Boletin 4 Fundacion Gomez Franqueira

Page 1

Boletín Nº4 FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA / ANO 2010

1


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

BALANCE ANUAL DO 2009

1.600 cooperativistas e empregados de cooperativas formados. 7.500 horas de formación impartidas. 36 accións formativas desenvolvidas. 31 desempregados capacitados para acceder ao mercado laboral grazas á realización de accións formativas na área alimentaria e agraria, e en programas de inserción laboral. 28 proxectos deseñados, con 24 executados ou en execución. 35 entidades públicas e privadas que contribuíron ao desenvolvemento dos fins da Fundación. Colaboracións e proxectos solidarios con 37 organismos do terceiro sector. 8 actividades dirixidas á conciliación profesional familiar de cooperativistas e envellecemento activo de poboacións rurais. 400 nenos e nenas participantes en actividades de promoción do cooperativismo. 210 maiores participantes en programas sociais.

**A FUNDACION ASUME UN COMPROMISO COA DEFENSA E RESPECTO DO MEDIO, A TRAVES DA UTILIZACION DE MATERIAIS ECOLÓXICOS, NATURAIS E BIODEGRADABLES EN TODAS AS ACTIVIDADES QUE REALIZA E A CONCIENCIACIÓN DOS SEUS BENEFICIARIOS/AS SOBRE AS BOAS PRÁCTICAS AMBIENTAIS A TRAVÉS DOS SEUS MEDIOS DE DIFUSIÓN. **A FUNDACIÓN ADQUIRE PRODUTOS E SERVIZOS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS SÚAS ACTIVIDADES, PRINCIPALMENTE, A ORGANIZACIÓNS DO TERCEIRO SECTOR COMPROMETIDAS COA MELLORA SOCIAL E ECONÓMICA DE POBOACIÓNS RURAIS EN SITUACIÓN DE SUBDESENVOLVEMENTO.

2


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

MUSEO COOPERATIVO

A sede social da Fundación, situada na poboación de Razamonde (Concello de Cenlle), lugar onde se sitúa a primeira explotación avícola da cooperativa Coren e onde viviu o seu fundador, albergará o primeiro museo adicado ao cooperativismo existente en España, a exaltación do agro e o sistema cooperativo, serán unha referencia no ámbito educativo e cultural. Nun ambiente dinámico convivirá a imaxe, o audio e o texto, dando lugar a un espazo vivo no que se poderá xogar, documentarse, aprender e sentir a esencia dun sistema marcado pola unidade, o emprendemento e a cooperación. Un espazo para soñar, sentir e gozar. No que todos e todas teñen cabida: nenos, novos, adultos. Actualmente, a Fundación está a recompilar material gráfico (fotografías, documentos históricos,...), obxectos relacionados co mundo agrario, e todo aquelo que corresponde á historia do cooperativismo galego, así como realizando o proxecto xeral de acometida da obra destinada a albergar o citado museo.

HOMENAXE A D. EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA Multitude de políticos e empresarios déronse cita para acompañar a familia Gómez Franqueira: o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, xunto os conselleiros de Medio Rural, Samuel Juárez, e Educación, Jesús Vázquez; os alcaldes de O Ribeiro, o presidente da Deputación, José Luis Baltar así como numerosos empresarios encabezados o presidente da CEO, Francisco Rodríguez. Foron moitos os recoñecementos públicos cara á figura de D. Eulogio e o seu importante papel, que remataron nos xardíns da adega co descubrimento dun busto do homenaxeado, obra de Manuel Buciños, cunha placa de recordo aos promotores da cooperativa, mentres unha sección da Real Banda de Gaitas interpretou o “Himno do Antigo Reino de Galicia”.

