SUPERMULLERES. Historias de Superación

Page 1

SUPERMULLERES

HISTORIAS DE SUPERACIÓN


MARLEE MATLIN (EEUU-1965) ACTRIZ

ÚNICA ACTRIZ XORDA QUE GAÑOU UN OSCAR

Naceu en Illinois, Estados Unidos no 1965. Aos 18 meses pese a nacer con bo estado de saúde e incluso pronunciar as súas primeiras palabras Marlee perde a capacidade auditiva case na súa totalidade debido aparentemente a unha malformación conxénita. Na súa infancia a súa xordeira nunca foi impedimento para facer todo o que facían os demais nenos. Empezou a facer teatro na asociación para xordos da súa comunidade e debutou co papel de Dorothy, no mago de Oz, que realizou no centro internacional sobre a xordeira a as artes. no ano 1986 participa na película “fillos de un deus menor” e consigue ganar un Oscar, e un Globo de ouro polo seu papel, converténdose na primeira muller xorda que o gana. Proseguiu a súa carreira cinematográfica en varias series de televisión. Graduouse en xustiza criminal e actualmente é unha activista polos dereitos das persoas con diversidade funcional. Ten 4 fillos. Declarada inimiga de Donald Trump, presidente de Estados Unidos, por chamala “retardada” As súas palabras din “o termo é aberrante e xamais debería ser usado. Eu son xorda, hai millóns de persoas xordas ou con graves problemas de audición no mundo que son discriminadas a diario. É inaceptable”

https://youtu.be/3WKKnU5iEa4


SIMONE BILES (EE UU 1997) XIMNASTA

SUPEROU UNHA DIFÍCIL INFANCIA E CHEGOU A SER CAMPIOA DO MUNDO.

Naceu en Ohio no ano 1997. A súa infancia estivo marcada pola ausencia do seu pai e os problemas da súa nai coas drogas e non podía facerse cargo dos seus catro fillos. Foi entón cando o seu avó rescatou aos pequenos do inferno. Os dous irmáns maiores foron vivir coa irmán do seu avó e el e a súa muller fixéronse cargo dos dous irmáns máis pequenos. Simone tiña 3 anos. Cando Simone tiña 6 anos, foi de excursión a un centro de ximnasia e para divertirse empezou a imitar ás ximnastas. Unha das adestradoras mirou o seu potencial e avisou a Aimee Boorman, que se convertería na adestradora que a acompañaría toda a súa vida. Aimee escribiu ao seu avó para que a apuntara ao ximnasio. Nos xogos olímpicos de Río de Janeiro de 2016 conseguiu 4 medallas de ouro en chan. E é campioa do mundo nesta modalidade no ano 2013, 2014, 2015 e 2018. Outro capítulo terrible da súa vida foi ser vítima de abusos sexuais por parte do médico da selección estadounidense. Ela foi unha das 250 ximnastas que denunciaron ao exmédico que está condenado a 60 anos de prisión. https://youtu.be/kBxrfTDZWYY


SUDHA CHANDRAM (INDIA 1964) BAILARINA E ACTRIZ

CON 16 ANOS PERDEU UNHA PERNA PERO SEGUÍU BAILANDO.

Sudha Chandran naceu en Mumbai en 1964. Cando tiña 16 anos tivo un accidente e perdeu unha perna. Puxo un pe ortopédico e empezou un duro programa de rehabilitación. Decidiu seguir actuando coa súa prótese. A partir de aí converteuse nunha estrela mundial. Fixéronse películas sobre a súa vida. A súa frase máis famosa é “non se necesitan pernas para bailar” https://www.youtube.com/watch?v=AzEvHH5IEWw


SUSANA RODRÍGUEZ GACIO (VIGO-1988) TRIATLETA PARALÍMPICA E LICENCIADA EN MEDICINA

PADECE ALBINISMO QUE AFECTA Á VISIÓN A PIGMENTACIÓN DA PEL E PELO

Naceu en Vigo no ano 1988. Ten una deficiencia visual grave do 90% debido ao seu albinismo, unha condición xenética que afecta a 1 de cada 17000 persoas e que da lugar á falta de pigmento no pelo pel e ollos. Desde pequena participou en campionatos de atletismo. A punto de ir aos xogos paralímpicos de Pekín, finalmente non o consigue. Pásase ao triatlón e no ano 2016 participa no xogos paralímpicos de Rio de Janeiro e consigue un diploma olímpico. Traballa no servizo de rehabilitación do hospital universitario de Santiago (CHUS) e está pensando en participar nos xogos paralímpicos de Tokyo 2020.

