Ven y verás: Relixión Católica 6 Primaria (mostra)

Page 1

Católica

en e erÁs 6 INCLÚE LICENZA 12 MESES PROXECTO DIXITAL GALICIA
mOstra
PRIMARIA Relixión

Buscamos a Deus 1

Como é Deus? 2

A voz de deus o mundo é noso

• A resposta de Deus (Xer 29, 11-13a)

• A busca de Deus

• As relixións e as súas características

• As relixións do mundo

Unha mensaxe para ti 3

• Quen é Deus? (I Xn 4, 8-9)

• Deus na Biblia

NADAL. Xesús nace nun presebe

O soño de Deus 4

• O amor a Deus (Mt 22, 36-39)

• Unha mensaxe de amor

Teño fe 5

• O coñecemento de Deus a través de Xesús

• Deus Trindade

• A Boa Noticia

• Unha mensaxe para vivila

• As Benaventuranzas (Mt 5, 1-12)

• Infinitamente felices

• O Reino de Deus

• Un xeito de vivir

SEMANA SANTA. A Pascua. O paso de Xesús

• Unha soa fe (Ef 4, 1-6)

• Fe e vida

• Que é o Credo

• As partes do Credo

• Vida da comunidade (Feitos 4, 32-35).

• Vida cristiá

MARÍA. A mirada de María

VERÁN. Amor de verán

• Os sacramentos

QUE IMOS APRENDER
A vida cristiá, a vida mellor 6 8 32 60 88 92 36 20 48 64 76 PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. 2

O valor do teu interior con moita arte os apuntamentos de veny

• A experiencia relixiosa

• A felicidade

• As relixións únennos

• Que arte tes! Símbolos de unidade

• A felicidade de Veny

• Organizo os meus apuntamentos

• Recordo o que aprendín

• Cóntame o que aprendiches

• Deus e eu

• A creatividade

• Pai, Fillo e Espírito Santo

• Que arte tes! As iconas Como é Deus para ti?

• O corazón de Veny

• Organizo os meus apuntamentos

• Recordo o que aprendín

• Cóntame o que aprendiches

Situación de aprendizaxe Son moi feliz Creamos un mundo mellor

• O amor a un mesmo

• A fraternidade

• Levade a Boa Noticia

• Que arte tes! O fondo de The Chosen. O tráiler

• Unha Boa Noticia de verdade

• Organizo os meus apuntamentos

• Recordo o que aprendín

• Cóntame o que aprendiches

Unha gran familia

• Xesús chámanos a vivir

• A xustiza

• O Reino de Deus parécese a...

• Que arte tes! O poder da Palabra. A miña parábola

• Felices de verdade

• Organizo os meus apuntamentos

• Recordo o que aprendín

• Cóntame o que aprendiches

• Fe e ciencia

• A dignidade

• Arte e fe

• Que arte tes! A arte relixiosa. A miña arte, a miña fe

• A fe de Veny

• Organizo os meus apuntamentos

• Recordo o que aprendín

• Cóntame o que aprendiches

• Conectados

• O servizo

• Espazos de encontro

• Que arte tes! A vida é un camiño. A miña vida, o meu camiño

• Veny elixe a Xesús

• Organizo os meus apuntamentos

• Recordo o que aprendín

• Cóntame o que aprendiches

Atrévete a soñar Creo en ti Pon cor á vida

3

COÑECE O TEU LIBRO

1 2 Como é Deus?

Como te imaxinas a Deus?

Apertura de unidade:

Unha imaxe motivadora que capta a atención do alumnado e que inclúe actividades próximas á súa experiencia.

Situación de aprendizaxe:

E… como é El?

As persoas sempre nos preguntamos: Como é Deus? Segundo a época, o lugar ou a cultura representouse de diferente modo. Pero non hai unha resposta exacta, porque ninguén coñece a Deus en plenitude.

Algunha vez te preguntaches... Como imaxinas ti a Deus? Que coñeces de Deus? Escribe no teu caderno tres cousas que coñezas de Deus. Compartídeo en clase entre todos e todas. 20

Nesta unidade descubrirás que... Deus é amor e maniféstase continuamente na nosa vida. Xesús díxonos que Deus é un só, pero maniféstase en tres persoas: o Pai, o Fillo e o Espírito Santo. Deus creounos con amor e quere que nós deamos amor. Quen non ama non coñece a Deus.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Creamos un mundo mellor Atréveste a facer as cousas de xeito diferente para mellorar o mundo que te rodea?

21 Coñecer a Deus é experimentar o seu amor.

1

A voz de deus

Quen é Deus?

Na Biblia, na primeira carta de San Xoán, encontramos esta definición de Deus (I Xn 4, 8-9): «O que non ama, aínda non coñece a Deus, porque Deus é amor. O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo Unixénito, para que nos dese súa vida».

Axudarache a comprender o relato da Biblia

Visualiza o que pensas cando escoitas a palabra «Deus». Pode ser unha imaxe, unha idea, unha cor, unha emoción...

Podería ser unha imaxe como a do deus grego Zeus. Un deus todopoderoso e supremo que mostra o seu poder descargando a súa ira cando se enfada, con raios e tronos.

Ou ben poderiamos ter a idea dun deus xusticeiro e vingativo, vixilante, que non che deixa facer nada, do que te tes que esconder porque te castiga sempre; un deus que, con esa imaxe, inspira susto.

Hai os que ven un deus máxico que concede desexos. Ou un deus caprichoso que fai e desfai no mundo segundo se lle antolla sen pensar en nada, nin en ninguén.

Podes pensar nun deus happy, que propón unha vida de cor rosa e onde todo é felicidade absoluta.

Todas estas ideas ou imaxes distorsionadas de Deus afástannos del porque nos mostran un ser afastado, inalcanzable, ás veces cruel, e outras un pouco «anticuado».

É importante que, para saber quen é, teñas en conta que Deus é amor; alguén con quen podes falar, que te acompaña e te coñece. Alguén que nunca vai deixar de quererte pase o que pase. Atrévete a coñecelo!

Deus na Biblia

O docente poderá decidir en que momentos da unidade irá traballando os pasos da situación de aprendizaxe indicados no esquema inicial.

22

Deus é amor.

1. Fai unha enquisa a persoas de diferente idade con dúas preguntas: «Que imaxe se che vén á cabeza cando escoitas a palabra ‘Deus’?. «Define a Deus con tres palabras». Dialogade en clase sobre as respostas obtidas e extraede conclusións. 2. Expresa a través dun cartel, unha poesía ou un cómic que significado ten para ti a frase «Deus é amor».

O mundo é noso: Un espazo para mostrar como vivir o Evanxeo na actualidade.

Na Biblia, Deus dáse a coñecer a través dos acontecementos e da súa relación coas persoas. Nela descubrimos un Deus amoroso, misericordioso e xusto, que rexeita o mal e non consente a violencia, nin as inxustizas, nin o pecado. No Antigo Testamento, Deus dáse a coñecer a través da Creación, como un artista por medio da súa obra. É creador de todas as cousas e todo o fai bo, porque El é bondade. Tamén podemos coñecelo polas promesas que fai ao seu pobo a través de Abraham, Moisés e os profetas. Móstrase protector, compasivo, xeneroso e intolerante co mal. • No Novo Testamento, Deus dáse a coñecer a través de Xesús. Descubrimos o rostro de Deus Pai misericordioso, o seu amor infinito en Xesús, o seu único Fillo que dá a súa vida para salvarnos, e o don do Espírito Santo, que nos envía para que nos guíe e acompañe. Deus revélase como un só Deus en tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo. Verémolo un pouco máis adiante.

2

O muNdo é Noso

O coñecemento de Deus a través de Xesús

Xesús utiliza metáforas, relatos e palabras sinxelas para achegarnos a Deus e así poidamos coñecelo. Por exemplo, compárao coa figura dun rei, dun pastor ou dun pai bo que ama, acolle, celebra, acompaña e salva. A vida de Xesús é como un cristal a través do cal Deus se revela á humanidade...