A conmemoración da cuadraxésima colleita da Cooperativa Vitivinícola de O Ribeiro o pasado 21 de xaneiro converteuse nun multitudinario e emotivo homenaxe ao primeiro presidente da adega, e tamén fundador do Coren, D. Eulogio Gómez Franqueira, e os seus socios fundadores. 3


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

NOVA WEB DA FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA Superadas as 6.800 visitas dende a súa creación no mes de xaneiro, a web da Fundación, www.fundaciongfranqueira.org, segue sendo unha importante ferramenta de difusión pública para todas as actividades da Entidade. Creada baixo a premisa de que sexa dinámica e moi intuitiva, cumpre o seu papel de instrumento de promoción do cooperativismo e outras formas de economía social, impulsando a formación e a educación nos principios do cooperativismo, así como a difusión das súas características en Galicia, a promoción das relacións intercooperativas e o desenvolvemento rural. Estruturada en 5 grandes áreas (Que é a Fundación, O cooperativismo, A que nos dedicamos, Outros Servicios e Contacto), dende a páxina principal podése acceder de forma rápida e doada ao calendario de cursos e actividades, noticias de interese, enlace directo a diversos Organismos, e recursos como a previsión meteorolóxica. Dispoñible en galego, castelán e inglés para prestar servizo a un maior número de usuarios. Os contidos de cada área enriquécense con actualizacións diarias e dende o pasado mes de febreiro está operativo un novo servizo destinado ao fomento do emprego e autoemprego que permite ao usuario, entre outros, enviar o seu currículo vitae, consultar ferramentas para o autoemprego ou solicitar a súa inscrición nas actividades formativas da Fundación. O portal tamén está accesible dende a intranet de Coren www.coren.es. A dixitalización dos contidos foron financiados pola Consellería de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información) do Plan Avanza.

4


ÁREA DE FOMENTO DO EMPREGO ORIENTACIÓN LABORAL Como facer unha busca de emprego eficaz

¿Por qué algunhas persoas teñen dificultades para atopar traballo, mentres outras atopan axiña? ¿Como enfocan o seu currículo as persoas que son directamente chamadas a unha entrevista de traballo? ¿Que din ou fan certas persoas nunha entrevista de traballo?

Propoñémosche 20 consellos útiles a ter en conta para unha busca eficaz de traballo: Na túa busca de emprego:

1.As cartas de presentación non valen nada, salvo as que che solicite a empresa. 2.O teu currículo: 10 segundos para venderte ou di adeus. 3.Fai privados os teus perfís nos buscadores web de emprego.

Na entrevista de traballo: 4.Se puntual. 5.Apaga o móbil. 6.Coñece a empresa, e por que queres traballar aí. 7.Leva currículos. 8.Viste de forma axeitada ao posto. 9.Non fagas chistes. 10.Non balbuzas. 11.Non fales mal dun xefe. 12.Non flirtees co entrevistador. 13.Non xesticules. 14.Mantén un bo contacto visual. 15.Honestidade, a mellor política. 16.Márcate obxectivos profesionais. 17.Memoriza logros realizados. 18.Apaixónate polo que buscas. 19.Formula Preguntas. 20.Envía unha nota de agradecemento.

5


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

NOVO SERVIZO GABINETE ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES

A Fundación Gómez Franqueira creou o Gabinete de Asesoramento a Emprendedores. Un proxecto financiado pola Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Promoción do Emprego que, a través da súa Axente de Emprego na Fundación, pon en marcha un servizo integral destinado a fomentar a creación de empresas, en xeral, e a de cooperativas, en particular, a través da prestación dos seguintes servizos ao emprendedor: • Información sobre finanzamento, axudas e subvencións vixentes de distintos Organismos. • Asesoramento para a creación de empresas: trámites necesarios e formas xurídicas. • Asesoramento na realización do Plan de Empresa, que permite avaliar a viabilidade das diferentes ideas de negocio. • Información sobre os distintos Organismos de axuda ao emprendedor. • Recepción de formularios con proxectos de creación cooperativas para a súa análise. • Noticias de interese para o emprendedor. • Casos reais de emprendedores de éxito. • Manuais de xestión interna da empresa. • Posta a disposición de diferentes ferramentas de axuda: • Enlace a simuladores elaboración Plan Empresa. • Enlace a formación on line destinada a emprendedores.

