O soño de Mateo

Page 1

A creaci贸n do P贸rtico da Gloria


©Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 2011 ©Idea orixinal e texto: Francisco Prado-Vilar ©Debuxos: Rodrigo Chao Blanco Asesoramento científico: Juan Manuel Monterroso Deseño: Estudio4. Sofía F de Ana Imprime: euroGráficas Depósito Legal: ISBN: 978-84-9752-067-6

ÍNDICE

4

O SOÑO DE MATEO

4

ANEXO DIDÁCTICO

51

Quen é quen no Pórtico da Gloria

52

Glosario

54

Sabías que...?

55

Cronoloxía do Pórtico

56

Galería de imaxes

58


A creaci贸n do P贸rtico da Gloria

Idea orixinal e texto: Francisco Prado-Vilar Ilustraci贸ns: Rodrigo Chao 5


Aínda lembro aquel estraño soño que tiven hai moitos anos cando, cativado polas historias contidas nun vello códice, lin até caer sen folgos sobre o pergameo. As fabulosas imaxes que decoraban as súas páxinas comezaron a flotar ao meu redor, mentres unha voz pronunciaba o meu nome, Mateo.

6


7


Descendía, desorientado e confundido, por un profundo cantil, sen saber a onde me conducirían os meus pasos. Un eco fantasmal, formado por innumerables berros, provía do fondo escuro daquela barranca. Xeábaseme a pel e a alma ao escoitalo, mais á vez sentía unha irresistible atracción que me obrigaba a seguir descendendo.

Lembrei a historia que lera naquel vello manuscrito.Contaba como o heroe grego Ulises tivo que loitar para non sucumbir ante os cantos melodiosos das sereas, que intentaban arrastrar o seu barco cara aos agrestes cantís onde se encontraban, para provocar o seu naufraxio. 8


9


Avanzado o camiño, puiden ver ao lonxe un home e unha muller espidos. Totalmente desvalidos, eran perseguidos por formas monstruosas. Quen os condenaría a aquel lugar tan sinistro? Que terrible falta cometerían para mereceren tal castigo? Descubrín entón un home de ollada cálida e serena que descendía por unha inmensa escada de xeo e pedra. Quixen achegarme a el, preguntarlle se sabía que lugar era ese, pedirlle que axudase aqueles desgraciados mais, antes de que puidese chamar a súa atención, o ceo sacudiuse cun poderoso estrondo.

10


11


Un anxo xurdiu de entre as nubes, e fixo soar unha gran trompeta. O seu tanguido comezou a inundalo todo de inquedanzas, chegando até os confíns máis remotos daquel misterioso universo. Parecía como se esas notas foran o limiar de algo, non sabería dicir de que, á vez venturoso e terrible.

12


13


Sentín que a paisaxe ao meu redor ía mudando, tornándose griseira e tebrosa. Internábame nas profundidades dun lugar arrepiante e maligno, onde hordas de monstros se amoreaban preparadas para a confrontación. Como avanzada daquel exército, un oso de proporcións colosais ruxía con rabia, deixando ao seu paso un páramo de desolación. Caendo na conta da miña presenza, a besta volveuse cara a min con furia cega para darme caza. Quería fuxir, pero os meus pés parecían terse enraizado na terra, impedíndome correr, e deixándome a mercé da atroz criatura.

Pechei os ollos, negándome a ver a desgraza que me ameazaba. Suminme na escuridade. 14


15


16


Pasaron interminables segundos, mais o meu funesto final non chegaba. Con arreguizos, aínda que afoutado pola curiosidade, abrín os ollos de novo. Agora encontrábame no medio da gran batalla. Ao meu redor sucedíanse escenas arrepiantes, desesperadas loitas para fuxir de demos que mudaban constantemente de forma, homes que, petrificados polo medo, non podían evitar ser devorados. Pero no medio do balbordo percibín luces de esperanza, como aquel anxo que, con paso decidido, abríase camiño entre as tebras para rescatar un home das gadoupas dun monstro voraz.

17


Outro anxo ascendía velozmente cun neno no colo, escorrentando as bestas coa luz do seu facho. Posto a salvo aquel delicado ser, o anxo volvía descender á batalla para rescatar outros, e así unha e outra vez. 18


19


20


Ollei cara a arriba e observei, sorprendido e marabillado, como unha procesión de anxos con grandes ás ascendía nun remuíño de vento até perderse entre as nubes. Cada anxo sostiña un neno no seu colo, arrolándoo con tenrura nun voo en espiral para que acalmase. Cara a onde os conducirían?

