REVISTA QUINSA XXIX

Page 1


-2-

Eiquí estamos de novo con outra edición da nosa revista Quinsa. Un ano repleto de traballo que enche estas páxinas. Moitos foron os cambios que se produciron durante este curso: - Inauguración do proxecto plurilingüe, grazas a el contamos con Ash, unha auxiliar de conversa que nos axudou co inglés. - Chegou o comedor, coa axuda da ANPA e estreamos tellado novo. - Pero non todo foron novidades, senón que tamén nos deixou a nosa compañeira e amiga Mina, despois dunha longa traxectoria como mestra de Quintela. Cada recanto deste colexio quedou impregnado da túa paixón polo ensino. Grazas Mina pola túa adicación e cariño. Quero desexarlle ao noso alumnado de 6º de Primaria toda a sorte do mundo na súa nova andadura. O colexio terá as súas portas abertas para vós. Non quero rematar esta editorial sen despedirme de toda a comunidade educativa, pois tras 8 anos deixo a dirección do Centro. Oito anos onde din o mellor de min con acertos e erros pero sempre pelexando por un ben común: a educación do noso alumnado. Este período que hoxe remata non tería sido posible sen Chus, a miña grande amiga, a miña complice incondicional e leal, e Fran, o meu compañeiro de vida e batallas. Grazas aos dous por facer equipo, por estar sempre ao meu carón, por axudarme a levar as complicacións, sen vós nada disto tería sentido. Grazas aos meus compañeiros pola súa entrega, por facilitarme as cousas e por remar xunto a min todos estes anos. Por suposto, o meu agradecemento á ANPA e ás familias, así como ao alumnado, por seguir crecendo connosco. Resta dicirvos que seguirei eiquí, loitando coma sempre, por unha educación pública de calidade. E coma non, darlle a benvida ao novo Equipo Directivo.

QUINSA XXIX


-3-

DURANTE ESTE CURSO, INICIOUSE O PLURILINGÜISMO NO CENTRO, NAS AULAS DE 4º, 5º 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E EN 1º DE PRIMARIA, DENTRO DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA. É LEVADA A CABO POLO MESTRE FREIRE, EN COORDINACIÓN COA MESTRA DE IDIOMA EXTRANXEIRO, TEACHER BLASI. OS ALUMNOS/AS CONTAN AMAIS, CUNHA AUXILIAR DE CONVERSA NATIVA, PARA FAVORECER NAS AULAS A APRENDIZAXE DE INGLÉS, DE FORMA NATURAL E LÚDICA. TAMÉN LÉVASE A ACABO A METODOLOXÍA CLIL, PARA A REALIZACIÓN DE DIFERENTES TAREFAS, E ESTÁ A SER UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA, PARA TODOS E TODAS OS/AS PARTICIPANTES.

QUINSA XXIX


-4-

QUINSA XXIX


-5-

NAS AULAS DE INGLÉS

EN EDUCACIÓN FÍSICA

QUINSA XXIX


-6-

VISITAMOS APROINPA, A ASOCIACIÓN DE PANADEIROS/AS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

QUINSA XXIX


-7-

DEPORTE E ALIMENTACIÓN SAUDABLE: O TEMA DO NOSO PROXECTO ANUAL

QUINSA XXIX


-8-

AS VISITAS DAS NOSAS FAMILIAS:

OS OBRADOIROS

QUINSA XXIX


-9-

VISITOUNOS A COMPAÑIA "POLO CORREO DO VENTO" E ILUSTRÁRONNOS A VIDA DE ROSALIA CASTRO

ALMORZOS SAUDABLES: PLAN XERMOLA

QUINSA XXIX


- 10 -

ANFACO

QUINSA XXIX


- 11 -

QUINSA XXIX


- 12 -

A NOSA FROITERÍA

QUINSA XXIX


- 13 -

Este ano no cole de Quintela desenrolamos o proxecto da alimentación e o deporte. Con respecto ao deporte, o alumnado de primeiro, investigamos a un tenista Vigués que compite en cadeira de rodas: Martín de la Puente. Aprendemos del, que ante as dificultades un ten que aceptar a situación que lle toca vivir, adaptarse as novas circunstancias e vivir con elas: Na vida podes ver o que sucede como un

recolectora e pasaron a ser unha sociedade sedentaria, deixaron de andar dun lado para outro para crear os primeiros asentamentos.