Un servizo presencial, nas instalacións da Fundación, e tamén virtual a través da web: www.fundaciongfranqueira.org

VÍDEO FOMENTO DO COOPERATIVISMO Invitámosche a visitar o noso proxecto, esperando sexa do teu interese. Contacto: Fundación Gómez Franqueira Centro de Procesado Avícola Santa Cruz de Arrabaldo 32990 Ourense Axente de Emprego / Área Emprego-Social Tlfno.: 988 36 94 11 www.fundaciongfranqueira.org fundacion@fundaciongfranqueira.org Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar (Dirección Xeral de Relacións Laborais)

6


ÁREA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL SOLIDARIEDADE: DOAZÓNS AXUDA A HAITÍ A Fundación Gómez Franqueira abriu unha conta na entidade Caixa Galicia (número 2091 0450 45 3040065078) para contribuír coa recuperación de Haití. Dende entón, están a recibirse doazóns por parte de moitos particulares e empresas interesados en axudar ao país. A conta será pechada no mes de xullo, sendo depositado o ingreso na Cruz Vermella Española. A Fundación doou dúas caixas de 75 Kg en material escolar para apoiar a educación infantil e as cooperativas doarón 192 latas de alimentos. DESEXAMOS QUE A CADEA SOLIDARIA, CONTINUE:

Se desexas facer a túa doazón, a conta está aberta. Para nós supón pouco. Para Haití, o pouco, é moito. Entre todos sumamos. Os interesados en obter o certificado fiscal das doazón deben poñerse en contacto coa Fundación: (teléfono: 988 369 411 ou mail: fundacion@fundaciongfranqueira.org)

CONVENIO ENTRE A FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA E O GRUPO ISEG/UNIDAF SENEGAL A Fundación Gómez Franqueira, asinou un Convenio co Institut Superieur d´Entrepreneurship et de Gestion/Université Internationale deas Diasporas Africaines para a formacion e inserción laboral no ámbito Agrogandeiro e cooperativo, de novos senegales. Nalgúns destes proxectos, a Fundación conflúe con outras organizacións como a FAO (organización das Nacións Unidas para a agricultura e alimentación) coa que está en proxecto de colaboración a favor do desenvolvemento de zonas con maiores carencias, como Senegal. A institución de ensino superior ISEG/UNIDAF, desenvolve actividades de formación profesional e estudios universitarios na rama agraria, de investigación, emigración legal, promoción de novas tecnoloxías e creación de cooperativas agroganaderas, todas elas medidas que contribúen ao reflote do pais.

7


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

CONCURSO NAVIDEÑO 2009

Como cada ano, a Fundación Gómez Franqueira convocou unha nova edición do Concurso infantil de debuxo navideño, destinado a fillos de cooperativistas e empregados ao servizo das cooperativas galegas, como parte dun dos seus fins fundacionais como é o desenvolvemento e organización de accións sociais.

Premiados Concurso postais navideño 2009

O 19 de decembro celebrouse na “Casa do Pobo” de Laias o encontro de entrega de premios, á que asistiron máis de 100 nenos, e na que se fixo entrega a Cáritas Diocesana de Ourense da recadación obtida na “Tómbola Solidaria” levada a cabo durante o acto.

