HISTORIA DE ESPAÑA
Fernando García de Cortázar, Fernando Diez, Javier Sánchez-Palencia, María Isabel del Val, Manuel F. Cuadrado, Javier M. Donézar, Pedro Martínez Lillo, Ángel Gamazo
Operaciónmundo
BACHARELATO 2
LICENZA 12 MESES INCLÚE PROXECTO DIXITAL
DEMO
1 As primeiras culturas 24
1. O Paleolítico: sociedades de cazadores e colleiteiros
2. A revolución neolítica
3. A irrupción da metalurxia
4. A protohistoria
Traballa os contidos
2 A Hispania antiga
1. A Hispania romana
2. A explotación dos recursos e a organización do territorio
3. A sociedade e a cultura en Hispania
4. A antigüidade tardía
Traballa os contidos
3 A herdanza medieval
1. Al-Ándalus nos séculos viii-x
2. Os reinos do norte peninsular nos séculos viii-x
3. O progresivo retroceso de al-Ándalus nos séculos xi-xiii
4. A consolidación dos reinos cristiáns nos séculos xi-xiii
5. A taifa de Granada nos séculos xiv-xv
6. Os reinos cristiáns nos séculos xiv e xv
Traballa os contidos
4 O legado dos tempos modernos 96
1. Os Reis Católicos
2. A monarquía no século xvi
3. A América hispana
4. O século xvii: A perda da hexemonía
5. O declive demográfico e económico
6. A cultura da Contrarreforma, séculos xvi e xvii
Traballa os contidos
5 O século xviii : Antigo Réxime, reformismo e Ilustración
1. A guerra de Sucesión e o cambio de dinastía
2. O reformismo borbónico
3. Os ilustrados españois
4. A América hispana no século xviii
Traballa os contidos
6 A crise do Antigo
Réxime (1788-1833)
1. O medo á revolución
2. A alianza coa Francia napoleónica
3. A guerra da Independencia (1808-1814)
4. O programa revolucionario das Cortes de Cádiz
5. A restauración do absolutismo
6. A emancipación da América hispana
Traballa os contidos
7 A construción da España liberal (1833-1874)
1. A revolución liberal-burguesa
2. A guerra civil (1833-1840)
3. As rexencias (1833-1843)
4. A Década Moderada (1844-1854)
5. O Bienio Progresista (1854-1856)
6. A Unión Liberal e o retorno do moderantismo (1856-1868)
7. A economía
8. A nova estrutura social
9. O Sexenio Democrático (1868-1874)
10. A cultura
Traballa os contidos
128
148
180
DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA Revelando as túas raíces 14 Recepción no Salón de Reinos 16 Votamos ou non votamos? 18 A España que non foi 20 Lexislando o noso futuro 22
Índice Os saberes básicos do curso
42
60
8 A Restauración moderada (1875-1902)
1. As bases do réxime restaurado
220
2. O sistema político canovista: turnismo e bipartidismo
3. A oposición ao sistema
4. Os nacionalismos
5. A economía e a sociedade
6. A demografía: o crecemento urbano
7. O desastre do 98
8. A cultura: conservadorismo e rexeneracionismo
Traballa os contidos
9 O reinado de Alfonso XIII (1902-1931)
1. A estrutura social en 1900
2. A evolución do réxime
3. España e a Primeira Guerra Mundial
4. A agonía do réxime da Restauración (1918-1923)
5. A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
6. O Pacto de San Sebastián e a fin da monarquía
Traballa os contidos
10 A Segunda República (1931-1936)
1. O cambio de réxime
2. O Bienio Reformista (1931-1933)
3. O Bienio Radical Cedista (1933-1936)
4. A hora da esquerda: a Fronte Popular (1936)
5. A Idade de Prata da cultura española (1898-1936)
Traballa os contidos
11 A Guerra Civil (1936-1939)
1. Golpe de Estado e resposta popular
2. Evolución militar da guerra
3. O bando republicano: evolución política e social
4. O bando franquista: evolución política e social
258
5. Sociedade e cultura na guerra
6. Dimensión exterior da guerra
7. Consecuencias da guerra
Traballa os contidos
12 A ditadura de Franco (1939-1975)
1. As bases do réxime franquista
2. A posguerra: os anos corenta
3. Os anos cincuenta: apertura e recoñecemento exterior
4. A España do desenvolvemento (1959-1973)
5. O ocaso do franquismo (1969-1975)
Traballa os contidos
13 A Transición (1975-1982)
1. A sociedade española en 1975
2. As forzas políticas tras a morte do ditador
3. Un ano clave: 1977
4. O primeiro Goberno da UCD avalado polas urnas
5. A Constitución de 1978
6. O segundo Goberno da UCD
7. Os cambios sociais. A integración en Europa
Traballa os contidos
338
382
286
14 A consolidación democrática
1. As eleccións do cambio
2. Os problemas dos anos oitenta
3. A reactivación económica (1986-1989)
4. A corrupción política e o cambio social
5. O xiro conservador
6. O cambio de século
410
314
7. A construción da Unión Europea e España
8. Os cambios sociais e culturais en España
Traballa os contidos
Cronoloxía
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE
REVELANDO AS TÚAS RAÍCES
Sempre se dixo que a historia se estuda a través dos seus textos. Non obstante, para as etapas máis antigas, o estudo dos restos materiais é fundamental. O recoñecemento das principais achegas artísticas e culturais das diferentes épocas históricas, a súa conservación e a súa posta en valor converteuse na actualidade non só nunha fonte de coñecemento esencial, senón tamén nun importante motor económico e social das áreas nas que se atopan.
Propoñémosche que entres en contacto co patrimonio arqueolóxico, cultural e artístico da túa contorna; que coñezas e reflexións acerca das medidas levadas a cabo para garantir a súa protección e que contribúas á súa difusión e a súa conservación. Céntrate nos enclaves culturais máis importantes, de tal forma que, ao final da secuencia, teñas un coñecemento máis amplo dos procesos históricos que se desenvolveron desde a Prehistoria ata o final da Idade Media.
Traballa estes contidos a partir do ODS 11 «Cidades e comunidades sostibles»; ten en conta que a cuarta meta deste ODS esixe «redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo».
SECUENCIA DE APRENDIZAXE
Elabora un esquema das etapas da Prehistoria e os principais procesos culturais que se desenvolveron en cada unha delas, destacando as súas características.
Unidade 1
Realiza un mapa da comunidade representando xacementos, evidencias materiais ou monumentos correspondentes ás diferentes épocas estudadas nesta unidade.
Crea un pequeno proxecto de investigación sobre o legado económico, cultural e social romano e presenta os resultados en forma de póster explicativo ou infografía.
Unidade 2
14
Todos os camiños conducen a Roma A pegada dos nosos antepasados
Ao longo destas unidades vas entrar en contacto con numerosos procesos históricos que deixaron a súa pegada na túa contorna. Propoñémosche o deseño dun itinerario cultural polos enclaves máis representativos de cada un dos períodos e a elaboración dun podcast explicativo de cada un deles. Desta forma, por unha parte poderás investigar con maior profundidade sobre algunhas etapas e as pegadas que se conservan, e por outro estarás a contribuír á súa protección e difusión entre a túa contorna.
PARA LEVAR A CABO O DESAFÍO E REVISAR AS COMPETENCIAS
• Interpretar e manexar diferentes fontes de información histórica e arqueolóxica, valorando as posibilidades de cada soporte e comprobando a súa fiabilidade.
• Planificar un proxecto de investigación a longo prazo de forma creativa e autónoma, contemplando os distintos pasos necesarios para a resolución dun problema.
• Analizar as relacións entre o ser humano e a súa contorna, comprendendo as formas nas que o ser humano modificou o medio ao longo da historia.
• Coñecer, valorar e difundir o patrimonio cultural, entendéndoo como parte da nosa identidade e favorecendo estratexias para a súa protección e promoción.
• Utilizar medios dixitais dunha forma creativa, crítica e ética para promover a conservación do patrimonio cultural.
Fai un glosario de termos referentes a urbanismo, ordenación do territorio e arquitectura na época romana en Hispania.
Busca información sobre os monumentos máis representativos da túa contorna de cristiáns e musulmáns e analízaos e compáraos.
Unidade 3
Selecciona a información máis relevante de cada monumento e redacta o texto definitivo e grava o podcast.
