H a b i l i d a d e s e s c o m u n i c a t i v a s e n g a l e g o p a r a o m u n d o l a b o r a l
MANUAL
Entrevista de traballo
Gramática Pronomes Te/Che
Te Vinte o outro día Levoute no coche á casa
144
Complemento directo: O que viu: ti O que levou: ti
Che Vinche o embigo Levouche o libro que lle emprestaras
Complemento directo: O que viu: o embigo/A quen: a ti O que levou: o libro/A quen: a ti
Observa o que pasa se as frases se referisen a un el/ela Vino/vina o outro día Levouno/levouna no coche á casa
Vinlle o embigo Levoulle o libro que lle emprestara
Como podemos observar, te indica o complemento directo e che o indirecto. Aínda que na maioría de Galicia se fai esta distinción te/che, hai algúns territorios con falas cheístas onde empregan o pronome che tanto para complemento directo coma indirecto (a área lingüística fisterrá: Santiago, Fisterra, Tambre, Barbanza) e outros territorios con falas teístas só empregan o pronome te (zona de Tui e falas zamoranas). Aínda así, o habitual e o máis estendido é diferenciar estas dúas formas porque, ademais, facilitan a comprensión, e así se debe empregar na variedade estándar.