CONVENIO COA FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ LATORRE

Voz Natura é un programa de educación ambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey FernándezLatorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar a comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra. Co arranque da décima edición de Voz Natura, en 2009, a Fundación Gómez Franqueira sumouse o programa porque entre os obxectivos atópase a promoción de actuacións para favorecer o desenvolvemento do cooperativismo e o medio rural galego. Entre os seus valores está o respeto e protección do medioambiente a través do impulso e apoio a actuacións de sensibilización e mellora deste, en liña coa política seguida polas cooperativas Coren —fundadores desta entidade sen ánimo de lucro— de aplicar protocolos ambientais en todas as fases dos seus procesos produtivos. Neste curso 2009-2010 lévanse a cabo 260 proxectos de actuación ambiental co obxetivo de preservar a biodiversidade dos ecosistemas galegos ao amparo da 13ª edición de Voz Natura. Os seus autores son os colexios, institutos e asociacións que o Comité Científico seleccionou para formar parte de la comunidade Voz Natura nesta décima edición. Os seus traballos apoiarán a Conta Atrás 2010, unha campaña auspiciada por la Unión internacional para a Conservación da Natureza (UICN), un programa ao que Voz Natura xa se sumou. Protección de flora e fauna autóctona, coidado e recuperación dos distintos ecosistemas e promoción de accións para loitar contra o cambio climático polo impacto que este fenómeno ten sobre as distintas especies son algunhas das actuacións que os participantes en Voz Natura están comezando xa a executar. Nesta edición, volven ter gran protagonismo todas as actuacións encamiñadas a loitar contra o lume, plantar, limpar espazos degradados... Tamén coidan as praias e os ríos e, por suposto, non descoidan as tarefas dentro da aula: separación de residuos, reciclaxe, investigacións e todo tipo de actividades para formar e concienciar sobre a necesidade de preservar a natureza.

8


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

CAMPAMENTO DE VERÁN 2010

Baixo o lema do campamento “Xunt@s Podemos” un ano máis a Fundación Gómez Franqueira pretende apoiar a conciliación laboral nas cooperativas e difundir entre os máis pequenos /ás os valores universais do cooperativismo. Dirixido a: Fillos/ás de cooperativistas galegos/ás e de empregados ao servizo de cooperativas galegas. Idade: Nenos/ás de 6 a 12 anos. Lugar de Realización: Granxa Escola Casa do Queixo (Sobrado dos Monxes- A Coruña). Datas: Del 28 de Xuño ao 2 de xullo. Cota de inscrición: 50 Eur. (Subvencionado pola Fundación un 80%). Deberán facer o ingreso antes do día 10 de maio.

MATERIAL POSTA EN MARCHA MUSEO COOPERATIVISMO AXÚDANOS A RECUPERAR A HISTORIA

A Fundación Gómez Franqueira, no seu continuo ánimo de poñer en valor o rural galego, inaugura próximamente un museo adicado ao cooperativismo. No que haberá un espazo adicado á historia de Coren e o importante labor levado a cabo polos membros da cooperativa agroalimentaria española. De feito, os propios cooperativistas serán partícipes de esta sección, expoñendo nela obxectos, aparellos e dispositivos de traballo utilizados durante o medio século de existencia de Coren. Igualmente haberá un espazo para o coñecemento xeral sobre o cooperativismo e a su evolución histórica. Por iso, a Fundacion Gomez Franqueira solicita a vosa colaboración para a recuperacion de obxectos antigos, aparellos, fotografias, documentos e todos aqueles obxectos historicos susceptibles de estar presentes no museo. Trátase, en definitiva, de recompilar os obxectos máis representativos da historia do mundo rural galego e que, ademais, sirvan para que as novas xeracións coñezan como era o traballo de cada época, e como se foi creando o cooperativismo en Galicia. A Fundación Gómez Franqueira custodiará todos os obxectos mentres perviva o museo, pero a propiedade dos obxectos permanecerá nás mans dos seus respectivos donos.

DOAZÓN MATERIAL AGRÍCOLA E GANDEIRO A Fundación Gómez Franqueira seguindo a súa liña de apoio á educación, emprendemento e solidariedade, colabora na creación dunha Granxa Escola en Senegal, na que novos estudantes poidan formarse no manexo práctico da gandaría e co tempo, poder xestionar as súas propias explotacións gandeiras, principalmente, en réxime de cooperativa. Para levar a cabo este proxecto solidario solicitamos a DOAZÓN DE MATERIAL AGRÍCOLA E GANDEIRO (en boas condicións): Bebedoiros, comedeiros, dosificadores Gaiolas, parideiras, reixas, separadores Fitas transportadoras Campás Equipos de limpeza e desinfección.

