Xerais: Lingua Galega e Literatura 2 ESO (muestra)

Page 1

ESO LINGUA E LITERATURA 2

INCLÚE LICENZA 12 MESES PROXECTO DIXITAL
DEMO

O proxecto educativo de Edicións Xerais para a Educación Secundaria

Obrigatoria dálle prioridade tanto á comprensión textual e á expresión escrita como á comprensión e expresión oral, en tanto que son a base para acadar a competencia lingüística en lingua galega.

Preténdese conseguir que a adquisición dos saberes básicos por parte dos alumnos lles axude a afrontar situacións habituais no seu desenvolvemento como persoas integrantes da nosa sociedade.

Inclusión

Desenvolvemento sustentable

TIC

Igualdade e diversidade

Lingua galega e literatura ESO

Competencial

LECTURA E COMUNICAMOS

Selección variada e atractiva de textos de diferentes tipoloxías arrequecido con actividades para traballar a comprensión lectora, a expresión (oral e escrita) e as propiedades textuais.

Educación emocional

Aprendizaxe cooperativa

Avaliación

ICONAS UTILIZADAS

Competencia en comunicación lingüística

Competencia en matemática e ciencia e tecnoloxía (STEM)

Competencia dixital

Competencia persoal, social e de aprender a aprender

Competencia cidadá

Competencia emprendedora

Competencia en conciencia e expresións culturais

Que é alfabeto braille? Viches algunha vez un texto escrito con este alfabeto?

Sabes recoñecer cando necesitas axuda? Resúltache fácil pedila? Tes un mellor amigo ou amiga? Que che gusta máis del ou dela? E que menos?

• Cales son as túas dúas comidas favoritas? Incluiríalas na Dieta Atlántica ou na Mediterránea? Pensas que hai linguas máis bonitas ca outras? Cal é a túa percepción con respecto ao uso do galego? Cres que nos últimos anos aumentou ou diminuíu?

O « 

T 

O idioma é forza que nos xungue e sostén.

¡Se perdemos fala non seremos ninguén!

O idioma é amor, o latexo, a verdade, fonte da que agroma máis forte irmandade. ser mudo morrer. ¡Precisamos lingua Manuel María (2001) Versión musicada por Uxía, Tanxugueiras e Faia

8 4 » S  O A Fala O idioma é chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, palabra de amor. O idioma é tempo, ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, O idioma é patria, esencia máis nosa, creación común meirande poderosa.

Tres en raia Pasean os meus ollos Polas sendas da túa pel Caramelo de veludo Queréndose perder Chegaches en outono Escapándolle ao mencer As primeiras, ao nacer Vinte e un era par Tres estrelas de mar Vinte e un era par Tres estrelas de mar Gañarás esta partida Agarrado ás nosas mans Xuntos moveremos chas De mil cores ao xogar Tecerás túa sorte Con cen fíos de ilusión Entre os ecos da túa voz Vinte e un era par Tres estrelas de mar. Versión musicada por banda da loba

Os textos poéticos son aqueles que buscan transmitir emocións sentimentos través dos recursos estilísticos. Hoxe consideramos separadamente a canción poesía, mais na súa orixe os primeiros textos poéticos foron creados para seren cantados. Habitualmente, os textos poéticos están escritos en e un conxunto destes recibe nome de estrofa cuxa suma constitúe un poema Un verso unha forma especial de expresarse, xa que, por norma xeral, ten un número de sílabas delimitado presenta ritmo e rima. O ritmo exprésase mediante repeticións de sons, acentos, palabras, ideas… baséase nos sons nais da última palabra de cada verso, polo que será consonante (se exactamente igual) ou asonante (se só se repiten as vogais). Cando un verso non ten rima dise que é un As estrofas clasifícanse segundo número de versos que posúan. Así, poden ser (3 versos) ou (4 versos), etc. Os versos, as estrofas e ritmo compoñen a métrica do texto poético. Os téxtos poéticos teñen unha nalidade estética, polo que adoitan ter símbolos, imaxes outras guras literarias Algúns recursos formais dos textos poéticos Paralelismo Nos poemas hai grupos de palabras que se repiten en cada estrofa. Ademais, poden seguir a mesma estrutura. Era xa moi empregado na lírica medieval. Aliteración Consiste na repetición dun ou varios fonemas dentro da palabra ou da frase. Prodúcese cando o poeta explora os recursos sonoros das palabras para obter un peculiar efecto rítmico musical. Velaquí un exemplo de Celso Emilio. Antítese Nos seguintes versos de Rosalía de Castro, para reforzar o contraste entre dous momentos da idade da muller, a poeta opón parellas de elementos contrarios: cabelos negros cabelos brancos, dentes de prata chavellos quebrados, fazulas de rosas coiro enrugado A isto chamámoslle antítese. Anáfora Repítense palabras no inicio de varios versos consecutivos ou moi próximos, como se pode ver neste poema de Xavier Seoane: Inútil partir cara ningures. Inútil memoria do teu nome. Inútil que nos prometamos mares, solsticios veraos.

Cantos versos ten poema de Manuel María? estrofas? 3. Busca no poema de Manuel María exemplos de paralelismo, aliteración, antítese anáfora.

4. Busca cancións de artistas galegos repara na letra. Hai recursos poéticos como os vistos? Cumpren as características para seren considerados poemas?

5. Escribe ti dúas estrofas máis para poema de Manuel María mantendo mesma medida dos versos rima.

Conceptos de léxico, semántica e formación de palabras con ricos recursos visuais para a presentación dos contidos e actividades orais e escritas.

¡Que ben, que bomba vén co seu A bomba, ¡bong!, bomba, bon amigo.

Agora cabelos negros, máis tarde, cabelos brancos; agora dentes de prata, mañán chavellos quebrados; hoxe fazulas de rosas, mañán de coiro enrugado.

–Cando me vas ensinar a ler en braille? –De veras queres? Non é doado! –Ah, non pensas que sexa capaz?

–Si, home, claro que es capaz, pero teslle que dedicar tempo. –Igual me podes prestar un libro para practicar. –Conta con iso! Déixoche algún que xa lera, vale?

E así foi como, entre risos e merendas, Lúa tivo o seu primeiro alumno de braille. Pero Martín amosaba moitas outras inquedanzas. –Gustaríame saber como imaxinas ti as cousas que non podes ver, as persoas, os obxectos que te rodean… –Ben, a maior parte das cousas podo tocalas e así xa teño unha idea clara de como son. Distingo un piñeiro dun eucalipto polo tacto do tronco, por exemplo. –Iso é moi doado! –dixo Martín entre risos. –Si, home, quítame mérito! –riu tamén Lúa, tirando unha almofada na súa dirección. –Carallo, para non veres, tes moi boa puntaría!

–Ti non fagas que me enfade se non queres saber o que é bo! –O que me desacouga un pouco é… –Martín quedou calado. –Que é? Vasmo dicir? –Si… O que me desacouga é como me imaxinas cando pensas en min. –Iso sería se pensase en ti, claro. –A ver, non te mofes, xa me entendes! –Si, perdoa… Cando penso en ti, vénme á cabeza a túa voz e, sobre todo, as sensacións que teño cando estou contigo.

2 » U 3

CIOS «  » Comprensión lectora 1. Coa axuda do dicionario, procura significado que teñen no texto as seguintes palabras:

braille (l. 1) – inquedanza (l. 8)

mérito (l. 15) – desaucogar (l.19) – mofar (l. 23) – incipiente (l. 9) 2. Indica sinónimos para as seguintes palabras do texto:

doado (l. 2) – erguer (l. 31)

beizos (l. 34) – aledar (l. 35)

fazulas (l. 32)

faciana (l. 44) texto un fragmento dunha novela. Xustifica por que se trata de xénero narrativo literario, través, por exemplo, do emprego por parte da autora de recursos estilísticos, como repetición ou comparación. Indica os personaxes que interveñen neste fragmento, espazo no que se desenvolve o tempo que dura. Hai algún salto temporal?

TIPOS DE TEXTOS

3. Busca información onde consideres necesario responde estas preguntas relacionadas coa música: Como se chaman as pezas metálicas redondas da pandeireta que soan ao bateren unhas contra as outras? Que unha puga? Como se denomina a maior agrupación de instrumentos en música clásica? Quen lle puxo música ao Himno Galego? letra

mesturas dispositivos estudio controis

ou ben eleccionar cales desas de son queremos que se escoiten, ou ben mesturar varias fontes para que soen simultaneamente. A mesa de “centraliña” do noso través dos diferentes conectores jack imos ir conectando todos

2

4. Os textos narrativos están formados por partes narrativas, pero tamén descritivas dialogadas. Localiza no texto todas as partes dialogadas descritivas. Nas descritivas, sinala de que tipo se trata. Converte as seis primeiras liñas do texto ao estilo indirecto, é dicir, como se foses Lúa ou Martín lle estivese contando ese diálogo un amigo ao día seguinte. Nas partes dialogadas, indica se se trata dun diálogo en estilo directo ou indirecto explica por que. Sinala as palabras que corresponden ao narrador. 5. Sinala como vai describindo Irene Montero os síntomas dos seus personaxes, para indicar que se sintan atraídos, antes de relatar bico. As expresións «de palique» (l. 27), «vale?» (l. 6) ou «tía lista» (l. 70), que rexistro da lingua pertencen, formal ou coloquial? Que cres que pretende conseguir autora do texto ao poñelas en boca dos seus personaxes? Escolle outra parte do diálogo e indica se está tamén nese mesmo rexistro ou non. Xustifica a resposta.

filóloga, aínda que orientou seu traballo (2021), que súa primeira obra literaria, foi galardoada co de Ribeira. protagonista da novela está inspirada nunha moza cega de Oleiros que

–Así –murmurou Martín mentres pousaba nas mans de Lúa unha pedra que recollera no camiño, quente polo sol da tarde. –Ah! Queima un pouco! –Iso é vermello, Lúa. O vermello é calor. Vermello é o sangue que nos mantén quentes nos dá a vida. Vermella poste ti cando tes febre che queiman as fazulas. E vermellos son os bicos cando se dan con moita gana. Pero ollo, que tamén son vermellos o lume e o perigo. O vermello sobresae, chama atención, destaca, é atrevido. –Miña nai! Quero saber máis! E o azul, como é o azul? Martín colleu unha peza de xeo no conxelador da cociña. –Agarra a cor azul. É fría, pero iso non quere dicir que sexa mala. Ningunha cor é mala por si. Nin boa. Todas teñen unha dobre cara. Un yin e un yang. O azul tamén é a cor da pureza; hai azuis case transparentes, que non agochan segredos, azuis escuros, coma a da alta mar, que dá medo. Non, de nitivamente nunca esquecería Martín. Irene Montero, 3

MOBOB

COMO É O TEU LIBRO 2 LR NMO Lúa , I te T  O aón O S  A O a S GU Linguas minoritarias minorizadas CÑES  U Fcón  b  LS  O Vs oes
LR « 
Ver coas mans
8 4 »  S  A » A música Instrumentos de vento producen son pola vibración do aire no seu interior Instrumentos de corda producen son pola vibración dunha ou máis cordas Instrumentos de percusión producen son ao seren golpeados ou axitados instrumentos ampli cados electricamente. da guitarra. por manifestacións como música rap, os o dos picadiscos. POP FOLK TRAP O S  A «  8
de quen é? Como se chama fragmento musical interpretado por un só instrumento? 4. Completa texto sobre as características dunha mesa de mesturas coas palabras da marxe: marxe. A mesa de mesturas é unha ferramenta tecnolóxica que nos permitirá ter conectados varios equipos, varias fontes de simultaneamente través de varios tipos de conexións de entrada. Mediante unha serie de poderemos,
Competencia plurilingüe 7. LARRASTOÑA 8. IANDEPRO 9.
OS NOMES DAS COUSAS
Analise e traballo de diferentes tipoloxías textuais.
» Os textos poéticos
8

Un proxecto que che ofrece todos os contidos do curso a través do libro dixital, xunto cunha gran diversidade de recursos.

Descubre outra maneira de aprender sinxela, intuitiva e compatible con calquera plataforma e dispositivo.

COMO ACCEDES?

Tes todas as indicacións necesarias para acceder xunto á primeira páxina do teu libro.

maneiras de utilizalo:

A. Se o centro no que estudas dispón dunha plataforma educativa, introduce o código nela. B. Se o teu centro educativo non dispón de plataforma, entra en www.anayaeducacion.es sigue estes pasos: 1. Fai clic na zona privada da nosa web.

2. Introduce o teu usuario e contrasinal. Se es menor, precisarás a axuda dun adulto.

3. Selecciona engadir licenza código que hai impreso xunto a estas liñas.

4. O proxecto dixital cargarase automaticamente na túa biblioteca. este código persoal. Só é válido para un usuario terá un ano de vixencia desde Recomendámosche que actives xusto ao inicio do curso.

COMO É O TEU LIBRO DIXITAL
Este libro incorpora Edudynamic, un proxecto dixital que cobre todos os contidos do curso e que se adapta a calquera plataforma dispositivo. Nel vas atopar un gran número de actividades e recursos dixitais, gamificación, esquemas resumos, apps recomendadas, vídeos, animacións, avaliacións, enlaces externos e É un proxecto actual de navegación moi intuitiva, que che permitirá descubrir outras formas de aprender. ACCEDER AO PROXECTO DIXITAL O código que hai impreso xunto estas liñas dáche acceso ao proxecto dixital.

COMO É?

Unha resposta global para un contorno educativo diverso.

Intuitivo

Fácil de usar para ti.

Multidispositivo

Adátase e visualízase en calquera tipo de dispositivo (ordenador, tableta, móbil…) a calquera tamaño e resolución.

Descargable

Permíteche traballar sen conexión a Internet e descargalo en máis dun dispositivo.

Sincronizable

Os cambios que realices sincronízanse automaticamente ao conectar calquera dos dispositivos nos que o esteas usando.