terminouse ou como unha oportunidade de cambio e ou de mellora. Martín de la Puente é un campión e todas e todos nós tamén podemos... Con respecto á alimentación, traballamos os cereais e os que puidéchedes asistir á exposición que se fixo o día 11 de xuño, poderedes valorar todo o que nos ensinaron as alumnas e alumnos de primeiro. Pero hai algo que aprenderon no noso traballo e que non saíu na exposición ... Os cereais foi o primeiro cultivo que levou a cabo o ser humano. Os nosos antepasados vivían nunha sociedade cazadora-

Reflexionamos sobre como se nos conta a historia e démonos conta de que si os homes ían a cazar foron as mulleres as que observaron como crecían certos vexetais (os cereais) dos cales nos alimentabamos. Foron as mulleres quen de plantar e por tanto foron motor de cambio social e histórico ate o punto de revolucionar a sociedade daquel momento e plantar o xerme da estrutura da nosa sociedade actual, apareceron os primeiros asentamentos e a necesidade de ordenar a convivencia de diversos clans familiares que se unen para sobrevivir. Quizais esta foi a aprendizaxe máis destacada do estudo dos cereais: o papel fundamental e transformador da muller na historia. QUINSA XXIX


- 14 -

Choveu na nosa aula: Quentamos auga e saĂ­u vapor O vapor chega a unha zona frĂ­a e cae a chuvia...

Aprendemos a almorzar como debe de ser...

QUINSA XXIX


- 15 -

As nenas e os nenos de MINA.

, despedimos en decembro a nosa mestra, DOÑA

E dende este pequeno recuncho querémoslle agradecer profundamente a axuda que nos prestou. GRAZAS por darnos ás para comezar a voar ao igual que aos vermes de seda. E Agora xa temos no cole unha moreira ademáis é unha boa lembranza túa.

para apañarlle aos gusanos a súa comida e

E así entre festa e festa, traballo e traballo foi pasando o ano…

QUINSA XXIX


- 16 -

RADIO

NADAL

ENTROIDO EXPERIMENTOS

CARREIRA SOLIDARIA

LECTORES

QUINSA XXIX


- 17 -

Este ano o proxecto do cole é “A saúde é a nosa meta” dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega decidiuse que cada curso traballara un deportista galego que practicase un deporte minoritario. A clase de terceiro escolleu a Francisco Javier Gómez Noya, triatleta, cinco veces campión mundial, prata nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012 e catro veces campión de Europa. Aquí está o resultado dalgúns dos traballos dos nenos/as de terceiro.

QUINSA XXIX


- 18 -

QUINSA XXIX


- 19 -

QUINSA XXIX


- 20 -

Durante este curso o alumnado de terceiro estivo reflexionando sobre a igualdade de xénero, que sempre debe comezar na casa de cada un. Noa, unha rapaza da fundación Érguete, traballou dúas sesións con nós. Os nenos/as de terceiro debuxamos a nosa cara e o noso corpo, ninguén podía ver o debuxo do seu compañeiro/eira, era totalmente individual. O debuxo representábanos a nós. Aquí temos o resultado.