9


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

Silos, sistemas de almacenaxe. Material de seguridade laboral, material de control sanitario. Ferramenta para tarefas agrícolas (pas, carretillas,...) Ventiladores e sistemas de control de calor: xeradores, placas.... Estas doazóns de material serán recollidas a partir do 31 de Marzo de 2010 nas propias instalacións gandeiras/agrícolas e xestionadas polo persoal da Fundación. Para máis información chame ao 988 36 94 11 CONTRIBUÍR A CONSTRUÍR UN MUNDO MELLOR, DEPENDE DE PEQUENAS COUSAS, FEITAS POR MOITAS PERSOAS: O QUE PARA TI SUPÓN POUCO, PARA OUTROS, SUPÓN MOITO.

O IMPACTO DA CONCILIACIÓN LABORAL NA CONTA DE RESULTADOS As medidas para equilibrar a vida profesional e persoal, ademais de ser unha esixencia social cada vez máis forte, son rendibles para as empresas e teñen un impacto directo nas súas contas de resultados. Todos os estudios coinciden en que un empregado feliz está máis motivado, rende máis e é máis produtivo. E un empregado que concilia adoita se un empregado feliz, ou polo menos máis feliz que se non pode facelo. Seguindo estas premisas podería concluirse doadamente que inverter en medidas que permitan compatibilizar mellor a vida profesional coa persoal e familiar é algo produtivo para as empresas e, polo tanto, podese considerar unha inversión con retorno e non un gasto. Pero ata hai pouco, demostrar esta máxima non resultou nada sinxelo. A Fundación Más Familia, que promove a certificación Empresa Familiarmente Responsable (efr), www.certificadoefr.org, propúxose poñer números á relación causa-efecto entre as medidas de conciliación nas organizacións e a mellora do negocio e da conta de resultados.

Estudos

O absentismo nas compañías do noso país que obtiveron ata agora esta certificación reduciuse do 5,3% que presentan como media as empresas españolas ata un 3%, o que supón un descenso do 43%. Isto, nunha corporación de 1.000 empregados supón un aforro de 1,2 millóns de euros ao ano. Tendo en conta que algúns expertos consideran que substituír un empregado que marcha pode chegar a custar ata tres veces o seu salario, este aforro podería chegar a ser mesmo moi superior.

Beneficios

Está comprobado que os empregados incentivados xeran un 60% máis de rendemento que os que carecen dun alicente no seu posto de traballo. É dicir, que unha persoa que traballa durante oito horas diarias nun clima laboral adverso é máis propensa a baixar o seu rendemento. A clave para manter os empregados conformes radica en permitirlles un equilibrio entre o traballo e a vida cotiá, ademais dunha boa organización interna, e de poder dispoñer de certa flexibilidade para, por exemplo, realizar xestións persoais. Comprobouse que un asalariado que ten unha gardaría na empresa ou pode acomodar os seus horarios laborais para recoller aos seus fillos do colexio se centrará máis e mellor nas súas tarefas. O estudio da consultora internacional “Right Management”, especialista en xestión de recursos humanos e solucións corporativas, revela que o 70% dos empregados comprometidos co seu labor pensan permanecer na entidade polo menos por cinco anos. En cambio, os que non mostran este sentimento de pertenza e satisfacción desexan marchar da empresa en dous anos antes.

10


ÁREA DE FORMACIÓN SIMULADOR AVÍCOLA Os simuladores permiten unha aprendizaxe máis rápida, sólida e efectiva.

