Manual de habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral - Manual Alumno

Page 64

H a b i l i d e s c o m u n i c a t i v a s e n g a l e g o p a r a o m u n d o l a b o r a l

MANUAL

Comunicación por teléfono

Gramática Colocación do pronome átono

Posposto ao verbo

62

No principio dunha frase Díxome que non fose Óese moito ruído Oracións unidas pola conxunción e/ou Recolleuno na fábrica e levouno á casa Fixéchelo ti ou fíxoo túa irmá Con adverbios como onte, hoxe, mañá, aquí, antes, despois, agora, atrás, daquela... Mañá dígocho Despois falámolo Con infinitivos ou xerundios danse varias posibilidades Tranquilo, pódese facer/pode facerse Ándaa buscando/Anda buscándoa vPero, fíxate, hai tres posibilidades cando antes dun infinitivo vai unha partícula que o enlaza co verbo principal: Acabouno de amañar/acabou de amañalo/ acabou de o amañar

Anteposto ao verbo Oración negativa Non o atopei Nin o sei, nin me importa Con interrogativos e exclamativos ¿Como o fixeches? ¡Quen mo dera! Coa maioría dos adverbios: acaso, incluso, xa, seica, aínda, axiña, só, sempre, ben, cedo, mal, tarde... Aínda a vin onte Sempre o vexo a correr En frases con indefinidos: algo, alguén, ambos, bastante, calquera, mesmo, ningún, todo... Calquera lle di nada Alguén o dixo, non sei quen foi Nas frases dependentes doutras, introducidas por conxuncións, que, porque, como, xa que... ¿Por que non lle falaches diso? Espera, que te levo eu


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Manual de habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral - Manual Alumno by GaliciaAberta Emigracion - Issuu