QUINSA XXIX


- 21 -

A conclusión que sacamos é que a maioría das nenas debuxáronse a si mesmas con vestidos, melenas longas e brillantes, rodeadas de flores e xogando a corda. Os nenos vestían roupa deportiva e a maioría xogaba ao fútbol. Noa preguntounos porque ningunha rapaza se fixera a si mesma xogando ao fútbol, nós contestamos: “preferimos vestir con outra roupa máis chula”. Entón preguntou: “Cantas futbolistas mulleres coñecedes? Os rapaces, contestaron algúns nomes como Vero Boquete ou algunha muller que xoga no Barcelona pero cando Noa preguntou o nome de futbolistas masculinos, nenos e nenas non paraban de dicir nomes....a lista era infinita! É certo que tanto nenos como nenas compartimos xogos coma: a pelota, o escondite, o xogo da pita ir ao parque ou xogar aos videoxogos. Pero o certo é que as nenas son máis de saltar a corda, xogar coas bonecas, inventarse historias, xogar as cociniñas ou se disfrazan. Despois parámonos a pensar: “É iso certo? Os nenos non xogan as cociniñas? Nin saltan a corda? Non pode ser...si que xogan, claro que si! Onde está a diferenza e por qué temos eses pensamentos tan ridículos? Pois a resposta está clara porque é o que escoitamos dende pequeniños. Seguimos tratando este tema, tiñamos un folio con moitos debuxos: un libro, patíns, cochiños, un mandil, unha corda, un balón de baloncesto, un spiner, un xogo de fortnite, unha prancha, unhas acuarelas…..no medio dos debuxos había a imaxe dun neno e dunha nena. Noa pediunos que clasificaramos os obxectos, Non pensamos por un intre que os obxectos podían ser para nenos ou nenas, non importaba o sexo. Por suposto a maioría relacionou as nenas cos libros e co mandil e os nenos co xogo do fortnite e os coches. Fixemos moitas actividades máis, e sobre todo debatemos a medida que ían xurdindo ideas. Pero o que está claro é que educar en igualdade ten que comezar na casa. As familias teñen a responsabilidade de educar no exemplo, coidando as palabras e os comportamentos machistas. Escoitando frases como “ O fútbol é de chicos”, “ O ballet é de chicas”, “Esas cousas son de neno, non sexas marimacho”, “As bonecas son de nena”, “Pelexas coma unha nena”, “Non chores co fermosa que es ti”.....uff a lista non para, tamén se escoita” Carai que forte eres para ser unha nena”, “Eres o home da casa, tes que coidar da túa nai”. Claro o home coida e protexe a muller!!! Aínda que a violencia machista segue e segue..... O que está claro é que tanto pais coma profes deben educar en igualdade.

QUINSA XXIX


- 22 (4º de Primaria) Inventamos unha lenda que explica, con moita imaxinación, por que as flores teñen cores chamativas. POR QUE AS FLORES TEÑEN CORES?

Todas as flores eran iguais. Todas eran grises. As abellas non se sentían atraídas por elas e so visitaban as flores cando tiñan moita fame. Moitas flores non eran fecundadas e as plantas tiñan poucos froitos. A primavera era unha estación triste e aburrida. O Sol estaba triste e había poucos días soleados. Un día o Sol decidiu falar coa Nai Natureza, e logo de moito pensar, acordaron pintar as flores de cores alegres e chamativas. A gora os insectos visitaban cada día moitas flores. Houbo moitos froitos e moitas plantas. Así, a primavera converteuse nunha estación alegre. Ilustración de Paula 4º.

QUINSA XXIX


- 23 -

Creamos poemas. COMO FACER UNHA HORTA

COMO TER AMIGOS

Para facer unha boa horta fan falla os seguintes

Para ter amigos fan falla

ingredientes:

os seguintes ingredientes:

O primeiro, un terreo chan. O segundo, unhas sementes. O terceiro, plantar.

O primeiro, ser boa persoa. O segundo, prestar as túas cousas. O terceiro, non pegar aos compañeiros.

O cuarto, regar cunha regadeira. O quinto, un libro de texto que explique como facer unha boa horta. O sexto, esperar e regalas

O cuarto, non insultar, porque se non te insultarán a ti. Se fas estas cousas terás amigos. Ou polo menos disfrutarás de compañía!

algún día máis.

Roi e Alba (4º)

O sétimo, deixar que crezan. Se fas estas cousas obterás un montón de comida.

COMO SER UN BO DEPORTISTA Para ser un bo deportista fan falla os

E disfruta dos manxares!

Elsa e Raúl (4º)

seguintes ingredientes: O primeiro, elixir un deporte. O segundo, comprar roupa de deporte. O terceiro, entrenar moito. O cuarto, un bo equipo. O quinto, un entrenador que sepa moito. Se reunes estes ingredientes gañarás moitos trofeos.