No seu xeito de vivir. A súa vida é xusta, xenerosa e chea de xestos de amor. Polo xeito de relacionarse coas persoas, a súa proximidade, a súa tenrura e a súa preferencia polos máis excluídos.

• Coas súas palabras. Ensínanos que o amor é a única lei de Deus, e que implica o compromiso co ben común, para todas as persoas.

24

3

Xesús revélanos moitas calidades e aspectos de Deus, mostrándonos que está presente na vida cotiá, que se preocupa polas persoas, que se comunica con elas e sempre tende a súa man. Dános a coñecer que Deus se manifesta como amor de Pai, que envía a Xesús o seu Fillo para salvarnos e permanece connosco a través do seu Espírito Santo.

Os xestos e palabras de Xesús dannos a coñecer a Deus.

O valor do teu interior: Para poñer en práctica os valores do Evanxeo hoxe.

14

U2 Misericordioso. Deus é misericordioso porque nos ama. Por iso nos perdoa sempre fagamos o que fagamos.

O amor de Deus pola humanidade é o fío condutor de toda a Biblia.

A voz de Deus: Un achegamento á Biblia cunha interpretación que poderán aplicar na súa vida diaria.

O cristianismo é a relixión que define a Deus como amor.

O valor do teu interior

A experiencia relixiosa Todas as persoas, nalgún momento da vida, buscamos a Deus:

Nunhas ocasións, por situacións como unha enfermidade, que nos formulan preguntas profundas sobre o sentido da vida. Noutras, por circunstancias inxustas que poden acontecernos, ou das que podemos ser testemuñas.

• Ás veces, polo asombro ante a grandeza da Creación.

Ou sinxelamente, por xestos de amor doutras persoas, que nos conmoven. O encontro con Deus en diferentes ámbitos da vida constitúe a nosa experiencia relixiosa. Esta experiencia axúdanos a crecer como compareces, construír un ámbito máis xusto e a vivir unha vida cada vez máis plena. Podo encontrarme con Deus en: O silencio. Escoitando o silencio e gozando da calma, orando.

• A música e a arte. Conectando cos nosos sentimentos profundos e así axudarnos a transcender.

A natureza Descubrindo a pegada de Deus nela. A gratitude Sabendo valorar todo o que nos rodea e mostrando agradecemento. O compromiso Buscando o ben común e amando porque Deus sempre nos achega ás persoas. As celebracións Participando nos Sacramentos e a súa Palabra.

Deus Trindade Xesús revélanos algo fundamental para a fe dos cristiáns: o misterio da Santísima Trindade. É dicir, que Deus é un só, pero maniféstase en tres persoas: O Pai, o Fillo e o Espírito Santo. Isto é moi complicado de entender se intentamos buscar unha explicación que encaixe cos nosos parámetros mentais. Habemos de miralo a través da fe; entenderalo mellor se pensas que Deus é amor, e que este amor implica diversidade, proximidade e comuñón. Deus é un só, e manifesta o seu amor como Pai e Creador, como Fillo que nos salva e como Espírito Santo que habita en nós. Tres persoas

A relixión sempre é un espazo de encontro.

1. Elixe unha canción que cando a escoites te conecte co máis profundo do teu corazón e te leve a Deus. Expoñemos a opción escollida e elaboramos a lista de reprodución da clase co título «Experiencia relixiosa». Toda a clase en silencio e cos ollos pechados escoitamos aleatoriamente unha canción da playlist. Escribe no teu caderno como te sentiches e realiza logo unha oración.

A felicidade

O signo da Trindade é o amor.

U2 Misterio. É algo que coñecemos porque temos fe, xa que forma parte da nosa vida espiritual, non material.

A felicidade A felicidade está relacionada con... Sentirte ben contigo mesmo. Permanecer en harmonía coa Creación. Manter un compromiso cos demais. Fomos creados para ser felices, e a nosa felicidade está vinculada á do resto de persoas. É imposible sentirte feliz cando os que te rodean sofren o pasan mal por calquera razón. Cando alcanzamos un soño, superamos retos, conseguimos algo que desexabamos ou cumprimos desexos: sentimos a felicidade. Pero a felicidade é moito máis que eses momentos esporádicos da nosa vida. Podemos ser felices no noso día a día sen que pasen cousas extraordinarias, gozando das pequenas cousas como, por exemplo, unha tarde con amigos, un paseo ao sol coa avoa, xogar coa túa mascota, ler un libro, etcétera. Para ser feliz non existe un manual de instrucións nin un GPS que te guíe. Tampouco uns filtros que che mostren o lado bonito da vida. A felicidade é un xeito de vivir buscando o lado bo das cousas que che suceden e o ben común, mostrando agradecemento, construíndo un mundo máis solidario e comprometido. Ser feliz é amar como nos ensina Xesús.

2. Realiza unha enquisa a diferentes persoas con estas dúas preguntas: «Que é para ti a felicidade?» «Que necesitas para ser feliz e por que?».

3. Escribe no caderno un momento feliz da túa vida. Expoñédeos en clase e extraede conclusións sobre eses momentos. Deseña un cartel que exprese que é para ti a felicidade. Cólgao no teu cuarto.

4
15
U1
Achegarse a Deus e coñecelo é unha experiencia que cambia a vida.

4

COn moita arte

As relixións únennos As relixións nunca poden xustificar nin as guerras, nin os conflitos, nin a violencia. Sempre han de ser camiños de diálogo e de paz, onde cada persoa poña o mellor de si mesma para construír irmandade e fraternidade.

Que arte tes!

Con moita arte!

Unhas páxinas a través das que transcender desde a arte.

As relixións son pontes entre os pobos e as culturas. Coñecer outras relixións achéganos a elas e aos que as practican. Habemos de ser respectuosos con todas as crenzas e coa espiritualidade das demais persoas, porque a liberdade relixiosa é un dereito.

Deus nunca conduce á guerra, nin á destrución das persoas, nin do planeta. No nome de Deus nunca se pode xustificar a discriminación, nin a violencia, nin a inxustiza. O culto sincero a Deus leva consigo sempre o respecto á vida, á dignidade da persoa e á liberdade. Deus sempre mostrará un camiño de amor que nos leve ao compromiso cos demais e ao coidado da creación como obxectivo común.

O Papa Francisco dinos: «O diálogo interrelixioso é crucial para a paz». O diálogo interrelixioso consiste en procurar o entendemento entre as diferentes relixións, desde o respecto, e en compartir os valores esenciais que as unen: o amor, a liberdade e a fraternidade. Deste

xeito encóntranse camiños de paz.

Símbolos de unidade

1. Observa os símbolos das cinco principais relixións do mundo na obra do artista Kobra e represéntaos no teu caderno.

2. Investiga en internet o que simboliza cada un e escribe unha pequena recensión ao lado.

3. Crea un símbolo que xunte as cinco relixións e escribe unha pequena recensión sobre este símbolo.

4. Expoñede os símbolos creados e dialogade sobre eles.

Axuda en anayaeducacion.es

O artista Eduardo Kobra traballando no seu Mural Coexistencia Memorial da Fe para as vítimas do COVID-19 (São Paulo-Brasil, 2021).

A obra do artista na rúa brasileiro Eduardo Kobra reflicte como, nun momento histórico de sufrimento e tristura como foi a pandemia de Covid-19, as relixións únennos nun mesmo sentir. O artista mostra a cinco nenos e nenas dos cinco continentes rezando e representando as principais cinco relixións do mundo. As cores e as miradas dos protagonistas exprésannos o desexo de diálogo, tolerancia, paz e diversidade.

16

5

OS Apuntamentos de veny

1. Observa a obra e, mediante unha chuvia de ideas, comentade en clase o que máis vos chama a atención deste fermoso mural.

Os apuntamentos de Veny Que aprendiches

Poesías, organizadores gráficos e unha gran variedade de actividades avaliativas, autoavaliativas e coavaliativas.