15
Castelos e fortalezas medievais
As primeiras culturas
Os primeiros pasos da humanidade inclúense dentro da prehistoria. O seu estudo lévase a cabo a través dos vestixios materiais: utensilios e ferramentas, restos de alimentos, ornamentos, manifestacións artísticas, construcións e enterramentos. A arqueoloxía é a disciplina que se encarga de recuperar, analizar e interpretar todos estes restos. A prehistoria, polo tanto, constrúese principalmente a través de datos de natureza arqueolóxica, pero tamén dos achegados por ciencias como a xeoloxía, a bioloxía, a xenética ou a antropoloxía.
Canto máis nos afastamos no tempo, máis dispersa e escasa é a información que podemos obter dos grupos humanos remotos, que tamén son os máis simples. Non obstante, as etapas máis recentes correspóndense con sociedades máis complexas, das que se conservou unha maior diversidade e riqueza de restos materiais. Nos momentos finais da prehistoria, coñecidos como protohistoria, é posible contar tamén cos testemuños escritos doutras culturas coetáneas máis avanzadas.
1. O Paleolítico: sociedades de cazadores e colleiteiros
2. A revolución neolítica
3. A irrupción da metalurxia
4. A protohistoria
• Traballa os contidos
Os contidos e as actividades desta unidade poden resultar de utilidade para a realización do proxecto multidisciplinario «Revelando as túas raíces».
1
QUE VAS ATOPAR NESTA UNIDADE?
24
Cova de Altamira.
O Paleolítico: sociedades de cazadores e colleiteiros
A etapa inicial e a máis extensa de toda a prehistoria recibe o nome de Paleolítico ou Idade da Pedra Antiga. Neste período inclúense moitos dos complexos procesos de especiación que se produciron dentro da rama evolutiva dos homínidos (da que xurdiron os xéneros bípedes Australopithecus, Paranthropus e Homo), aparecida en África oriental hai entre sete e cinco millóns de anos. En chan africano é onde se documentan as primeiras especies fósiles que están incluídas dentro do xénero humano e a elaboración das primeiras ferramentas de pedra (hai 2 600 000 anos). Deste continente partiron as primeiras migracións dos nosos conxéneres fósiles cara a distintas rexións de Eurasia (a partir de hai 1 800 000 anos). E foi alí onde se xestou a nosa propia especie, Homo sapiens, hai uns 200 000 anos.
1.1. A Idade do Xeo e as súas consecuencias O Paleolítico coincide coa época xeolóxica do Plistoceno (desde 1 800 000 anos ata 12 000), caracterizada pola intensificación dos fenómenos ambientais propios da Idade do Xeo. En Europa e noutras rexións do hemis-
ferio norte, o réxime climático caracterizouse pola constante sucesión de fases frías e cálidas.
Durante os períodos glaciares as temperaturas medias do planeta experimentaron un acusado descenso e formáronse extensas masas de xeo. Ademais, os niveis do mar descenderon abruptamente, abrindo pontes terrestres insospeitadas hoxe en día. Estes cambios ambientais influíron de forma radical na distribución da fauna, co predominio de especies adaptadas ao frío, como o mamut, o rinoceronte laúdo, o bisonte ou o reno; e a flora, coa extensión das paisaxes esteparias.
Durante os períodos interglaciares as condicións ambientais tenderon a ser moito máis benignas, pois as masas de xeo diminuíron sensiblemente, predominando os ecosistemas forestais con faunas cálidas.
1.2. A economía depredadora e o nomadismo
Os grupos paleolíticos practicaban unha economía depredadora, dedicada á caza e á busca de prea, a recolección de froitos, raíces e plantas ou, máis adiante, a pesca e o marisqueo. A súa adaptación á Idade do Xeo
evolutivo dos homínidos
Millóns de anos
Homo antecessor Homo rudolfensis
Homo neanderthalensis
Homo sapiens
Homo heidelbergensis
Homo ergaster
Homo habilis
Homo erectus
Paranthropus boisei
Xénero Homo
Caracterízanse por seren bípedes e por teren pés non prénsiles coas dedas aliñadas. Ademais, tiñan unha verticalización completa do cranio e era máis grande. Distínguense pola súa capacidade de crear ferramentas, a linguaxe e as primeiras mostras de arte
Australopithecus africanus
?
? ?
Australopithecus garhi
Paranthropus robustus
Kenyanthropus platyops
Ardipithecus ramidus
Ardipithecus kadabba
?
? ?
Orrorin tugenensis ?
Paranthropus aethiopicus
Australopithecus afarensis
Australopithecus anamensis
Xénero Australopithecus
Eran claramente bípedes. Nalgunhas especies existía un gran dimor smo sexual, pois os machos podían chegar a ser ata un 50 % máis grandes que as femias.
Xénero Ardipithecus
Tiveron o mesmo tamaño que os chimpancés actuais, pero as dedas dos pés e a estrutura pélvica indican que ás veces camiñaban ergueitos.
Sahelanthrupus tchadensis
A liña cronolóxica situada á esquerda indica o momento en que xurdiu cada unha das especies que mostra o grá co. As interrogantes indican que as relacións de ancestro-descendente non están totalmente veri cadas.
Máis información na web recursos de anayaeducacion.es
25
1
Gráfico
0 1 2 3 4 5 6 7
3
2
1
sociedades de cazadores e colleiteiros
Calidade de vida no Paleolítico inferior
«Malia que, polo xeral, os individuos da Sima dos Ósos presentan unha saúde razoablemente boa e unha calidade alimenticia suficiente, as feridas e enfermidades que se recoñeceron nesta poboación dan conta da dureza da vida destes veteranos europeos: infeccións dentais moi severas, violentos traumatismos en ósos e dentes ou minusvalías auditivas deixaron as súas marcas en moitos fósiles.
O caso do individuo ao que pertencía a pelve (...) é particularmente interesante. Trátase dun ancián de
avanzada idade (sobre uns 45 anos) que, non obstante, sobrevivira durante certo tempo con graves deformacións na súa columna vertebral (...).
A dura vida nómade dos cazadores e colleiteiros prehistóricos (...) faría necesario que un individuo con semellantes limitacións físicas recibise o apoio da súa comunidade para sobrevivir».
e á acusada estacionalidade de Europa esixía unha gran dependencia da carne animal, dado que era o recurso alimenticio máis estable. Por esta razón eran nómades, cuxa permanencia nun mesmo sitio dependía da dispoñibilidade estacional dos recursos locais. Conformaban grupos pequenos e relativamente illados, sociedades igualitarias, cohesionadas, sen signos aparentes de división das súas actividades económicas en función do sexo ou a idade (salvo, quizais, desde o Paleolítico Superior) e, polo xeral, pouco innovadoras culturalmente.
1.3. O Paleolítico inferior: primeiros poboadores
No marco das temperás migracións fóra de África, os primeiros humanos chegaron a Europa hai 1 200 000 anos. As evidencias máis antigas desa expansión sitúanse na Península Ibérica, na Sima do Elefante (Serra de Atapuerca, Burgos) e a rexión de Orce (Granada).
En Gran Dolina (Atapuerca), identificouse un nivel arqueolóxico moi rico datado hai uns 900 000 anos. Alí, xunto a ferramentas de pedra, principalmente cantos tallados e lascas con fíos cortantes, e ósos de distintas especies animais, rexistrouse unha significativa colección de restos adscritos á especie Homo antecessor. Estes humanos, que puideron estenderse tamén por outras rexións europeas, foron protagonistas dun dos episodios migratorios iniciais, probablemente falidos.
1.3.1. A expansión inicial por Europa
Froito dunha segunda vaga migratoria procedente de África, a especie Homo heidelbergensis expandiuse por Europa a partir de hai 600 000 anos. Os seus fósiles atópanse por todo o continente, aínda que o xacemento máis importante para o seu estudo é a Sima dos Ósos (Serra de Atapuerca). Nesta cavidade recuperouse unha acumulación de restos óseos pertencente a vinte e oito persoas e datada hai uns 400 000 anos.
Os grupos heidelbergensis chegaron a Europa levando consigo unha innovación técnica inventada tempo atrás polos seus antecesores africanos, o complexo acheulense, caracterizado pola elaboración de utensilios en pedra de grandes dimensións con formas moi definidas, tales como picos triédricos, fendedores e bifaces. Estes artefactos, xunto a outras ferramentas cortantes de pequenas dimensións, servían en múltiples tarefas, incluídas actividades de carnicería ou o traballo da madeira. A produción sistemática de bifaces, que en moitas ocasións presentan unha factura elaborada, denota habilidades cognitivas avanzadas.
