recursos (deixando unha marxe de seguridade adecuada en función do nivel de incerteza e para poder atender temas emerxentes). Esta planificación consistirá nunha primeira aproximación, realizada con base nunha estimación de recursos necesarios (especialmente económicos

62


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.