O corazón de Veny En realidade, ninguén coñece a Deus, e por iso El decide darse a coñecer. Créanos, achégase, encárnase, fálanos, perdóanos e, o máis importante, ámanos. Sempre que me lío e non entendo a Deus penso isto: «Mira co corazón». Para coñecelo e entendelo só hai unha clave: o amor. Deus é Pai. Deus é Fillo. Deus é Espírito Santo. Deus é Amor.

Organizo os meus apuntamentos

Como é Deus? coñecemos a Deus a través de dinos

Deus é amor Quen non ama non coñece a Deus O Antigo Testamento Xesús O Novo Testamento Deus é Pai e Creador Xesús é o seu Fillo e a Salvación O Espítitu Santo está dentro de nós para ter sempre a Deus

Para cada trimestre

SEMANA

SANTA

A Pascua, o paso de Xesús

«No primeiro día dos Ácimos os discípulos fóronlle preguntar Xesús:

—Onde queres que che preparemos a cea pascual? —Ide á cidade, á casa de fulano e dicídelle: “O Mestre di: O momento está preto; vou celebrar a Pascua cos meus discípulos na túa casa”. Os discípulos fixeron tal como Xesús lles mandara e prepararon a Pascua». Isto conta o Evanxeo de San Mateo (Mt 26, 17-19).

CELEBRAR A PASCUA O Domingo de Pascua celebramos a festa máis importante para os cristiáns, que é a Resurrección de Xesús. É o final da Semana Santa, que son os días que conmemoramos a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. E dá comezo o tempo pascual, que é o período litúrxico no que a Igrexa celebra que Xesús resucitou. Son cincuenta días que rematan coa festa de Pentecoste. Antes de Xesús, os xudeus celebraban a Pascua. Nesta recordaban a liberación de Exipto da man de Moisés e o seu paso polo mar Vermello cara á liberdade. De feito, Xesús vai a Xerusalén a celebrar a Pascua cos seus discípulos e alí é entregado e crucificado.

Na Pascua, os cristiáns celebramos o paso de Xesús da morte á vida.

Xesús vence á morte, a todo o que nos afasta de Deus; e devólvenos a alegría e a esperanza.

1. Comenta e dialoga en clase: Como celebras a Semana Santa? Participas dos actos relixiosos? Celebras a Pascua?

60

Recordo o que aprendín O amor é o principal para coñecer a Deus. Deus dáse a coñecer no Antigo e no Novo Testamento. Xesús díxonos que Deus é un só, pero maniféstase en tres persoas: o Pai, o Fillo e o Espírito Santo. É a Santísima Trindade. Deus creounos con amor e quen non ama non coñece a Deus.

Cóntame o que aprendiches Responde no teu caderno 1 Cal é o fío condutor de toda a Biblia?

2 Por que a vida de Xesús é como un cristal a través do cal Deus se revela á humanidade?

Gustoume moito Non me gustou

? ?

? ?

Seccións trimestrais para celebrar as datas sinaladas no calendario.

61

Santísima Trindade 5

U1
31
30
3 En que consiste o misterio da Santísima Trindade? 4 Completa a frase: «Deus é Creador, créanos á súa imaxe e semellanza e... Experimenta e crea 5 Elabora, con axuda de Visual Thinking, un resumo do que apren- diches nesta unidade. Como aprendín 6 Continúa neste novo curso co teu Diario de Reli. Escribe nel o que aprendiches nesta unidade ou con calquera tema tratado en clase. O ideal é que redactes as túas reflexións ou o que queiras gar- dar no teu interior para poñelo en práctica. Iso fará da túa vida e a das persoas que te rodean máis solidaria e bondadosa. Non o dubides. 7 Escribe no teu caderno o que che gustou e o que non che gustou da unidade.

Un proxecto que che ofrece todos os contidos do curso a través do libro dixital, xunto cunha gran diversidade de recursos.

Descubre outra forma de aprender sinxela, intuitiva e compatible con calquera plataforma e dispositivo.

A fraternidade

A fraternidade é o sentimento de amor que hai entre irmáns e irmás; é querer e respectar cada persoa como é, buscando sempre a fe- licidade e o ben común. Tamén hai fraternidade máis alá dos lazos familiares, e seguro que tes algún amigo ou amiga que é como da túa familia, sen selo.

Xesús vai máis alá e anuncia que Deus é o noso Pai. Dinos que somos irmáns e irmás. Desta forma ensínanos unha nova fraternidade crean- do un lazo de unión entre toda a humanidade.

A fraternidade universal é o soño de Deus:

Sae do corazón de cada persoa como un fío invisible, e conéctanos con toda a humanidade para sentirnos unha gran familia.

• Fainos solidarios os uns cos outros, aínda que non coñezamos as persoas... A fraternidade pon cara e nome aos demais, compromé- tenos cos demais.

Axúdanos a compartir, acoller, escoitar, respectar, poñernos no lu- gar da outra persoa; en definitiva, a amar os demais como me amo a min.

Fraternidade

A familia é o primeiro lugar onde vivimos a fraternidade.

2. Explica no teu caderno que é para ti a fraternidade e que achega á sociedade. Expoñede en clase os vosos es- critos e dialogade sobre estes.

3. Elabora unha tarxeta chula cun- ha mensaxe fraterna. Intercam- biádeas cos compañeiros e as compañeiras para sentir que so- mos unha gran familia.

43

iP ad

Buscamos a Deus

Como accedes?

Tes todas as indicacións necesarias para acceder a el xunto á primeira páxina do teu libro.

Buscamos respostas As persoas, ao longo da historia, fixéronse preguntas sobre o porqué das cousas, o sentido da vida e da morte, a bondade do ben, o dano do mal. Grandes preguntas que non podemos responder só desde a razón.

Na nosa busca da felicidade facémonos preguntas que nos levan a Deus.

O sentido da vida

Algunha vez te preguntaches Por que existo? Por que teño esta familia? Por que nacín nesta parte do mundo?... Responde a estas preguntas sobre o sentido da vida e abride un diálogo en clase.

8

Nesta unidade descubrirás que... Os plans de Deus ofrécennos felicidade. As relixións son o corazón da humanidade. A relixión é un espazo de encontro con Deus. As relixións únennos na paz e no diálogo entre os pobos.

Proxecto digital 11
6

Ola, son Veny.

Quero invitarte a ver, vivir e participar a experiencia cristiá. Ninguén queda fóra en e erÁs

Como é?

Unha resposta global para un ámbito educativo diverso.

Intuitivo

Doado de usar para ti.

Multidispositivo

Adáptase e visualízase en calquera tipo de dispositivo (ordenador, tableta, smartphone...) a calquera tamaño e resolución de pantalla.

Descargable

Permíteche traballar sen conexión a internet e descargalo en máis dun dispositivo.

Sincronizable

Os cambios que realices sincronízanse automaticamente ao conectar calquera dos dispositivos nos que esteas a usalo.

Universal

Que che ofrece?

Contén diversidade de recursos, é moito máis que unha reprodución do libro en papel.

Con eles poderás:

Exercitar actividades interactivas

Estudar resumos interactivos, esquemas...

Aprender audios, vídeos, Game Room

Avaliar autoavaliación, portafolio...

Compatible con todos os sistemas operativos, os ámbitos virtuais de aprendizaxe (EVA) e as plataformas educativas (LMS) máis utilizadas nos centros escolares.

9 SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Son moi feliz Que fai que te sintas máis feliz?
7

Buscamos a Deus

Buscamos respostas

As persoas, ao longo da historia, fixéronse preguntas sobre o porqué das cousas, o sentido da vida e da morte, a bondade do ben, o dano do mal. Grandes preguntas que non podemos responder só desde a razón.

Na nosa busca da felicidade facémonos preguntas que nos levan a Deus.

O sentido da vida

Algunha vez te preguntaches

Por que existo? Por que teño esta familia? Por que nacín nesta parte do mundo?...

• Responde a estas preguntas sobre o sentido da vida e abride un diálogo en clase.

11
8

Nesta unidade descubrirás que...

• Os plans de Deus ofrécennos felicidade.

• As relixións son o corazón da humanidade.