1.3.2. O complexo acheulense na Península
A maior parte dos xacementos arqueolóxicos acheulenses sitúanse ao aire libre, en vales fluviais e ámbitos lacustres. Os vestixios deste período son moi abundantes nas terrazas dos principais ríos e os seus afluentes, como nas concas dos ríos Douro, Texo ou Guadalquivir, dado que eran entón as principais vías de comunicación na Península. A maioría destas eviden cias poden datarse entre hai 350 000 e 200 000 anos. Algúns sitios singu lares son Torralba e Ambrona (Soria) ou Áridos de Jarama (Madrid). Estes humanos eran bos cazadores e non eludían a confrontación directa coas súas presas.
Chegaron ata nós algunhas lanzas de madeira de grandes dimensións que servían para a caza de elefantes, cervos ou cabalos. Aínda que coñecemos moi poucas estruturas de habitación correspondentes a esta etapa, algunhas están asociadas a fogares que apuntan cara ao coñecemento das técnicas de conservación e produción do lume.
26 1 O
Paleolítico:
Dez Martín, F.: Breve historia de los neandertales. Nowtilos, Madrid, 2011 (trad.).
Biface acheulense.
1.4. O Paleolítico medio: os neandertais
Hai uns 200 000 anos, grazas a un proceso de illamento na Europa da Idade do Xeo, as poboacións locais derivaron en Homo neanderthalensis. Esta é a primeira especie humana fósil identificada nos albores da ciencia prehistórica, no século xix
Os neandertais son un exemplo excepcional de adaptación ás condicións ambientais deste período. Cun corpo robusto, estatura media, extremidades curtas e un cerebro maior que o noso, ocuparon un amplísimo territorio que vai desde o seu berce europeo, pasando polo Próximo Oriente e Asia Central, ata Siberia.
Na cova de El Sidrón (Asturias) descubríronse os restos de ata trece persoas pertencentes a un mesmo grupo, cunha antigüidade de 49 000 anos. Os estudos xenéticos levados a cabo con restos de ADN conservados nestes fósiles permitiron identificar xenes relacionados coa pigmentación da pel (algúns neandertais eran roxos) ou a capacidade da linguaxe.
1.4.1. O complexo musteriense: unha técnica innovadora
Os neandertais dispoñían de notables habilidades tecnolóxicas. Dentro do Paleolítico medio (200 000-40 000 anos), desenvolveron o complexo arqueolóxico coñecido como musteriense, caracterizado pola produción dun diverso instrumental lítico a partir de lascas retocadas pequenas e medianas. Entre estes artefactos destacan as puntas, con mangos de hastís, de madeira para servir como armas arreboladizas e as raspadeiras. Para producir algunhas destas pezas, desenvolveron unha complexa técnica de talla denominado levallois. A súa artesanía da madeira, a pel, o óso ou as fibras vexetais, era sinxela.
Eran grandes cazadores que levaban a cabo estratexias cinexéticas organizadas. Moi comunmente resgardábanse en covas e abrigos, pero tamén chegaron ata nós algunhas construcións ou cabanas sinxelas que eran ocupadas brevemente. En Vilas Ruivas (Portugal) identificouse unha sinxela estrutura que, a xeito de paraventos, puido servir como un improvisado alto de caza, hai 60 000 anos. No Abric Romaní (Barcelona) é posible observar como compartimentaban as súas actividades cotiás arredor de fogueiras.
A sociedade neandertal e o seu mundo simbólico
A sociedade neandertal era cooperativa, coidaba dos individuos dependentes e estruturábase en grupos pequenos e illados. Atopáronse evidencias do seu sentido estético e comportamento simbólico, a través de ornamentos persoais, como contas de colar de cunchas ou dentes perforados e plumas ou poutas de rapaces; a utilización de pigmentos naturais, como o ocre; notacións incisas nalgúns
ósos e, quizais, manifestacións de arte parietal. Unha mostra do seu sentido simbólico é o feito de que enterraban os seus mortos, polo menos desde hai 100 000 anos. Consérvanse sepulturas de mulleres e homes de todas as idades, incluíndo acabados de nacer e anciáns, aínda que non parece que acompañasen os defuntos con ofrendas rituais.
Despois de sobrevivir na Euro pa do xeo durante moitos mile nios, os neandertais extinguíronse paulatinamente nas distintas rexións do continente. Os seus últimos vestixios poden atoparse na Península Ibérica, arredor de hai uns 30 000 anos. Descoñécense as razóns da súa desaparición, aínda que a súa limitada poboación, decimada constantemente en función dos ciclos climáticos e, quizais, a chegada de Homo sapiens a Europa puideron influír fatalmente no delicado equilibrio da súa supervivencia.
Lasca de cuarcita, instrumento lítico musteriense tallado coa técnica levallois.
A reconstrución do xenoma neandertal puxo de manifesto que os humanos modernos non africanos compartimos entre 1 % e 4 % de xenes neandertais, o que permite supoñer certo proceso de hibridación entre ambas as dúas especies, probablemente producido no Próximo Oriente.
1.5. O Paleolítico superior: os humanos modernos
O Homo sapiens, xurdiu en África, case ao mesmo tempo que os neandertais en Europa, e iniciou unha espectacular expansión hai uns 70 000 anos, que o levou a conquistar todos os continentes e rexións da Terra. No seu proceso de colonización global, chegou a Europa hai uns 45 000 anos. Durante un período de tempo, estes novos visitantes puideron compartir o territorio cos últimos neandertais.
A complexidade de Homo sapiens vincúlase ao chamado comportamento humano moderno, caracterizado pola súa flexibilidade, adaptación e polo importante papel que xogan os aspectos simbólicos na esfera social e cultural. Estes trazos obsérvanse con claridade nos distintos complexos tecnolóxicos englobados dentro do Paleolítico superior que, desde o máis antigo ao máis recente (entre hai 40 000 e 12 000 anos), se denominan auriñaciano, gravetiano, solutreano e madaleniano.
27 U 1
1.5.1. Complexidade técnica e diversificación económica
Os xacementos destes períodos son abundantes na Península, aínda que se concentran nas rexións cantábrica, levantina e o foco atlántico portugués. Dentro da súa diversidade, estes complexos arqueolóxicos comparten avances técnicos tales como a tendencia á produción de artefactos de pedra cada vez máis pequenos, un fenómeno coñecido como leptolitización; a proliferación e perfeccionamento dun armamento composto moi especializado con elementos recambiables ou desmontables, que serve para mellorar as técnicas ofensivas. Os propulsores son un bo exemplo deste tipo de armas, aínda que é probable que o arco e a frecha fosen tamén unha invención do Paleolítico superior. Agora prolifera unha gran variedade de artefactos en óso e hasta, como puntas ou azagaias, agullas e arpóns. A elaboración de vestimentas e toucados faise máis complexa.
Xunto á caza selectiva, iníciase unha clara diversificación da subsistencia, coa incorporación de recursos litorais (moluscos) ou fluviais (pesca de salmóns) á dieta. Os humanos do Paleolítico superior dispoñían de asentamentos estacionais especializados, tanto en covas e abrigos como ao aire libre. Coñécense estruturas de habitación, tales como tendas con armazóns de madeira cubertas con peles ou estruturas circulares con armazóns óseas, que conteñen fogares.
1.5.2. Nacemento da arte e do simbolismo
Xorde unha abundante arte moble en materiais moi diversos (óso, hasta, marfil, pedra ou arxila cocida). Son célebres as figuriñas animais, como as aruiñanciano; figuras humanas, como as venus gravetianas; as plaquetas gravadas, como as da Cova del Parpalló en Valencia; a decoración gravada con motivos animais e xeométricos en propulsores, bastóns, varas; e os elementos ornamentais, como botóns ou colgantes. Aínda que tamén son comúns motivos antropomorfos, normalmente relacionados con aspectos da sexualidade, e ideomorfos ou signos abstractos. As representacións de animais, preferentemente de cabalos e bisontes, nas paredes das covas alcanzan unha mestría sobresaínte.
Propuxéronse distintas explicacións sobre as causas destas manifestacións artísticas primitivas, tales como unha forma simbólica ou máxica de propiciar a reprodución e a abundancia da caza, como unha representación do diálogo entre as forzas femininas e masculinas dominantes na natureza ou, finalmente, como elementos vinculados a prácticas e rituais xamánicos.
Na Península son moi abundantes as estacións de arte parietal, particularmente na rexión cantábrica: a Cova de
Propulsor do cervato con paxaros. Tallado en hasta de reno e atopado na cova de Mas D'Azil (Ariege, Francia). Período madaleniano medio. O propulsor supuxo un notable avance na actividade cazadora do Paleolítico Superior. Permitía lanzar elementos punzantes, de madeira ou óso, a unha gran distancia con forza e precisión.