Co obxectivo de facilitar o acceso ás tecnoloxías da información cando e onde o usuario o necesite e facilitar o coñecemento necesario para realizar as operacións de produción avícola, a FGF embarcouse nun proxecto que formula o desenvolvemento dunha ferramenta formativa innovadora nun ámbito de simulación onde os contidos versarán sobre a produción avícola. O tema que se formula para a formación a través desta ferramenta formativa é o da Produción Avícola, de grande importancia para o sector gandeiro e cun peso específico dentro da estrutura económica da comunidade autónoma de Galicia. Os contidos deste simulador son de interese para o colectivo ao que vai dirixido este proxecto como son os/ás desempregados/ás e ocupados/ás no sector avícola para que poidan reciclarse nos seus coñecementos que leven consigo á mellora da calidade no traballo avícola e así contribuír á mellora da produtividade e competitividade das empresas. A simulación permítenos equivocarnos sen consecuencias reais, o que permite repetir as experiencias ata lograr facer o correcto con acerto, o que xera unha maior capacidade de confianza na persoa que emprende unha formación co simulador. Ademais, é un produto que facilita o intercambio de contidos entre diversas plataformas e sistemas. A ferramenta servirá para aqueles/ás traballadores/ás que desenvolvan a súa ocupación ou posto de traballo nas seguintes categorías: Traballador cualificado en explotacións agropecuarias, Técnico agropecuario, Traballador de gandaría en xeral, Traballador da cría de aves e Traballador cualificado de granxas avícolas. A duración prevista para esta acción formativa é de 20 horas e en definitiva, son múltiples as vantaxes que a utilización de simuladores, pode reportar ás empresas na formación dos seus recursos humanos. O traballo realizase en red con outra entidade de reconocido prestixio no uso das novas tecnoloxías e dentro da orden de acción de acompañamento a formación da Consellería de Traballo e Benestar (Dirección Xeral da Formación e colocación).

11


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

GRANXAS ESCOLA A Fundación iniciará nos próximos meses a posta en marcha dunha escola de formación agraria, nas proximidades de Maceda, onde adquiriu un terreo de 61.000 metros cadrados, con instalacións porcinas, avícolas e cunículas. A inversión supón poder levar a cabo o concepto de “aprender, facendo” non baixo un ámbito teórico, senón real. Isto marca unha diferenciación notable no campo formativo xa que o ensino é eminentemente práctico. Así, conceptos como o manexo da explotación, a alimentación animal, o coidado dos animais, a prevención, a sanidade, hixiene, etc. serán desenvolvidos in situ e coa seguridade de estar a formar sobre escenarios o máis próximos á realidade dunha granxa. Nesta escola, poderán formarse alumnos de formación profesional, desempregados e persoal en activo, tanto por conta allea como autónomos, cooperativistas, e en xeral, persoas ligadas e interesadas nas tarefas agrícolas e gandeiras que terán na Fundación á súa escola de formación agraria. Os cursos estarán adaptados ás cualificacións profesionais da consellería de traballo o que posibilitará a obtención dunha formación certificada. Na seguinte edición, ofrecerase información máis detallada sobre os avances do proxecto.

PLAN DE DESENVOLVEMENTO DO CAPITAL HUMÁN EN COOPERATIVAS AGRARIAS EUROPEAS: O proxecto, no que a Fundación participa en calidade de socio xunto con outras entidades da economía social europea, como a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias española ou a Kaunas University of Technology, de Lituania, proporcionará aos membros de cooperativas ferramentas para axúdalos a xestionar, motivar e mellorar o traballo, así como adaptarse ás novas competencias requiridas polo mercado de traballo. O catálogo das competencias estratéxicas sobre as que se centra o proxecto, son o liderado (a motivación, iniciativa, empatía e autonomía), o pensamento estratéxico (a visión, apertura ao cambio, innovación e toma de decisións), o propósito (busqueda de obxectivos, mellora da aprendizaxe, procesos e xestión do conocmiento) e a cooperación (traballo en equipo, comunicación e manexo de conflitos). A través do proxecto piloto, traballarase sobre a detección de necesidades formativas concretas neste ámbito e as mellores solucións para lograr o desenvolvemento destas competencias. O traballo resultante, estará posto a disposición de todas as cooperativas europeas que desexen poñer en marcha un sistema de desenvolvemento do capital humano na súa organización.