• A relixión é un espazo de encontro con Deus.

• As relixións únennos na paz e no diálogo entre os pobos.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Son moi feliz

Que fai que te sintas máis feliz?

9

A voz de deus

A resposta de Deus

Está no corazón. Así o conta o profeta Xeremías na Biblia (Xer 29, 11-13a):

«Soamente eu coñezo os proxectos que eu planeo para vós –é o Señor quen fala–, proxectos de fartura e non de desgraza, de darvos un porvir e unha esperanza. Habédesme invocar e viredes onda min; rezarédesme a min, e eu escoitareivos. Andaredes á miña procura e habédesme atopar. Buscarédesme de todo corazón, e eu deixarei que me atopedes –é o Señor quen fala».

Axudarache a comprender o relato da Biblia

Todas as persoas temos o desexo de ser felices; pero... onde buscamos a felicidade? que facemos para conseguila?

• Hai os que pensan que a felicidade está en ter moitas cousas materiais, conseguir moito diñeiro, ter poder... e canto máis conseguen, máis queren: nunca é suficiente. Polo que sabemos, aí non está a felicidade.

• Hai persoas que están todo o día moi ocupadas e non teñen tempo para nada; pero cando se paran a pensar senten que non son felices, porque non encontran sentido ás súas vidas.

• Hai persoas que buscan a felicidade na vida perfecta, sen problemas, a través dunha pantalla con moitos filtros, con brillos e fantasías. Pero a felicidade non é unha ficción.

Ás veces enredámonos tanto en buscar a felicidade onde non está que pasamos a vida coma se estivésemos a xogar á pita cega. Dando voltas e voltas sobre o mesmo, cos ollos tapados e camiñando ás apalpadas.

Deus dinos que sempre está connosco e invítanos a quitar a venda e camiñar con El. O que Deus quere é que sexamos felices.

A resposta de Deus é unha promesa de felicidade e esperanza sempre.

1. Describe no teu caderno unha situación na que sentises verdadeira felicidade. Dialogade en clase sobre elas e buscade que puntos teñen en común.

2. Debuxa no teu caderno o que che suxire o relato bíblico de Xeremías.

1 10

A busca de Deus

Dende a antigüidade, o ser humano expresou os seus sentimentos relixiosos na súa busca da felicidade e para ofrecer respostas sobre o sentido da vida. Vémolo por exemplo nos enterramentos prehistóricos, nas pirámides exipcias, os templos maias, etcétera.

En todas as civilizacións, houbo manifestacións da dimensión espiritual do ser humano, a través de ritos, textos sagrados, edificacións dedicadas ao culto, persoas consagradas á divindade, etc. Non se coñece cultura ou sociedade sen ningún tipo de relixión.

O ser humano, na súa necesidade de encontrar a felicidade e alcanzar a plenitude, busca encontrarse con Deus; e faino a través de diferentes vías: o contacto coa natureza, a meditación, as relixións, etcétera. Para os cristiáns, Deus Pai e Creador dá sentido á nosa existencia, e en Xesús encontramos todas as respostas ás nosas preguntas sobre a vida. El ensínanos o camiño cara á felicidade e a plenitude.

O sentido relixioso das persoas lévanos á busca de Deus.

3. Responde no teu caderno: Como expresou o ser humano os seus sentimentos relixiosos desde a antigüidade?

4. Completa a frase: Para os cristiáns Deus Pai e creador...

5. Pensa que é a relixión para ti e que che achega.

• Escribe un texto sobre o que pensaches, coma se fose un post para unha rede social. Colocade todos os post en clase. Le o teu en alto e dialogade sobre todos eles tras as lecturas.

11
U1
A busca de Deus significa ter un corazón inquedo.

As relixións e as súas características

A relixión é un conxunto de crenzas e símbolos a través das cales as persoas se relacionan con Deus. Podemos diferenciar dous grandes tipos de relixións:

• As relixións monoteístas. As persoas cren nun só Deus.

• As relixións politeístas. Os seus seguidores cren en moitos deuses.

A gran maioría das persoas manifestan algún tipo de crenza relixiosa. O xeito de expresar esta actitude relixiosa é diferente segundo a cultura ou a orixe de cada pobo.

Calcúlase que no mundo hai máis de catro mil relixións; cada unha coa súa doutrina, os seus símbolos, ritos e ensinanzas.

As características comúns das relixións son:

• Cren na existencia de Deus —na nosa relixión— ou de deuses.

• Posúen libros ou textos sagrados, inspirados por Deus. Por exemplo, a Biblia.

• Utilizan espazos sagrados como os templos, onde se sente máis próxima a presenza divina.

• Realizan ritos, liturxias e oracións como formas de comunicación con Deus.

• Manexan un código moral ou normas de orixe sagrada, enviado polo seu Deus para convivir felices e en paz. Por exemplo, os Dez Mandamentos.

• Ofrecen un sentido de pertenza a unha gran Comunidade como a Igrexa católica.

A relixión axúdanos a encontrarnos con Deus.

Símbolo. É un signo ou un sinal que nos achega a unha realidade que vivimos ou coñecemos.

As relixións son pontes para a paz e a fraternidade.

1. Escribe no teu caderno as respostas:

a) Que é a relixión?

b) Cales son os dous grandes tipos de relixións?

2. Repasa as características das relixións e deseña no teu caderno unha emoticona para cada unha delas asociándoas ao cristianismo.

2 12 O muNdo é Noso

As relixións do mundo

Como xa indicamos, as relixións sempre estiveron presentes na historia e ofreceron respostas ás grandes cuestións da humanidade. Na actualidade, as cinco grandes relixións do mundo son:

• O cristianismo. O seu fundador é Xesucristo, recoñecido como o Fillo de Deus enviado para salvar ao mundo. Os cristiáns cremos nun só Deus, Pai, o Fillo e o Espírito Santo. Cremos tamén na resurrección e na vida eterna. O seu libro sagrado é a Biblia.

• O xudaísmo. Os seus fundadores son Abraham e Moisés. Os xudeus cren en Iavé único Deus creador e salvador. Cren tamén na chegada do Mesías. O libro sagrado é a Tora

• O islam. O seu fundador é o profeta Mahoma. Os musulmáns recoñecen a Alá como único Deus e cren na vida eterna. O seu libro sagrado é o Corán.

• O hinduísmo. É unha das relixións máis antigas do mundo, que xurdiu grazas a un grupo de sabios con diferentes doutrinas. Os hinduistas cren en moitos deuses e na reencarnación. Un dos seus libros sagrados máis importante son os catro Vedas.

• O budismo. O seu fundador é Buda. Cren que na vida se pode alcanzar o estado de iluminación ou nirvana para vivir sen sufrimento. Os budistas cren tamén na reencarnación. O seu libro sagrado é o Canon Pali, que significa «Os tres cestos».

O Papa Francisco dice: «As grandes relixións son o corazón da humanidade».

Fundadores

As relixións Corazón da humanidade

Xesucristo Cristianismo

Abraham Moisés

Xudaísmo

Mahoma Islam

Sabios Hinduísmo

Buda Budismo

3. En grupos, ampliade información sobre as cinco grandes relixións. Elaborade un mural para expoñelo en clase.

4. Por grupos de dous ou tres persoas, inventade un xogo sobre as relixións; por exemplo: encrucillados, sopa de letras, adiviñanzas, tres en raia, etcétera.

• Comunicade ao resto da clase mediante chuvia de ideas a experiencia e intercambiade os xogos entre os grupos para xogar.

13
U1

valor do teu interior

A experiencia relixiosa

Todas as persoas, nalgún momento da vida, buscamos a Deus:

• Nunhas ocasións, por situacións como unha enfermidade, que nos formulan preguntas profundas sobre o sentido da vida.

• Noutras, por circunstancias inxustas que poden acontecernos, ou das que podemos ser testemuñas.

• Ás veces, polo asombro ante a grandeza da Creación.

• Ou sinxelamente, por xestos de amor doutras persoas, que nos conmoven.