Victor e Mauro (4º)

Ilustracións de Ana Lía e Mauro 4º

QUINSA XXIX


- 24 -

(4º de Primaria)

O QUEIXO O queixo é un dos lácteos máis consumidos a nivel mundial. Ten sobre todo proteínas e graxas. Fabricación: ao leite engádenlle unhas enzimas que se chaman callo. Fan que o leite calle ( o callo natural obtense dos estómagos dos tenreiros que aínda se alimentan so de leite). Logo separan o soro e deixan o queixo madurar. Durante este tempo os microorganismos actúan no seu interior producindo novos sabores, olores, cores e texturas … Segundo o proceso de maduración poden ser: Frescos: non teñen un tempo de curado, son o resultado do callado do leite propiamante dito. Consúmense logo de elaborados. Son os que teñen máis contido acuoso e menos graxas. Semicurados: son os que tiveron un tempo de curación de dous a tres meses. Redúcese considerablemente o contido acuoso do queixo e se concentran todo tipo de nutrientes. Ten máis proteínas e tamén máis graxas. Curados: son aqueles que maduran entre catro e sete mese. Son os que menor proporción de auga e soro de leite concentran. Son os que teñen máis proteínas e máis graxa.

QUINSA XXIX


- 25 -

ALGÚNS TIPOS DE QUEIXO Existen moitos tipos de queixos. Algúns dos máis coñecidos son o manchego, burgos (queixo fresco), cabrales (ten na súa pasta mofos que lle dan unha cor entre o azul e o gris verdoso), mozzarella (italiano), gouda (holandés), camembert (francés), emmental (suízo), cheddar (ingles)…

Un

queixos galego

con denominación de orixe: A tetilla: o queixo tetilla é un dos queixos máis representativos da gastronomía de Galicia. Está elaborado fundamentalmente con leite pasteurizado de vaca das razas galegas. Véndense en pezas con forma de pezón aproximado de 1kg. Os maestros queixeiros modelaban os queixos coa man. O leite cállase e quéntanse entre os 28 e os 32 ºC, se lle botan callos naturais. Cando está firme énchense os moldes ou cuncas para que expulse o soro, o proceso finaliza co salgado das pezas na salmoira.

QUINSA XXIX


- 26 -

María Ulla Couñago, 5º

QUINSA XXIX


- 27 -

MULLERES GALEGAS DEPORTISTAS

María Jesús Lago, máiscoñecida como Chus lago, naceu en Vigo o 25 de decembro de 1964. Aos once anoscomeza a sair á montaña coseupaiaoVixiador, un outeiroás aforas de Vigo. Máis tarde empeza a realizar saidasnacionais e internacionais (Pirineos, Andes, Hilamalla…). En 1997 coroa o seuprimeirooitomil, o ChoOiu. En 1999 escalou o Everest senosíxeno. En 2009 cruzou o Polo Sur, sendo a primeira española en alcanzalo tras 59 días de travesía. Desta aventura grabouse o documental “Chus Lago: soa ante o xeo”. O 10 de setembro de 2016 xunto con Estela Estevez, Silvia Rey e Verónica Romero, comezouunhaviaxe de 200Km naslagoasconxeladas de Laponia. O motivo desta travesía foi concienciar ápoboación sobre o cambio clomático e o seus efectos no planeta. Para realizar esta expedición inspirouse no aventureiro inglés ErnestShacheeton. No 2019, xunto con Verónica Romero e Rocío García, culminou a travesía do Lago Vaikal cruzando de sur a norte e recorrendo 640km enfrentándose a temperaturas de -50º. Este lago é o máisantigo e a reserva de auga doce máis grande do planeta.

Ademáis de alpinista é escritora, sendo autora de libros como “Everest fuera de la Tierra”, “Una mujer en la cumbre” e “Sobre huellas de gigante”.

5º CURSO

QUINSA XXIX


- 28 -

QUINSA XXIX


- 29

COCIÑANDO CO SOL FACEMOS UN FORNO SOLAR

-

(6º PRIMARIA) Tras investigar durante este curso sobre a alimentación ecolóxica, o alumnado de 6º curso decidimos fabricar un forno solar para cociñar os alimentos de maneira cen por cen ecolóxica. Un forno solar é un artefacto doméstico que serve para quentar e cociñar alimentos empregando a enerxía solar. A enerxía solar é a fonte de enerxía máis limpa da que dispón a humanidade e podemos aproveitala de maneira sinxela e económica. COMO FUNCIONA?