Altamira, pintada durante o período madaleniano, supón un dos exemplos máis sobresaíntes do realismo alcanzado por estes artistas. Aínda que non son moi comúns, algunhas manifestacións de arte rupestre sitúanse ao aire libre, como mostran as estacións de Foz Côa (Portugal) e Siega Verde (Salamanca). Durante este período existen moitos exemplos de enterramentos individuais acompañados de ricos enxovais, como atavíos, obxectos de uso cotián e adorno persoal, arte moble e restos de ocre, que sinalan tanto o reforzo das identidades individuais coma o papel concedido ás crenzas no mundo de ultratumba.
1.6. Os últimos depredadores do Plistoceno
Entre o final da Idade do Xeo e a época xeolóxica cálida actual, o Holoceno, os grupos de cazadores e colleiteiros tiveron que adaptarse aos cambios ecolóxicos e ambientais que se ían sucedendo: a retirada das masas de xeo cara aos polos; a suba do nivel do mar; a extensión de lagos e pantanos, a extinción de especies animais adaptadas ao frío, como o mamut e o rinoceronte laúdo; a expansión dos ecosistemas forestais e das especies afíns (cervo, corzo e xabaril). Os grupos humanos que, a partir de hai 11 000 anos, manteñen os modos de vida e a cultura propia do final do Paleolítico sitúanse dentro do período de transición ou Epipaleolítico. As comunidades do Holoceno que se atopan nun proceso de transición cara á produción de alimentos sitúanse dentro do período coñecido como Mesolítico.
Tecnicamente, o proceso de miniaturización dos artefactos líticos continuou. Producíanse micrólitos con formas xeométricas, impulsados polo desenvolvemento de armamentos compostos moi especializados. Xunto a unha caza moi selectiva, intensificáronse as actividades pesqueiras en lagos e ríos, e en mar aberto, o que está testemuñado pola incorporación de redes, nasas, piraguas e remos. Tamén recollían moluscos, cuxos restos se acumulaban en recolledores de lixo denominados concheiros.
28 1 O Paleolítico:
sociedades de cazadores e colleiteiros
A revolución neolítica
O Neolítico ou Idade da Pedra Nova xurdiu de forma independente en distintos puntos do planeta. O foco do Próximo Oriente, que arrancou cara ao 11 000 a. C., expandiuse por Europa e chegou á Península Ibérica cara ao 5700 a. C. Os testemuños pioneiros do Neolítico peninsular distribúense por distintas áreas do territorio, como o oeste portugués, A Rioxa alavesa, o Pireneo e o ámbito levantino.
2.1. Os primeiros agricultores
A adaptación humana aos cambios e desafíos ambientais do Holoceno propiciou, finalmente, a aparición de novos modos de vida, baseados nunha economía produtora de alimentos, a través da domesticación de determinados tipos de plantas e animais, e o inicio da vida sedentaria. Esta etapa da Prehistoria representou un cambio revolucionario para a nosa especie, con importantes consecuencias na sociedade, cultura, tecnoloxía, demografía e dieta dos grupos humanos.
O desenvolvemento da agricultura propiciou o incremento da fertilidade e a densidade de poboación que, unido á fin da vida nómade, permitiu o crecemento das primeiras aldeas e a intensificación das redes comerciais. A sedentarización permitiu iniciar un camiño de especialización produtiva, o aumento dos excedentes alimenticios, a aparición da propiedade privada e, como consecuencia, o impulso da desigualdade. Co tempo fóronse creando os primeiros grupos destacados entre os que posuían a maioría dos recursos, unhas rudimentarias formas de estratificación social e un marcado vínculo co territorio.
Domesticación dos animais
«Coa domesticación, os animais vivos intégranse na organización socioeconómica do grupo humano. Cando a comunidade illa un grupo de animais e os aparta dos demais da súa especie, fai que só poidan reproducirse entre eles, fóra do sistema reprodutivo da súa poboación de orixe. Isto dá lugar á consanguinidade, que favorece a aparición de xenotipos novos que poden ser seleccionados. (…) Desaparece o fenómeno de selección natural. A selección artificial (...) dá lugar a que aparezan novas razas, polos seus carácteres estruturais (talla, morfoloxía, cor), polo seu comportamento (velocidade, forza), e sobre todo, segundo as necesidades do seu aproveitamento pola comunidade humana, pola súa carne, la, leite ou forza motora».
Muñoz Amilibia, A. M. «Las nuevas formas de vida del Neolítico». En: Prehistoria II. UNED, Madrid, 1999 (trad.).
Neste período desenvolveuse a técnica de pulido da pedra, capaz de producir ferramentas máis duradeiras. Apareceron tamén novos artefactos destinados aos labores agrarios, como fouces e muíños, e unha gran diversidade de instrumentos óseos, como culleres, espátulas, agullas, punzóns e elementos de adorno.
Os primeiros teares transformaron a la ou o liño en tecidos e fíxose habitual a cestería.
A innovación máis sobresaínte desta etapa foi a cerámica cardial, característica do primeiro Neolítico da conca mediterránea. Recibe o seu nome da decoración impresa coa cuncha do berberecho, coñecido como «cardium» pola súa forma de corazón. Modelábanse a man unha ampla variedade de instrumentos: cuncas, olas, culleróns, cántaros, xerras, etc., que se cocían en fornos rudimentarios ou en fogueiras. A invención da cerámica foi unha revolución, xa que permitiu almacenar e conservar os excedentes, polo que introduciu cambios fundamentais no modelo de convivencia e na economía.
Os novos modos de vida agropecuarios foron expandíndose con gran rapidez ao longo de todo o territorio peninsular. Aquí, os primeiros cultivos incluíron diversas variedades de trigo, cebada, legumes, landras e liño. A explotación gandeira incluía ovellas, cabras, bóvidos e porcos. As actividades comunais eran moi importantes para as sociedades neolíticas. Coñecemos centros de actividade mineira, dedicados á extracción de sílex (Casa Montero, en Madrid), sal ou variscita, un mineral verde de utilidade ornamental que se explotaba intensamente en Can Tintorer (Barcelona).
Actividades mineiras dos grupos neolíticos
«As minas de variscita de Can Tintorer (...) protagonizan o papel do intercambio de materias primas de adorno entre os primeiros agricultores. Estas pedras verdes son a primeira evidencia da busca e extracción de materias primas destacadas no marco da negociación social. A cronoloxía destas minas revela unha estrutura de artesanado, á vez que dedicacións probablemente estacionais en relación con poboacións que ocuparon áreas de habitación próximas. Aínda que sexa posible que os intercambios de variscita de Can Tintorer alcanzasen circuítos máis longos, estes adornos teñen a súa maior representación nos cemiterios dos poboados neolíticos de Cataluña».
30
2
Bueno Ramírez, P. El neolítico en la península ibérica. En: La revolución neolítica. La Draga, el poblado de los prodigios. Museo Arqueológico Regional de Madrid, 2018 (trad).
As construcións megalíticas
Como consecuencia do alto grao de cohesión e organización social, iniciouse a construción dos primeiros monumentos megalíticos. Este fenómeno cultural, que se estendeu por toda a fachada atlántica ata ben entrada a Idade dos Metais, incluía a erección de grandes pedras verticais (menhires), como o menhir de Meada (Portugal), ou o de Iruñarri (Navarra) e a construción de estruturas en forma de mesa
os de San Martín (Áraba/Álava),
Coruña), Casiña da Moura, Muíños (Ourense), etc.
Estes monumentos fin
principalmente funerario e, sobre todo a partir do 4200 a. C., floreceron como tumbas colectivas, en cuxo interior se ían depositando os defuntos dun mesmo grupo. Vinculadas ao culto aos antepasados, fitos paisaxísticos ou símbolos de identidade territorial, todas estas construcións son o mellor reflexo da nova organización económica e social.