https://www.youtube.com/watch?v=VdtVKWBsbxI


TERESA PERALES (ZARAGOZA -1975) NADADORA. DIPLOMADA EN FISIOTERAPIA. UNHA DAS DEPORTISTAS MÁIS BRILLANTES DE ESPAÑA

Naceu en Zaragoza en 1975. Aos 19 anos tivo una neuropatía pola que perdeu a mobilidade das pernas. Empezou a practicar natación e a competir. O seu palmarés é impresionante: 26 medallas paralímpicas. Xogos paralímpicos (sídney 2000, atenas 2004 y pekín 2008, londres 2012, río de janeiro 2016) total de medallas 7 oros, 9 platas y 10 bronces Mundiais (1998, 2002, 2006, 2015 y 2017), 5 récords del mundo (2 en piscina larga e 3 en corta) 20 medallas (3 ouros, 10 pratas, 7 bronces) Campionatos de Europa (1999, 2001, 2003, 2011, 2014 y 2016) 37 medallas (10 ouros, 19 platas, 8 bronces 5 records do mundo Membro da comisión dos xogos paralímpicos. Co-escritora do libro “Mi vida sobre ruedas” e “la fuerza de un sueño” Embaixadora do deporte inclusivo en España e innumerables premios e recoñecementos. https://youtu.be/zc7SsvCr1E4


VICKY BENDITO (MADRID-1972) XORNALISTA. SÍNDROME DE TREACHER COLLINS

O SÍNDROME QUE PADECE COÑECEUSE POLOS LIBROS E A PELÍCULA “WONDER”

Naceu en Madrid no ano 1972. Padece o síndrome de Treacher Collins que afecta a 2 de cada 100.000 nacementos. Este síndrome provoca problemas de mandíbula, sen orellas ou moi pequenas, non teñen pómulos, problemas de xordeira, ademais de problemas respiratorios por ter unha farinxe moi estreita. Vicky leva varias operacións para mellorar a mobilidade da mandíbula. Levou unha infancia marcada polas operacións pero feliz. Na adolescencia sí que se sentiu peor porque “os demais fante sentir que es fea” Ten unha perda do 80 % en cada oído. aprendeu a ler nos labios e leva uns implantes auditivos. Vicky está loitando para cambiar o artigo 49 da constitución e substituír a palabra diminuídos polo de persoas con discapacidade e presentou no Congreso dos Deputados a campaña “son xorda, non diminuída”. Aínda que tamén está en contra de empregar eufemismos como diversidade funcional “capacidades diferentes”, como di ela “todo o mundo ten capacidades diferentes pero non todos teñen discapacidade” Traballou como xornalista para a axencia de noticias servimedia e ten unha dilatada carreira como redactora en Tribunais e Congreso dos Deputados. Por toda a súa traxectoria recibiu no 2019 o premio Roosvelt por ter transmitido unha información positiva da muller con discapacidade. O libro de j.r. Palacios “Wonder” e a película axudaron moito a visualizar o síndrome de Treacher Collins.

https://www.facebook.com/freedaesp/videos/539415613257145/


ADRIANA MACÍAS (MEXICO 1992) DISEÑADORA DE MODA E AVOGADA. NACEU SIN BRAZOS.

Naceu en México no 1992. Nacer sin brazos non le impediu converterse en avogada. Tivo unha infancia feliz, facendo todo o que os seus compañeiros de primaria e sin sentirse xugada .desde pequena aprendeu a usar as súas pernas para as actividades cotidianas. Aínda que hasta os 20 anos tiña que soportar unhas próteses que lle danaban a espalda. Foi na adolescencia cando tivo que superar os prexuízos da xente que a rodeaba. Licenciouse en dereito pero como non conseguía traballo dedicouse a escribir e a dar conferencias sobre a superación. Recentemente presentou unha colección de roupa para xente con discapacidade motora; sillas de rodas, ou falta dalgún membro. Da charlas motivacionais e publicou 3 libros : “la fuerza de un guerrero”, “prometo amarme y respetarme todos los días de mi vida” e “abrazar el éxito” https://youtu.be/GOdgEsUg22M


GLORIA RAMOS (MADRID 1994) ACTRIZ PRIMEIRA ACTRIZ CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL NOMINADA A UN GOYA.