O funcionamento do forno solar baséase nas propiedades da luz de ser reflectida, transmitida e absorbida e tamén na conversión da radiación solar en enerxía calorífica. Por iso a caixa debe ter unha tapa transparente para deixar pasar a luz solar, ademais de paredes reflectoras (forradas de papel de aluminio, que axudan a capturar máis radiación) e un panel orientable que fará efecto espello. Grazas ao efecto invernadoiro no interior do forno prodúcese unha elevación da temperatura. O illamento da caixa permite que se manteña o calor, acadándose facilmente temperaturas de 120 °C dentro do recipiente de cocción. QUINSA XXIX


- 30 -

Por último, utilizaremos un recipiente de cor negra, preferentemente mate, que absorberá esa enerxía. Canta máis superficie negra, máis luz se transforma en calor. O tempo de cociñado dos alimentos nun forno solar é superior ao dun forno convencional. Os recipientes de cocción deben estar sempre tapados. Tamén se pode cociñar utilizando dúas bandexas negras iguais, empregando unha como recipiente e outra como tapa. UTILIDADE Ademais de para nós, o forno solar pode ser moi útil para persoas con escasos recursos e para os países en vías de desenvolvemento. Segundo un informe da FAO, nos países pobres, cerca de 1.500 millóns de persoas non dispoñen do combustible necesario para cociñar, así como para pasteurizar a auga e facela potable. Cómpre poñer en práctica solucións alternativas. O emprego da enerxía solar pode axudar a rematar con este problema.

QUINSA XXIX


- 31

VANTAXES

-

 É doado de facer.  Funciona exclusivamente con enerxía solar.  Está realizado principalmente con materiais reciclados e o seu custo é moi baixo.  Pódese transportar facilmente.  Favorece o aforro, pois funciona cunha enerxía renovable.  Os alimentos cocíñanse lentamente, conservando todos os seus nutrientes.  Evita o uso de hidrocarburos e outras fontes de enerxía que contaminan o planeta.  Non hai risco de que se queime a comida ou se produza un incendio no caso de que nos esquezamos dela.  É un sistema eficaz e ao alcance de todas as persoas. Algúns dos pratos que podemos cociñar no forno solar son: pizzas, verduras, pan, ovos… É moi adecuado para cociñar alimentos ao vapor e guisos a “lume lento”.

QUINSA XXIX


MATERIAIS NECESARIOS

- 32 -

-

 Dúas caixas de cartón de distinto tamaño, pero similar.  Pranchas de cartón e papel de xornal.  Papel de aluminio.  Cola branca.  Cinta americana (negra para o exterior e de aluminio para o interior).  Lámina plástica transparente.  Un arame duns 30 cm.  Un recipiente de cor negra con tapa para introducir os alimentos. Para a súa fabricación inspirámonos no deseño feito nos anos 70 pola científica estadounidense María Telkes, pioneira en tecnoloxía solar.

PASOS PARA A SÚA FABRICACIÓN  Illamos as paredes e o fondo dunha caixa de cartón con pranchas de cartón e papel de xornal, dándolles un espesor duns 5 cm. Podemos usar dúas caixas de diferentes dimensións, introducindo unha dentro da outra e enchendo o espazo sobrante con ditos materiais. É fundamental un bo illamento para que a temperatura no interior non descenda.

QUINSA XXIX


- 33 -

 Forramos o interior da caixa con papel de aluminio pegado con cola branca diluída ao 50% con auga, deixando á vista a cara máis brillante. Solaparemos os encontros e podemos reforzalos con cinta adhesiva de aluminio.  Para a tapa empregaremos unha lámina de cartón que sobresaia uns 10 cm en todo o contorno da caixa. Pregamos o sobrante para facer os bordes e fixamos as esquinas con cinta, para darlles rixidez.  Abrimos unha fiestra na tapa cortando cun cúter. Pegamos no oco a lámina plástica transparente e deixamos unha tapa abatible que forraremos tamén de papel de aluminio para que actúe como espello, capturando e reflectindo a radiación solar.  Engadimos un arame para soportar o panel reflector e regular o ángulo de inclinación do mesmo en función da posición do sol. Pintamos o exterior da caixa de cor negra. Velaquí algunhas fotografías do proceso!!

QUINSA XXIX


- 34 -

QUINSA XXIX


- 35 -

Como se ven facendo dende hai tempo no centro antes das vacaciรณns de Nadal fixemos a actividade do amigo/a invisible na que participan tรณdolos mestres/as e nenos/as do centro.

