
1 minute read
5.Os pronomes
Que vas atopar nesta unidade?
1 Comunicación
Nesta unidade vas ler o fragmento dunha novela protagonizada por Nereida, unha rapaza que se propón salvar os océanos e os seus animais. Tamén ampliarás o vocabulario sobre os animais e crearás as túas infografías. Despois, coñecerás os tipos de textos cos que nos comunicamos, orais ou escritos, en directo ou a distancia a través das redes sociais etc.



2 Estudo da lingua
As palabras forman parte dos textos cos que nos comunicamos. Con elas designamos os conceptos que queremos transmitir. Nesta unidade coñecerás a estrutura, os compoñentes e os tipos de palabras. Sabes cantas letras ten o alfabeto galego? E cantos dígrafos? Sabes explicar en que consiste unha sílaba? E os seus tipos?
3 Literatura
As escritoras e os escritores tamén se valen das palabras para crear un texto literario que nos emocione, que nos divirta, que nos asuste… Cal é o teu libro favorito? A que xénero pertence? Gústache crear os teus propios textos literarios?