31 U 1 Xacemento neolítico Área de expansión da arte levantina Área de expansión do megalitismo 0 100 200 km Mar Cantábrico
OCÉANO ATLÁNTICO M a r M e d i t e r r á n e o La
La Atalaya La Carihuela La
Vale
Vale
Praia
Cueva
Eira
El
Caldeirao
La
Los
El
Villamayor
Cova
Cova
Cova
Cova
Botiquería
Chaves Els
La Draga Can
Cova
Mas
Verdelpino La
Kobaederra
Casa
OCÉANO ATLÁNTICO
Paleta
Dehesilla Campo de Hockey
do Boi
Pincel Escoural
das Maças Alapraia
de Nerja
Pedrinha
Mirador
Azután
Vaquera
Barruecos Los Murciélagos
Higuerón
de Calatrava
de la Sarsa
de les Cendres
de L’Or
Fosca
de los Moros
Trocs
Ballester
d’Enpardo
d’Is
Lámpara Los Gitanos Torca L’Arroyu Vinha da Soutilha Buraco da Pala Cova Eirós Los Husos Los Cascajos La Revilla Mendandia
La Velilla La Garma
Montero
Dolmen da Casiña da Moura, Muíños, Ourense.
Cerámica modelo cardial da Cova de l'Or (Beniarrés, Alacant).
Menhir de Iruñarri, Navarra.
Podes obter máis información na web de recursos de anayaeducacion.es
A irrupción da metalurxia
3.1. A Idade do Cobre
O Calcolítico ou Idade do Cobre é o período no que os humanos comezaron a familiarizarse co metal. O primeiro foco metalúrxico identificouse no Próximo Oriente, a partir do 9000 a. C., aínda que na rexión europea dos Balcáns xurdiu outro centro independente moi precoz, cara ao 5400 a. C., no que se constata unha elaborada actividade mineira.
Máis alá do uso do cobre, cuxa relevancia era máis social que económica, levaron a cabo avances agrícolas de peso: o uso de tracción animal para os labores do campo, a introdución do regadío ou a domesticación da vide e da oliveira. Intensificaron a explotación de produtos obtidos do gando, como o leite e a la, que xogaron un papel importante nas transaccións económicas. Tamén se desenvolveron as redes de intercambio a grande escala,
A sepultura dun novo aristócrata
«Foi considerada (...) como o conxunto funerario máis completo e rico do vaso campaniforme en toda a península ibérica. Entre tales elementos de enxoval destacan un vaso campaniforme, unha gran fonte ou cazola e unha cunca hemisférica (...) recuperáronse tamén dúas pezas de pedra, doce de cobre e unha de ouro, todas as cales (...) constituíron o enxoval que os parentes do defunto dispuxeron xunto ao seu corpo durante a cerimonia de despedida (...) Todos os indicios apuntan, polo tanto, a que o inhumado de FonteOlmedo foi un poderoso aristócrata deste sector das campiñas meridionais do Duero (...) O campaniforme revélase, así, como un símbolo de status social, como un convencionalismo funerario adoptado polas elites».
Delibes de Castro, G. e Herrán Martínez, J. I. A Prehistoria. Biblioteca Básica de Valladolid, 2007 (trad.).
co comercio de produtos exóticos de prestixio. As melloras agropecuarias trouxeron consigo un aumento de poboación, a adopción definitiva da vida sedentaria, unha acentuación da desigualdade e as xerarquías sociais.
3.1.1. O Calcolítico. Los Millares
Coñécese unha importante cultura calcolítica no sueste da Península, que se estendeu polas rexións meridionais e recibe o seu nome do xacemento de Los Millares (Almería). Este núcleo agropecuario, habitado entre o 3200 e o 2200 a. C., era unha grande aldea formada por casas circulares e un complexo sistema defensivo, con murallas de pedra e torres de vixilancia, que albergaba preto de dúas mil persoas. Máis que á elaboración de ferramentas de uso cotián, destinaban a tecnoloxía do cobre principalmente á fabricación de ofrendas funerarias. Xunto aos núcleos de poboación, cada asentamento dispoñía de necrópoles colectivas que acollían membros de familias destacadas. Estas elites enterrábanse con enxovais nos que se incluían obxectos elaborados en materiais de gran prestixio que, en ocasións, tiñan unha procedencia exótica (marfil, ámbar, ouro ou casca de ovo de avestruz). Outros exemplos relevantes de poboados fortificados son Zambujal e Vila Nova de São Pedro (ambos os dous en Portugal).
A proba máis significativa do desenvolvemento das redes de intercambio durante o Calcolítico está representada polo fenómeno do vaso campaniforme, xurdido cara ao 2500 a. C. Este nome alude a unha vasilla característica, en forma de campá invertida, que se recuperou en moitos contextos funerarios de Europa occidental, xunto a adornos de óso, obxectos de ouro e puntas de cobre. O fenómeno campaniforme, polo tanto, está vinculado ao intercambio comercial de bens de prestixio entre as elites de distintas rexións europeas. Non obstante, na Península desenvólvense diversas tradicións decorativas dos vasos cerámicos entre as que destaca, pola súa grande extensión xeográfica, o grupo de Ciempozuelos (Madrid).
3.2. A Idade do Bronce
Inhumación con enxoval campaniforme (2500-1800 a. c). Posible mozo varón falecido entre os 15 e os 18 anos atopado no Camino de las Yeseras (San Fernando de Henares, Madrid).
Unha vez que se comezou a utilizar o cobre para a produción de ferramentas, o perfeccionamento da técnica metalúrxica conduciu ao descubrimento da aliaxe de cobre e estaño, que deu como resultado un novo material metálico, o bronce. O período caracterizado polo uso deste metal coñécese como Idade do Bronce. A partir do 3300 a. C. esta innovación estendeuse polo Próximo Oriente, Exipto, Anatolia e as illas do mar Exeo, onde xurdiron as primeiras grandes civilizacións de Occidente. A chegada da metalurxia do bronce a Europa estivo vinculada a unha serie de transformacións económicas e sociais moi importantes. As acti -
32
3
vidades agropecuarias, os medios de almacenamento e os núcleos urbanos expandíronse enormemente. Tamén se produciu unha clara concentración da riqueza en mans dun selecto grupo de persoas, como consecuencia dun desigual acceso aos bens. Consolidáronse as sociedades de xefaturas, dominadas por unha aristocracia campesiña. A proliferación das armas metálicas identifica tamén sociedades cunha crecente conflitividade polo dominio do territorio.
3.2.1. A cultura de El Argar
Na Península Ibérica, a Idade do Bronce iniciouse cara ao 2200 a. C. Na rexión do sueste desenvolveuse unha das civilizacións estatais máis importantes de toda Europa, a cultura argárica, estendida polas actuais provincias de Alacant, Murcia, Almería, Granada e Xaén. O nome provén do célebre xacemento de El Argar (Almería). Nesta cultura os asentamentos formaban poboados amurallados, con tramas urbanas ben definidas, situados no alto de outeiros, preto das fontes mineiras de cobre ou prata. Xunto a casas rectangulares, identificáronse obradoiros, depósitos de cereal, cisternas e cortes. Froito dunha crecente complexidade política, tamén se construíron grandes recintos de reunións, como en La Almoloya (Murcia). Na Meseta, en particular no territorio manchego, xurdiu neste momento un tipo de construción monumental fortificada moi característico, as denominadas motillas, vinculadas ao control territorial e o abastecemento de auga. Un dos exemplos máis representativos desta cultura arqueolóxica é a Motilla del Azuer (Ciudad Real).
Actividades
2 Pode establecerse algunha relación entre metalurxia, megalitismo e sedentarismo? Cal? Por que?
3 Explica, brevemente, os trazos diferenciadores dos pobos que chegaron ás costas peninsulares e baleares no primeiro milenio a. C.
A sociedade argárica
Un dos seus trazos máis sobresaíntes era a práctica de enterramentos individuais en cistas (urnas de pedra) e grandes vasillas, que se localizaban no chan das vivendas. Os enxovais das clases dominantes estaban compostos por copas cerámicas rituais, abundante armamento de cobre e bronce e ricas xoias en metais preciosos. A través do estudo dos enterramentos e as súas ofrendas é posible saber que a sociedade argárica presentaba unha estrita xerarquía de carácter social e económico. A clase dominante, propietaria da terra, do metal e os alimentos, estaba composta por un selecto grupo de homes armados e as súas familias que exercían un férreo control sobre o resto de clases. Por debaixo atopábanse os súbditos con dereitos sociais, vinculados a actividades produtivas tales como a agricultura e a artesanía. Na base da pirámide social existía unha clase sometida de servos e escravos.
3.2.2. Ampliación dos horizontes culturais e económicos
A etapa final da Idade de Bronce, a partir do 1300 a. C., marcou o desenvolvemento dun sistema de conexións culturais e intercambios económicos a escala continental. Os territorios do norte compartían técnicas metalúrxicas, tipos de armamento, ferramentas e ornamentos con outros pobos situados na franxa atlántica europea. Nos territorios do nordés, a aparición do novo costume funerario dos Campos de Urnas, caracterizado pola cremación dos defuntos e a deposición das súas cinzas en urnas cerámicas, revela conexións con Europa central. En Mallorca e Menorca, desenvolvéronse os poboados de navetas, construcións monumentais de pedra, como as de Closos de Can Gaià (Mallorca) e Son Mercer de Baix (Menorca).