QUE CHE OFRECE?

Contén diversidade de recursos; é moito máis que unha reprodución do libro en papel.

Con eles vas poder: Exercitar actividades interactivas

Estudar resumos e esquemas

Aprender audios, vídeos, presentacións...

Avaliar autoavaliación, portafolio

Universal

Compatible con todos os sistemas operativos, os contornos virtuais de aprendizaxe (CVA) e as plataformas educativas (LMS) máis utlizadas nos centros escolares.

PÁX.

LECTURA E COMUNICAMOS TIPOS DE TEXTOS OS NOMES DAS COUSAS

Como combater a síndrome posvacacional A noticia A casa

«Ver coas mans»

Irene Montero: Lúa nova A narración A comida

Lois Perez: A gruta da torre A carta persoal, o diario e os blogs

PROXECTO EN ACCIÓN

A diversidade cultural e a paz

Carlos Negro: Aplicación instantánea Os textos poéticos A música

Miguel Ángel Alonso: A decadencia dos seres míticos

A descrición A nosa contorna

Miguel Pardo: «A maioría da rapazada…»

O folleto

PROXECTO EN ACCIÓN

A radio e a televisión

Jacobo Fernández: Refuxio A procura de información O cine e o teatro

Carmen Blanco: A fuga O cine, sétima arte O parentesco

Cándido Paniagua: Onde está Lois? Os textos académicos O tempo cronolóxico

PROXECTO EN ACCIÓN

ÍNDICE
8 76 140 28 96 162 50 118 182
1 4 7 2 5 8 3 6 9

SOMOS LINGUA COÑECEMOS A LINGUA LETRAS E SIGNOS REPASO

A lusofonía Formación de palabras I: Lexemas e morfemas O alfabeto

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Linguas minoritarias e minorizadas Formación de palabras II: Prefixos e sufixos

Vogais e consoantes

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

A normalización O substantivo O uso de h, b, v x e s

GALEGO OU GALEGO-PORTUGUÉS. QUE É A LUSOFONÍA?

Os prexuízos lingüísticos O adxectivo Os grupos consonánticos: br/bl, pr/pl, fr/fl

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

O galego no ámbito local O verbo

Uso de cc-/-ct-; -pc-/-pt-; -cio/-zo; -cia/-za

O galego na súa contorna. A transmisión lingüística A frase A acentuación

POR QUE GALICIA É ÚNICA?

O galego no ámbito educativo A cláusula O punto, a coma e o punto e coma

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Como falamos?

Os rexistros da fala

O suxeito e o predicado Os dous puntos e os puntos suspensivos

A variedade estándar O complemento directo, o complemento indirecto e o complemento circunstancial

Parénteses e comiñas O apóstrofo

IMOS CONTAR HISTORIAS. IMOS PASO A PASO?

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

LECTURA E COMUNICAMOS » «Como combater a síndrome posvacacional?»

TIPOS DE TEXTOS » As noticias

OS NOMES DAS COUSAS » A casa

SOMOS LINGUA » A lusofonía

COÑECEMOS A LINGUA » A formación de palabras I

LETRAS E SIGNOS » O alfabeto

• Que mudanzas notas no teu estado de ánimo ao comezar o curso con respecto ás vacacións?

• Acostumas facer esquemas para estudar? Pensas que son útiles?

• Cres que o titular dunha noticia ou a portada dun xornal poden animar a que a leamos integramente? Por que?

• Viaxaches algunha vez a Portugal? Entendías o que che dicían? E os textos escritos que vías nas rúas ou nas tendas? En que lingua falabas ti?

1

A fin das vacacións e o comezo de setembro veñen da man do que habitualmente se coñece como «síndrome posvacacional». A psicóloga Paula Martínez Figueiras, do Colexio de Psicoloxía da Galiza, explica en que consisten os síntomas deste fenómeno e propón consellos que axudan a evitalo.

mas cun fenómeno popularmente coñecido como a «síndrome posvacacional».

A psicóloga Paula Martínez Figueiras explica para Nós Diario que non existe unha patoloxía propiamente dita que se poida denominar «síndrome posvacacional», senón que se tratadun conxunto de síntomas que as persoas experimentan cando volven ao traballo e á realidade da rutina. «Entre eses síntomas están a tristura, a apatía, a falta de enerxía, a desgana ou a propia perda de expectativas» ao rematar o período vacacional, indica Martínez Figueiras.

Se ben resulta habitual pensar que a síndrome posvacacional só se manifesta cando o tempo de descanso resultou produtivo e agradá-

Despois de dous anos de pandemia, os trastornos psicolóxicos entre a poboación foron en aumento. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a ansiedade, o estrés e mesmo nalgúns casos a depresión son algunhas das doenzas mentais máis habituais que se viron incrementadas desde o confinamento. A esta situación súmaselle o inicio de setembro, co consecuente final de vacacións, que agrava estes proble-

9
5 10 15 20 25 30 35 40 LECTURA « 1
Como combater a síndrome posvacacional?

bel, unhas vacacións mal aproveitadas tamén poden provocar certa frustración ao non ter gozado dese tempo. Martínez comenta para Nós Diario que as vacacións non sempre contan co tempo suficiente como para desconectar e que, «antes de decatarnos, xa temos que volver á realidade».

De feito, moitas persoas atopan complicado enfrontarse á desconexión que implica o período vacacional, mais o descanso, como asegura a psicóloga, é necesario. Sostén que as persoas máis propensas a padecer algún dos síntomas son aquelas que experimentan un alto grao de estrés no traballo, así como presións ou unha axenda apertada. «Os postos de responsabilidade poden afectar en maior medida» a que as persoas que os ocupan enfronten unha volta á rutina máis dura. «Os cambios bruscos de ritmo», segundo a psicóloga, tamén son un elemento chave na aparición dos síntomas. Tras o confinamento a consecuencia da pandemia da Covid-19, «ás persoas que xa eran ansiosas e que o pasaron mal durante o feche é posíbel que lles afecte máis a fin das vacacións e que os seus niveis de ansiedade ascendan, pois son máis susceptíbeis». Tamén aquelas que buscan «telo todo baixo control» e coñecer o que vai pasar nun futuro próximo «tenden a sobreinformarse, e iso é un erro, pois xera máis medos», explica Martínez.

Recomendacións para evitar os síntomas

Martínez ofrece unha serie de recomendacións que poden axudar a que a volta ao traballo resulte máis levadeira. É fundamental durmir ben e alimentarse correctamente, así como realizar exercicio físico. Ademais, é necesario ter ilusións e comprender que a volta ao traballo non implica a perda dos momentos de ocio. Cómpre tamén dedicar certo tempo ao autocoidado, pois «o estrés non lle proporciona calidade ao traballo, estar ben si».

10
45 50 55 60 65 70 75 80 85 90 95
1 » LECTURA
Mar Álvarez, Nós Diario, 1/9/2022

» Comprensión lectora

1. Procura o significado que teñen no texto as seguintes palabras:

– ansiedade (l. 14) – patoloxía (l. 27)

– rutina (l. 33) – apatía (l. 34)

frustración (l. 45) – desgana (l. 35)

2. O texto anterior é unha noticia de prensa. Responde a estas preguntas breves sobre ela:

a) Cal é o seu títular?

b) En que xornal foi publicada?

c) Que día?

d) Quen a redactou?

3. Propón dous titulares que poidan ser apropiados para a noticia anterior.

4. Responde a estas preguntas sobre o contido da noticia:

– En que consiste a síndrome posvacacional?

– Que trastornos aumentaron despois da pandemia segundo a OMS?

– Que tipo de persoas ten máis tendencia a padecer esta síndrome?

– Quen é Paula Martínez? Por que aparece nesta noticia?

5. Busca no texto catro hábitos que podemos adoptar nas nosas vidas e que axudarían a evitar a síndrome posvacacional.

6. Por que hai partes do texto que aparecen entre comiñas? Xustifica a resposta.

7. «A fin das vacacións e o comezo de setembro veñen da man do que habitualmente se coñece como «síndrome posvacacional» (l. 4) Que significa «veñen da man» nese enunciado?

• Explica o signficado destoutras expresións nas que figura a palabra «man»:

– ter man para algo

botar unha man

– estar coas mans atadas

man a man

– a man alzada

8. Elabora un resumo do texto que non ocupe máis de seis liñas. Se tes dificultades para facelo, podes probar a sintetizar cada parágrafo nunha oración e, posteriormente, xuntalas todas nun texto coherente.

9. Busca na páxina 9 as palabras correspondentes a estas definicións:

– Alteración do organismo que revela que este padece unha enfermidade.

– Conxunto de síntomas e signos que caracterizan certos estados patolóxicos.

– Estado psíquico caracterizado por tristeza, cansazo e desánimo, que pode ir acompañado de ansiedade.

– Estado de angustia, nervios, etc., do que está esperando algo ou nunha situación que o propicia.

11 COMUNICAMOS « 1

» Expresión oral

1. Que sentes cando rematan as vacacións e comeza o curso escolar?

• Escolle tres palabras que definan o teu estado nese momento.

• Exponas oralmente ao grupo.

• Compilade o conxunto nun folio que colgaredes no taboleiro da aula.

2. «Unhas vacacións mal aproveitadas poden provocar certa frustración» (l. 43-45). Que sentes cando rematan as vacacións e comeza o curso escolar?

• Relatádelle en voz alta ao resto da clase que pasou naquelas vacacións das que gardedes un peor recordo.

• Debedes informar dos motivos desa frustración, onde estabades e, aproximadamente, cantos anos tiñades cando sucederon os feitos.

3. No texto menciónanse varias características da personalidade (telo todo baixo control, ansiedade, apatía) ou dun momento puntual da vida de alguén (depresión, estrés, tristura, desgana).

• Escribide nun papel tres palabras que definan a vosa personalidade e outras tres que definan o momento vital polo que estades pasando agora mesmo.

• Na mesa do profesorado mesturade os papeis de todos/as e ídeos lendo de un en un. Entre todos e todas tedes que tentar averiguar a quen corresponde cada papel.

4. En grupos de catro ou cinco persoas elaborade unha proposta de vacacións ideais. Deberedes tomar acordo sobre:

– o destino.

– a duración.

– os plans para levar a cabo no punto de destino. Previamente, repartiredes entre os membros do grupo a organización e a planificación de cada día segundo o tipo de actividade: museos, natureza, gastronomía…).

– a mellor época do ano para esas vacacións.

• A persoa voceira de cada grupo expoñerá en voz alta un breve informe sobre ese plan imaxinario de lecer.

12 1 » COMUNICAMOS

» Expresión escrita

O esquema

O esquema é unha técnica de tratamento da información que nos permite sintetizar a información máis importante e organizala de xeito visual.

CARACTERÍSTICAS DO ESQUEMA

• Debe ser funcional e breve: non se recomenda que ocupe máis dunha páxina.

• Estilo conciso: só se escriben as palabras fundamentais para a súa comprensión.

• As ideas organízanse segundo a súa xerarquía: das principais ás secundarias. Visualmente, debe quedar clara a dependencia das ideas secundarias con respecto das principais; para iso úsanse números, chaves, raias…

• O esquema adoita partir das ideas que previamente subliñamos nun texto.

1. Seguindo as indicacións, elabora un breve esquema sobre o texto de lectura da unidade.

2. Elabora un texto no que describas en dez liñas unha síndrome inventada. Deberás incluír o seguinte:

a. Un nome apropiado.

b. A descrición de tres dos seus síntomas.

c. O tratamento máis axeitado.

d. As secuelas que pode deixar.

e. A época no ano de máis incidencia.

f. O grupo de persoas máis afectadas.

g. As declaracións de alguén especialista no tema.

3. No texto aparecen varias palabras que conteñen prefixos. Sinala os prefixos e explica o significado que teñen os seguintes termos:

sobreinformarse (l. 80)

posvacacional (l. 40)

– autocoidado (l. 95)

desconexión (l. 53)

• Escribe dous exemplos de palabras que conteñan cada un deses prefixos.

4. «Síndrome» é unha palabra que ás veces non asociamos co xénero correcto. É masculina ou feminina?

• Indica o xénero destoutras:

fin marxe lume leite mel paisaxe análise diadema ponte erre

5. «Os cambios bruscos de ritmo», segundo a psicóloga, tamén son «un elemento chave na aparición dos síntomas». Explica o significado da palabra «chave» neste contexto.

• Podemos dicir que «chave» é unha palabra polisémica? Por que?

• Explica por que son polisémicas estas palabras: ollo banco boca pé cabeza mestra

Polisemia: unha mesma palabra con varios significados.

13 COMUNICAMOS « 1

O Correlingua regresa ao espazo público cunha vintena de festas.

O Celta, a polo Barça a ritmo de reggaeton.

O bo tempo anima o turismo de outono na Ribeira Sacra.

» A noticia: titulares e portadas

A noticia é o xénero xornalístico máis importante e a base fundamental de calquera medio de comunicación. Nunha noticia cóntase un feito que acaba de acontecer. Normalmente a información máis relevante aparece nas primeiras liñas e despois aparecen outros datos secundarios.

O máis destacado das noticias son os titulares, xa que é o primeiro que vemos e debe chamar a antención para que o lector ou lectora siga lendo o resto da noticia.

Os titulares

Moita, e moi boa, a colleita do viño albariño no Salnés

Magnífico concerto de Tanxugueiras no Pazo da Cultura As mulleres foron maioritarias nos 18 premios Follas Novas, das asociacións de librarías, editoras e escritores

Os titulares son o elemento fundamental da noticia porque ofrecen un resumo do máis importante do contido. Cando o titular non é suficiente, vai acompañado dun antetítulo ou dun subtítulo, que amplían información.

Por norma xeral, para a súa redacción empréganse oracións simples con verbos en presente e téndese a evitar signos de puntuación e palabras de difícil comprensión.

Os titulares poden ser de dous tipos:

• Informativos: son os que pretenden contar o acontecido sen outra intención que a de informar, polo cal son escritos dun xeito obxectivo.