QUINSA XXIX


- 36 -

POLO SAMAÍN OS ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º, 6º DE PRIMARIA ELABORARON RELATOS DE MEDO QUE FORON CONTADOS NO SALÓN DE USOS MÚLTIPLES. TAMÉN COMO TÓDOLOS ANOS OS ALUMNOS/AS DO CENTRO PARTICIPARON COA DECORACIÓN DAS CABAZAS.

QUINSA XXIX


- 37 -

ESTE ANO PARA CELEBRAR O ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO), NA ESCOLA REALIZÁRONSE DÚAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR DITO DÍA. UNHA CONSISTIU NA DECORACIÓN DE CARETAS COA FIGURA DE ROSALÍA E O TRABALLO SOBRE ALGÚN DOS POEMAS DA AUTORA. E PARA A OUTRA ACTIVIDADE CONTAMOS COA VISITA DO GRUPO “POLO CORREO DO VENTO”, QUE NOS CONTARÓN A VIDA DE ROSALÍA AO MESMO TEMPO QUE REALIZABAN UNHA ILUSTRACIÓN SOBRE A PERSONAXE. A CONTINUACIÓN ENSINÁRONLLE AOS NENOS/AS TÉCNICAS PARA FACER ELES MESMOS UNHA.

QUINSA XXIX


- 38 -

QUINSA XXIX


- 39 -

QUINSA XXIX


- 40 -

Antonio Fraguas Fraguas naceu no lugar de Insuela, no concello de Cotobade, en Pontevedra, o 28 de decembro de 1905. Os estudos primarios realizounos nas escolas do seu concello seguindo o bacharelato en Pontevedra e posteriormente os estudos de Filosofía e Letras na universidade de Santiago. Durante a súa estancia en Pontevedra fundou a Sociedade da Lingua, dedicada á defensa do idioma galego e á confección dun dicionario. En 1923 fundouse o Seminario de Estudos Galegos co obxectivo de defender a cultura galega e nel vaise integrar Antonio despois da súa chegada a Santiago, no ano 1928. Foi profesor na universidade e catedrático de instituto na Estrada, Lugo e Santiago. A súa vida estivo dedicada completamente ao estudo dos costumes, das festas, da xeografía, do folclore e de todas as manifestacións populares de Galicia escribindo unha chea de libros e artigos para revistas e xornais sobre estes temas. Ingresou, en 1956, na Real Academia, ocupando a cadeira que deixara vacante Alfonso R. Castelao. Cando se inaugurou o Museo do Pobo Galego, no ano 1977, foi nomeado director e durante o seu mandato restaurouse o Mosteiro de San Domingos de Bonaval. O 5 de novembro de 1999 faleceu na cidade de Santiago aos de 93 anos por mor dun infarto, sendo soterrado no cemiterio compostelán de Boisaca. Este ano, a Real Academia Galega dedícalle, polo seu labor en defensa da nosa cultura, o Día das Letras.

QUINSA XXIX


- 41 -

As Letras Galegas 2019 homenaxean a figura de Antonio Fraguas Fraguas. Durante esa semana na escola realizรกronse unha serie de actividades que a continuaciรณn podedes observar neste pequeno resumo fotogrรกfico

TEATRO LIDO

QUINSA XXIX


- 42 -

MARATÓN ACTIVIDADES

QUINSA XXIX


- 43 -

QUINSA XXIX


- 44 -

FESTIVAL CANTIGAS

QUINSA XXIX


- 45 -

ESTE ANO CELEBRAMOS OS MAIOS O DÍA 30 DE ABRIL NO PATIO DA ESCOLA. ENCARGÁRONSE DA MONTAXE OS NENOS/AS DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA COA AXUDA DOS METRES/AS. A CONTINUACIÓN, PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DA MONTAXE E DAS COPLAS QUE INTERPRETARON OS DIFERENTES CURSOS.

QUINSA XXIX


- 46 -

QUINSA XXIX


- 47 -

QUINSA XXIX


- 48 -

COPLAS E. INFANTIL

EN QUINTELA ESTE CURSO SOMOS POUCOS XA SE VE, PERO TEMOS MOITAS GANAS SEMPRE DE PASALO BEN.

AS NENAS DE 5 ANOS ESTA COPLA VAN CANTAR QUE AS FROITAS DE TEMPADA ESTAMOS A TRABALLAR. ESTE ANO NO COLEXIO XA FALAMOS EN INGLES COA TEACHER E CON FREIRE PASAMONOLO MOI BEN.