Motilla del Azuer (2200-1350 a. C.) Daimiel. Ciudad Real. Xacemento da Idade do Bronce. Fortificación con tres liñas concéntricas de muralla, contén o pozo de auga máis antigo documentado na Península. Estaba circundada por un poboamento que inclúe unha necrópole.
O crecemento dos contactos remotos e o desenvolvemento dos medios de navegación durante a fin da Idade do Bronce fixeron posibles a chegada de mercadores fenicios desde o Próximo Oriente e a fundación dos seus primeiros asentamentos, quizais en datas tan temperás como cara ao 900 a. C. Este fenómeno comercial favoreceu o declive das culturas do bronce e abriu a porta ao desenvolvemento dun novo período histórico en solo peninsular.
33 U 1
A protohistoria
Na Conca do Douro desenvolveuse a chamada
Cultura del Soto. Os seus poboados, dedicados a unha economía agrícola, caracterizábanse por casas circulares con paredes de adobe, banco corrido interior e cubertas cónicas de madeiros e ramas. El Soto de Medinilla (Valladolid), que dá nome a esta cultura, foi ocupado ininterrompidamente entre os anos 1000 e 700 a. C. Localízase nun meandro do río Pisuerga, defendido por unha muralla de barro e madeira. A introdución do ferro na Meseta foi moi lenta e a súa utilización na cultura del Soto parece excepcional. A presenza dalgúns coitelos de ferro, xunto a certas cerámicas torneadas, con decoración orientalizante ou excepcionais obxectos de vidro, delatan a influencia cultural fenicia e tartésica nestes territorios setentrionais. A partir do século v a. C., as xentes El Soto iniciaron un proceso de concentración poboacional arredor daqueles oppida que os cronistas clásicos atribuíron aos vacceos.
4.1. A primeira Idade do Ferro
Os comerciantes fenicios, orixinarios do Líbano, fundaron colonias no sueste e mesmo máis alá do estreito de Xibraltar. Un fenómeno similar, inspirado no éxito dos fenicios e protagonizado polos gregos procedentes da cidade de Focea (Asia Menor), deuse algo máis tarde nas costas peninsulares do Mediterráneo. Como consecuencia dos contactos entre estes viaxeiros «civilizados» e as poboacións locais do final da Idade do Bronce e dos inicios da Idade do Ferro, algunhas destas últimas conseguiron escapar por primeira vez do anonimato, ao figurar os seus nomes e algúns dos seus costumes nos escritos daqueles. Por esta razón os estudosos refírense a esta etapa non xa como a prehistoria senón como a protohistoria ou primeira historia.
4.1.1. A colonización fenicia
A súa política colonial, cuxos vestixios arqueolóxicos máis antigos na península son de comezos do século viii a. C., consistiu en instalarse en portos marítimos estratéxicos, con boas condicións para iniciar contactos coa poboación do interior e intercambiar as súas refinadas manufacturas por metais locais (cobre, ferro, prata e ouro).
As súas principais colonias distribúense desde o sur da provincia de Alacant ata o Algarve, como son Abdera (Adra), Sexi (Almuñécar), Malaka (Málaga), e ata a cidade de Allis Ubbo (a antiga, Olisipo Lisboa).
A fundación máis importante foi Gadir, a actual Cádiz, que pasa por ser a primeira cidade de Occidente (segundo as fontes literarias clásicas, aínda que sen referendo arqueolóxico, foi fundada cara ao 1100 a. C.). Foi unha cidade cosmopolita que permanecía en contacto coa metrópole libanesa de Tiro. A súa prosperidade debeuse sobre todo á explotación e comercio dos metais do sueste (prata e cobre), pero tamén á riqueza agrícola e gandeira do baixo Guadalquivir.
Achegas materiais e culturais fenicias
Atribúese aos fenicios a introdución do ferro na Península Ibérica, un metal que non se coaba en moldes como o bronce, senón ao que se lle daba forma en quente mediante forxa. As súas vantaxes económicas e funcionais eran evidentes: a produción era barata, pois os minerais abundaban, e as súas propiedades mecánicas facíano especialmente apto para a fabricación de ferramentas e armas. O ferro non tardou en desprazar o bronce, limitado a partir de entón á confección de elementos de adorno. Tamén o uso da escritura; escribían sobre todo en soportes perecedoiros, dos que só sobreviviron algúns pequenos textos gravados sobre cerámica nos que quedan rexistrados os seus particulares lingua e alfabeto. Outra das súas achegas importantes foi o torno de oleiro.
A súa chegada supuxo unha «orientalización» dos pobos indíxenas do sur peninsular cos que intercambiaron os seus produtos suntuarios, por exemplo, a cerámica de verniz vermello, delicados labores de ourivería de ouro e prata, ou manufacturas de bronce, vidro e marfil; e entre os que acabaron implantándose, ademais dos superiores coñecementos tecnolóxicos dos estranxeiros, outras manifestacións culturais como a súa relixión (o culto a Astarté).
A súa influencia impactou non só na periferia costeira, senón que se estendeu a todo o sueste da Península, no curso inferior dos ríos Guadalquivir e Guadiana, onde, segundo os cronistas gregos, se situaba un reino inmensamente rico, Tartessos, gobernado por un rei mítico, Argantonio.
4.1.2. Tartessos: o primeiro estado peninsular
Os arqueólogos utilizan o termo cultura tartésica para referirse a un núcleo cultural localizado entre as actuais provincias de Huelva e Sevilla que, a partir do final da Idade do Bronce, desenvolveu unha potente economía agropecuaria e mineira, sostida pola influencia colonial fenicia. Con posterioridade, a cultura tartésica estendeuse cara ao alto Guadalquivir e o val do Guadiana (nas provincias de Xaén e Badaxoz), e chegou mesmo cara ao val do Tajo, en territorio cacereño.
Tartessos constitúe o primeiro estado peninsular, unha sociedade xerarquizada arredor dunha tradición monár-
34
4
Primeira Idade do Ferro no norte peninsular
Nestes centros, a poboación indíxena mantivo un intenso contacto comercial cos colonos, fundamentalmente artesáns e comerciantes, que atendían a demanda de obxectos de luxo dos xefes locais. Os magníficos tesouros de Aliseda (Cáceres) e El Carambolo (Sevilla) son exemplos do refinamento alcanzado polos artesáns da ourivería dentro do mundo tartésico. A finalidade de moitos obxectos suntuarios de orixe oriental non foi senón o seu depósito como ofrendas en grandes santuarios monumentais como os de Cancho Roano e El Turuñuelo (Badaxoz), formados por estancias que se situaban arredor dun patio central con altares cerimoniais. A caída de Tiro o ano 573 a. C. en mans de Babilonia, quizais ligado ao esgotamento dalgunhas materias primas locais, representou un duro golpe para as colonias fenicias, e causou o declinar de Tartessos.
O Tesouro de El Carambolo, Sevilla, está formado por 21 pezas de ouro de 24 quilates: un colar, dous peitorais e dous brazaletes e dezaseis placas rectangulares.
4 Que conxunto de circunstancias explican o auxe cultural e económico que se atribúe a Tartessos?
Podes obter máis información na web de recursos de anayaeducacion.es
U 1
Colonias
Colonias gregas
fenicias Área de influencia tartésica Restos tartésicos Colonias cartaxinesas 0 100 200 km Gadir Carteia Sexi
Ebussus Mago Hemeroskopeion Emporion Rhode Sa Caleta
Tartessos (?)
Los Alcores Carmona La Joya
La Aliseda Sete lla TURIA
Cancho Roano Conisturgis (?) DOURO
EBRO GUADIANA SEGURA GUADALQUIVIR
MIÑO
TEXO TEXO XÚQUER EBRO
Lacus Ligustinus
quica, cunha clara especialización profesional e unha organización social que estaba baseada na relixión e o poder coercitivo.
Desde o século vii a. C., o aumento demográfico e a complexidade urbanística (murallas, templos de inspiración fenicia e necrópoles) testemuñan o desenvolvemento das cidades tartésicas. El Carambolo, en Sevilla, ou Cástulo, en Xaén, son algúns exemplos deste crecemento urbano.
