Catálogo da exposición "O Principiño ao redor do mundo - A colección de Carlos Casares"

Page 44

A FUNDACIÓN CARLOS CASARES

A Fundación Carlos Casares naceu por iniciativa da familia e dos amigos de Carlos Casares o 15 de xullo do 2002, apenas catro meses despois do seu inesperado pasamento, animada polo mesmo espírito que inspirou a súa vida e a súa obra. Naceu coa pretensión de constituír unha instancia para a reflexión sobre a sociedade e a cultura que nos tocou vivir, manténdose sempre ao servizo de Galicia e dunha convivencia democrática baseada no pluralismo, o debate libre e o diálogo aberto co mundo.

- O estudo e difusión da obra literaria de Carlos Casares e a preservación e continuidade da súa biblioteca, arquivo e coleccións.

Kristina Berg (1948-2012), viúva de Carlos Casares, foi a primeira presidenta da Fundación, encargándose dende o primeiro momento de velar polos obxectivos fundacionais:

- Realizar toda clase de actividades tendentes a afortalar o proceso de normalización lingüística e cultural de Galicia.

- A promoción e difusión do legado no que atinxe ao desenvolvemento cívico, social e cultural de Galicia. - Servir como entidade mediadora entre a cultura galega e a cultura universal dende criterios de apertura, pluralismo e respecto á diversidade cultural.

43


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.