EMPRENDER UN NEGOCIO, 5 PUNTOS CLAVE: En España, máis das metade dos sonos empresariais, fracasan no primeiro ano e só un 15% superan os 5 anos. ¿por que? Sergio Fernández, xornalista experto en coaching empresarial, revela 50 erros típicos no emprendemento dun negocio, que resume en 5: 1 Ser emprendedor é un estilo de vida. Sobre todo ó principio, necesitarás levar un estilo de vida austero, constante e responsable, xa que administrarás os teus recursos e o teu tempo. Céntrate no importante. Dedica tempo e esforzos a planificar, visualizar o futuro, formarte no teu, ten curiosidade polo ámbito e outros temas diversos ao teu. Fala dos teus sonos con persoas “posibilistas”, que vexan posibilidades onde a priori non as hai. A actitude non é a diso é imposible” senón de “como podemos empezar a traballar para que sexa posible”. Loita por conseguir o que queres, traballando duro.

12


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

2 Aprende “das películas de James Bond”. Aprender a vender é imprescindible como emprendedor. Comprender que vender é atopar o xeito no que podemos cubrir a necesidade doutra organización ou empresa é tan necesario como aprender a poñer e dar os prezos. Para isto último, serenidade como o de James Bond é a clave para non dubidar e facer mostrar ao cliente que o prezo é bo e correcto. Sé un optimista prudente, pero optimista. 3 Non hai maior atrevemento que ser ti mesmo. Os clientes queren persoas reais, de carne e óso, que fagan cousas interesantes, non xogues a ser outro, non copies. Simplemente, se ti mesmo. Sen extravagancias nin espaventos, simplemente ti mesmo. O teu negocio irá mellor porque resultarás crible. Pon paixón no que fas, créteo. Esa é a túa baza. 4 Ponte en barbeito. As hortas necesitan descanso para rexenerarse. Ti tamén. Traballar máis non significa que vaias obter mellores resultados. É necesario parar de cando en vez e tomar un tempo de barbeito para poder seguir producindo a pleno rendemento. Revisa os teus obxectivos, pregunta aos teus colaboradores, escoita activamente. E parate tomar impulso. É mellor, iso que seguir ás cegas. 5 Equivócate. Calquera persoa que fai, pensa, executa e toma decisións, equivocase. Equivocarse forma parte da vida. Pérdelle o medo a equivocarse. Toma decisións. Arrisca máis que onte. Fai algo que che de medo. Sal da túa zona de confort... e se te equivocas, por favor, aprende diso. É mellor equivocarse, que non facer nada.

Máis información, en: http://sergiofernandezlopez.blogspot.com

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

CALENDARIO ACCIÓNS FORMATIVAS 2010 ACCIÓNS FORMATIVAS

HORAS

PARTICIP

Alimentación (Capacitación agraria)

40

20

Asociacionismo comercial (Capacitación agraria)

30

20

Benestar animal. Explotacións

20

20

Bioseguridade

20

30

Empresa agraria (Capacitación agraria)

30

20

Xestión Técnico económica (Capacitación agraria)

30

20

Instalacións e manexo (Capacitación agraria)

30

20

Manexo do ovo

15

25

Manexo e nutrición do porcino. O engorde

20

25

Producción avícola de cebo

20

25

Relacións laborais /Prevención (Capacitación agraria)

30

20

Sanidade, hixiene e benestar animal (Capacitación agraria)

30

20

Sensibilización ambiental (Capacitación agraria)