21


Con tristura e impotencia comprobei que por cada persoa salva tres eran abatidas ferozmente polo diabólico exército.

22

Nunca esquecerei o temor que se debuxaba na faciana dunha rapariga ao ver, cos seus ollos inocentes, como todas aquelas persoas que non estaban sostidas por anxos precipitábanse sen salvación ao baleiro.Os seus berros de loucura mesturábanse cos estremecedores ouveos emitidos polo enxame de demos alíxeros que guiaba o seu descenso.


23


Aqueles que foran rescatados polos anxos camiñaban agora sobre as nubes, vestindo túnicas brancas e coroados con diademas douradas. Nas facianas dalgúns deles reflectíase unha inmensa paz interior. Outros amosaban un grande abraio ante a beleza que os arrodeaba, eses escintileos de multitude de cores que parecían irradiar de pedras preciosas e iluminar a alma. Sentín unha enorme ledicia cando vin que se encontraban nun lugar reconfortante e seguro. Estaba a ser testemuña do que lles acontecía os homes salvados na batalla.

24


25


26


Xusto cando meditaba verbo disto, achegáronse cara a min catro homes de porte sabio e nobre, que se prestaron a darme a resposta: – Saúdos, Mateo. Sorprendeume que souberan o meu nome, pero antes de que lles puidese preguntar como o conseguiran pescudar, proseguiron: – Debes estar confuso, viches demasiadas cousas en moi pouco tempo, pero tranquilo, todo ten unha explicación. Somos os Evanxelistas, o meu nome é Marcos, e acompáñanme Xoán, Lucas e mais Mateo. Este último sorriume con complicidade cando viu que nos chamabamos da mesma maneira, e díxome: – Hai moito tempo, demos testemuño da vida de Xesús entre os homes e mesmo dos seus sufrimentos. Xentes malvadas, movidas polo odio a quen non é coma eles, decidiron atormentalo: atárono a unha columna para azoutalo, cinguiron á súa cabeza unha coroa de espiños, para moquearse del, chamándoo falso rei, e nunha Cruz acabaron coa súa vida terreal.

27


28


Xoán tomou o relevo na narración: – Pero agora estes terribles obxectos aparecen no ceo transformados en símbolos do seu triunfo final. Estás a ser testemuña do regreso de Xesús logo de ter derrotado as forzas do mal, logo de ter vencido ao sufrimento e á morte. Non teñas medo, Mateo, as tebras e as dúbidas vanse esvaer e asistirás a un espectáculo marabilloso de Gloria celestial. E Lucas concluíu o relato: – Estas e outras verdades están contidas na Biblia, os nosos escritos conforman unha parte dela, o chamado Novo Testamento.

29


30


Ao discurso dos evanxelistas uniuse unha voz grave que xurdiu ás miñas costas. Virei e contemplei un grupo de anciáns de brancas barbas e facianas sucadas polas engurras do tempo. Un deles presentouse dicindo: – Atende ben, Mateo, son Moisés, e comigo veñen os profetas. Nós fomos os primeiros en anunciar a chegada de Xesús á Terra, e o noso testemuño tamén está recollido na Biblia, no Antigo Testamento. Coma se lese a miña mente, Moisés continuou falando, respondendo as miñas preguntas sen que tan sequera as chegase a formular. Díxome que o home e a muller que estaban a ser atormentados á miña chegada se chamaban Adán e Eva. Foran expulsados do Paraíso e condenados a aquel lugar frío e sinistro como castigo polos seus pecados. O home apracible e radiante que vin descendendo pola escada de xeo para rescatalos e conducilos á luz chamábase Xesús. Aínda estaba intentando asimilar esta información cando un dos evanxelistas, Mateo, engadiu: – Decatácheste de que os anxos levaban meniños no seu colo, verdade? Eses nenos son as almas dos homes xustos no seu camiñar cara ao ceo. Unha vez aquí o seu aspecto mudará de novo, vestirán túnicas brancas como símbolo da pureza do seu corazón, e diademas douradas como premio á súa virtude e ao seu triunfo sobre as forzas do Mal.