O encontro con Deus en diferentes ámbitos da vida constitúe a nosa experiencia relixiosa. Esta experiencia axúdanos a crecer como compareces, construír un ámbito máis xusto e a vivir unha vida cada vez máis plena.

Podo encontrarme con Deus en:

• O silencio. Escoitando o silencio e gozando da calma, orando.

• A música e a arte. Conectando cos nosos sentimentos profundos e así axudarnos a transcender.

• A natureza . Descubrindo a pegada de Deus nela.

• A gratitude. Sabendo valorar todo o que nos rodea e mostrando agradecemento.

• O compromiso. Buscando o ben común e amando porque Deus sempre nos achega ás persoas.

• As celebracións. Participando nos Sacramentos e a súa Palabra.

A relixión sempre é un espazo de encontro.

1. Elixe unha canción que cando a escoites te conecte co máis profundo do teu corazón e te leve a Deus.

• Expoñemos a opción escollida e elaboramos a lista de reprodución da clase co título «Experiencia relixiosa».

• Toda a clase en silencio e cos ollos pechados escoitamos aleatoriamente unha canción da playlist. Escribe no teu caderno como te sentiches e realiza logo unha oración.

3 14 O
Achegarse a Deus e coñecelo é unha experiencia que cambia a vida.

Felicidade

A felicidade

A felicidade está relacionada con...

• Sentirte ben contigo mesmo.

• Permanecer en harmonía coa Creación.

• Manter un compromiso cos demais.

Fomos creados para ser felices, e a nosa felicidade está vinculada á do resto de persoas. É imposible sentirte feliz cando os que te rodean sofren o pasan mal por calquera razón.

Cando alcanzamos un soño, superamos retos, conseguimos algo que desexabamos ou cumprimos desexos: sentimos a felicidade. Pero a felicidade é moito máis que eses momentos esporádicos da nosa vida. Podemos ser felices no noso día a día sen que pasen cousas extraordinarias, gozando das pequenas cousas como, por exemplo, unha tarde con amigos, un paseo ao sol coa avoa, xogar coa túa mascota, ler un libro, etcétera.

Para ser feliz non existe un manual de instrucións nin un GPS que te guíe. Tampouco uns filtros que che mostren o lado bonito da vida. A felicidade é un xeito de vivir buscando o lado bo das cousas que che suceden e o ben común, mostrando agradecemento, construíndo un mundo máis solidario e comprometido.

Ser feliz é amar como nos ensina Xesús.

2. Realiza unha enquisa a diferentes persoas con estas dúas preguntas: «Que é para ti a felicidade?» «Que necesitas para ser feliz e por que?».

3. Escribe no caderno un momento feliz da túa vida.

• Expoñédeos en clase e extraede conclusións sobre eses momentos.

• Deseña un cartel que exprese que é para ti a felicidade. Cólgao no teu cuarto.

15
U1

COn moita arte

As relixións únennos

As relixións nunca poden xustificar nin as guerras, nin os conflitos, nin a violencia. Sempre han de ser camiños de diálogo e de paz, onde cada persoa poña o mellor de si mesma para construír irmandade e fraternidade.

As relixións son pontes entre os pobos e as culturas. Coñecer outras relixións achéganos a elas e aos que as practican. Habemos de ser respectuosos con todas as crenzas e coa espiritualidade das demais persoas, porque a liberdade relixiosa é un dereito.

A obra do artista na rúa brasileiro Eduardo Kobra reflicte como, nun momento histórico de sufrimento e tristura como foi a pandemia de Covid-19, as relixións únennos nun mesmo sentir.

O artista mostra a cinco nenos e nenas dos cinco continentes rezando e representando as principais cinco relixións do mundo. As cores e as miradas dos protagonistas exprésannos o desexo de diálogo, tolerancia, paz e diversidade.

1. Observa a obra e, mediante unha chuvia de ideas, comentade en clase o que máis vos chama a atención deste fermoso mural.

4 16
O artista Eduardo Kobra traballando no seu Mural Coexistencia – Memorial da Fe para as vítimas do COVID-19 (São Paulo-Brasil, 2021).

Que arte tes!

Deus nunca conduce á guerra, nin á destrución das persoas, nin do planeta. No nome de Deus nunca se pode xustificar a discriminación, nin a violencia, nin a inxustiza.

O culto sincero a Deus leva consigo sempre o respecto á vida, á dignidade da persoa e á liberdade. Deus sempre mostrará un camiño de amor que nos leve ao compromiso cos demais e ao coidado da creación como obxectivo común.

O Papa Francisco dinos: «O diálogo interrelixioso é crucial para a paz».

O diálogo interrelixioso consiste en procurar o entendemento entre as diferentes relixións, desde o respecto, e en compartir os valores esenciais que as unen: o amor, a liberdade e a fraternidade. Deste xeito encóntranse camiños de paz.

Símbolos de unidade

1. Observa os símbolos das cinco principais relixións do mundo na obra do artista Kobra e represéntaos no teu caderno.

2. Investiga en internet o que simboliza cada un e escribe unha pequena recensión ao lado.

3. Crea un símbolo que xunte as cinco relixións e escribe unha pequena recensión sobre este símbolo.

4. Expoñede os símbolos creados e dialogade sobre eles.

Axuda en anayaeducacion.es

17
U1

Apuntamentos de veny

A felicidade de Veny

Eu tamén busco a felicidade, aínda que ás veces parece difícil acertar.

Pregúntome cousas que non sei responder pero que me fan pensar e a Deus comezo a buscar.

Pensaba que só me pasaba a min e descubrín que é algo que lle pasa a toda a humanidade.

Tamén cría que a relixión era un tostón e cousa de xente maior, e resulta que no mundo hai un montón e que forma parte do noso corazón.

Tres palabras non vou esquecer para construír a paz e buscar a felicidade:

Diálogo, tolerancia e respecto ante a diversidade.

Organizo os meus apuntamentos

O encontro con Deus

faise a través das

nosas preguntas

relixións

protagonizan

A busca da felicidade

A resposta de Deus

para é

Proposta de felicidade e esperanza

A experiencia relixiosa

para alcanzar

A felicidade coas persoas e a humanidade

Cristianismo

Xudaísmo

Islam

Hinduísmo

Budismo

5 18
OS

Recordo o que aprendín

• A resposta de Deus é unha promesa de felicidade, de ben e de esperanza.

• O sentido relixioso das persoas encamíñanos á busca de Deus, os seus plans e as súas respostas.

• Todas as relixións axudan ao encontro e a relación con Deus.

• A relixión é un espazo de experiencia no encontro contigo mesmo e con todas as persoas.

Cóntame o que aprendiches

Responde no teu caderno

1 A que nos axuda a relixión?

2 Cales son as cinco grandes relixións do mundo?

3 Que axuda nos proporciona a experiencia relixiosa?

4 Que leva consigo un culto sincero a Deus?

Experimenta e crea

5 Por parellas buscade ritos, celebracións e lugares sagrados de diferentes relixións.

• Elaborade unha exposición libre en forma de mural, de vídeo ou de diapositivas.

• Presentade a exposición en clase.

Como aprendiches

6 Continúa neste novo curso co teu Diario de Reli. Escribe nel o que aprendiches nesta unidade ou con calquera tema tratado en clase.

• O ideal é que redactes as túas reflexións ou o que queiras gardar no teu interior para poñelo en práctica.

• Iso fará da túa vida e a das persoas que te rodean máis solidaria e bondadosa. Non o dubides.

7 Escribe no teu caderno o que che gustou e o que non che gustou da unidade.

19
? ? ? ? Gustoume moito Non me gustou

1 2 Como é Deus?

E… como é El?

As persoas sempre nos preguntamos: Como é Deus?

Segundo a época, o lugar ou a cultura representouse de diferente modo. Pero non hai unha resposta exacta, porque ninguén coñece a Deus en plenitude.

Coñecer a Deus é experimentar o seu amor.

Como te imaxinas a Deus?

Algunha vez te preguntaches...

• Como imaxinas ti a Deus?