• Valorativos: son aqueles que están redactados de tal xeito que inclúen algún elemento subxectivo, case sempre mediante o emprego de adxectivos ou adverbios.

A noticia posúe todos os elementos necesarios para ser considerada como unha modalidade do texto narrativo, xa que conta uns feitos acontecidos nun espazo e nun tempo determinados.

A diferenza da narración clásica, todo o que se conta na noticia responde a feitos reais. Ademais, a súa estrutura non admite variacións, porque sempre segue o esquema da «pirámide invertida».

» As noticias na radio e na televisión

A diferenza do que ocorre na prensa, que é un medio de comunicación escrito, na televisión e na radio a oralidade cumpre un papel central. Na radio, as noticias non posúen unha imaxe que apoie os contidos, polo que deben valerse da expresividade da lingua oral dos locutores e locutoras e da información sonora. Ademais, teñen menos permanencia no tempo ca os textos escritos e son inmediatos e rápidos ante un feito informativo. A televisión comparte as mesmas características do medio radiofónico, coa diferenza de que o uso da imaxe enriquece a capacidade comunicativa.

1 » TIPOS DE TEXTOS 14

As portadas

A primeira páxina dun xornal en papel, denominada portada, é a máis importante, pois nela aparecen salientadas aquelas noticias que a dirección do xornal considera de maior interese. Ademais, nesta primeira páxina aparece a cabeceira, co nome do xornal, e a data.

A importancia que se lle concede a cada noticia, ademais de polos titulares, recoñécese polo espazo que ocupa e pola súa situación na páxina (máis ou menos destacada). A noticia principal dunha portada acostuma ocupar o lugar máis destacado e ir acompañada dunha imaxe (fotografía, gráfico…).

As noticias ás que se lles concede menos importancia adoitan ir nas marxes, na parte superior ou na parte inferior da páxina, nun tamaño menor. As noticias de portada poden remitir directamente ao seu desenvolvemento no interior ou poden comezar xa na portada e continuar no interior.

Nos xornais en papel é habitual que apareza algunha publicidade na parte inferior da portada.

Os xornais dixitais son, en boa medida, debedores dos xornais impresos (consérvase a estrutura en seccións, as regras de confección das noticias, os espazos de opinión…). Así e todo, diferéncianse deles porque aproveitan as posibilidades da rede e da escrita electrónica (incorporan vídeo e voz, inclúen hiperenlaces a outras noticias ou documentos, blogs etc.) e pola inmediatez á hora de difundir as noticias.

1. Dos titulares da páxina anterior, cales son informativos e cales valorativos? Por que?

2. Accedede ao Telexornal Mediodía, sección «Titulares», na Televisión á Carta da TVG e comentade en grupo as características propias dos titulares do medio televisivo.

3. Escribe cinco titulares sobre temas de actualidade de tipo informativo e despois convérteos en valorativos.

4. Analiza as primeiras páxinas de Nós Diario e fíxate como está distribuído este xornal.

5. Por grupos, elaborade unha primeira páxina dun xornal. Tedes que crear as noticias e os outros contidos que aparezan nela.

Unha análise en profundidade do contido, deseño e titulares que aparecen na portada permitiranos coñecer a liña editorial do xornal e a súa visión dos feitos sociais.

TIPOS DE TEXTOS « 1 15

distribuidor vestíbulo cociña salón

comedor estudio

» A casa

butaca

sabas

bañeira colgadoiro espello

taboleiro

billa monomando portarrolos mesa

cadeira de brazos

cama

sofá

aparador lámpada

cortinas

lavamáns

libraría

toalleiro

coxín

baúl

cuarto vestiario baño aseo lavadoiro balcón

lavabo revisteiro cómoda váte armario cabeceiro almofadón edredón secador somier cadeira escritorio andel

bidé mesa de noite repousapés ducha

paraugueiro alfombra cisterna

1. Asocia o número de cada unha das estancias ou dependencias do plano co seu nome.

2. Distribúe o vocabulario da marxe e forma os campos semánticos do mobiliario correspondente a cada estancia da casa.

3. Completa agora o campo semántico dos «asentos».

• Lembra que debes utilizar o menor número de semas e que non pode repetirse ningunha combinación (cada termo debe distinguirse como mínimo por un sema).

PARA SENTAR PARA UNHA PERSOA CON PATAS CON RESPALDO CON BRAZOS ...

Cadeira + Sofá +

Cadeira de brazos +

Puf +

Tallo + Banco +

4. No exercicio anterior, o trazo de significado común a todo o campo semántico é ‘para sentar’. De aí que asento funcione como hiperónimo e os demais termos (cadeira, banco, sofá etc.) como hipónimos.

• Indica o termo ou expresión que funcionaría como hiperónimo nestes campos semánticos:

a) trade, tenaces, desaparafusador, porca

b) zapatillas, botas, sandalias, chancletas

c) araña, foco, tubo fluorescente, flexo

d) caravel, rosa, tulipán, margarida.

1 » OS NOMES DAS COUSAS 16
12 11 10 9 1 2 3 4 5 6 7 8

5. Describe o teu dormitorio co máximo detalle posible, de xeito que un compañeiro sexa quen de debuxar un plano del axudándose só do teu texto.

• Despois, comproba até que punto o debuxo se corresponde coa realidade e explícalle ao autor as modificacións que debe levar a cabo.

6. Explica coas túas palabras o significado das seguintes frases feitas:

– Quedar ás portas de algo

– A boa porta vas petar

– Andar coa casa ao lombo

– Traballar para a galería

– Caer de caixón

– Correr a cortina

– Cortina de fume

– Estirar o pé máis do que dá a cama

7. SOLTAMOS A LINGUA. Corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

Na seguinte táboa tes unha serie de tarefas domésticas necesarias para o bo funcionamento de calquera vivenda.

• Realizade entre vós unha enquisa, na propia clase ou no recreo, co fin de analizar até que punto a responsabilidade das tarefas está repartida entre os distintos membros da familia.

• Cada un de vós debe entrevistar cinco persoas.

Cociñar

Aspirar ou varrer

Poñer e recoller a mesa

Limpar o baño

Fregar os pratos / Poñer o lavalouza

Facer a cama e ordenar o cuarto

Recoller a roupa e pasar o ferro

Poñer a lavadora e tender

Amañar pequenos desperfectos.

8. Unha vez contabilizados os resultados, debatede en grupo as seguintes cuestións:

• Naqueles casos en que un membro do fogar se dedica exclusivamente ao traballo doméstico, quen é maioritariamente?

• Aprécianse diferenzas significativas na repartición en función da pregunta anterior?

• Detectades desequilibrio na carga de traballo? Sobre quen?

• Se existe desequilibrio, cal pode ser a causa?

• Que consecuencias se poden derivar deste desequilibrio?

• Que cambios propoñerías na túa propia familia para superar os desequilibrios detectados?

OS NOMES DAS COUSAS « 1 17
TAREFA ALUMNO/A NAI PAI IRMÁN IRMÁ OUTROS

En todos os países da táboa o portugués é lingua oficial, pero comparte o territorio con outras linguas. Por exemplo, o umbundu, en Angola, ou o suhaili en Mozambique, entre outras linguas africanas.

» A lusofonía

A lusofonía está constituída por todos os países de lingua portuguesa ao longo do mundo:

A Portugal pertencen tamén os arquipélagos dos Açores e Madeira.

Ademais, o portugués fálase nas cidades de Goa (India) e Macau (China).

(Portugal) Madeira (Portugal) Macau (China) Cabo Verde

Guinea-Bissau São Tomé e Príncipe

Brasil

En portugués, ça, ce, ci, ço, çu, pronúncianse con [s] e za, ze, zi, zo, zu, con s sonoro [z]. Por exemplo: açúcar, cinzento, fizemos

Ja, ge, gi, jo, ju pronúncianse como en francés.

(India)

Para comprobar a comprensión do portugués oral accedede á web da Radio Televisão Portuguesa (RTP) e selecciona un vídeo. Cóntalle ao teu compañeiro ou compañeira de que trataba o vídeo e se houbo algo que non entendiches.

3. Escoita en Youtube a canción «Amar pelos dois», Luisa e Salvador Sobral, gañadores de Eurovisión en 2017.

• Na páxina seguinte tes a letra. Localiza as palabras que non coñezas.

• Fíxate na pronuncia e sinala as principais diferenzas con respecto ao galego.

1 » SOMOS
18
LINGUA
PAÍS POBOACIÓN CAPITAL MOEDA BANDEIRA Portugal 10.374.822 Lisboa Euro Brasil 204.450.649 Brasilia Real Angola 34.000.000 Luanda Cuanza Mozambique 32.000.000 Maputo Metical Cabo Verde 531.046 Cidade da Praia Escudo cabo-verdiano 0 1 500 3 000 4 500 km
Portugal
Angola Mozambique Timor Oriental Goa
Açores
Mapa dos países do mundo onde se fala portugués.

Se um dia alguém perguntar por mim

Diz que vivi para te amar

Antes de ti, só existi

Cansado e sem nada para dar

Meu bem, ouve as minhas preces

Peço que regresses, que me voltes a querer

Eu sei que não se ama sozinho

Talvez, devagarinho, possas voltar a aprender

Meu bem, ouve as minhas preces

Peço que regresses, que me voltes a querer

Eu sei que não se ama sozinho

Talvez, devagarinho, possas voltar a aprender

Se o teu coração não quiser ceder

Não sentir paixão, não quiser sofrer

Sem fazer planos do que virá depois

O meu coração pode amar pelos dois

4. Traduce ao galego os seguintes enunciados e comproba o teu nivel de portugués escrito, antes incluso de comezar a estudar esta lingua:

a. Ontem as crianças deitaram-se muito cedo.

b. Entre os convidados ao meu aniversário estavam oito colegas do meu irmão.

c. Os meus avós alugaram um apartamento no centro histórico da cidade.

d. No dia do casamento, o meu pai esqueceu-se de pôr a gravata.

• Reflexiona agora sobre as dificultades que estas mesmas frases suporían para os castelanfalantes que non coñezan o galego. Con que palabras cres que terían máis problema?

5. Non obstante, non todo é tan fácil. Ás veces poden darse malentendidos debido aos denominados «falsos amigos».

• Indica o significado das seguintes palabras: talher, carro, oficina, escritório, apagar, borracha, lentilhas, esquisito.

• Proba agora a descubrir o seu significado usadas nos contextos:

Recomendacións para avanzar no coñecemento de portugués

Galego Portugués

Pero, mais

Marchar

Atopar

Mercar

Cambiar

Coller

Mas Ir embora Encontrar Comprar Mudar Pegar, apanhar

Os falsos amigos son palabras iguais ou moi parecidas en dúas linguas diferentes, pero cuxo significado varía moito dunha a outra.

Perguntei ao meu filho que talher preferia para comer as lentilhas, garfo ou colher, e respondeu garfo. Ele é muito esquisito.

Hoje tenho de fazer várias tarefas: primeiro levar o carro à oficina para lhe arranjarem as rodas; depois ir ao escritório do advogado.

Escrevi o exame a lápis e depois tive de pedir uma borracha para apagar tudo e voltar a escrevê-lo com caneta.

SOMOS LINGUA « 1 19
Luísa e Salvador Sobral

Nalgunhas palabras, por motivos ortográficos, hai variacións na raíz

Por exemplo, en voces o z de voz convértese en c. No caso de iguais, o l de igual pasa a i

» Formación de palabras I: lexema e morfemas

Os elementos que forman as palabras podemos clasificalos en dous tipos: lexema (ou raíz) e morfemas

• O lexema (ou raíz) é o elemento que lle proporciona o significado á palabra. Unha papel-eira é un recipiente para botar os papeis que non serven.

PAPEL EIRA

lexema morfema

• É a parte da palabra que non cambia e que se mantén común en todas as palabras da familia léxica. Papel mantense nas palabras papel-eira, papelaría, papel-orio, papel-eta…

• Todas as palabras teñen lexema.

• Hai palabras que están formadas unicamente polo lexema, que non teñen morfemas. Ocorre isto, por exemplo, en sol, azul, lata…

Os morfemas flexivos e as desinencias permiten que as palabras, a través da concordancia, poidan combinarse entre si para dar lugar a novas unidades.

– O gato saltou (gato é singular, igual que saltou).

– Os gatos saltaron (gatos e saltaron van en plural).

MORFEMAS

Son elementos que se engaden ao comezo ou ao final do lexema para modificar a palabra. Poden ser de dous tipos: flexivos ou derivativos

• Os morfemas flexivos ofrecen información gramatical sobre a palabra (xénero, número…), pero non modifican o seu significado

BRANC A S lexema morf. xénero morf. número

• Os morfemas derivativos poden ir antes (prefixos) ou despois (sufixos) do lexema e engaden novos significados á palabra base.

– Prefixo: en im-posible, o morfema derivativo prefixo im- ten o significado de ‘negación’ e cambia o significado da palabra posible.

– Sufixo: en carball-eira, o morfema derivativo sufixo -eira significa ‘lugar’ e modifica o significado de carballo.

• Os morfemas flexivos e derivativos poden combinarse nunha mesma palabra. En pasteleiras combínase o morfema derivativo -eir(o/a), que significa ‘profesión’, cos morfemas flexivos -a (de xénero) e -s (de número).

PASTEL EIR A S lexema morf. derivativo morf. xénero morf. número

Nos verbos, os morfemas flexivos (tamén chamados desinencias) indican o modo, o tempo, o número e a persoa.

CANTABAMOS

cant-: lexema

-a-: vogal temática

-ba-: morfema modo-temporal (copretérito de indicativo)

-mos: morfema número-persoal (1ª persoa de plural)

1 » COÑECEMOS A LINGUA 20
LEXEMA ou RAÍZ

1. Le con atención o seguinte texto e despois sinala o lexema ou raíz de cada unha das palabras subliñadas.

Contrariamente ao que sucedía no cuartel, onde todos os gardas destacaban por algo, a bibliotecaria municipal, Severiana Pratas, non destacaba por nada. En todos os lugares aos que acudía, pasaba completamente desapercibida. Severiana era unha muller de clase media, altura media, anchura media e gordura media que acababa de facer corenta anos, ou sexa, unha idade media.