31


Ao escoitar mencionar o Mal arreguiceime, lembrando os terroríficos acontecementos que vivira recentemente, mais Xoán acalmou o meu medo con máis respostas: – O anxo que tanguía aquela gran trompeta anunciaba o comezo da batalla final entre as forzas do Ben e as do Mal. O oso que te atacou é tan só un símbolo desas forzas malignas, degoiradas sempre por facerse coa alma dos homes. Moisés continuou: – O mundo de tebras no cal estiveches sumido chámase Inferno, e a el son condenadas as almas dos homes que desobedecen os Mandamentos gravados nestas táboas de pedra. Lembras como arrincaban a lingua dun home? Era porque a usara para mentir, insultar e facer dano aos demais; e como cravaban as súas gadoupas na cabeza do outro? Débese a que as súas accións estaban guiadas pola envexa, e porque desexou o mal aos seus semellantes. Cada ataque demoníaco é o reflexo escuro do pecado que cada home cometeu na Terra. – Mais non todos os homes teñen o seu corazón escurecido polo mal, –continuou Xoán–. Ti mesmo observaches como moitas desas almas, aínda que caeran presas da súa debilidade, eran rescatadas polos anxos e elevadas á Gloria en xusta recompensa por ter levado unha vida de ben, e ter buscado, non só a felicidade propia senón tamén a dos demais. O Vello e o Novo Testamento entrelazábanse na conversa que estaba a ter lugar ante min. Os homes que vaticinaron a chegada de Xesús e os que describiron o seu periplo polo noso mundo camiñaban xuntos para explicarme todos os misterios que agochaban os sucesos que acababa de presenciar.

32


33


Mentres a miña mente estaba ocupada intentando comprender todas esas ensinanzas, un son sublime comezou a fluír nos meus ouvidos, acompañado dun perfume de deliciosa fragrancia que embriagaba os meus sentidos. Xoán amosoume a orixe de todas esas sensacións marabillosas. – Eses vintecatro anciáns que están ante nós son os encargados de tanguer a música divina que inunda o Ceo, e portan redomas con perfume que representan as oracións dos Santos. Agora mesmo están a afinar os seus instrumentos, mais non perdas 34

detalle, Mateo, pois dun momento a outro comezará o concerto.


35


Como ía perder detalle? Estaba encandeado! De entre todos aqueles instrumentos chamou a miña atención un que nunca vira e que requiría a intervención coordinada de dous dos músicos para produciren a súa melodía. Xoán díxome que se chamaba organistrum. O son do organistrum parecía chegar até o máis íntimo do meu corazón, harmonizando no meu interior as ensinanzas dos evanxelistas e dos profetas. 36


37


38


Comezado o concerto, o ceo inundouse dunha música de sublime beleza. Todos os presentes, evanxelistas e profetas, anxos e almas, enchéronse de gozo, arroubados ante ela. No medio das nubes formouse a luz máis brillante que xamais vira e, do seu interior, xurdiu a figura de Xesús. Cando o feixe luminoso que irradiaba do seu peito me alcanzou, sentín como si por fin se me revelasen todos os misterios do universo… e descubrín a forza que todo o move, o amor. Enchido dunha indescritible ledicia, espertei.

39


Tiven o soño que che acabo de contar cando tiña a túa idade. Logo duns anos, entrei como aprendiz no obradoiro dun escultor que estaba a traballar na construción da Catedral de Santiago de Compostela, o edificio máis fermoso do mundo! Propúxenme que no día de mañá sería quen de labrar a pedra e de crear estatuas cheas de vida que causarían o asombro en todo aquel que as contemplase. Un día entrou no obradoiro o rei Fernando II, quen chegara a Compostela para supervisar as obras da Catedral. Observei intrigado como o meu mestre lle pedía que se detivese ante unha das miñas esculturas e como, diante dela, conversaban con absoluta gravidade. Logo da súa marcha o meu mestre díxome con emoción: – Mateo, eu xa son vello e os meus ollos están cansos, axiña terei que deixar de traballar. Ti serás quen remate esta prodixiosa obra á cal dediquei a miña vida. Es o elixido para realizar o portal polo que entrarán os peregrinos procedentes de todos os currunchos do mundo, a gran fachada occidental. Só che pido que poñas na túa obra o esforzo, a fe e o amor que puxemos os que te precedemos.