• Que coñeces de Deus?

• Escribe no teu caderno tres cousas que coñezas de Deus. Compartídeo en clase entre todos e todas.

20

Nesta unidade descubrirás que...

• Deus é amor e maniféstase continuamente na nosa vida.

• Xesús díxonos que Deus é un só, pero maniféstase en tres persoas: o Pai, o Fillo e o Espírito Santo.

• Deus creounos con amor e quere que nós deamos amor.

• Quen non ama non coñece a Deus.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Creamos un mundo mellor

Atréveste a facer as cousas de xeito diferente para mellorar o mundo que te rodea?

21

Quen é Deus?

Na Biblia, na primeira carta de San Xoán, encontramos esta definición de Deus (I Xn 4, 8-9):

«O que non ama, aínda non coñece a Deus, porque Deus é amor. O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo Unixénito, para que nos dese a súa vida».

Axudarache a comprender o relato da Biblia

Visualiza o que pensas cando escoitas a palabra «Deus». Pode ser unha imaxe, unha idea, unha cor, unha emoción...

Podería ser unha imaxe como a do deus grego Zeus. Un deus todopoderoso e supremo que mostra o seu poder descargando a súa ira cando se enfada, con raios e tronos.

Ou ben poderiamos ter a idea dun deus xusticeiro e vingativo, vixilante, que non che deixa facer nada, do que te tes que esconder porque te castiga sempre; un deus que, con esa imaxe, inspira susto.

Hai os que ven un deus máxico que concede desexos. Ou un deus caprichoso que fai e desfai no mundo segundo se lle antolla sen pensar en nada, nin en ninguén.

Podes pensar nun deus happy, que propón unha vida de cor rosa e onde todo é felicidade absoluta.

Todas estas ideas ou imaxes distorsionadas de Deus afástannos del porque nos mostran un ser afastado, inalcanzable, ás veces cruel, e outras un pouco «anticuado».

É importante que, para saber quen é, teñas en conta que Deus é amor; alguén con quen podes falar, que te acompaña e te coñece. Alguén que nunca vai deixar de quererte pase o que pase. Atrévete a coñecelo!

1. Fai unha enquisa a persoas de diferente idade con dúas preguntas: «Que imaxe se che vén á cabeza cando escoitas a palabra ‘Deus’?. «Define a Deus con tres palabras».

• Dialogade en clase sobre as respostas obtidas e extraede conclusións.

2. Expresa a través dun cartel, unha poesía ou un cómic que significado ten para ti a frase «Deus é amor».

1 22
A voz de deus
Deus é amor.

Deus na Biblia

Na Biblia, Deus dáse a coñecer a través dos acontecementos e da súa relación coas persoas. Nela descubrimos un Deus amoroso, misericordioso e xusto, que rexeita o mal e non consente a violencia, nin as inxustizas, nin o pecado.

• No Antigo Testamento, Deus dáse a coñecer a través da Creación, como un artista por medio da súa obra. É creador de todas as cousas e todo o fai bo, porque El é bondade. Tamén podemos coñecelo polas promesas que fai ao seu pobo a través de Abraham, Moisés e os profetas. Móstrase protector, compasivo, xeneroso e intolerante co mal.

• No Novo Testamento, Deus dáse a coñecer a través de Xesús. Descubrimos o rostro de Deus Pai misericordioso, o seu amor infinito en Xesús, o seu único Fillo que dá a súa vida para salvarnos, e o don do Espírito Santo, que nos envía para que nos guíe e acompañe. Deus revélase como un só Deus en tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo. Verémolo un pouco máis adiante.

O amor de Deus pola humanidade é o fío condutor de toda a Biblia.

Misericordioso. Deus é misericordioso porque nos ama. Por iso nos perdoa sempre fagamos o que fagamos.

3. Completa as frases:

a) Na Biblia Deus dáse a coñecer a través de...

b) Na Biblia descubrimos un Deus...

4. Buscade en grupo, coa axuda do teu profesor ou profesora, un relato bíblico do Antigo Testamento e outro do Novo Testamento que narren algún aspecto que como é Deus. Expoñédeos en clase.

23
U2
Coñece a Deus a través da súa Palabra.

O coñecemento de Deus a través de Xesús

Xesús utiliza metáforas, relatos e palabras sinxelas para achegarnos a Deus e así poidamos coñecelo. Por exemplo, compárao coa figura dun rei, dun pastor ou dun pai bo que ama, acolle, celebra, acompaña e salva.

A vida de Xesús é como un cristal a través do cal Deus se revela á humanidade...

• No seu xeito de vivir. A súa vida é xusta, xenerosa e chea de xestos de amor.

• Polo xeito de relacionarse coas persoas, a súa proximidade, a súa tenrura e a súa preferencia polos máis excluídos.

• Coas súas palabras. Ensínanos que o amor é a única lei de Deus, e que implica o compromiso co ben común, para todas as persoas.

Xesús revélanos moitas calidades e aspectos de Deus, mostrándonos que está presente na vida cotiá, que se preocupa polas persoas, que se comunica con elas e sempre tende a súa man. Dános a coñecer que Deus se manifesta como amor de Pai, que envía a Xesús o seu Fillo para salvarnos e permanece connosco a través do seu Espírito Santo.

Os xestos e palabras de Xesús dannos a coñecer a Deus.

O cristianismo é a relixión que define a Deus como amor.

1. Escribe coas túas palabras no teu caderno o que Xesús nos revela de Deus.

2. Realizade, en grupos de tres, unha posta en común sobre o que cada un de vós coñece de Deus e elaborade unha descrición conxunta. Compartide os resultados en clase.

2 24 O muNdo é Noso

Deus Trindade

Xesús revélanos algo fundamental para a fe dos cristiáns: o misterio da Santísima Trindade. É dicir, que Deus é un só, pero maniféstase en tres persoas: O Pai, o Fillo e o Espírito Santo.

Isto é moi complicado de entender se intentamos buscar unha explicación que encaixe cos nosos parámetros mentais. Habemos de miralo a través da fe; entenderalo mellor se pensas que Deus é amor, e que este amor implica diversidade, proximidade e comuñón.

Deus é un só, e manifesta o seu amor como Pai e Creador, como Fillo que nos salva e como Espírito Santo que habita en nós. Tres persoas diferentes en comuñón: o Pai é Deus, o Fillo é Deus e o Espírito Santo é Deus.

Deus Trindade ensínanos que o amor é vínculo de unidade, que nos move cara aos demais. Invítanos a vivir amando, en comuñón con Deus e con todas as persoas.

Santísima Trindade

Fillo

Deus

Espírito Santo

O signo da Trindade é o amor.

Misterio. É algo que coñecemos porque temos fe, xa que forma parte da nosa vida espiritual, non material.

3. Responde no teu caderno:

a) Que nos revela Xesús como fundamental para a nosa fe?

b) Que nos ensina Deus Trindade?

4. En parellas, pensade en accións ou actitudes que podemos levar a cabo no noso día a día para vivir como nos invita Deus Trindade.

• Expoñédeas en clase e escollede tres para realizalas na semana como compromiso común.

25
U2
Pai

Deus e eu

A imaxe que temos de Deus define a nosa relación con El: unha relación de confianza, próxima e amorosa. Se cres que Deus é distante, vingativo e xerárquico será imposible que esta relación funcione. As imaxes equivocadas de Deus dificultan entender como é Deus de verdade.

Deus quere que o coñezamos; por iso nos revela que é amor e é vida:

• O amor é proximidade, confianza, misericordia, acollida e comuñón.

• A vida é movemento, dinamismo e flexibilidade. É acción para amar as persoas.

Un Deus próximo que quere cada persoa como é e que nos chama a participar dese amor desde a nosa liberdade. Coñecer a Deus é amar, como di a Biblia: «Quen non ama non coñece a Deus» (1 Xn 4, 8).

As persoas fomos creadas a imaxe e semellanza de Deus. Por esta razón alcanzamos a felicidade e a nosa plenitude cando amamos. Amar únenos ás persoas, móvenos a comprometernos con toda a Creación e a buscar o ben común.