O traballo que desenvolvía na biblioteca proporcionáballe un salario para o seu sustento, pero estaba moi lonxe de ser a actividade laboral que lle gustaría realizar. Esa frustración profesional que levaba arrastrando desde había bastantes anos resumíaa ela nunha frase que adoitaba utilizar frecuentemente.

—Na vida, ás veces, o que nos dá de comer non nos gusta e o que nos gusta non nos dá de comer.

A gran paixón de Severiana Pratas, a actividade á que lle entregaba todo o seu tempo libre, era a historia. Á inversa dos videntes, que afirman posuír prodixiosos poderes de adiviñación e coñecen todo o que vai suceder no futuro, Severiana Pratas, moito máis modesta, conformábase con intentar coñecer algo do que xa sucedera no pasado.

2. Das palabras subliñadas nestes enunciados, indica cales teñen lexema e morfemas e cales só teñen lexema. Sinala o lexema en todos os casos. – A cafetaría estaba nunha das zonas máis afastadas do edificio central

– Tiña varios proxectos na mente para realizar durante o ano

– Quedaran con Sabela para reconstruír o local de ensaio.

– Deulle dous bicos agarimosos e apertoulle as mans entre as súas como despedida.

A intensidade dun ceo azul facíalle lembrar outros países que visitara cando era nova.

3. Identifica os morfemas flexivos das palabras da actividade 1 e clasifícaos en morfemas flexivos de xénero e de número.

4. Le o texto seguinte, que foi modificado a propósito, e fai todos os cambios precisos para que os enunciados e o propio texto teñan sentido:

• Explica en que consistiron os cambios e xustifica a necesidade de realizalos.

Eu escoitar as badalada do igrexa todos a mañá á hora de me erguer. Practicamente non precisar espertador, porque ese sons grave da campás xa me indicas que chegar o momentos de choutar fóra do cama.

O curiosos é que durante o resto do días eses son pasabas practicamente inadvertida. Eu estabamos tan acostumados á súas presenza que xa nin me decataban de que existindo. Aínda así, estou segura de que se o reloxos da igrexas deixar de funcionar, eu decatarme, porque forma parte de toda as cousa que me sucedes todos o día. Para min sería coma se me faltasen o leites na almorzos.

COÑECEMOS A LINGUA « 1 21
5 10
Valentín Alvite: Antía e Daren
5 10

Letras

grafía nome pronuncia exemplo

a a [a] martes

b be [b] burato

c ce [θ] cine [k] pouco

d de [d] lado

e e [e] letra [ɛ] pedra

f efe [f] fraco

g gue [g] lagoa

h hache [-] harmonía

i i [i] abril

l ele [l] linde

m eme [m] comer

n ene [n] duna

ñ eñe [ɲ] piña

o o [o] hoxe [ɔ] porta

p pe [p] roupa

q que [k] queixa

r erre [ɾ] caro [r] remo

s ese [s] pausa

t te [t] fes ta

u u [u] único

v uve [b] avogada

x xe [ʃ] lonxe [ks] exame

z zeta [θ] peza

Dígrafos

grafía

» O alfabeto

O alfabeto é o conxunto de letras que representan os sons dunha lingua. Os sons que teñen que ser representados por dúas letras xuntas chámanse dígrafos

O alfabeto do galego está formado por 23 letras:

– cinco vogais (a, e, i, o, u).

– dezaoito consoantes (b, c, d, f, g, h, l, m, n, ñ, p, q, r, s, t, v, x, z).

Ademais destas letras, tamén se poden usar outras en palabras tomadas doutros idiomas:

– j (iota): judo – w (uve dobre): web

– ç (cedilla): Monção – y (y grego): yin, yang

– k (ka): kart – sh (ese hache): show

Ás veces, unha soa letra pode representar máis dun son ou fonema:

LETRA

Por outro lado, hai casos en que letras distintas poden representar un mesmo son:

1 » LETRAS E SIGNOS 22
SON EXEMPLO c [θ] cea cine [k] camiño pouco cuberto r [ɾ] caro [r] remo caber x [ʃ] lonxe [ks] exame
nome pronuncia exemplo
ce hache [tʃ] rocha
gue u [g] erguer
ele dobre [ʎ] rolla
ene hache [ŋ] dunha qu que u [k] aquelar
SON EXEMPLO b [b] burato v avogada g [g] chegar lagoa angustia gu erguer guindastre r [r] remo rr carreira
SON EXEMPLO c [θ] cea cine z peza zona zume c [k] camiño pouco cuberto qu queixa tranquila
ch
gu
ll
nh
LETRA
LETRA

1. Hai casos en que cando a unha palabra lle cambiamos unha das letras que a compoñen se transforma noutra con distinto significado. É o caso de «lúa» e «súa», por exemplo, que se diferencian porque «l» e «s» son letras distintas con sons tamén diferentes.

• Escribe o maior número de palabras posible completando con grafías diferentes a que vén deseguido. Di cal é o significado de cada unha das palabras novas que formes.

CA_A

2. Escribe os nomes das grafías que compoñen as palabras subliñadas no texto:

A Amadeus gustábanlle moito os animais e estaba especialmente afeito aos cabalos, pois nas súas viaxes por Europa, que foran moitas xa, non había outro xeito de desprazamento máis rápido ca unha carruaxe tirada por cabalos. El mesmo era, ademais, afeccionado á equitación. Tamén tivera un canario e un estorniño que sempre o acompañaban con melódicos rechouchíos nos seus ensaios e concertos na casa, pero había xa un ano que lles abrira a gaiola para liberarlos.

Porén, este non parecía un cabalo calquera, e a Amadeus, por algunha razón que ignoraba, entroulle gana de voar e de sentir unha liberdade e un acougo que ata entón só lle proporcionara a música.

«E se marchase canda el?»

Así, aniñado, comezou a contar mentalmente os segundos e, cando ía por trinta e cinco, distinguiu as voces dun grupo de persoas que se achegaba cantando nunha lingua descoñecida.

Fina Casalderrey: O xenio da Cidade do Sal

• Con esas mesmas palabras, indica os casos en que una soa letra represente máis dun son ou fonema e os casos en que letras distintas representen un mesmo son.

3. No teu caderno, vincula cada unha das palabras cos fonemas que se corresponden coas letras subliñads:

[ʃ]

xeito roseira tellado carballo

4. Di o nome das letras que forman as seguintes palabras:

cerdeira zapato veiga herba

[ks] [f] cabalo extenso filósofo carro

jóckey sándwich hippy windsurf

• Lédeas en voz alta intentando pronunciar todos os seus fonemas de forma correcta.

LETRAS E SIGNOS « 1 23
[r] [t]
[k] [-] [b] [d]
[θ]
5 10 15

1. Indica se as seguintes afirmación son verdadeiras ou falsas. Corrixe estas últimas para convertelas en verdadeiras:

– Os titulares valorativos conteñen elementos subxectivos e é frecuente que inclúan adxectivos e adverbios.

Os titulares das noticias teñen que ser longos, con oracións compostas e signos de puntuación polo medio.

– A primeira páxina dun xornal inclúe a información básica dese medio de comunicación, a publicidade, a carteleira e o mapa do tempo.

2. Transforma en valorativos estes titulares informativos:

– O galego, protagonista no congreso da Modern Language Association.

– Rexistrados 200 litros por metro cadrado en 48 horas.

– Empate do Arousa na última xornada da liga.

Os mariñeiros do cerco pecháronse nos concellos da Coruña, Porto do Son e Bueu.

3. Transforma en informativos estes titulares valorativos:

– Emocionante e disputado encontro en Balaídos.

– A nefasta xestión da crise provoca escaseza de produtos básicos.

– A campaña da ameixa comezou con resultados espectaculares.

– Agárdase outra fin de semana de tempo horrible.

4. Da seguinte listaxe selecciona o léxico relacionado coa vivenda e constrúe un enunciado con cada unha das palabras escollidas:

carreiro cuarto beirarrúa

lavabo distribuidor corredor

vestiario esteiro calella

5. O seguinte texto é coherente pero ten un exceso de repeticións. Cópiao e mellórao evitando as expresións repetidas.

Viaxar en tren, para moitas persoas, ten grandes vantaxes. No tren podes ir facendo outras actividades como, por exemplo, podes ler, podes estudar, podes ver a túa serie favorita e mesmo podes durmir un pouco. Non obstante, a viaxe no tren ten tamén inconvenientes. Que haxa viaxeiros ruidosos ou que non chegues a tempo para coller o tren son algúns dos inconvenientes.

7. Constrúe catro palabras con cada un destes lexemas: port-, gat-, salt-, viax-, terr-

• Que tiveches que engadir para formar as palabras?

8. Subliña e clasifica os morfemas destas palabras segundo sexan flexivos ou derivativos:

– prefabricado

– gatos

– desfacer

– cantariamos

– perdices – inmobilidade

9. Escribe tres exemplos de palabras que conteñan cada un destes morfemas flexivos:

– ba

es – s

– mos – des

a

10. Nomea as letras e/ou dígrafos que forman parte destas palabras:

– queixo

– guerra

– herba – unha

11. Escribe cinco exemplos de parellas de palabras nas que dúas letras distintas representen o mesmo son.

12. Escribe os hiperónimos que poden substituír estes grupos de palabras:

– margarida, rosa e caravel

– carballo, piñeiro e castiñeiro

– nena, mozo e anciá

– tallo, cadeira e banco

6. Explica que é a lusofonía e que estados forman parte dela.

1 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN 24
» Reforzo
5

» Ampliación

1. Crea un antetítulo e un subtítulo para estes titulares:

– O concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio.

– A OMS recomenda a lactancia materna exclusiva para os bebés até os 6 meses de vida.

– A Universidade de Vigo busca talento emprendedor.

– Alarmante: tres desaparicións en Galicia nos últimos días.

– O hospital da Coruña, líder estatal en transplantes.

2. Son informativos ou valorativos os titulares da actividade anterior? Se algún aparece sen verbo modifícao para que conteña un verbo.

3. Deseña a portada dun hipotético xornal da túa localidade.

• Pode conter novas reais ou inventadas e deberás ter en conta todo o estudado nesta unidade á hora de darlles máis importancia a unhas noticias que a outras.

4. Por que cres que se lles outorga máis importancia ás novas que aparecen na parte superior da páxina dun xornal e nas páxinas impares?

5. Redacta un texto de seis liñas sobre o que fixeches na fin de semana anterior.

• Sinala e identifica os mecanismos de cohesión textual que empregaches.

6. Por que cres que hai países da lusofonía en case todos os continentes? Razoa a resposta.

7. Que vantaxes nos trae ás galegas e galegos pertencer ao ámbito da lusofonía?

8. Escribe tres exemplos de palabras para cada caso:

– que teñan só lexema:

– que teñan lexema e morfemas flexivos:

– que teñan lexema e morfemas derivativos:

– que teñan lexema, morfemas flexivos e morfemas derivativos:

9. Descompón morfoloxicamente as seguintes palabras:

saboroso reincorporar beirarrúas minguante desenrolada

10. Cales das seguintes palabras teñen grafías alleas á lingua galega?

• Di cales son esas grafías en cada caso.

– Valença – harmonía – judoka

– weblog – xesto – rareza

– shakesperiano – ioga – hóckey

11. Na lingua, hai o mesmo número de sons que de grafías? Por que? Explícao con exemplos.

12. Pode aumentar o número de morfemas flexivos dunha lingua? E o número de morfemas derivativos?

13. Buscade na rede, nun xornal dixital en galego, unha nova de carácter internacional. Deseguido, buscade esa mesma nova algún xornal portugués.

• Tratan a nova do mesmo xeito?

• Por que? Xustifica a túa resposta.

• No xornal portugués, entendes todas as palabras?

• Busca nun dicionario online de lingua portuguesa aquelas non entendas.

• Hai algún «falso amigo» na noticia en portugués? Se é así, cal é?

14. Elabora o campo semántico de «vehículo». Debes incluír, polo menos, cinco hipónimos.

15. Crea un texto no que expliques cal é a estancia da túa casa que máis che gusta.

ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 1 25

Cada ano, a primavera enriquece as costas galegas cunha gran variedade de especies, que pasan os meses máis calorosos do ano incubando nunha vintena de praias da comunidade. Unha das máis especiais dos areais galegos é a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Este pequeno paxaro, de apenas 16 centímetros de lonxitude, peteiro curto e patas escuras, enfróntase cada ano a unha gran variedade de perigos que atentan contra a súa vida e a das súas crías. O seu risco de desaparición foi unha constante durante anos na maior parte dos lugares europeos nos que habita, pero en Galicia, esta especie parece estar recuperando a súa poboación pouco a pouco. (…) As medidas vixentes para a conservación desta especie protexida están funcionando con éxito, segundo indican os datos de incubación anuais que rexistraron un incremento con respecto a períodos anteriores nos que a especie estaba en maior risco de desaparecer. «Na época dos 2000 tiñamos unha taxa de incubación anormalmente baixa, cunha eclosión que rondaba o 10% ou 15%, debido fundamentalmente á depredación natural pero tamén pola presión humana», revela María Vidal. «Dende o ano 2010 ata o 2021, a taxa de eclosión incrementouse ata o 60%», engade.

Principais perigos cos que se atopa a píllara O principal factor que ameaza a conservación desta especie protexida é a degradación progresiva das praias e dunas galegas, ademais da alteración dos areais para a construción de paseos marítimos, aínda que este último está cada vez máis controlado. Porén, existen outros perigos cos que se atopa a píllara cada ano á hora de reproducirse. Entre eles, María Vidal destaca dous importantes que as leis actuais e organismos de protección natural e animal intentan frear: a presión humana nas praias e a presenza reiterada de animais domésticos que acompañan os visitantes estacionais, factores cada vez máis crecentes e ameazantes para estes paxaros.