Actividades
4.1.3. As colonias gregas
Medio século despois de fundar preto da desembocadura do Ródano unha importante cidade, Massalia (a futura Marsella), os gregos, interesados, ao igual que os fenicios, na adquisición de materias primas de calidade, crearon cara ao 600 a. C. as súas principais colonias na Península, as cidades de Emporion e Rhode (Empúries e Roses, en Xirona). Ademais destes centros urbanos, dispuxeron dalgúns portos secundarios ou factorías menores ao comerciar de toda a costa mediterránea que lles permitían cos pobos indíxenas. Neste intercambio, os gregos ofrecían os seus produtos: cerámicas, tecidos, perfumes e adornos.
A presenza grega na rexión levantina peninsular, eminentemente comercial e carente de todo ánimo civilizador, tivo un grande impacto cultural nas poboacións indíxenas. O seu papel como intermediarios comerciais conseguiu influír nas xentes do interior a través de aspectos tan variados como o seu gusto artístico (arquitectura, escultura, decoración cerámica), o seu saber técnico, o alfabeto e a transacción monetaria.
4.2. A segunda Idade do Ferro
Tamén se denomina etapa dos pobos prerromanos, pois finaliza co sometemento a Roma de todos eles. Para o seu estudo cóntase non só cos documentos rescatados pola arqueoloxía, senón tamén coas noticias recollidas polos cronistas que, como o grego Polibio, acompañaron as lexións durante a conquista.
O inicio da segunda Idade do Ferro sitúase cara ao ano 500 a. C. e o seu final varía conforme a conquista avanza, de leste a oeste e de sur a norte. Conclúe definitivamente no ano 19 a. C. en que o emperador Augusto someteu os pobos do noroeste.
Desde o punto de vista cultural e étnico, na Península distínguense nesta etapa dúas grandes áreas, a dos iberos, no sur e levante, e a dos celtas, na franxa cantábrica, o interior e a orla atlántica. Cara ao século iv a. C. comezan a chegar os primeiros poboadores ás Illas Canarias procedentes do noroeste de África.
4.2.1. Os pobos mediterráneos: os iberos
Aínda que os gregos denominaban iberoi as xentes que residían na contorna do Iber (río Ebro), en realidade a cultura ibérica esténdese desde o sueste da actual Francia ata o estreito de Xibraltar, abranguendo numerosas tribos, como os indixetes, ausetanos, laietanos ou ilerxetes na zona setentrional (Cataluña e Aragón), os ilercavones, edetanos e contestanos (na rexión valenciana) ou os bastetanos, oretanos e turdetanos (en Andalucía).
O denominador común de todas elas, ademais de que permaneceron abertas aos influxos doutras culturas do Mediterráneo, moi particularmente dos gregos, é o feito de que falaban linguas non indoeuropeas, con certa filiación co protovasco ou aquitano.
Máis alá destes trazos comúns lingüísticos e étnicos, os pobos ibéricos eran moi diversos en aspectos políticos, culturais e económicos. Os turdetanos, por exemplo, situados no baixo Guadalquivir, eran os máis refinados segundo as fontes clásicas, debido seguramente a que eran os descendentes da cultura tartésica.
Economía, sociedade e cultura
Os iberos, cunha ampla tradición orientalizante ás súas costas, vivían en cidades, os oppida. Estes núcleos constituían elementos esenciais da organización política e territorial que, como no caso de Cástulo (Xaén), capital da Oretania, chegaron a ter ata 40 ha. Desenvolveron economías baseadas na agricultura, representada polo cereal de secaño e diversos cultivos de regadío; a gandería; a minería; a artesanía cerámica ou metalúrxica; e as transaccións comerciais que, en determinados casos, se estendía a gran distancia. A partir do século iii a. C., por influencia grega, emitiron a súa propia moeda que facilitaba as transaccións comerciais. Formaban sociedades moi xerarquizadas, dominadas por unha aristocracia terratenente, cun forte compoñente guerreiro, en cuxa cúspide se atopaban os monarcas. En relación con este carácter belicoso, adoita destacarse a orixinalidade das súas armas, como a falcata, unha potente espada dun só fío e folla curvada.
Dama sedente do Cerro de los Santos (Museo Arqueológico Nacional, Madrid). Século iii a. C. É unha urna cineraria que se atopou en Montealegre del Castillo (Albacete). Estas esculturas tiñan na parte posterior un orificio para gardar as cinzas dos defuntos.
36 4 A protohistoria
Utilizaban unha escritura particular, de inspiración fenicia e grega, que sabemos ler, pero non interpretar. Chegaron ata nós textos sobre soportes metálicos, cerámicos ou pétreos, que deberon ser documentos comerciais ou inscricións funerarias. Son coñecidos os chumbos de Ullastret (Xirona) ou Alcoy (Alacant).
A manifestación que, desde finais do século xix, máis contribuíu á definición da cultura ibérica foi a arte, comezando polas coñecidas damas de Elx (Alacant), Baza (Granada) ou do Cerro de los Santos (Albacete). Estas esculturas femininas puideron quizais ser representacións de divindades de orixe fenicia. De feito, os pobos ibéricos, deberon incorporar á súa relixión distintas divindades procedentes das relixións foráneas. Tamén son significativos os conxuntos escultóricos de certos monumentos funerarios, como o de Pozo Moro (Albacete) ou o de Porcuna (Xaén), nos que tanto o estilo artístico coma os mitos representados son de clara inspiración oriental.
4.2.2. Os pobos do norte, centro e oeste Fronte á teoría tradicional de que os celtas hispanos foron invasores chegados desde o norte do Pireneo e relacionados coas culturas centroeuropeas de Hallstatt e La Tène, hoxe prevalece a idea de que son, sobre todo,
os herdeiros das comunidades indíxenas do Bronce Final e do Primeiro Ferro (a cultura do Soto de Medinilla, por exemplo). Merecen o título de celtas porque así era como os denominaban os gregos e romanos, pero tamén porque, dun xeito maioritario, eran falantes de linguas indoeuropeas. Os documentos con que contamos, que están plasmados sobre bronce e cerámica, utilizando preferentemente o alfabeto ibérico, limítanse ao territorio dun dos pobos máis representativos de todos eles, os celtiberos.
Os nomes das etnias celtas da segunda Idade do Ferro e algúns dos seus costumes son ben coñecidos grazas aos textos clásicos. Destacan entre eles a Xeografía de Estrabón: vascóns, várdulos, caristios, cántabros e ástures na franxa norte, lusitanos e galaicos no oeste e vetóns, vacceos, carpetanos e celtiberos na Meseta.
Semellante diversidade xeográfica, como é lóxico, tradúcese tamén nunha marcada variedade de trazos sociais, económicos e políticos entre os distintos pobos célticos. Así, mentres que os celtiberos poden considerarse os máis complexos de todos, abertos a fenómenos civilizadores do ámbito ibérico, como é a cuñaxe de moeda; os pobos «montañeses» do norte foron caracterizados polos cronistas clásicos polo seu modo de vida extremadamente austero.
Os pobos prerromanos cara aos séculos iv e iii a. C.
Área de lingua protovasca
Área de lingua ibérica
Área de lingua turdetana/tartésica
Área de linguas indoeuropeas e precélticas
Área de linguas celtas ou celtibéricas
Área de influencia do tartésico (residual)
Cidades de linguas púnica e fenicia
Cidades de linguas gregas
Límites hipotéticos dos pobos
Pobo prerromano ÁSTURES
Mar Cantábrico OCÉANO ATLÁNTICO
Límites autonómicos actuais
ORETANOS CARPETANOSCELTIBERIA OCÉANO ATLÁNTICO
0 100 200 400 km 300
ILERXETES SEDETANOSILERCAVONES EDETANOS GHOMARAS
AQUITANOS LACETANOS AUSETANOS GUANCHES CANARII MAHOREROS
Rhode Emporion Mago Ebusus Akra Leuke Qart Hadsht Baria Abdera Sexi Malaka Gadir Rusadir
LAIETANOS COSSETANOS MAHOS BIMBACHES
BELOSTITOS AUARITAS M a r M e d i t e r r á n e o
37 U 1
INDIXETES ANDOSINOS ARENOSINOS
CONTESTANOS BASTETANOS BÁSTULOS C O NIOS(?) CÉLTICOSBETURIA LUSITANOS BALEÁRICOS VETÓNS VACCEOS ARÉVACOS PELENDÓNS TURMÓDIGOSBERÓNS LOBETANOS LUSONES OLCADES TURBOLETAS
TÚRDULOS
GALAICOS ÁSTURES CÁNTABROSAUTRIGÓNS CARISTIOSVÁRDULOSVASCÓNSIACETANOS SUESSETANOS TURDETANOS MASTIENOS
Economía, sociedade e cultura
A economía destes pobos era preferentemente gandeira, tal e como testemuñan os monumentais verróns ou esculturas pétreas zoomorfas (bóvidos, xabarís ou osos) dos vetóns, como os célebres Touros de Guisando (Ávila). Entre outras posibilidades, estas representacións animais puideron xogar un papel como identificadores de territorios de pastoreo. Xunto ao valor económico das especies habituais, para algúns pobos célticos (como os celtiberos, lusitanos e vetóns) o cabalo posuía un valor simbólico de carácter militar para as clases dominantes.