Deus coñécete e ámate. Atrévete a

coñecelo ti.

1. Escribe no teu caderno unha lista do Deus en quen non cres. Por exemplo: «Non creo nun deus caprichoso que non trata a todos por igual». Isto axudarache a coñecer máis a Deus.

2. Garda silencio e con calma redacta unha carta a Deus para contarlle o que queiras.

3. Observa o que escribiches e as palabras que utilizaches. Por exemplo, se contaches algo importante para ti con confianza, ou pola contra se o fixeches con medo, vergoña, etc. Extrae as túas propias conclusións sobre a imaxe que tes de Deus.

3 26 O valor
do teu interior
Deus móvenos a amar a toda a creación.

Creati vidade

A creatividade

A creatividade é a capacidade que temos as persoas para crear: ideas positivas; solucións a unha tarefa ou problema; oportunidades para facer cousas boas; realidades beneficiosas para nós e para os demais, etcétera.

Todas as persoas somos creativas, temos esta habilidade e como tal podemos desenvolvela. Pódese adestrar, ao igual que os músculos cando facemos deporte.

Ser unha persoa creativa require ser unha persoa inqueda e curiosa que indaga, experimenta e se atreve a pensar diferente. Mirar o mundo con ollos novos axúdanos a crecer como persoas, a evolucionar como humanidade e a construír o futuro.

A creatividade favorece o pensamento crítico porque nos axuda a pensar por nós mesmos, a non nos conformar e a cuestionar as cousas; a afrontar os problemas con valentía e tomar mellores decisións. A creatividade ten certo «poder transformador».

Deus é Creador e créanos á súa imaxe e semellanza. Invítanos a crear, a facelo todo novo, a mirar de forma diferente, a non ter medo, a nacer de novo.

4. Exercita a túa creatividade. Inventa unha palabra e o seu significado. Comparte na clase as novas palabras e ideas creadas.

5. En grupos de catro persoas, elixide unha noticia de actualidade e buscade unha nova solución ao problema. Expoñédea en clase.

6. Deseña un marcapáxinas cunha frase que che recorde que es unha persoa creativa.

27
U2

COn moita arte

Pai, Fillo e Espírito Santo

Os cristiáns cremos nun só Deus: Pai, Fillo e Espírito Santo.

Así o expresamos rezando o Credo na Eucaristía. A seguinte obra de arte que che mostramos trátase dunha icona —as iconas son os cadros típicos de Rusia—, creado polo artista ruso Andréi Rubliov (h. 1360-1430). Representa a Trindade.

Nesta icona, Rubliov pintou a unidade e a pluralidade da Trindade. Vemos tres anxos que son case idénticos entre si: teñen o mesmo rostro, o mesmo tamaño, levan roupas parecidas e os tres sosteñen unha vara. Represéntase un diálogo entre eles, sen

palabras, con xestos serenos e harmoniosos de gran beleza.

• O anxo da esquerda representa o Pai. A cor azul con transparencias da súa roupaxe simboliza a divindade.

• O anxo central representa o Fillo ou Cristo. As cores azul e vermello do seu manto simbolizan que é Deus —azul— e home —vermello.

• O anxo da dereita é o Espírito Santo. Viste túnica azul porque é Deus, e un manto verde que simboliza a vida, porque o Espírito Santo é o que nos dá a nova vida polo Bautismo.

Nos tres anxos aparece a cor dourada, que simboliza a luz de Deus. Están sentados ao redor dunha mesa cun cáliz que representa a Eucaristía, símbolo da Comuñón con todos os cristiáns.

1. Observade a obra e mediante unha chuvia de ideas comentade en clase o que máis vos chama a atención desta preciosa icona.

4 28
Andréi Rubliov, Trindade. (1420, Galería Tetriakov, Moscova)

Que arte tes!

As iconas

As iconas combinan imaxes e símbolos. As imaxes que representan teñen unhas características moi especiais:

• Non son tridimensionais.

• Nunca levan sombras, porque Deus é luz.

• Teñen importancia as miradas.

• As paisaxes sempre aparecen en segundo plano.

• Todos os detalles posúen un significado relixioso.

• Cada cor ten un significado teolóxico. Neste sentido utilizan ouro ou dourado, branco, azul, vermello, verde, marrón e negro.

Antes de comezar a pintar unha icona, o artista debía xaxuar, facer oración e ser bendicido pola comunidade. De maneira que unha icona non pode entenderse separándoo da fe.

As iconas son moito máis que obras de arte; son como catequese. Ensínannos e axúdannos rezar.

Como é Deus para ti?

As iconas están cheas de simboloxía. Con todo o que aprendiches nesta unidade sobre como é Deus, realiza unha icona coa imaxe que tes de Deus.

1. En silencio e con calma, pensa no que coñeces de Deus. Anótao se o cres necesario.

2. Pide a Deus que che axude a saber transmitir esas ideas a través da arte.

3. Utiliza toda a túa creatividade e deseña símbolos que reflictan cada idea.

Axuda en anayaeducacion.es

29
U2

Apuntamentos de veny

O corazón de Veny

En realidade, ninguén coñece a Deus, e por iso El decide darse a coñecer. Créanos, achégase, encárnase, fálanos, perdóanos e, o máis importante, ámanos.

Sempre que me lío e non entendo a Deus penso isto: «Mira co corazón». Para coñecelo e entendelo só hai unha clave: o amor.

Deus é Pai.

Deus é Fillo.

Deus é Espírito Santo.

Deus é Amor.

Organizo os meus apuntamentos

Como é Deus?

Deus é amor

coñecemos a Deus a través de

Quen non ama non coñece a Deus

O Antigo Testamento

Xesús

dinos

O Novo Testamento Deus é Pai e Creador

Xesús é o seu Fillo e a Salvación

O Espítitu Santo está dentro de nós para ter sempre a Deus

Santísima Trindade

5 30 OS

Recordo o que aprendín

• O amor é o principal para coñecer a Deus.

• Deus dáse a coñecer no Antigo e no Novo Testamento.

• Xesús díxonos que Deus é un só, pero maniféstase en tres persoas: o Pai, o Fillo e o Espírito Santo. É a Santísima Trindade.

• Deus creounos con amor e quen non ama non coñece a Deus.

Cóntame o que aprendiches

Responde no teu caderno

1 Cal é o fío condutor de toda a Biblia?

2 Por que a vida de Xesús é como un cristal a través do cal Deus se revela á humanidade?

3 En que consiste o misterio da Santísima Trindade?

4 Completa a frase:

• «Deus é Creador, créanos á súa imaxe e semellanza e...

Experimenta e crea

5 Elabora, con axuda de Visual Thinking, un resumo do que aprendiches nesta unidade.

Como aprendín

6 Continúa neste novo curso co teu Diario de Reli. Escribe nel o que aprendiches nesta unidade ou con calquera tema tratado en clase.

• O ideal é que redactes as túas reflexións ou o que queiras gardar no teu interior para poñelo en práctica.

• Iso fará da túa vida e a das persoas que te rodean máis solidaria e bondadosa. Non o dubides.

7 Escribe no teu caderno o que che gustou e o que non che gustou da unidade.

31
? ? ? ? Gustoume moito Non me gustou

Xesús nace nun presebe

«E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto, e deu á luz o seu fillo primoxénito. Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles». Lede en clase o relato completo do Evanxeo de San Lucas (Lc 2, 1-7).

BUSCANDO POUSADA

María e Xosé viaxan ata Belén para empadroarse. O embarazo estaba xa moi avanzado e alí sorpréndeos o nacemento de Xesús.

Encontrábanse fóra da súa casa de Nazaret, onde tiñan todo preparado para recibir o neno coas comodidades da época, pero non había tempo para pensar niso porque Deus tiña outros plans.

Xosé é de Belén. Por iso buscan aloxamento na casa de familiares, amigos e coñecidos, pero non había sitio para eles; non encontran pousada e María dá a luz a Xesús nun presebe.