Outros factores que non son tan fáciles de prever para a protección da especie e dos seus niños son os efectos negativos que teñen as alteracións tanto climáticas como mareais. «As condicións climáticas e a crecida do nivel do mar están causando unha importante perda de hábitat para esta especie en Galicia», alerta a bióloga. Deste modo, a pesar de que haxa zonas acoutadas temporalmente para que as aves estean máis tranquilas á hora de elixir o seu territorio de incubación, estas parcelas de exclusión non son efectivas de cara aos fenómenos naturais que poidan afectar os niños. «Non podemos protexer a especie das épocas de temporais, das rachas de frío, que rompen coa estabilidade de reprodución da píllara», explica a investigadora.

26 1 » PROBA DE AVALIACIÓN
A píllara das dunas vence o quencemento e a presión humana: alivio para unha especie singular
5 10 15 20 25
www.gciencia.com Por Antía Cuadrado 20/04/2022 30 35 40 45 50
Entidades como SEOBirdLife e investigadores como a bióloga María Vidal constatan a recuperación desta ave en Galicia

1. Indica o título e subtítulo da noticia anterior. Son valorativos ou informativos? Propón ti outro do tipo contrario:

2. Despois de ler o texto, sinala se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.

• No caso das falsas, explica o motivo e corríxeas.

– A píllara segue en risco de desaparición na maior parte dos lugares europeos nos que habita.

– Os animais domésticos dos visitantes das praias supoñen un importante perigo para as píllaras.

– O cambio climático non afecta á supervivencia das píllaras.

– As especies filopátricas son aquelas ás que non lles gusta variar de territorio para vivir.

3. Realiza un esquema coa información proporcionada na noticia sobre as píllaras das dunas.

4. Que termos se utilizan no texto para referirse á píllara das dunas, sen ter que repetir esta denominación?

• Cales son os dous nomes comúns polos que se substitúe María Vidal?

5. «Píllara das duna» é un hipónimo de «paxaro». Engade cinco cohipónimos.

6. Indica cinco termos que fagan referencia a elementos que podemos encontrar nun cuarto de baño.

8. Sinala un país de África e outro de América onde o portugués sexa lingua oficial.

• Sabes como se di paxaro en portugués? E praia?

• Hai intercomprensión entre o portugués e o galego? Xustifica a resposta.

9. Identifica o lexema e os morfemas das seguintes palabras do texto e, no caso dos morfemas, indica o tipo:

– calorosos (l. 3) – ameazantes (l. 39)

– desaparecer (l. 10) – enriquece (l. 1)

– anormalmente (l. 20)

10. Localiza dúas palabras do texto con cada un destes sufixos:

-mente -oso

• A que clase de palabra pertence cada parella?

11. Nas seguintes palabras do texto identifica os morfemas flexivos de xénero e número:

dunas (l. 5)

galegas (l. 1)

– escuras (l. 7-8) – vixentes (l. 14)

investigadores (subtítulo)

perigos (l. 8-9)

especies (l. 2)

estacionais (l. 38)

12. Localiza no texto dúas palabras que conteñan cada un dos seguintes fonemas:

[ks] / [ʃ] fricativo palatal xordo

/[k] /[θ] fricativo interdental xordo

[g] [r].

13. Localiza no texto o nome técnico da píllara das dunas e soletréao.

27 PROBA DE AVALIACIÓN « 1

LECTURA E COMUNICAMOS » Lúa nova, Irene Montero

TIPOS DE TEXTOS » A narración

OS NOMES DAS COUSAS » Os animais

SOMOS LINGUA » Linguas minoritarias e minorizadas

COÑECEMOS A LINGUA » Formación de palabras II

LETRAS E SIGNOS » Vogais e consoantes

• Que é o alfabeto braille? Viches algunha vez un texto escrito con este alfabeto?

• Sabes recoñecer cando necesitas axuda? Resúltache fácil pedila?

• Tes un mellor amigo ou amiga? Que che gusta máis del ou dela? E o que menos?

• Cales son as túas dúas comidas favoritas? Incluiríalas na Dieta Atlántica ou na Mediterránea?

• Pensas que hai linguas máis bonitas ca outras?

• Cal é a túa percepción con respecto ao uso do galego? Cres que nos últimos anos aumentou ou diminuíu?

2

Ver coas mans

–Cando me vas ensinar a ler en braille?

–De veras queres? Non é doado!

–Ah, non pensas que sexa capaz?

–Si, home, claro que es capaz, pero teslle que dedicar tempo.

–Igual me podes prestar un libro para practicar.

–Conta con iso! Déixoche algún que xa lera, vale?

E así foi como, entre risos e merendas, Lúa tivo o seu primeiro alumno de braille. Pero Martín amosaba moitas outras inquedanzas.

–Gustaríame saber como imaxinas ti as cousas que non podes ver, as persoas, os obxectos que te rodean…

–Ben, a maior parte das cousas podo tocalas e así xa teño unha idea clara de como son. Distingo un piñeiro dun eucalipto polo tacto do tronco, por exemplo.

–Iso é moi doado! –dixo Martín entre risos.

–Si, home, quítame mérito! –riu tamén Lúa, tirando unha almofada na súa dirección.

–Carallo, para non veres, tes moi boa puntaría!

–Ti non fagas que me enfade se non queres saber o que é bo!

–O que me desacouga un pouco é… –Martín quedou calado.

–Que é? Vasmo dicir?

–Si… O que me desacouga é como me imaxinas cando pensas en min.

–Iso sería se pensase en ti, claro.

–A ver, non te mofes, xa me entendes!

–Si, perdoa… Cando penso en ti, vénme á cabeza a túa voz e, sobre todo, as sensacións que teño cando estou contigo.

29 LECTURA « 2
5 10 15 20 25

–E serán boas, supoño… –Claro, pastrán! Se non, a boas horas ía estar aquí de palique contigo! Pero tes razón nunha cousa. Non sei como es fisicamente porque nunca che toquei a cara.

–Podes facelo, se queres –murmurou Martín. Lúa non respondeu, pero ergueu as mans ata a súa cara e pousou os dedos leves, delicados e precisos nas súas fazulas para percorrer cada recanto, cada trazo, cada centímetro da pel da cara do seu amigo. Sentiu os ollos grandes e as cellas poboadas, o nariz cumprido pero ben feito, os beizos carnosos e a barba incipiente de pelo suave. Nunca se aledara tanto o rapaz de lle facer caso á súa nai e ter botado cada día a crema para o acne. Lúa subiu as mans e afundiunas sen présa nos rizos do cabelo de Martín, caracois que parecían querer atrapar os dedos da moza. Martín quedaba sen respiración mentres sentía o corazón pelexar por saírlle do peito, ao tempo que intentaba que Lúa non se decatase.

30 2 » LECTURA
30 35 40

–Agora xa sei como es. Xa sentín a túa cara. Queres sentir ti a miña?

–Claro… Íacho pedir.

Martín pechou os ollos e deixouse levar por aquela maxia que nunca experimentara. Quería que parase o tempo. Percorreu a faciana de Lúa, aquela faciana que cría coñecer de cor, pero que estaba percibindo agora dun xeito diferente. O resto do mundo non existía. Ningún dos dous soubo nunca cal achegou o rostro ao rostro do outro, quen fixo o primeiro movemento, que man esvarou cara á caluga do compañeiro, facendo esa leve presión que derivou no rozamento delicado dos beizos, que se separaron inmediata pero lixeiramente, coma pedindo desculpas, ata decatárense de que non había por que desculparse e volveron achegarse, decididos, ardentes, impacientes por entrar naquel lugar descoñecido e ansiado.

Lúa nunca esquecera aquel primeiro bico. E nunca esquecera a Martín. El aprendéralle tamén a sentir as cores. Foi un día de verán na casa de Lúa, un dos moitos días daquel verán que os dous rapaces pasaban lacazaneando ao sol, despois de bañarse na piscina.

–Como imaxinas as cores, Lúa?

–As cores? Pois a verdade é que non as imaxino. Entendo que é unha percepción da luz ou algo así, pero iso quédame un pouco lonxe. Ademais, de pouco me vai servir, salvo para saber que roupa combina mellor e evitar que a miña nai me mande cambiar a camiseta se non vai co pantalón. Pero o que é a min, como comprenderás, dáme igual.

–Pois as cores son importantes. Dan vida. As cores dan variedade e riqueza á paisaxes, transmiten sensacións.

–E que tipo de sensacións?

–Espérame aquí.

Martín saltou da toalla e entrou na casa. Lúa escoitábao divertida abrir e pechar portas na cociña, saír a dar voltas polo xardín, recollendo cousas.

–Andas apañando cores?

–Ando, si, tía lista, xa verás…

Cando sentou cabo dela, viña cargado de cousas.

–Pon as mans. Así coma se fosen unha cunca.

31 LECTURA « 2
45 50 55 60 65 70

–Así –murmurou Martín mentres pousaba nas mans de Lúa unha pedra

–Iso é vermello, Lúa. O vermello é calor. Vermello é o sangue que nos mantén quentes e nos dá a vida. Vermella poste ti cando tes febre e che queiman as fazulas. E vermellos son os bicos cando se dan con moita gana. Pero ollo, que tamén son vermellos o lume e o perigo. O vermello sobresae,

–Miña nai! Quero saber máis! E o azul, como é o azul?

Martín colleu unha peza de xeo no conxelador da cociña.

–Agarra a cor azul. É fría, pero iso non quere dicir que sexa mala. Ningunha cor é mala por si. Nin boa. Todas teñen unha dobre cara. Un yin e un yang. O azul tamén é a cor da pureza; hai azuis case transparentes, que non agochan segredos, e azuis escuros, coma a da alta mar, que dá medo.

2 » LECTURA 32
Irene Montero, Lúa Nova.

»

Comprensión lectora

1. Coa axuda do dicionario, procura o significado que teñen no texto as seguintes palabras:

– braille (l. 1) – inquedanza (l. 8) – mérito (l. 15)

– desaucogar (l.19) – mofar (l. 23) – incipiente (l. 9)

2. Indica sinónimos para as seguintes palabras do texto:

– doado (l. 2) – erguer (l. 31) – fazulas (l. 32)

– beizos (l. 34) – aledar (l. 35) – faciana (l. 44)

3. O texto é un fragmento dunha novela.

• Xustifica por que se trata de xénero narrativo literario, a través, por exemplo, do emprego por parte da autora de recursos estilísticos, como a repetición ou comparación.

• Indica os personaxes que interveñen neste fragmento, o espazo no que se desenvolve e o tempo que dura. Hai algún salto temporal?

4. Os textos narrativos están formados por partes narrativas, pero tamén descritivas e dialogadas. Localiza no texto todas as partes dialogadas e descritivas.

• Nas descritivas, sinala de que tipo se trata.

• Converte as seis primeiras liñas do texto ao estilo indirecto, é dicir, como se ti foses Lúa ou Martín e lle estivese contando ese diálogo a un amigo ao día seguinte.

• Nas partes dialogadas, indica se se trata dun diálogo en estilo directo ou indirecto e explica por que. Sinala as palabras que corresponden ao narrador.

5. Sinala como vai describindo Irene Montero os síntomas dos seus personaxes, para indicar que se sintan atraídos, antes de relatar o bico.

6. As expresións «de palique» (l. 27), «vale?» (l. 6) ou «tía lista» (l. 70), a que rexistro da lingua pertencen, formal ou coloquial?

• Que cres que pretende conseguir a autora do texto ao poñelas en boca dos seus personaxes?

• Escolle outra parte do diálogo e indica se está tamén nese mesmo rexistro ou non. Xustifica a resposta.

Irene Montero naceu en Ferrol en 1970. É filóloga, aínda que orientou o seu traballo cara á comunicación corporativa e o xornalismo. Lúa Nova (2021), que é a súa primeira obra literaria, foi galardoada co Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A protagonista da novela está inspirada nunha moza cega de Oleiros que coñece a autora.

33 COMUNICAMOS « 2

Lembra que nos debates e nas discusións non debemos insultar nin ameazar os nosos interlocutores. Isto o único que demostra é a falta de argumentos para defender a nosa postura.

» Expresión oral

1. «Lúa nunca esquecera aquel primeiro bico». A primeira vez que realizamos algo acada un significado especial e tendemos a non esquecela.

• Recordas algunha «primeira vez»? Cóntallela aos teus compañeiros e compañeiras. Por exemplo, a primeira vez que andaches en bicicleta, a primeira vez que fuches ao colexio só, a primeira vez que sacaches un dez ou que suspendiches, a primeira vez que fuches ao cine, ao teatro, ao circo etc. Tamén lles podes preguntar ao teu pai ou nai pola primeira palabra que dixeches, como foi a primeira vez que te soltaches a andar, o primeiro día que te levaron á escola, etc.

2. Probade por uns momentos o que supón carecer de vista. Ides describir a cara dun compañeiro ou compañeira, guiándovos do tacto, cos ollos tapados.

• Elixide un compañeiro ou compañeira e cubrídelle os ollos cun pano. Terá que describir a cara da persoa que se poña diante e intentar adiviñar de quen se trata.

• Unha vez que o consiga, a persoa descuberta será a seguinte en tapar os ollos e intentar adiviñar, e así sucesivamente.

3. A actividade anterior é a base do xogo tradicional «a pita cega».

• Investigade sobre outros xogos tradicionais, preguntando na casa ou consultando internet ou na biblioteca, e lévadeos á práctica nalgúns recreos.

• Tedes que ser quen de explicarlle as normas do xogo ao alumnado que queira participar. Por iso, antes, é mellor que as revisedes entre toda a clase.

4. Dividide a clase en dous grupos. Escollede unha cor e xogade a ir dicindo cada un de vós un obxecto, animal ou froita desa cor, repetindo todos os xa ditos e engadindo sempre algún novo.