40


41


42


Quixen que todos os peregrinos que cruzasen esta soleira visen na Pedra o meu soño e, desta forma, puidesen sentir a emoción e a ledicia que sentín eu ao observar aquelas marabillosas imaxes e entender o significado das ensinanzas que contiñan. Chamei á miña obra o Pórtico da Gloria porque representa o triunfo de Xesús sobre a dor e a morte, anunciado polos profetas do Antigo Testamento e confirmado polos apóstolos do Novo. Como ves, o Pórtico elévase sobre un inframundo habitado por eses monstros e bestas dos que che falei. Atemorizáranme no meu soño mais xa non teñen poder sobre min. Conseguín vencelos coa forza da miña imaxinación e agora xacen esmagallados baixo o peso da obra que creei.

43


44


Para expresar a felicidade que producira ese soño no meu corazón, fixen que varias figuras do Pórtico aparecesen sorrindo. Entre elas encontrarás a do profeta Daniel, que se converteu nun dos sorrisos de máis sona da Historia da Arte! Lin na Biblia que Daniel era un mozo coma min e, por iso, quixen que o seu sorriso fose o máis radiante e xovial. Que ledicia me levei ao ver o magnífico traballo que fixeran os pintores encargados de dar cor ás miñas esculturas! Cando lles dá o sol, brillan con todos os escintileos que contemplara no ceo: dourados, azuis, vermellos...

45


46


No centro do Pórtico coloquei a miña obra mestra; a estatua do apóstolo Santiago. Representeino sentado nun trono, recibindo todos os visitantes á porta da súa casa, a marabillosa Catedral de Santiago, dándolles a benvida cunha ollada cálida e amable que reflicte a bondade divina que observei no ceo. Cun grande esforzo esculpín o granito até conseguir que a súa túnica semellase lene, aveludada e vaporosa como as nubes sobre as cales flotei no meu soño.

47


Se baixas á cripta sobre a cal se sustenta o Pórtico, descubrirás que representa o noso mundo. Mesmo como na terra onde vivimos atoparás nela multitude de figuras de homes, mulleres, animais e toda clase de plantas... e até sereas! Se ollas cara a arriba observarás, no centro das bóvedas, dous anxos que sosteñen imaxes do sol e da lúa, xa que, a diferenza da Gloria que está iluminada por un resplandor divino e eterno no cal non hai noite, o noso mundo necesita os astros para que o iluminen. 48


49


Logo de ascenderes polas misteriosas escadas chegarás á tribuna que se encontra xusto por riba do Pórtico. É un espazo maxestoso, amplo e resplandecente, coroado por unha gran bóveda en cuxo centro hai unha lámpada decorada co Año de Deus, símbolo da luz divina que nunca se apaga.

50


Estou seguro de que a luz que me iluminou naquel soño e me acompañou no meu espertar, a que guiou a miña man para tallar a pedra coa que din forma ás imaxes que se albergaban na miña mente, inspirarache. O Pórtico da Gloria xa non me pertence senón que é patrimonio de todos, pois cada persoa que o contemplou ao longo dos séculos, coma ti agora, volveuno crear coa súa ollada. Marabíllate ante toda a catedral que o alberga, gózaa e cóidaa, porque tamén é túa. A ela acoden peregrinos dende todas as partes do mundo e, polo tanto, contén a beleza dos soños e das esperanzas de moita xente. Volve ollar con detemento o Pórtico, descobre os seus segredos, observa como falan entre elas as súas figuras, e lembra que, co seu sorriso, están a animarte para que te esforces en aprenderes, en pensares, en creares! Conseguirás, desa maneira, facer realidade os teus propios soños. Fin 51


52


ANEXO DIDテ,TICO

53


6

4 3 5

5

8 10

1 7

2

2

11 12

14

54

15


Quen é quen no

PÓRTICO DA GLORIA 9 10 7

1. Cristo redentor amosando as súas chagas como símbolos do triunfo sobre a dor e a morte 2. Anxos portando os instrumentos da Paixón. 3. Os evanxelistas escribindo sobre os seus animais simbólicos. 4. Anxos portando botafumeiros. 5. Benaventurados na Gloria. 6. Os 24 anciáns do Apocalipse afinando os seus instrumentos e portando redomas de perfume. Na clave do arco está o organistrum.