Nace Deus dun xeito que ninguén espera; un bebé fráxil e pequeno, no lugar máis pobre e humilde que poidas imaxinar... Un acontecemento que cambiou o mundo para sempre.

1. Comenta e dialoga en clase:

• Que é o que máis che chama a atención do relato bíblico?

• Por que cres que é un acontecemento que cambiou o mundo para sempre?

• Escribe de novo o relato bíblico. Imaxina que María e Xosé chegan ao teu barrio ou á túa localidade buscando pousada. Que pasaría hoxe? Expoñede os relatos e dialogade sobre eles en clase.

32 Nadal
33

...no mundo

En Nadal instalamos o belén na casa, na igrexa e ata na rúa. Hai beléns de moitos tipos e estilos: de xoguete, de barro, de luces, de papel, de tea, grandes, pequenos, tradicionais, modernos... Algúns son auténticas obras de arte. Unha variedade infinita, aínda que todos teñen en común o presebe, que é o lugar onde se lles pon a comida aos animais, e o berce onde colocamos ao neno Xesús.

Deus envía o seu Fillo para salvarnos. Chama a atención que non o fai de xeito grandioso ou poderoso. Xesús nace pobre e pequeniño nun presebe de animais. O feito non é ningunha loucura: é unha declaración de intencións, unha mensaxe clara de Deus para ensinarnos onde está o importante e a verdadeira felicidade.

O presebe fálanos do acollemento da vida e da grandeza de todas as persoas por igual, en especial das persoas máis necesitadas: emigrantes, refuxiadas, pobres ou persoas sen fogar que buscan un lugar para nacer de novo.

O anuncio do Nadal

1. Comenta e dialoga en clase:

• Na casa poñedes belén? Como é? Que é o que máis che gusta dos beléns?

2. Realiza un belén coa técnica que queiras, utilizando xornais ou noticias imprimidas. Así recordarás que Xesús nace hoxe en cada corazón, e, en especial, nas realidades máis complicadas. Expoñédeo en clase.

34
A busca de Deus significa ter un corazón inquedo.

...no corazón ...con Veny

En Nadal non só recordamos aquel acontecemento de hai máis de dous mil anos, que cambiou o mundo. Tamén celebramos que Xesús segue nacendo hoxe.

Igual que María e Xosé buscaron pousada, hoxe Xesús busca un lugar para nacer; non quere un apartamento, nin un castelo, nin un pazo. Busca un corazón sincero que, aínda que ás veces se equivoque, sempre estea disposto a amar, a acoller e a compartir.

Acoller é recibir cos brazos abertos, axudar a quen o necesita e ofrecer acubillo. É crear a sensación de sentirte na casa en calquera lugar.

O noso corazón pode ser ese lugar que abre a súa porta para que as persoas que temos preto se sintan queridas, escoitadas e acollidas. Xestos pequenos como un sorriso, un abrazo ou un pouco de atención marcan a diferenza e constrúen un mundo mellor para todas as persoas.

ADORNOS DE CORAZÓN PARA NADAL

1. Deseña un corazón que acolle a Xesús. Realízao ao teu gusto, con materiais reciclados e pono na casa ao lado do belén ou da árbore de Nadal.

2. Fai que este Nadal sexa diferente. Escribe no teu caderno tres pequenos xestos que marquen a diferenza, e comprométete contigo mesmo para levalos a cabo durante o Nadal.

No primeiro Nadal, María e Xosé crean un fogar onde acoller a Xesús. As dificultades e as incomodidades non lles impiden ofrecer ao Neno todo o seu amor.

Celebra este Nadal abrindo o teu corazón para que Xesús naza e que o teu amor chegue ás persoas que te rodean. Goza coidando e amando a casa común, sen desbordar enerxía coas luces, reciclando e reutilizando todo o que poidas. Atrévete a vivir o Nadal máis alá das luces, os regalos e os turróns, e vai ata o fondo. Descubre que o importante está nas persoas e no seu corazón. Ama moito e faino sen esperar nada a cambio. Ser unha persoa amable, xenerosa, alegre e servizal fará que os que están ao teu lado se sintan queridos e acollidos.

Facemos algo diferente

1. Por parellas, buscade testemuños de persoas que tivesen experiencias de acollida.

• Expoñédeos en clase e dialogade sobre os resultados.

2. Realiza un calendario do Nadal cun propósito para cada día que che axude a descubrir o importante destas festas. Por exemplo: dar grazas a Deus pola vida, ser amable, sorrir, non malgastar auga ou enerxía, axudar, colaborar na casa, compartir as miñas cousas, doar un xoguete, etcétera.

35

Ven e verás un proxecto educativo de Anaya para Educación Primaria.

Na realización deste proxecto interviñeron:

Edición: Departamento de Relixión de Anaya Educación. Francisco M. Quirce.

Deseño e gráficos: Patricia G. Serrano, Paz Franch.

Ilustración: Mindundis Factory.

Maquetación: J&M Artes gráficas.

Asesoramento lingüístico: María González.

Edición gráfica: Rocío Álvarez.

Fotografías: Age Fotostock (Dr. Wilfried Bahnmüller / imageBROKER), Alamy / CordonPress (Icp / Incameras-tock), ALBUM (EFE, Galería Tretiakov, Out of Order), DreamstimevQuick Images, Getty Images (Nelson Almeida), iStock / Getty Images, 123RF e colaboradores.

IMPORTANTE: As actividades propostas neste libro deben ser realizadas en cadernos ou follas soltas; nunca no propio libro.

Esta obra pode conter enlaces a páxinas e sitios externos, que ANAYA non edita, controla, supervisa e/ou mantén, polo que ANAYA declina expresamente calquera responsabilidade respecto ás devanditas páxinas e sitios.

Relixión CatóliCa 6 - GaliCia - CódiGo 8410197 - et046481

Este libro foi presentado á COMISIÓN EPISCOPAL PARA A EDUCACIÓN E A CULTURA para a súa aprobación.

© Do texto: Jesús Mario Lorente Pérez, Pilar Ramírez Carbonero, 2023.

© Do conxunto desta edición: GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid - ISBN: 978-84-143-2422-6

Depósito Legal: M-9468-2023 - Printed in Spain.

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Articles inside

OS IMPRESCINDIBLES DO VERÁN

1min
page 97

VERÁN Amor de verán

2min
pages 94-96

...no corazón ...con Veny

1min
page 93

MARÍA A mirada de María

1min
pages 90-92

Apuntamentos de veny

1min
pages 88-89

COn moita arte

1min
pages 86-87

A VOZ DE DEUS

5min
pages 80-85

1 6 A vida cristiá, a vida mellor

1min
pages 78-79

Apuntamentos de veny

1min
pages 76-77

COn moita arte

1min
pages 74-75

A VOZ DE DEUS

6min
pages 68-73

1 5 Teño fe

1min
pages 66-67

...no corazón ...con Veny

1min
page 65

...no mundo

1min
page 64

A Pascua, o paso de Xesús

1min
pages 62-63

Apuntamentos de veny

1min
pages 60-61

COn moita arte

2min
pages 58-59

Xustiza

1min
page 57

A VOZ DE DEUS

5min
pages 52-56

1 4 O soño de Deus

1min
pages 50-51

Apuntamentos de veny

1min
pages 48-49

COn moita arte

1min
pages 46-47

valor do teu interior

1min
pages 44-45

Nesta unidade descubrirás que...

4min
pages 39-43

...no corazón ...con Veny

1min
page 37

...no mundo

1min
page 36

Xesús nace nun presebe

1min
pages 34-35

Apuntamentos de veny

1min
pages 32-33

COn moita arte

1min
pages 30-31

Creati vidade

1min
page 29

1 2 Como é Deus?

6min
pages 22-28

Apuntamentos de veny

1min
pages 20-21

COn moita arte

1min
pages 18-19

Felicidade

1min
page 17

valor do teu interior

1min
page 16

A voz de deus

4min
pages 12-15

COÑECE O TEU LIBRO

12min
pages 6-9
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.