• Cando alguén non sexa quen de aumentar a lista, o xogo pasa ao outro grupo, que escollerá outra cor e comezará a súa enumeración.

• O docente desempeñará o papel de vixiante do dicionario, de xeito que se alguén di unha palabra non recollida no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG), o grupo tamén terá que parar.

• Gaña o equipo que consiga acumular máis palabras.

5. «Vermella poste ti cando tes febre e che queiman as fazulas». Tamén nos poñemos vermellos cando sentimos vergonza.

• Pensa na última vez en que che pasou isto. En parellas, explicade os motivos un ao outro.

6. Nun momento do texto, Lúa tíralle unha almofada a Martín e noutro momento insúltao.

• Por que este comportamento de Lúa non ameaza o bo desenvolvemento da conversa?

• Reproducide por parellas unha conversa na que amosedes desacordo por unha cuestión cotiá, primeiro desempeñando o voso papel (compañeiros e compañeiras de clase) e despois poñéndovos na pel doutras persoas (pai/nai e fillo/filla; docente e alumno/alumna, etc). A cuestión obxecto da discusión pode ser un xogo do recreo, a parella do autobús, a data dun exame, a hora de chegada a casa, a vestimenta, etc.

34 2 » COMUNICAMOS

» Expresión escrita

1. Que cousas recolleu Martín? «Cousas» é aquí un hiperónimo moi amplo. Indica ti o hiperónimo de «piñeiro» e «eucalipto» e engade cinco nomes máis.

2. Pediuche alguén algunha vez que lle ensinases a facer algo? Como foi esa experiencia?

• Relátao nun texto narrativo, no que inclúas como te sentiches ante esa solicitude e tamén durante o proceso de aprendizaxe.

3. «El aprendéralle tamén a sentir as cores». Nesta expresión hai un recurso que se chama sinestesia, pois únense dúas palabras que remiten a ámbitos sensoriais distintos; «sentir» ao tacto ou ás emocións e «cores» ao visual.

• Pon ti outros dous exemplos deste recurso, xogando a mesturar os cinco sentidos.

• Martín explícalle a Lúa que significan para el a cor vermella e a azul, pero isto é moi subxectivo. Escolle dúas cores e escribe que sensacións che transmiten a ti e por que. Con que obxectos, paisaxes, persoas, sentimentos ou momentos as relacionas?

4. A palabra «acne» é grave. Coloca o acento das seguintes palabras:

– paxaro – radar

– misil – olimpiada

– parasito – pelicano

– petroglifo – chofer

– vertixe – omoplata

5. Lúa chámalle «pastrán» ao seu amigo de xeito cariñoso. Os nomes acabados en -án que son insultos fan o feminino en -ana, fronte ao resto, que o fan en -á.

• Crea o masculino ou feminino das seguintes palabras:

– folgazán – humana

– ancián – americana

– pailán – urbana

– curmán – africana

– lacazán – marciana

6. No texto aparecen as palabras «xeo» e «conxelador» (l. 83). Unha mantén o -l- e a outra non, aínda que pertencen á mesma familia léxica. Denominámolas por isto familias léxicas irregulares.

• Indica dúas palabras como mínimo que pertenzan á mesma familia léxica cás seguintes:

– personalizar – lunático – orde – dor

7. Escribe un diálogo, en estilo directo, no que reproduzas a conversa que tiveches co teu compañeiro ou compañeira para a realización do exercicio 5 do apartado anterior (expresión oral).

• Fíxate no diálogo do texto e repara no uso do guión longo, para marcar o inicio de cada intervención.

• Non esquezas introducir entre algunhas das intervencións as palabras do narrador para indicar as reaccións dos personaxes, os seus xestos e movementos, etc.

• Que diferenzas hai entre o diálogo dun texto narrativo e o diálogo dun texto teatral?

Hiperónimo é o termo que usamos para denominar o conxunto dun campo semántico, no que todos os seus elementos, os hipónimos, comparten os trazos de significado xerais do hiperónimo. Por exemplo, o hiperónimo moble inclúe cadeira, mesa, armario, etc

35 COMUNICAMOS « 2

Tipos de descrición

• Prosopografía: descrición das características físicas.

• Etopea: atende aos trazos morais e psicolóxicos.

• Retrato: combina prosopografía e etopea.

• Caricatura: tende a esaxerar ou ironizar levando ao extremo a descrición.

» A narración

Dende que nos erguemos até que nos deitamos estamos contándolle cousas á xente que nos rodea, narrando feitos protagonizados por nós ou por uns personaxes que se sitúan nun tempo e nun espazo determinados. As historias que nós contamos teñen uns fragmentos máis narrativos, algúns máis descritivos e outros dialogados. O mesmo acontece nas narracións literarias, xa que poucos textos poden considerarse narrativos puros.

• Nunha narración, as descricións crean a atmosfera na que se desenvolven os feitos, xa que se poden describir espazos, personaxes, estados de ánimo etc. En xeral, os fragmentos descritivos tenden a ralentizar o ritmo da narración.

• Os fragmentos dialogados, axilizan o ritmo da narración e fana dinámica. Ao reproducir as palabras dos diferentes personaxes que participan nunha narración favorécese que o lector ou lectora forme a súa propia idea sobre ese personaxe.

» Texto 1

Tipos de narración

• Narración en estilo directo: reproduce as palabras textuais de cada personaxe.

• Narración en estilo indirecto: a voz narradora conta o que din os personaxes.

• Narración en estilo indirecto libre: vén sendo unha combinación das dúas anteriores, as propias palabras dos personaxes introdúcense no discurso do narrador.

Cambiou o cruzamento das pernas e continuou o parrafeo cun señor, que era de Barbantes, preguntándolle se coñecera os Villamarín e, por suposto, dixera el, case veciños, e non é por desprezar pero durante moitos anos o señor Deogracias e mais eu fixemos o mellor viño da zona. E pasaron a falar de viños e do moito que mellorara o ribeiro nos últimos anos e miña nai, coma se fose unha experimentada enóloga, veña a falar de castes autóctonas e de adegas e de que, hoxe, xa estaba ben de tanto albariño e os dous, ao unísimo, onde estivese un bon ribeiro! claro que el agora non podía beber, por culpa da diabetes que tamén lle afectara a vista, e miña nai, compasiva, va por Deus! e el, no mesmo ton vagaroso, o peor é esta perna que me colle a ciática, e eu pensando, mimá, que panorama, e volveu a saír a enfermeira, chamou con nome e apelidos a outro grupo e alá marchou o de Barbantes co caxato e un fillo, e eu pensei, menos mal, pero miña nai volvía enfiar o discurso cunha señora da súa idade, quizais algo máis nova, que resultou ser do Pindo e prima de algún coñecido.

Moncha Fuentes, O tradutor de sombras

» Texto 2

–Xandre, que fas aquí? –conseguiu preguntar Fernán mentres avanzaba cara á porta, recordando de súpeto a inminente luz da lúa.

–Eu… –seu irmán suspirou e agachou a cabeza, finxindo un súbito interese nas punteiras dos seus zapatos–. Necesitaba falar contigo.

–Non puideches escoller peor momento. Non sabes que noite é hoxe?

–Claro que o sei. Aínda non te controlas nas noites de lúa chea? –Xandre arqueou as cellas, francamente sorprendido.

Ramos, Cando sangren os lobos

36 2 » TIPOS DE TEXTOS
Adrián Gómez

» Texto 3

A catedral, coas súas rúas adxacentes, constituía o nucleo da cidade medieval, conformada por prazas e calellas, nas que o nome outorgaba o gremio que alí exercía o seu oficio: a praza das Praterías, onde o brillo dos metais daba lustre ás torres do edificio relixioso; a rúa das Hortas, cuxa humidade refrescaba o viandante; a da Peixería Vella, con aquel cheiro animal que nin o incensario da Igrexa Catedral sería quen de eliminar; a da Acibechería, que se anunciaba pola voaxa de carbón fosilizado no ambiente, e que podería escurecer ata o ceo máis claro; a da Caldeiraría, na que os artesáns exhibían os seus traballos á porta das casas, atribuíndo á rúa a impresión de ser un escaparate multicolor; e tantas outras rúas que non puideron sobrevivir á guerra. Naquela vella cidade, as igrexas, de diferentes épocas e tamaños, diseminábanse coma as ovellas nun prado e lembrábanlle a todo o mundo que o seu pasado estivo nalgún momento ligado indisolublemente á relixión. Todo quedaba reducido a cinzas.

Ignacio Vidal Portabales, Sangue no dron

» Texto 4

Á mente de Eliseo Chousa acudían as escenas da pelexa entre Brais e David. O comportamento violento de Brais e o conflito co rapaz de Iria provocáballe certo receo, ata o punto de que o vía capaz de cometer calquera atropelo. Por iso, e cos datos dos que dispoñía nese momento, concedíalle provisionalmente a categoría de primeiro sospeitoso. Con todo, debía de ser moi prudente e trasladarlle as preguntas con moita intelixencia, porque non podía, aínda, presentar ningunha proba contra el. O conserxe mirouno fixamente e sostívolle a mirada daqueles ollazos ameazantes. Percibiu Eliseo unha expresión retorcida na cara de Brais, próxima ao desprezo e, desde logo, desafiante.

Xosé Luís Vázquez Somoza, O conserxe

1. Explica, xustificadamente, a que texto lle acae mellor cada unha destas etiquetas: narración, diálogo, descrición, narración en estilo indirecto libre.

2. Fai as transformacións pertinentes para converter o texto narrativo en descritivo e o dialogado en narrativo.

3. Resume en tres liñas o texto narrado en estilo indirecto libre.

4. Escribe un texto narrativo de oito liñas que se desenvolva no espazo do que se fala no texto descritivo.

5. O texto dialogado está en estilo directo ou en estilo indirecto? Fai as modificacións oportunas para cambialo de estilo.

37 TIPOS DE TEXTOS « 2

peixaría carnizaría produtos lácteos chacinaría froitas e hortalizas pastas panadaría conxelados

» A comida

1. En que sección do supermercado mercarías cada un destes produtos alimentarios? Nomea cada un deles e clasifícaos no lugar correspondente.

2. Escribe exemplos de alimentos e comidas aos que se lles poidan aplicar estes adxectivos: graxento eslamiada saboroso larpeira brando maduro temperada resesa chamuscada grellado salgado afumado

3. Clasifica estas palabras nas seguintes categorías. moer merendar sazonar nutrir relar triturar almorzar adobar cear condimentar manter tallar cebar xantar cortar torar

COMIDAS DO DÍA ALIMENTAR ADEREZAR CORTAR PICAR

4. SOLTAMOS A LINGUA. Cales son as vantaxes e os incovenientes da comida vexetariana fronte á comida tradicional?.

• Por parellas, ides dialogar sobre este tema durante cinco minutos. Un membro da parella defenderá a comida vexetariana e outro a comida tradicional.

• Antes de iniciar o debate, pensade vantaxes da opción que defendedes e inconvenientes da outra, para poder argumentar as vosas opinións.

1 » ESCOITAR E FALAR 38 2 OS NOMES DAS COUSAS

4. Le con atención o texto seguinte e procura o significado destas palabras e expresións: padrón alimentario avellentamento mecanismo epixenético dieta atlántica tenreira nova peixe azul

Galicia, co maior número de centenarios de Europa: a clave está na Dieta Atlántica?

Os grelos, a carne de tenreira e de porco, o bo marisco, as castañas asadas e o queixo con marmelo. Todos eles son alimentos xa identitarios da cultura galega. A lista podería ampliarse. Talvez o noso padrón de alimentación, que se encadra na coñecida como Dieta Atlántica, teña algo que ver coa gran cantidade de persoas centenarias que atesouramos. Agora, un estudo desenvolvido polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) conclúe que a Dieta Atlántica do Sur de Europa podería promover un avellentamento saudable mediante mecanismos epixenéticos.

«Galicia ten o maior número de centenarios respecto a Europa. Pode que esa cantidade se deba ao padrón de alimentación que seguían os nosos avós», explica Ana Crujeiras, a investigadora principal do estudo. De momento, tan só é unha hipótese posto que, segundo ela recoñece, aínda non hai traballos que o determinen.

«Non obstante, si sabemos que os compoñentes da Dieta Atlántica, estudados de maneira individual, teñen propiedades para modular os

mecanismos epixenéticos», puntualiza. E todo iso parece redundar na maior posibilidade dun avellentamento o máis saudable posible. O que, sen dúbida, ten un efecto amplificador sobre a esperanza de vida. (...)

Os beneficios da Dieta Atlántica semellan xa indubidables, aínda que non sexa un modelo tan coñecido como o mediterráneo. «Levan moitos anos traballando nela e fixeron un estudo de intervención do que sacaron beneficios. Ten efectos positivos sobre a saúde, é outra alternativa saudable», matiza a investigadora galega. De todas formas, a súa defensa vai do lado da Dieta Atlántica, posto que é a máis arraigada e tradicional na nosa cultura. Entre as diferenzas que se poden sinalar entre unha e outra é que a Dieta Atlántica ten un consumo elevado de peixe, sobre todo azul.

De igual maneira, consómese máis carne. «Ás veces vese como algo prexudicial, pero non sempre é así. Nós consumimos tenreira nova, que se alimenta a base de herba e leite, e isto achega unhas propiedades beneficiosas e notables a este alimento», apunta Crujeiras. www.gciencia.com

39 OS NOMES DAS COUSAS « 2
5 10 15 20 25 30 35 40 45
Un equipo galego suxire que o padrón alimentario máis habitual da comunidade pode promover o avellentamento saudable a través de mecanismos epixenéticos

» Linguas minoritarias e minorizadas

Dende o punto de vista lingüístico, todas as linguas teñen idéntico valor. Así, non hai linguas mellores nin peores, pero:

– Hai linguas que teñen escrita e outras non.

