
1 minute read
Os determinantes
1
Salvar os océanos
Bolsas de plástico, latas de refrescos, bastóns de algodón, cabichas, redes de pesca... e outros produtos similares aboian na superficie dos océanos ou amoréanse nos fondos mariños. Os residuos plásticos convertéronse no principal elemento contaminante e teñen un grande impacto ambiental. Ademais, tardan moitos anos en degradarse. É hora de tomar conciencia e implicármonos na defensa do medio natural. Todos podemos ser activistas!
E ti que opinas?
MARES EN PERIGO
Cales son os principais problemas que padecen os océanos? Coñeces algunha asociación ecoloxista en defensa dos mares?
Tes participado nalgunha iniciativa deste tipo? Que podes facer ti para evitar o seu deterioro?