Manual de habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral - Manual Titor

Page 106

H a b i l i d a d e s e s c o m u n i c a t i v a s e n g a l e g o p a r a o m u n d o l a b o r a l

MANUAL

Reunión de traballo

Sobre os verbos en copretérito debemos salientar a acentuación de formas como dabamos, faciamos, diciamos e dabades, faciades, diciades. Teñen unha acentuación grave, non esdrúxula (aínda que en gran parte do territorio galego aparecen pronuncias do tipo dábamos, facíamos, dicíamos ou dábades, facíades, dicíades). En canto aos verbos ver e vir, debemos indicar o seguinte: na primeira persoa do pasado coinciden as formas: “eu vin” (vbo. ver) e “eu vin”(e non *viñen, do vbo. vir). As formas de segunda persoa (el, ela, vostede) son “ves” para ver e “vés”, con acento gráfico, para vir. A diferenza está en que no primeiro caso é unha vogal pechada e no segundo aberta (igual que el, ela, vostede vén do vbo. vir). Finalmente, a forma para el, ela, vostede é “viu” do verbo ver e “veu”para o verbo vir. Cómpre apuntar estes aspectos porque entre estes dous verbos ás veces aparecen confusións.

104

Léxico aboamento aboar abonar acredor -a albará alugueiro -a arrendamento cesamento calidade cota currículo custo cheque

danos e perdas débeda diminuír financeiro financiamento franquía garantir imposto investimento investir IVE non pago pagamento

prezo quebra recadar regulamento renda rendible perda subministración subministrar taxa venda polo miúdo venda por xunto


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Manual de habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral - Manual Titor by GaliciaAberta Emigracion - Issuu