H a b i l i d a d e s e s c o m u n i c a t i v a s e n g a l e g o p a r a o m u n d o l a b o r a l
MANUAL
Introdución
Cada un dos temas do manual segue unha estrutura común: l Texto Cada unidade estará dedicada a unha situación comunicativa concreta que se pode producir no ámbito laboral e que se presentará cun texto. l Repara en Sobre o texto en cuestión traballaremos temas variados, coma a cohesión dun texto, as expresións empregadas, o léxico que aparece, etc. Trataranse tamén cuestións relacionadas coa gramática. l Gramática Apuntamentos básicos sobre a gramática do galego.
10
l Léxico Apartado no que o alumnado terá á súa disposición un breve léxico relacionado co mundo laboral. l Practicamos Actividades prácticas que serán levadas a cabo habitualmente en grupo e onde poremos en práctica os aspectos tratados en cada tema. l Exercicios Neste apartado traballaremos cuestións que aparecen no apartado “Repara en” (incluíndo exercicios de gramática), actividades de léxico, de pronuncia... l Consellos e recomendacións Ao final de cada unidade, presentaranse unha serie de consellos sobre linguaxe non verbal, sobre actitudes ou sobre como desenvolverse nunha situación concreta. Nos temas 5 e 7, correspondentes ao currículo, á carta de presentación e aos documentos laborais, a estrutura será: “Texto”, “Repara en”, “Exercicios” e “Consellos e recomendacións”. Ao final do manual, achégase unha proposta de avaliación final e continua, ademais dunha listaxe do vocabulario traballado no curso.