Nas rexións máis propicias, como nas concas do Douro e o Texo, o cultivo do trigo e a cebada alcanzou un peso económico importante, mentres que a actividade mineira constituíu unha achega de entidade nas rexións ricas nestas materias primas. Os labores artesanais incluían manufacturas metalúrxicas, como espadas, puñais ou puntas de ferro; cerámicas e téxtiles, como saios de la.
Practicamente en todo o territorio céltico rexístrase o mesmo modelo de poboamento, a base inicialmente de pequenos castros fortificados con casas circula-
Touros de Guisando, El Tiemblo (Ávila). Son esculturas zoomorfas pertencentes á cultura dos verróns, datan entre os séculos iv e iii a. C. Atribúeselles a función de protexer o gando contra enfermidades e outras desgrazas.
res, como os de Santa Trega (Pontevedra) ou Chano (León). Co tempo, ademais de se introduciren melloras urbanísticas, estes asentamentos irán dando paso a oppida de maior tamaño, como a Pintia dos vacceos (Valladolid).
Unha imaxe clásica do céltico son as súas necrópoles, caracterizadas por tumbas de incineración (cinzas depositadas en urnas cerámicas) e pola concentración de bens de prestixio naquelas sepulturas virís que se acompañan de armas. Este feito revela a existencia dunha casta de guerreiros á fronte da sociedade. Por debaixo desta aristocracia situábase un amplo grupo de agricultores e artesáns que, se así o esixían as circunstancias, acudían ao combate.
Chegaron ata nós, a través de inscricións votivas de época romana, os nomes dalgunhas divindades destes pobos indíxenas. Estes vestixios onomásticos permitiron recoñecer vínculos coa relixión céltica doutras rexións europeas ou, por exemplo, poñer en evidencia a riqueza e diversidade do panteón lusitano.
As prácticas rituais adoitaban levarse a cabo en santuarios sinxelos, situados en espazos naturais de especial significado, seguindo a máis pura tradición celta. Testemuño indirecto da entrada dos pobos célticos da segunda Idade do Ferro na historia son unha serie de tesouros de xoias de ouro e prata, ás veces acompañadas de denarios acuñados nas cecas da Celtiberia, como os de Arrabalde (Zamora), Palencia ou Driebes (Guadalaxara). As xoias son maioritariamente elementos de adorno persoal (torques, brazaletes, fíbulas, pendentes) cunha indubidable personalidade artística, moi afastada dos canons estéticos helenísticos que por entón imperaban no Mediterráneo.
Actividades
Vista do Castro de Baroña (A Coruña). As plantas das edificacións son de trazado curvo, moitas delas circulares, e os muros están feitos de granito.
5 Realiza un traballo que describa as características do hábitat e formas de vida dos pobos do norte da Península Ibérica. Destaca as súas diferenzas cos habitantes do sur e leste peninsular, e explica as posibles causas. Compleméntao con fotografías ou debuxos.
38 4 A protohistoria
Traballa os contidos
ACTIVIDADES
1 Organización cronolóxica de etapas históricas
Prehistoria e protohistoria hispanas
• Liña do tempo. Sitúa no eixe cronolóxico o comezo das diferentes etapas: Paleolítico Inferior, Paleolítico Medio, Paleolítico Superior, Mesolítico, Neolítico, Idade do Cobre, Idade do Bronce, Primeira Idade do
2 Elaboración dun mapa histórico
Zona de colonización fenicia
Zona de colonización grega
Tartessos
Colonias fenicias
Colonias gregas
Colonias cartaxinesas Invasións indoeuropeas
Ferro, Segunda Idade do Ferro. Sitúa ademais os principais xacementos e áreas culturais, atribuíndolle a cada unha das etapas sinaladas, algún trazo diferenciador e significativo que axude a identificalas.
OCÉANO ATLÁNTICO
localidades, as principais colonias e algúns dos pobos e culturas da Hispania prerromana. Explica, de forma
zadores sobre a sociedade e sobre a economía da poboación indíxena.
U 1
Lembra seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portafolio.
39
•
1 20 0 000 15 0 000 3 5 000 8 000 5 500 3 000 2 000 1 000 X.C.
0 100 200 km M a r M edi t e r rá n eo OCÉANO
Mar Cantábrico
ATLÁNTICO
3 Traballo con conceptos
Un cadro de dobre entrada é unha táboa en cuxas celas se anotan termos, cifras ou expresións que sinalan unha correspondencia entre as cuestións sinaladas na vertical e na horizontal.
Neste caso trátase de construír un cadro resumo no que cada fila corresponde a unha etapa da prehistoria e cada columna refírese a un aspecto importante da análise das sociedades.
Cronoloxía Áreas e xacementos Tipos humanos Bases económicas Manifestacións culturais
Paleolítico Inferior Aproximadamente 900 000 a. C.
Paleolítico Medio
Paleolítico Superior
Epipaleolítico e Mesolítico
Levante, sur, noroeste
Homo antecessor Homo heidelbergensis
Homo sapiens
Neolítico 5 000 a. C.
Uso do cobre e metais nativos
Inicio do megalitismo Calcolítico
Acentúase a especialización e división do traballo
Idade do Bronce
Idade do Ferro
• Comprobamos. A partir da información que ofrecen o texto e os documentos da unidade, completa o ca-
Vaso campaniforme
Expansión do megalitismo
dro con breves referencias nalgunhas das casas. A xeito de exemplo, enchéronse xa varias delas.
Traballa os contidos 40
4 Iniciación ao comentario de textos
A historia intenta dar explicacións racionais sobre a evolución das sociedades. Para ese labor, a historiografía dispón dunha serie de elementos, chamados fontes, que son evidencias de todo tipo sobre a acción das sociedades humanas do pasado. A prehistoria baséase fundamentalmente na análise e interpretación de fontes arqueolóxicas e paleontolóxicas, o que permite fixar datas (datación), establecer relacións e influencias culturais e aproximarse, en fin, ás condicións de vida das sociedades prehistóricas.
Loxicamente, a persoa especialista en prehistoria non poderá en ningún caso describir acontecementos ou personaxes concretos, pero si analizar con precisión cambios sociais, formas de organización da economía e o hábitat, sistemas de estratificación social, etc., como se pode observar no seguinte texto:
«Indubidablemente, a historia faise con documentos escritos. Pero tamén pode facerse, debe facerse, sen documentos escritos se estes non existen. Con todo o que
5 Análise de fontes arqueolóxicas
• Observa con atención as cerámicas e sitúa nos espazos correspondentes a cada unha das tres pezas os seguintes termos e expresións: –Torno oleiro, –Artesanía doméstica, –Comercio a grande escala, –Especialización técnica e cocción a altas temperaturas,
o enxeño do historiador poida permitirlle utilizar para fabricar o seu mel, á falta das flores usuais. Polo tanto, con palabras. Con signos. Con paisaxes e con tellas. Con formas de campo e herbas (...). Con exames periciais de pedras realizados por xeólogos e análises de espadas de metal realizadas por químicos. Nunha palabra: con todo o que sendo do home, depende do home, serve e expresa o home, significa a presenza, a actividade, os gustos e as formas de ser do home».
Febvre, L.: Combates por la historia (trad.).
• Como iniciación á análise e comentario de textos, debes realizar as seguintes tarefas:
1. Describe a idea fundamental que mantén o autor.
2. Relaciona as súas ideas cos abundantes vestixios prehistóricos que foron aparecendo nesta unidade sobre as primeiras culturas.
3. Redacta unha conclusión.
–Modelos xeneralizados en todo Occidente, –Gran variedade de tipos cerámicos, –Decoración pictórica e engobe, –Criterios estéticos en decoración incisa, –Asociada ao megalitismo, –4500 a. C., –2000 a. C., –400 a. C.
A B C
U 1 41
© GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - C/ Valentín Beato, nº 21 - 28037 Madrid.
Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.