13

7. Anxos conducindo as almas dos benaventurados cara á Gloria. 8. Baixada de Cristo aos infernos para salvar os xustos que morreron antes da súa chegada á terra. 9. Xuízo Final con Cristo e San Miguel dividindo os benaventurados dos condenados. 10. Anxos trompeteiros anunciando o Xuízo Final. 11. Pilar dos Profetas. 12. Apóstolo Santiago sentado nun trono portando o báculo dos arcebispos composteláns. 13. Piar dos Apóstolos. 14. Árbore de Xesé amosando a xenealoxía humana de Cristo até a Virxe María. 15. Osos, lobos, grifóns e leóns como símbolos do mal. 55

15


Glosario

VOCABULARIO DE INTERESE

APOCALIPSE (do grego, revelación)

Recibe este nome o último libro do Novo Testamento, onde San Xoán relata unha visión na cal se lle revelou como sería o Xuízo Final, a condena dos pecadores e a gloria que agarda os xustos. Describe algunhas escenas que se poden ver no Pórtico, como os 24 anciáns con instrumentos musicais, os anxos con trompetas que anuncian os desastres ou as bestas que serán finalmente derrotadas.

CÓDICE (do latín codex, na súa orixe a casca dunha árbore, despois libro encadernado).

Na mesa onde le Mateo hai varios códices, nome co que se coñecen os libros medievais, que estaban escritos a man e por iso chámanse tamén manuscritos. As súas páxinas non estaban feitas de papel senón de pergameo, un material de orixe animal, máis duro e con gran capacidade de resistencia. EVANXELISTAS (do grego, boa nova)

APÓSTOLOS (do grego, emisarios)

Coñécense como Apóstolos, aos doce discípulos que seguiron Xesús durante a súa predicación na terra e que se encargaron de estender as súas ensinanzas por todas as partes do mundo. Segundo a tradición, o Apóstolo Santiago predicou en España e os seus restos descansan na cidade de Compostela. BIBLIA (do grego, libros)

Conxunto de libros considerados sagrados polos cristiáns. Componse do Antigo Testamento, que agrupa os libros sagrados do pobo de Israel antes da chegada de Xesús Cristo e do Novo Testamento, que contén, entre outros libros, os catro evanxeos e o apocalipse.

56

Os Evanxelistas son Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, autores dos catro libros do Novo Testamento onde se relata a vida de Xesús. MINIATURAS (do latín minium, tetróxido de chumbo)

Con este nome coñécense as ilustracións que decoran algúns códices medievais. Estas miniaturas, ou iluminacións, posuían unha gran riqueza cromática por estar feitas con ouro, prata e outros pigmentos, como o “minium”, un pigmento vermello do cal deriva a palabra “miniatura”. PERGAMEO

Material do cal están feitas as páxinas dos libros medievais. É unha pel de animal especialmente tratada (raspada e puída) para poder escribir sobre ela.

PROFETA

É unha persoa que di ter recibido unha revelación directa de Deus e que serve como intermediario entre El e o resto dos homes. REDOMA

Vasilla de vidro con base ancha que vai estreitándose pouco a pouco cara ao colo. Na Idade Media, utilizábanse para gardar líquidos prezados como perfumes. ULISES

Heroe grego que participou na Guerra de Troia e que se tivo de enfrontar a moitos perigos na súa navegación a través do Mediterráneo até regresar ao seu fogar, na illa de Ítaca. Un dos episodios máis famosos da súa viaxe, contado polo poeta grego Homero na Odisea, é o seu paso preto dos perigosos cantís onde se encontraban as sereas.


Sabías que...? A construción da Catedral de Santiago comezou en 1075, moito antes do nacemento de Mateo. Iniciáronse as obras pola zona próxima ao altar maior, onde hoxe está a Porta Santa, e avanzaron pouco a pouco cara a occidente, até quedar concluído o transepto, que é o brazo curto da gran cruz latina que forma a planta da catedral, arredor de 1110. A ambos os lados do transepto da Catedral erixíronse dúas grandes portadas decoradas con multitude de esculturas: a Porta Francíxena ao norte (hoxe chamada fachada da Acibecharía) e a Portada das Praterías, ao sur, por onde se accedía á cidade medieval. A través da fiestra do cuarto onde está a ler Mateo podes ver parte da Porta Francíxena, por onde entraban á catedral todos os peregrinos que chegaban a Santiago polo camiño que viña de Francia. Diante dela había unha praza cunha gran fonte e un mercado. Na portada había figuras de seres fabulosos que sucaban os ceos voando ao lombo de aves xigantes e personaxes procedentes da mitoloxía clásica como centauros e sereas (aínda podes ver algúns deles na Portada das Praterías e no Museo da Catedral).