QUINSA XXIX


- 49 -

O colexio de QuIntela

A compostoira do cole

non ten un patio cuberto

estaba a desbordar

a ver si educacion

porque todolos alumnos

nos regala un pavillon.

estamos a reciclar.

Os alumnos de primeiro estamos a protestar porque temos menos patio para poder ir a xogar.

Tantos tantos balonazos na cabeza e nos pes tanto tanto nos doe e votamos a correr.

Os nenos de Quintela estanche moi contentos xa puxeron comedor para non voltar famentos. Este ano señor mestre traballamos mogollón para ver si así nos leva un día de excursion.

QUINSA XXIX


- 50 -

Xa chegou a primavera

Este ano no colexio

estación maravillosa,

despedimos a doña Mina,

entre flores e paxaros

entre xogos e cancións

non hai cousa máis fermosa.

foron pasando os dias.

Xa chegou o noso maio

Este ano a profe karla

e vén moi moi cansadiño,

chegou con ilusion,

os meniños de segundo

traballamos todo o dia,

traemos un recadiño:

que nos dean vacacions.

QUINSA XXIX


- 51 -

Atencion os de terceiro

Chegou novo este ano

pois comeza a sua actuacion

un rapaz chamado Nazhan

os oidos preparados

e aínda que sexa un pouco pillo tratámolo con cariño.

van cantar con gran pasion. Este ano en Quintela moi sans imos estar coñecendo os alimentos que nos gustan pra papar!

Estes nenos de terceiro témonos que despedir aínda que a veces molestamos facemos a xente rir.

Os alumnos de terceiro vanche moito de excursion foron ver a “Mama Cabra” e moloulles mogollon.

QUINSA XXIX


- 52 -

ESTE ANO OS DE CUARTO

ESTE ANO O DÍA DO LIBRO

VAMOS A DESTACAR

NON SE PUIDO FACER FÓRA

COAS COPLAS QUE TRAEMOS

CHOVEU TODA A SEMANA

VADES A ALUCINAR.

E TAMÉN A ESA HORA.

OS RAPACES DE QUINTELA

COA CARREIRA DA ROSCA

ESTAMOS FARTOS DE ESTUDAR

FIXEMOS ALGO DE EXERCICIO

PORQUE OS MESTRES DESTE COLE

LOGO ROSCA E CHOCOLATE

FANNOS MOITO TRABALLAR.

QUE ESTABA DE VICIO.

ESTE TEMPO ESTÁ TOLO

ALGÚNS DÍAS NO RECREO

SOPLA O VENTO E CAE SARABIA

FACEMOS “GOT TALENT”

ESTAMOS NA PRIMAVERA

CANTAMOS IGUAL QUE O “CEJAS”

E PARECE PLENO INVERNO.

E OUTROS CONCURSANTES.

CO PROGAMA DE RADIO

ESTAMOS MOI CONTENTOS

ESTABAMOS DESESPERADOS

XA TEMOS FEITO O MAIO

CANDO NOS TOCOU O PREMIO

QUEDOUNOS MOI BONITO

XA SE NOS PASOU O ENFADO.

MÁIS CHULO QUE O ANO PASADO.

QUINSA XXIX


- 53 -

Este ano os de Quinto

Xa temos moitas ganiñas

Os rapaces deste cole

imos todos a cantar

de que remate este curso

traballamos sen parar

unhas pequenas coplas

así teremos os inchables

e por iso os nosas mestras

que o día alegrarán.

e a excursión de Fin de Curso

moi contentas han de estar

Con laranxas e con flores e tamen moito agarimo, nos fixemos este maio que quedou tan bonitiño. As nenas de Quinto Curso traballamos un montón, por iso cantamos xuntos todos a mesma función. Xa estamos todos moi fartos da chuvia que está a caer, non podemos sair ao patio e o recreo suspender.

O noso pequeno cole está no alto da montaña desde o segundo piso miramos ata Moaña. Temos moita actividade toda a extra-escolar pero cando vai mal tempo non se pode realizar. Xa está chegando o “vran” E temos que traballar se non nestas vacacións non as imos disfrutar.