Naceu en Madrid no 1994. Ten síndrome de Down. Estudiou auxiliar de entornos educativos e realizou as prácticas en garderías durante 2 anos. Traballa de dependenta nunha tenda de deportes. Sempre quixo ser actriz e no ano 2018 presentouse ao casting da película “Campeones”. Collérona para o papel e foi proposta para un “Goya” polo seu papel de “Collantes” a personaxe de xogadora de baloncesto que interpreta na película. Gloria considera que sempre fixo o que quixo pero recoñece que hai situacións de discriminación para o seu colectivo como por exemplo co voto. Por isto participou nunha campaña para fomentar a participación de discapacitados intelectuais nas eleccións que por primeira vez puideron votar nas eleccións xerais do 2019. Como di gloria “si tes algunha discapacidade, cal é o problema? Podes facer todo o que queiras” https://www.fundacioncaser.org/actividades/historias-de-superacion/gloria-ramosactriz-con-sindrome-de-down


GENNET CORCUERA (ETIOPÍA-1981) PROFESORA DE EDUCACIÓN ESPECIAL

PRIMEIRA PERSOA SORDOCEGA QUE CONSEGUÍU UN TÍTULO UNIVERSITARIO EN ESPAÑA E EN EUROPA

Naceu en Etiopía no 1981. Aos 2 anos sufriu una infección que a deixou totalmente xorda e cega. Foi abandoada polos seus país nun orfanato de Addis Abeba. Aos 7 anos foi adoptada por una española, Carmen, e a súa vida cambiou completamente. Cando chegou a España empezou a estudar no colexio da ONCE “Antonio Vicente Mosquera” e aprendeu a expresarse, ler en braille e a utilizar a linguaxe dactilolóxica e oral a través dun logopeda e compartiu ensinanza con outros alumnos sordocegos. O bacharelato realizono nun centro ordinario de Guadalaxara con axuda dun mediador. Grazas ao apoio da ONCE e dalgúns compañeiros de clase que aprenderon linguaxe de signos para comunicarse con ela logrou rematar o bacharelato. Aprobou o selectivo cun exame idéntico aos seus compañeiros e co sistema “Braille Lite”. Conseguiu facer Maxisterio pola rama de Educación Especial. Traballa nunha escola de Educación Especial en Sevilla. Como ela di “ A nosa mente non está deseñada para entender o aillamento absoluto que sente una persoa sordocega. Eu vencín ao silencio e a oscuridade” O director de cine Miguel Angel Tobías decidiu levar a súa historia ao cine e a mesma Gennet fará de sí mesma na película “Chámome Gennet” https://youtu.be/ukB6mxsBGhk


LARY LEÓN (GUADALAXARA-1973) ESCRITORA, LOCUTORA, XORNALISTA NACEU SEN BRAZOS E SEN UNHA PERNA

Naceu en Guadalaxara no 1973. A súa falta de brazos e unha perna nunca lle impedíu facer nada que non fixeran os demais nenos. Hasta os 10 anos viviu cunhas próteses pero decidiu deixar de usalas porque non lle facilitaban o día a día. Estudiou xornalismo en Holanda. Escribiu os libros “el tesón de una sirena” e “150 juegos para divertirse dentro y fuera del hospital. Ë xornalista, conferenciante, escritora, actriz de doblaxe, locutora e coordinadora de proxectos e contidos de Atresmedia Ademais é directora do canal TV FAN3, especialmente deseñado para nenos hospitalizadods.

https://www.loquedeverdadimporta.org/ponente/lary-leon/

GRETA THUNBERG (SUECIA 2003)


ACTIVISTA MEDIOAMBIENTAL SINDROME DE ASPERGER

Greta Thunberg naceu en Estocolmo no 2003. O seu pai é actor e a sua nai cantante, representou a Suecia en Eurovisión 2009, Con 8 anos despois de mirar no seu colexio un documental sobre o cambio climático non logra entender por qué non se fai nada ao respecto e cae nunha depresión. Deixou de falar e comer. Finalmente foi diagnosticada con síndrome de Asperger, trastorno obsesivo compulsivo e mutismo selectivo. Hoxe ve os seus problemas como superpoderes que lle axudaron a chegar a onde ninguén chegara antes. No verán do 2018 empezou a manifestarse diariamente ante o parlamento sueco cunha pancarta que decía “folga escolar polo clima”. Despois das eleccións seguiu manifestándose cada venres uníndose cada vez máis xente a súa causa.. Participou na cumbre polo cambio climático, na onu e en multiples conferencias. Inspirou aos xóvenes de todo o mundo povocando manifestacións en todos os países. https://youtu.be/NlOcDj-lAhE https://youtu.be/RxVNbxfXLoY


