Actas do Simposio Internacional Carlos Casares

Page 187

María Xesús Nogueira Pereira

á existencia porque el pensaba, como dixo nunha ocasión [...] [que] as horas máis felices son as do soño, aínda que logo se descubra sempre que o mundo dos soños, é dicir, a Idade Dourada, é imposible e que ó final está a morte agardando por todos nós. Contra esa traxedia inevitable, Cunqueiro pensaba que o humor era tamén unha maneira activa de consolarse. (1998: 71)

Algúns dos elementos que viñan caracterizando —as máis das veces de maneira negativa— a literatura de Cunqueiro, como o tratamento familiar e por veces paródico dos mitos, o humor ou a constante presenza dos soños, son interpretados á luz dunha poética que xorde da conciencia de que a traxedia está na propia vida e que é preciso construír “un monumento de soños para loitar contra ela, sabendo, eso si, que ó final resulta inútil, pois a morte consiste en deixar de soñar”. Fermosa explicación esta de Casares de moitos dos protagonistas soñadores6 que habitan na narrativa do mindoniense.

Escritores no inferno e no purgatorio Nas páxinas que Casares lle dedicou á literatura galega, hai un texto cun título que resulta especialmente axeitado para ilustrar o espírito con que se enfrontou á lectura da obra do mindoniense: “Escritores no inferno e no purgatorio”. Neste pequeno ensaio recollido n’Un país de palabras, Casares refírese a aqueles autores marxinados no seu momento, en concreto a Vicente Risco e a Álvaro Cunqueiro, sobre o que formula o seguinte comentario: Pero ademais [do pasado máis ou menos falanxista], a condenación tiña tamén moito que ver co carácter da súa obra literaria, incursa de forma ine­ quívoca no que daquela se chamaba literatura de evasión ou, dito de outro

6  Denomino soñador a un modelo de personaxe caracterizado pola súa centralidade na narración, pola imaxinación, a capacidade narrativa e, a miúdo, tamén pola idade e a dimensión literaria (Nogueira, no prelo).

186


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.