Manual de habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral - Manual Alumno

Page 147

H a b i l i d e s c o m u n i c a t i v a s e n g a l e g o p a r a o m u n d o l a b o r a l

Apéndice gramatical

MANUAL

Formación do plural As palabras que rematan en vogal ou ditongo engaden un –s (musulmá/musulmás, lei/leis). Os estranxeirismos que rematan en vogal tamén forman o plural engadindo –s, ou ben respectan a forma de plural da lingua de orixe (hippy/hippys, hippies). As palabras que rematan en consoante: a. –n: Engaden un –s (camión/camións, pantalón/pantalóns). b. –l: 1. Os monosílabos engaden –es (cal/cales, mel/meles, ril/riles, sol/soles). 2. As palabras de máis dunha sílaba que non sexan agudas engaden –es (móbil/móbiles). 3. As polisílabas agudas engaden –is con perda do –l final (animal/animais, papel/papeis). 4. As palabras compostas que teñen como segundo elemento algún dos monosílabos do punto 1 engaden –es (xirasol/xirasoles). c. –r ou –z: Engaden –es (luz/luces, paz/paces). Os estranxeirismos seguen a regra xeral, aínda que aqueles que non están moi estendidos poden formar o plural engadindo –s (póster/pósteres, pósters). d. –s ou –x [ks]: As que rematan en –s forman o plural con –es (deus/deuses), agás as que rematan en grupo consonántico, que permanecen invariables (fax, luns). e. Noutras consoantes distintas das anteriores: Engaden –s (club/clubes, tic/tics, boicot/boicots).

145


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.