FRIDA KHALO PINTORA(MÉXICO 1907-1954)

A PINTURA RESCATOUNA DOS DOLORES FÍSICOS

Magdalena Carmen Frida Khalo, naceu no ano 1907 en México. O seu pai era un fotógrafo de orixe alemán. A vida de Frida estivo marcada polo sufrimento e a enfermidade. De pequena padeceu poliomielite que lle obrigou a permanecer moito tempo na cama e quedándolle a perna dereita moito máis delgada que a esquerda. Animada polo seu pai, como parte da súa rehabilitación, practicou deportes inusuais para as mulleres naquela época coma o fútbol ou o boxeo. Aos 18 anos sufriu un gravísimo accidente, cando o autobús no que ela viaxaba foi arrolado por un tranvía. Frida fracturou a columna vertebral e a pelve o que lle obrigou a permanecer deitada e inmóvil durante moito tempo. Foi durante a súa convalecencia cando comezou a pintar. Colocáronlle un espello e un carpinteiro fabricoulle un trebello para poder pintar deitada. Pintaba fundamentalmente autoretratos. Casou co famoso pintor Diego Rivera e 3 anos despois perdeu ao fillo que esperaba. Este feito foi inspiración para varias das súas obras. Foi recoñecida no seu tempo por pintores famosos como Picasso ou Kandinsky. Morreu no ano 1954 dunha trombose pulmonar.


AIDEE RAMÍREZ MARTÍNEZ PINTORA( COLOMBIA-1971)

NACEU CON PARÁLISE CEREBRAL E DAS EXTREMIDADES SUPERIORES

Naceu en Colombia no 1971. Debido á falla de osíxeno no momento do parto Aydee naceu con parálise cerebral e problemas psicomotores aínda que a súa actividade cerebral é do 100%. Conta que a súa inspiración para estudar pintura veulle da man de outra muller con parálise cerebral que contaba nun programa de televisión que era psicóloga e ademais pintaba coa boca. Aquel foi o estímulo para facer algo na súa vida. Estudou cunha beca da “Asociación de Pintores coa Boca” “APB”. Levou a cabo a exposición “Amor e aceptación” onde ela mesma se debuxa en varias https://www.youtube.com/watch?v=zcV2K7FyWUY


HELEN KELLER (EEUU- 1880) ORADORA, ESCRITORA,DIPLOMADA UNIVERSITARIA

ANN SULLIVAN RESCATOUNA DUN MUNDO DE OSCURIDADE E SILENZO

Helen Keller naceu en Alabama, Estados Unidos, no ano 1880. Aos 2 anos enfermou gravemente e cando se recuperou perdera o oído e a vista. Helen quedou incomunicada e ata os 7 anos viviu Os seus pais contactaron con Alexander Graham Bell, o inventor do teléfono que lle recomendou o instituto Perkins que traballaba con nenos cegos. Alí coñeceu a muller que cambiaría a súa vida, a profesora de 20 anos Ann Sullivan. Ann Sullivan foi vivir coa familia de Helen Keller. Ensinoulle a relacionar signos debuxados na palma da man con obxectos cotiás. A primeira palabra que aprendeu foi “auga”. Pouco a pouco foi adquirindo vocabulario, aprendeu a ler en Braille, rematou os estudos primarios e aprendeu a falar co método “Tadoma”, empregado por Graham Bell. Ingresou na Universidade e finalizou os seus estudos. Xunto con Ann Sullivan publicou libros sobre a súa vida, dedicouse a dar conferencias por todo o mundo, apoiou a educación dos nenos con discapacidade, foi unha defensora dos dereitos dos traballadores, e grazas a súa tesón capacidade de superación e intelixencia fixo da súa discapacidade un exemplo para toda a humanidade. Morreu aos 87 anos. https://www.youtube.com/watch?v=PTqDnUfRKL8 https://www.youtube.com/watch?v=MeW-AwdbSE8



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.