Hai poucos datos sobre a vida de Mateo. É posible que, como conta a nosa historia, se formase como aprendiz nos obradoiros da catedral, xa que demostra un coñecemento profundo das obras que se realizaran antes de que el se convertese no principal arquitecto. Quizais nalgún momento da súa vida viaxase ao estranxeiro para completar a súa educación, e vise os edificios que se estaban a construír en Francia e Italia. Ao seu regreso a Santiago puido aplicar todos os seus coñecementos na creación da súa grande obra, o Pórtico da Gloria. Mateo gabábase tanto do Pórtico que deixou esculpido o seu nome nunha inscrición en pedra, onde nos di que o rematou o 1 de abril de 1188 e que o construíu dende os alicerces, é dicir, dende a cripta. Concibiu o Pórtico como unha materialización da cidade sacra descrita por San Xoán no Apocalipse, onde di: “A cidade non necesita do sol nin da lúa para que se ilumine, porque a ilumina a Gloria de Deus, e a súa lámpada é o año…. As súas portas non se pecharán co día – porque alí non haberá noite – e traerán a ela o esplendor e os tesouros das nacións”. Por iso, Mateo colocou dous anxos sostendo un sol e unha lúa nas bóvedas da cripta, xa que representa o mundo terreo, mentres que na bóveda da tribuna, a parte celestial, situou un Año de Deus.

Os vinte e catro anciáns descritos por San Xoán no Apocalipse represéntanse no Pórtico con instrumentos da época de Mateo de maneira tan realista e con tanto detalle que, grazas a un proxecto da Fundación Barrié, que reuniu expertos de todo o mundo, puidéronse reconstruír para ser usados en concertos de música medieval. Para construír o Pórtico empregáronse até catro tipos distintos de granito, que procedía dunhas canteiras próximas a Compostela. Unha vez talladas, as esculturas pintábanse. Para iso aplicábase sobre a pedra unha pasta que alisaba a superficie e a preparaba para reter as cores. Ouro, azul, vermello, amarelo e verde foron as cores principais que daban vida ás teas, obxectos e corpos. Hoxe apenas se aprecian pois o paso do tempo e a humidade os teñen danado gravemente. A restauración dunha obra mestra como o Pórtico é lenta e custosa e interveñen nela especialistas con coñecementos de historia da arte, química, física, bioloxía, arquitectura, conservación e restauración, fotografía, cantaría...

57


Cronoloxía do Pórtico 1603 Derrubamento do coro pétreo do Mestre Mateo

1520 Instalación de portas de madeira no nártice da Catedral de Santiago

1211

Consagración da catedral románica de Santiago de Compostela

1075 997

Comezo das obras da catedral románica de Santiago

Razzia de Almanzor

899 Remate da basílica mandada construír por Afonso III

830 Achado do Sepulcro Apostólico

58

1188

1112 Derrubamento definitivo da igrexa prerrománica

Instalación dos linteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo

1168 O rei Fernando II outorga a Mateo un privilexio polo cal recibirá unha paga vitalicia para que continúe o seu labor ao mando das obras da catedral.


1606

Construción da escada que dá acceso á Praza do Obradoiro por Ginés Martínez

1651 Encárgase a Crispín de Avelino a reposición da policromía dalgunhas imaxes

1738-1750 Baixo a dirección de Fernando de Casas constrúese a fachada do Obradoiro

1992-93 1866 Domenico Brucciani fai baleirado en escaiola do Pórtico da Gloria para o actual Victoria & Albert Museum

1898 A Arundel Society publica unha escolma das fotografías tomadas por Thurston Thompson

Primeiros estudos sobre a deterioración do Pórtico da Gloria acompañados de traballos parciais de restauración

2006

Inicio do Programa Catedral de Santiago. O primeiro proxecto integral de conservación preventiva e restauración do Pórtico da Gloria

2010

Ano Santo Compostelán

2011

800 Aniversario da consagración da Catedral

59


GalerĂ­a de imaxes

60


61


62


63


64


65


66


67


68


69


70


71


72


73


74



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.