– Hai linguas cuxas regras están recollidas nunha gramática e outras non.

– Hai linguas que podemos escoitar no cine e na televisión e outras non.

– Hai linguas que podemos aprender na escola e outras non.

– Hai linguas empregadas polos políticos e xente «famosa» e outras non.

Todas estas circunstancias que rodean as linguas provocan que unhas poucas concentren o poder social, mentres outras quedan marxinadas ou afastadas dos ámbitos de prestixio. En función do seu papel na sociedade, distinguimos entre linguas minorizadas e linguas dominantes. Estas últimas tenden a impoñerse sobre as outras a través dos medios de que dispoñen os seus estados e falantes: a administración pública, o ensino, os medios de comunicación etc.

Non debemos confundir as etiquetas minorizada e minoritaria, xa que responden a criterios distintos:

CRITERIO CUANTITATIVO CRITERIO CUALITATIVO

Lingua maioritaria: que conta con maior número de falantes en comparación coas outras do mesmo territorio.

Lingua minoritaria: que conta con menor número de falantes.

O caso galego

Lingua dominante: a predominante nos ámbitos de prestixio, como os medios de comunicación, o ensino, a política, etc.

Lingua minorizada: a que se ve afastada dos ámbitos de prestixio.

En moitos casos, linguas maioritarias resultan, en cambio, minorizadas. Isto era o que pasaba por exemplo en Galicia nos denominados Séculos Escuros: a gran maioría da poboación falaba galego, pero as clases ricas e poderosas, unha porcentaxe mínima, falaban castelán. Polo tanto, o galego era a lingua maioritaria pero o castelán era a que contaba co prestixio social, a que se consideraba culta e elevada.

Ao longo da historia, pode variar moito o papel social de cada lingua, ao transformárense as súas circunstancias sociais, políticas e económicas. Así, o galego na Idade Media non só era a lingua maioritaria da poboación, senón tamén a que tiña o prestixio social, tanto en Galicia como fóra dela. De aí que fose a lingua utilizada para escribir as famosas cantigas medievais, cuxos autores eran reis e nobres.

A cualificación dunha lingua como minoritaria é sempre relativa. Por exemplo, o francés en Francia é a lingua maioritaria, en relación co bretón ou o provenzal, pero no Canadá, pola contra, é minoritaria, en comparación co inglés. Do mesmo xeito, o español en España é unha lingua maioritaria, mentres que nos Estados Unidos é minoritaria.

Linguas minorizadas, como o finés, húngaro, islandés, polaco ou checo, convertéronse en linguas recoñecidas legalmente, protexidas e promovidas polos seus respectivos estados.

2 » SOMOS LINGUA 40

Persoas que falan habitualmente en galego sempre ou máis galego que castelán. Áreas. Ano 2018 (%)

Os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos.

De 88,20 a 93,24

De 72,11 a 88,20

De 61,56 a 72,11

Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade.

De 39,74 a 61,56

De 25,50 a 39,74

Non se inclúe “Outras situacións” (”Galego/castelán e outras linguas” e ”Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego.

Evolución da porcentaxe de persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Galicia

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego.

Os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras situacións” (”Galego/castelán e outras linguas” e ”Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.

3. Considerades que hoxe en día o galego é unha lingua minorizada? Por que?

• Localiza na casa exemplos de textos non literarios escritos en galego e lévaos á clase. Cantos fuches quen de atopar? De que tipo?

• Consultade a carteleira de cine desta semana. Cantas películas se ofrecen en galego?

• Escollede dous ou tres xornais e buscade os artigos escritos en galego. Valorade se vos parecen poucos, bastantes ou moitos.

• Poñede en relación os resultados co papel actual do galego na nosa sociedade.

4. «O islandés (en islandés islenska) é a lingua oficial que se fala en Islandia. Fálana ao redor de 320.000 persoas»

• Parécenche moitos 320.000 falantes? Consideras que o islandés é unha lingua maioritaria ou minoritaria? Xustifica a resposta.

• Cualificaríala como unha lingua minorizada ou non? Por que?

SOMOS LINGUA « 2 41
0 25 50 75 km
75,85 % 33,75 % 33,55 % 69,45 % 81,85 % 93,14 % 88,85 % 40,56 % 39,85 % 88,50 % 25,50 % 63,40 % 88,00 % 65,04 % 67,19 % 55,39 % 92,43 % 76,42 % 38,82 % 58,56 % 30,29 26,73 22,70 20,28 31,20 20,29 21,72 22,26 23,32 24,40 26,25 30,57
Porcentaxe Anos 30 25 20 15 10 5 En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre 0 2008 2013 2018

» A formación de palabras (II): prefixos e sufixos

Os morfemas derivativos, que completan o significado do lexema ao que van unidos, poden ser de dous tipos: prefixos (van antes do lexema) e sufixos (van despois do lexema e poden ser derivativos ou apreciativos).

• Os prefixos colócanse antes do lexema para engadirlle un significado distinto. Se, por exemplo, a definir lle engadimos pre-, que significa ‘anterioridade no espazo ou no tempo’, obtemos predefinir, que é ‘determinar con anticipación’.

• Os sufixos derivativos colócanse despois do lexema e modifican o seu significado. Poden cambiar ou non a categoría gramatical da palabra base.

– favor (substantivo) + -ecer > favorecer (verbo)

– parvo (adxectivo) + -ada > parvada (substantivo)

– nadar (verbo) + -dora > nadadora (adxectivo)

– carballo (substantivo) + -eira > carballeira (substantivo)

• Os sufixos apreciativos modifican o significado da palabra base, pero non cambian a súa categoría gramatical.

– Diminutivos: rapaz (substantivo) > rapazolo (substantivo)

– Afectivos: bo (adxectivo) > boíño (adxectivo)

– Ponderativos: barriga (substantivo) > barrigola (substantivo)

– Aumentativos: casa (substantivo) > casona (substantivo)

– Despectivos: xente (substantivo) > xentuza (substantivo)

En moitos casos, os sufixos apreciativos introducen matices de significado moi imprecisos como énfase ou intensidade (festaza, baixote…).

42 2 » COÑECEMOS A LINGUA

1. Sinala o prefixo de cada unha destas palabras:

– indefinido

– predefinido

– desfeito

– contrafeito

– extraordinario

– anteface

– subterráneo

– retrovisor

– infrautilizado

– supermercado

– solombo

– transoceánico

– inconsistente

– previsto

– pronome

• Búscaas no dicionario e di cal é o significado de cada unha delas.

• Despois indica tamén o significado do seu prefixo. Fíxate no exemplo: Indefinido: Que non ten os límites marcados ou non se percibe con claridade. In-: negación.

2. Partindo dos prefixos que che ofrecemos tes que crear a palabra que se corresponde coas seguintes definicións.

• Unha vez que as teñas creadas, dá o significado de todos os prefixos.

– Que sente atracción sexual por persoas de ambos os dous sexos.

– Persoa que realiza, xunto con outra ou outras, unha acción determinada, especialmente cando constitúe un delito.

– Forma de presentación e de propagación dunha enfermidade contaxiosa, cando o número de casos supera, de maneira significativa, as cifras de incidencia normais desa enfermidade nunha poboación concreta.

– Intolerancia anormal á luz.

– Cada unha das dúas metades en que divide unha esfera un plano que pasa polo centro.

– Organismo vivente só visible ao microscopio.

– Que serve para combater certos microorganismos nocivos para a saúde

3. Aquí embaixo tes unha serie de palabras ás que lle tes que engadir algúns dos sufixos que hai nas columnas inferiores.

• Forma todas as palabras novas, con significado, que sexa posible.

• Di en cada caso se a palabra resultante é un substantivo ou un adxectivo.

• Cal é o significado de cada unha das palabras novas que formaches?

• Indica se os sufixos son derivativos ou apreciativos.

foto- hemi- epi- micro- co- bi- anticadelo -idade

canteiro -iño / -iña

primeiro -eiro / -eira

agrado -aría

entrevista -izo / -iza canso -ble

enfermo -dor / -dora

libro -azo / -aza

43 COÑECEMOS A LINGUA « 2

Segundo vibren ou non as cordas vocais, as consoantes poden ser sonoras ou xordas

» Vogais e consoantes

As vogais

As cinco vogais do alfabeto galego representan sete sons ou pronuncias diferentes, xa que o e e o o poden ser abertos (acerto, home) ou pechados (coller, hoxe).

O punto de articulación é o lugar onde os órganos da articulación obstrúen a saída do aire: lingua, dentes, padal...

O modo de articulación é a maneira en que se obstrúe o aire: interrupción ou oclusión, fricción...

As consoantes

O alfabeto galego conta con dezaoito consoantes. A súa pronuncia caracterízase, fronte ás vogais, porque o aire que utilizamos cando as pronunciamos sempre atopa na boca algún tipo de obstáculo ou obstrución ao saír.

– Bilabiais: achéganse os dous labios (b, v, m, p).

– Labiodentais: o labio inferior toca os dentes superiores (f ).

– Interdentais: a lingua sitúase entre os dentes (c, z).

– Dentais: a lingua apóiase nos dentes superiores (d, t).

– Alveolares: a lingua toca os alvéolos (n, l, r, rr, s).

– Palatais: a lingua elévase contra o padal (ñ, ll, x, ch).

– Velares: a parte posterior da lingua apóiase no veo do padal (g, gu, nh, c, qu).

44 2 » LETRAS E SIGNOS
SON EXEMPLO a [a] pano e [ɛ] perna [e] mesa GRAFÍA SON EXEMPLO i [i] amiga o [ɔ] porta [o] tolo u [u] lume
GRAFÍA
ARTICULACIÓN bilabiais labiodentais interdentais dentais alveolares palatais
son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor.
ARTICULACIÓN oclusivas [b] boi, ven [p] corpo [d] dúas [t] ruta [g] figo, erguer [k] casa, quen fricativas [f] fume [θ] cinza [s] paseo [ʃ] fuxir africadas [tʃ] rocha nasais [m] man [n] cana [ɲ] leña [ŋ]
líquidas laterais
levar
vibrantes
[ɾ] ouro múltiple [r] raio,
PUNTO DE
velares
MODO DE
unha
[l]
[λ] ollo
simple
carro

1. Une cada grafía co fonema ou fonemas correspondentes:

2. Pronuncia en voz alta as palabras destacadas no texto.

• Clasifica as vogais resaltadas segundo teñan timbre aberto ou pechado.

Non había máis de douscentos metros entre o Peirao do Curro e o Bar de Abaixo. O Bar de Abaixo chamábase así, basicamente, para diferencialo do Bar de Arriba, do outro lado do camiño. Só había dous bares en toda a aldea. Malia que a maioría dos turistas que facían noite na illa escollían a opción da acampada, os bares ofrecían uns cantos cuartos para aqueles que non querían renunciar á confortabilidade dunha cama ou a un bo café de máquina a primeira hora da mañá. Con todo, cómpre dicir que non había moi boas relacións entre un e o outro bar, tampouco aberta hostilidade, apenas unha rivalidade sen motivo aparente nin causa coñecida que se remontaba a algún episodio esquecido de seguro moitas xeracións atrás. Polo xeral, os recén chegados escollían de maneira aleatoria, pois os prezos dos cuartos de cada bar eran os mesmos, e a reponsabilidade gastronómica de cada un tamén: a famosa caldeira de polbo da Illa de Ons.

3. Completa as seguintes palabras coa consoante que aparece definida. Despois le en voz alta cada unha das palabras fixándote no punto de articulación, isto é, en como colocas os labios e a lingua para pronunciar a consoante que escribiches.

• —ALA | consoante oclusiva, velar, xorda

• BU—O | consoante fricativa, palatal, xorda

• CA—O | consoante líquida, alveolar, vibrante simple, sonora

• —ACTO | consoante oclusiva, velar, xorda

• CA—A | consoante nasal, alveolar, sonora

• NI—O | consoante nasal, palatal, sonora

LETRAS E SIGNOS « 2
[o] [ɛ] [a] [ɔ] [i] [u] [e] a e i o u 5 10 15
45
Carlos Meixide, Ons

» Reforzo

1. Indica as diferenzas entre prosopografía, etopea, retrato e caricatura.

2. Le o seguinte fragmento e sinala as partes descritivas.

• Que tipo de descrición aparece neste extracto. Xustifica a túa resposta.

Ese era o xeito de rir de Rosa cando a risa era auténtica. «Onde vas co traxe de voda, Quique?», dixo cando puido parar de botar gargalladas.

Ela levaba un vestido de flores. Un moi bonito, con margaridas pequenas e azuis, que se cruzaba sobre o seu corpo atado na cintura cun lazo de algodón. Eu non lembro o que puxen finalmente, pero os dous estabamos guapos como ela quería, e despois de pasar moito tempo no notario viñemos aquí, por primeira vez sós, coas nosas chaves na man, que xa tiñamos o día anterior sen ser aínda de todo propietarios da casa. Paseamos polo xardín con Alicia collida da man e planeamos facer alá unha piscina que nunca fixemos e poñer aquí unha cerdeira que nunca prendeu. Bicámonos na cociña, coma se para estrear algo tivésemos que facelo cun bico que dese conta de toda a nosa felicidade, que era simple pero tamén ancha.

Berta Dávila, Un elefante na sala de estar

3. Transforma este diálogo en estilo indirecto:

Na area, porén, o ambiente é máis tranquilo.

—Ola, son Angie, a moza de David.

—Eu, Begoña.

A moza pronuncia o seu nome en voz baixa coma se falase para si mesma, e inclínase sobre Angie para darlle dous bicos.

—Non vos coñeciades?

—Nunca coincidiramos. Pero si me falaron de ti.

—Bego é amiga de Marta.

—Somos compañeiras de baile.

—De baile de salón?

-Non, de baile urbano.

—Hip-hop e iso?

—Hip-hop e iso.

Berta Dávila, Un elefante na sala de estar

4. Identifica e clasifica os conectores textuais destes enunciados:

Antes de nada temos que ir á compra e despois quédanos tempo libre.