O noso profe Eduardo din que quere xubilar sei que tivo unha netiña e ten que ila a arrolar. Os nenos de Quintela Xa perderon duas profes xubiláronnse Oliva e Mina que están guapas como soles. Os nenos de 5º Curso fomos moito de excursion vimos algas, vimos setas, fixonos moita ilusion..

QUINSA XXIX


- 54 -

Comezamos os de sexto

Sen pizarra dixital

E aqui vai a despedida

coas nosas coplas do maio

tivemonos que apañar

pra o Mendiño logo vamos

agardamos que vos gusten

a estas alturas de curso

pero non o dubidedes,

que sexan do voso agrado.

xa nos comeza a fartar

volveremos visitarvos.

Este curso en Quintela

Xa nos imos pro instituto

xa tivemos comedor

moito imos aprender

con menus moi saudables

botaremosvos de menos

comemos moito mellor.

non vos imos esquecer.

Nos recreos no noso patio

Queremos agradecer

haivos demasiado fútbole aos que non nos gusta moito parecenos algo inxusto.

á nosa profe María con paciencia e alegría aturounos todo o día.

Vimos peiteados da casa coas nosas mellores galas non hai espello no baño para ver as nosas caras.

Temos claro que o deporte e máis san ca Play Catro podes camiñar no monte ou probar tiro con arco.

QUINSA XXIX


- 55 -

Paula e Nuria, 5ยบ

QUINSA XXIX


- 56 -

QUINSA XXIX


- 57 -

BUSCA AS OITO DIFERENZAS.

Noelia, 5ยบ

QUINSA XXIX


- 58 -

Pon o teu inxenio a funcionar e resolve estas adiviñas. Unha pista: as solucións son nomes de deportes. Hai que pedalear Que deporte será? e podes ir moi rápido, Bailas con catro rodas pero se non tes equilibrio... por unha pista sen parar. caes e faste dano.

Ana Lía e Elena (4º)

Solución: ____________

Roi e Hugo (4º) Solución: ____________

Para moverte pola auga

Que deporte é este?

brazos e pernas moverás.

Xogas cun balón

Que deporte é?

e mola mogollón.

Ana Lía e Elena (4º) Solución: ____________

Non podes facer dobles pero podes meter un canastón.

Naiara e Lucía (4º) Nun campo con dúas areas,

Solución: ____________

cada equipo con sete persoas pásanse o balón coa man.

Méteste dentro dun barquiño moves a pa para avanzar,

Que deporte é?

Elsa e Raúl (4º) Solución: ____________

ás veces móllaste e ás veces non.

Alba e Paula (4º) Solución: ____________

QUINSA XXIX


- 59 -

Golpean cun pao moi duro,

Tres pasos podes dar,

mandan a pelota a China

a un terceiro tes que botar

e o lanzador corre como un

ou a podes pasar.

foguete.

Pensa e o descubrirás

Victor e

Que deporte será?

Mauro (4º)

Brais e

Solución: ____________

Noa (4º) Solución: ____________

Que deporte é? Montas nun animal, saltas barras e obstáculos e pásalo xenial.

Todos a darlle patadas ao mesmo balón.

Xenxo e Pepe (4º)

Quen a meta na rede

Solución: ____________

xa conseguiu gol.

Neste deporte que eu digo

(4º)

fanse placaxes e

Solución: ____________

tíranse ao chan, para meter o balón nun i grego.

Lucas e Pablo (4º) Solución: ____________

QUINSA XXIX


- 60 -

Colorea a Xaquín segundo o código. 1. Marrón (brown) 2. Laranxa (orange) 3. Azul (blue) 4. Vermello (red)

5. Gris (grey) 6. Amarelo (yellow) 7. Verde (green)

QUINSA XXIX


- 61 -

Tódolos anos facemos un concurso para decidir cal vai a ser a nosa portada da revista. O tema sempre está relacionado co Día das Letras Galegas e como xa sabedes, este ano, adicouse a Antón Fraguas. Sempre nolo pon moi difícil o noso alumnado, pero este ano se cabe máis. Ao fin tivemos que decidir entre tres: - Noelia de 5º - Aroa de 6º - Lucas de 6º Sabedes quen dos tres gañou? ..................................................... Aroa de 6º

Lucas de 6º

QUINSA XXIX


- 62 -

QUINSA XXIX


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.