30

20

Benestar animal para persoal de matadoiros

20

15

Elaboración de produtos e preparados cárnicos

150

15

Xestión de almacén e comercialización

90

15

Manipulación de alimentos

3

30

13


BOLETÍN SEMESTRAL FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA

ACCIONS FORMATIVAS

HORAS

PARTICIP

Microbioloxía alimentaria

8

20

Organizar unha unidade alimentaria

60

15

Procesos da industria cárnica

120

15

Novo plan xeneral de contabilidade

25

20

Axúdas para o desenvolvemento rural

15

30

Cooperativas como fórmula eficiente de autoempleo

15

25

Xestión de proxectos

20

12

Atención o cliente e técnicas de venta

15

56

Formador de formadores

15

12

Xestión do estrés

15

15

Xestión do tempo

12

15

Habilidades de xestión e dirección de equipos

16

40

Intelixencia emocional

15

20

Técnicas eficaces de presentación

15

15

Inglés

75

50

Alfabetización informática

30

15

Autocad

20

10

Excel

30

25

Fotografía dixital

20

15

Photoshop

20

10

Word

15

15

Xestión de residuos

15

12

Curso básico de prevención

30

15

Extinción de incendios

25

30

Extinción de incendios

8

30

Manexo de carretillas

12

12

Prevención de riscos laborais

10

90

Primeiros auxilios

25

20

Primeros auxilios

8

14

14


DOAZÓNS E AGRADECEMENTOS AGRADECEMENTOS: Cooperativas Ourensanas S. Coop. Galega, Cooperativa Campo Explotac. Comunitaria Sarreaus, Cooperativa Campo Explotación Comunitaria Sta loucia, Cooperativa Campo Explotac. Comunitaria Parada Ribeira, Cooperativa Agroganadera de la Piuca SCG , Cooperativa A Ponte SCG, Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona, Fundación CEO, Conselleria de Traballo e Benestar (Dirección Xeral de Formación e Colocación; Dirección Xeral de Promoción do emprego), Consello Galego de Cooperativas, Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria (Secretaría Xeral de Política Lingüística), Asociación galega de cooperativas agrarias (AGACA), Deputación de Ourense, Consellería de Economia e Industria, Servicio Galego de Colocación, Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), Consellería do Medio Rural, Fondo Social Europeo, Fundación Tripartita, Federación Española de Industrias de Alimentación e bebidas (FIAB), Conselleria de Cultura, (Dirección Xeral de Promoción e difusión da cultura), Cámara de Comercio e Industria de Ourense, Legaria (Xestión de ETT).

ENTIDADES BENEFICIARIAS DOUS PROGRAMAS LEVADOS A CABO POLA FUNDACIÓN: Asilo San José, Servas de María, Clarisas Vilar das Tres, Carmelitas Descalzas, Asilo Pontevedra “Virgen del Camino”, Asilo Cambados Nosa Sra Valvanera, Caritas Puente, Asilo Ribadavia, Asilo de Lugo “San Roque”, Asilo Carballiño, Asilo Verín, Parroquia Asunción, Parroquia Santa Teresita, Parroquia Cristo Rey, Parroquia María Auxiliadora, Parroquia Santísima Trinidad, Parroquia Fátima, Parroquia Carballeira, Parroquia Pio X, Casa Primera Infancia, Cáritas Xinzo, Colexio San Xosé-M.M Josefinas, Asociación Albor, Institut Superior D’ Entrepneurship Et de Gestion (ISEG), Université Internationale deas Diasporas Africaines (UNIDAF), Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre (Facultade de ciencias da educación de Ourense), Universidade de vigo. Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, Cáritas, Cimo, Cruz Vermella, Concello de Ourense, Asociación de Inmigrantes Senegaleses, Cooperativas Ourensanas S.Coop.Galega, Sumicor, Adecco, Industrias Frigorificas do Louro, Coren Grill, Gallega de Alimentacón S.A., Etisa, Coop A Piuca, Coop. Agroganadera Seoane.

15


CERTIFICACIÓNS OFICIAIS OBTIDAS POLA FUNDACIÓN Entidade Cultural de Galicia. Autorización oficial concedida pola Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Entidade autorizada para impartir programas de formación en materias de Benestar Animal. Autorización oficial concedida pola Consellería de Medio Rural. Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal. Entidade Prestadora de Servizos Sociais. Autorización oficial concedida por Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral. Entidade Socialmente Responsable. Autorización oficial concedida por Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral. Entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural en materia de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica. CERTIFICACIÓN ISO 9001: 2008

FUNDACIÓN GÓMEZ FRANQUEIRA TELÉFONO DE CONTACTO 988 36 94 11 E-mail: fundacion@fundaciongfranqueira.org

16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.