– Á dereita do andel tedes o libro que precisades, así que collédeo e poñédevos a estudar.

– Cando chegaron os ladróns todos na casa durmían, porén espertaron de súpeto daquela.

– Finalmente non podes vir con nós, pero quédache unha tarde ideal para estar na casa, así que aprovéitaa.

– Colle o primeiro cruce á dereita e, cando chegues ao final da rúa, torce á esquerda ata ver a fonte.

5. Escribe as palabras que corresponden a estas definicións:

– Última comida do día.

– Tenda ou parte dun supermercado na que se venden os friames e embutidos.

– Condimento que lle dá máis sabor aos alimentos.

– Partir en toros un peixe.

– Pasar un alimento polo relador.

6. Escribe un texto no que empregues seis conectores textuais.

• Sinálaos e indica de que tipo son.

7. Indica se as linguas que están nesta situación son minoritarias ou minorizadas:

– É falada por un 10% da poboación.

– Úsana o 80% dos habitantes dun territorio pero non é oficial.

– Non está na escola, non está nos medios de comunicación e non está na administración.

– É a lingua dunha minoría étnica (20% da poboación), pero está recoñecida como lingua oficial dese territorio.

8. Sinala os prefixos e sufixos destas palabras e clasifica estes últimos en derivativos e apreciativos:

– prehistórico

– vidiña

– inconstitucional

– derivativo – libraco – extracomunitaria

9. Constrúe tres palabras con cada un destes prefixos e explica o significado que lle achegan ao lexema:

des- a- re- trans- pre-

10. Por que dicimos que a lingua galega ten sete vogais?

• Xustifica a túa resposta con exemplos.

46 2 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN
5 10
5 10 15

» Ampliación

1. Describe os sons vocálicos e consonánticos destas palabras:

– herba – polo

– xiz – casa

2. Indica os sufixos apreciativos das seguintes palabras e logo clasifícaos.

– amoriño – pequecho – caseta

– pobriño – rabazo – mullerona

3. Localiza e clasifica os conectores textuais deste texto:

Daquela comprendeu que, entre tantas cousas como estaban a principiar naquel tempo, tamén nacía un novo lugar para habitaren. Un lugar fóra do mundo, un intre fóra do tempo. Cando a rapazada saíu do río na beira de en fronte, viulle nas costas, entre os cabelos húmidos, unha penca pequeniña coa forma dunha estrela de cinco puntas. Pasou o río seguindo o camiño que a estrela lle marcaba. Demorou moito tempo en ler coa punta dos dedos a mensaxe misteriosa qu portaba aquel luceiro. Acordaron regresar por camiños distintos. Ela polo máis curto, por aquel que máis directo a levaba á casa. Había ter pouco tempo para se agachar no disimulo. El dando un grande arrodeo, para que o seu paso e os seus asubíos lle fosen contando ás árbores da terra e aos paxaros do ceo, ás ras das pucharcas e aos lagartos das silveiras, ás flores e ás herbas e, en fin, a canto ser quixese atender, a ledicia do seu corazón.

4. Elabora unha descrición do teu mellor amigo ou amiga. Sinala os trazos que se corresponderían cunha prosopografía e aqueles que se incluirían dentro dunha etopea.

5. Nomea as linguas minorizadas e minoritarias da Península Ibérica. Xustifica a túa resposta.

6. Crea novas palabras a partir destas engadíndolles os morfemas pertinentes:

negro

pálido

cheo

favor

camiño

mito

7. Transforma estes verbos en substantivos engadíndolles os sufixos correspondentes:

– sufrir

– conceder – crear

– conseguir

– nadar – transmitir

– crecer – salvar

8. Despois de responder as actividades 15 e 16 reflexiona:

• Por que os sufixos derivativos teñen poder recategorizador e os apreciativos non?

• Xustifica a túa resposta con exemplos.

9. Escribe dúas palabras para cada un dos casos que se piden:

– Que teña todas as vogais abertas:

– Que teña todas as consoantes sonoras:

– Que teña todas as vogais pechadas:

Que teña só consoantes oclusivas:

Que teña só consoantes fricativas:

– Que teña só consoantes xordas:

– Que teña só consoantes nasais:

10. Constrúe tres series de palabras do tipo: mito, pito, rito, reto, rego, pego, pelo, polo, pola… De xeito que cada unha se diferencie da anterior nun único son.

• Lembra que todas as palabras que crees teñen que existir na lingua.

11. Inventa unha narración fantástica que teña partes dialogadas, partes narrativas e partes descritivas. Sinala cada unha delas.

47 ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 2
5 10 15
Xabier P. DoCampo, Contos de obxectos

Xiana Mai

Ivo e Lucien convidáronnos a todos a cear. Sebastián, o afinador, non quería quedar por nada do mundo, pero cambiou de opinión cando Xiana Mai o informou de que o hotel máis próximo estaba a corenta quilómetros de distancia e o avisou da falta de hixiene do local, cuestión na que se estendeu con todo detalle.

É curioso como ás persoas nos cambia o ánimo diante dunha mesa chea de pratos exquisitos. Foi precisamente ao sentar cando tiven a oportunidade de descubrir que, ademais dos pianos, a aquel home tamén lle gustaba comer, e ben que o lucía! Levaba posto un chaleco negro e, antes de empezar a cear, fixo unha trenza coa súa mesta e longa barba branca e gardou o remate no peto pequeno do colete. Todos os seus movementos semellaban perfectamente calculados, como se fosen o resultado dunha coreografía feita co dominio que dá repetilos con frecuencia.

Ivo xa conseguira o que se propuxera, pero, por máis que lle preguntaba a Sebastián sobre a súa historia como afinador, non era quen de sacarlle nada. O home contestaba unicamente con monosílabos mentres saboreaba as viandas, unha tras outra, a cal máis saborosa, até chegar a emitir onomatopeas que indicaban ás claras que todo aquilo lle estaba sabendo a gloria. Mmmm… Lembrei entón o que me dicía sempre o meu pai en situacións semellantes a esa: «Ovella que bea, bocado que perde». Iso era exactamente. Na sobremesa quedou ollando para min en fite e decidiu falar por primeira vez en toda a cea.

—Está moi ben isto de vivir no campo: o silencio, os paxaros, todas esas cousas das que falan as persoas fanáticas da natureza…, pero alguén que pretende ser pianista non pode traballar no campo, penso eu.

Xiana Mai, que levaba calada toda a cea [...] espetoulle o que todos queriamos saber, pero ninguén se atrevera a preguntar.

—Pódese saber que diantres lle pasa a vostede para ser

tan desagradable? [...] Convídano a cear e a durmir, e vostede como lles corresponde? Calado coma un peto! Leva todo o tempo sen falar ou rosmando. Tan mal o trata a vida para ser así de desagradable e maleducado? Na miña casa iso ten un nome: descortesía.

Quedamos todos en silencio agardando pola reacción do afinador, que non apartaba a mirada do flan adornado con pétalos de pensamentos que tiña no prato.

—Cal é o teu nome? Creo que non nos presentaron –rosmou Sebastián cun ton moi serio.

—O meu nome é Xiana Mai. Xiana porque a miña nai e o meu pai son galegos, adoptáronme no Xapón cando tiña seis meses e por iso o meu segundo nome é Mai, que en xaponés significa «flor». Na miña casa conviven as dúas culturas, porque é moi importante saber de onde se é, coñecer as tradicións, e eu teño dúas das que estou moi orgullosa, e ademais xa estiven varias veces no meu outro país e pensamos volver pronto. Ve que sinxelo é contestar? Ivo durante a cea fíxolle varias preguntas, e vostede, despois de que el se esforzase en preparar estes manxares para nós, que seica lle gustaron bastante a dicir do lambidos que deixou os pratos, non respondeu ningunha.

Que gana me entrou de darlle un bico a Xiana Mai! Admirei a súa afouteza para dicir o que pensa cando é preciso. Pero o afinador non quedou calado:

—Accedín a facer este traballo porque mo pediu a avoa de Iria, pianista pola que sinto unha grande admiración, pero non teño obriga ningunha de ser amable, nin por suposto teño a culpa de que non haxa un hotel máis preto. Asegúrolle que cearía e durmiría só moi feliz –dixo con brusquidade e dando por rematada a conversa.

Claro que non sabía con quen estaba a falar!

—Vostede só é feliz cando afina pianos, pero non sabe o que perde cada vez que rexeita compartir unha rica cea e unha compañía coma a desta xente tan riquiña. E sabe o que penso? Que non nos merece.

Xiana Mai levantouse, recolleu os pratos, menos o de Sebastián, deunos un bico a todos, agás a Sebastián, e marchou na escuridade da noite co faro da súa bicicleta aceso. O punto de luz perdeuse no ángulo da xanela que tiña en fronte e desapareceu. Nese momento odiaba o afinador con todas as miñas forzas por privarme da compaña da única amiga que tiña aquí.

48 2 » PROBA DE AVALIACIÓN
5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 55 60 65 70 75
Beatriz Maceda, As Sentinelas do Silencio (adapt.)

1. Neste texto hai fragmentos máis narrativos, hai outros descritivos e outros dialogados.

• Indica, poñendo as liñas nas que se dan, exemplos destes tres tipos de textos de narración.

• Cal é o tipo de descrición que se dá neste texto?

2. Que tipo de narrador ten o texto? Xustifica a túa resposta cun exemplo.

3. Fai unha descrición de como imaxinas que é Xiana Mai. Intenta crear un retrato, onde ofrezas as súas características físicas e psicolóxicas

4. «Ivo xa conseguira o que se propuxera, pero, por máis que lle preguntaba a Sebastián sobre a súa historia como afinador, non era quen de sacarlle nada. O home contestaba unicamente con monosílabos». (l. 17)

• Escribe o diálogo que cres que terían Ivo e Sebastián sobre a súa profesión.

5. «É curioso como ás persoas nos cambia o ánimo diante dunha mesa chea de pratos exquisitos». (l. 7)

• Escribe cal cres que sería o menú que estaban ceando os protagonistas.

• Adxudícalle a cada prato un adxectivo relacionado co gusto ou co estado de cocción.

6. «Está moi ben isto de vivir no campo». (l. 28) Escribe cinco vantaxes e cinco inconvenientes de vivir no campo.

8. «…até chegar a emitir onomatopeas que indicaban ás claras que todo aquilo lle estaba sabendo a gloria. Mmmm…» (l. 23)

• Escribe outras cinco onomatopeas e indica en que situación as empregarías.

9. Escribe unha palabra que conteña o tipo de morfema derivativo que se indica en cada caso:

Sufixo derivativo

Prefixo

– Sufixo apreciativo afectivo

– Sufixo apreciativo afectivo

– Sufixo apreciativo ponderativo

– Sufixo apreciativo diminutivo

10. Subliña os prefixos e os sufixos (indica tamén o seu tipo) destas palabras do texto:

– afinador

– porcalladas

– desagradable

– maleducado

– imprescindibles

– riquiña

– descortesía

11. Pronuncia en voz alta as seguintes palabras, fixándote na colocación dos labios e da lingua.

• Tendo isto en conta, clasifica as consoantes segundo o punto de articulación.

– mundo – local

vida

rosmón

– casa

– fixo

aquí

chaleco

– cea

– afouteza

xogar

12. Indica se as vogais subliñadas son abertas ou pechadas:

– home

– negro – peto

– pero

– onde

– tempo

– deixou – galegos

– ben

13. «Na miña casa conviven as dúas culturas, porque é moi importante saber de onde se é, coñecer as tradicións, e eu teño dúas das que estou moi orgullosa». (l. 23)

• Tendo en conta estas palabras de Xiana Mai, cres que ela considera que unha das súas culturas está nunha posición minorizada? Xustifica a túa resposta.

7. «Ovella que bea, bocado que perde». (l. ) Que cres que quere dicir esta frase feita? Explícao coas túas palabras.

• E esta outra: «Calado coma un peto!» (l.)?

14. Cal é diferenza entre as linguas minorizadas e as linguas minoritarias?

• Pon dous exemplos de cada unha delas.

49 PROBA DE AVALIACIÓN « 2

Edición: Concha M. Mayo.

Deseño de cuberta e interiores: Rubén González García.

Ilustración: Andrés Meixide.

Edición gráfica: Rocío Álvarez.

Maquetación: Santiago Avilés.

Fotografías: Album (RKO; EFE; Portocabo; 20TH CENTURY STUDIOS), Arquivo Anaya (Candel, C.; Canto, M.; Cosano, P.; Hernández Moya, B.; Martín, J.; Ortiz, J.; Osuna, J.; Padura, Sergio; Rivera Jove, V.; Ruiz, J.B.; Steel, M.; 6 x 6 Producción Fotográfica), Carmen Blanco, Edicións Xerais, Editorial Kalandraka, Getty Images (C Brandon; Sunset Boulevard; mediaphotos; SolStock; Eddy Photo; FGTrade; Sheila Alonso), Grupo Chévere, Matteo Bertolino, Jacobo Fernández Serrano, Movemento Artístico da Mariña, Daniel Carreira Noche, Nós Diario, Radio Roncudo Corme, Roberto Loxo, 123rf e colaboradores.

Asesoramento editorial: X. M. Moo Pedrosa.

Agradedecementos:Grupo Chévere, Movemento Artístico da Mariña, Javier Agrelo, Concello de Foz, Nós Diario, Radio Roncudo.

Lingua e Literatura 2 eSO - gaLicia - LOMLOe - códigO 1305314 - Xt001237

© Do texto: Xabier Campos Villar, Natividad Diéguez Pardo, Ana Mª Iglesias Álvarez, Miguel Louzao Outeiro, 2023.

© Do conxunto desta edición: EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A., 2023 - Dr. Marañón, 12, baixo - 36211 Vigo

ISBN: 978-84-1110-197-4 - Depósito Legal: VG-184-2023 - Printed in Spain.

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.