Page 1


FABAS DO ENTROIDO

INGREDIENTES: 1Kg. De fabas 2 orellas de porco 2 cebolas picadas 1 vaso de aceite 4 culleradas de fariña 4 dentes de allo 200 gr. de chourizo Tomiño Ourego Romeu Loureiro Sal ELABORACIÓN Remóllanse as fabas e a orella 24 horas. Córtase a orella e ponse a cocer coas fabas. Cando rompe a ferver bótaselle auga fría para que rompa o fervor e se deixa a lume lento uns 15 minutos. Se lle engaden as herbas aromáticas. Sofrítese a cebola co chourizo e se lle engade a fariña, incorpóranse as fabas e cócese unhas 2 horas.

Receita da bisavoa de Paula 5a


LACÓN CON GRELOS INGREDIENTES: 1 Lacón 2 feixes de grelos Patacas Aceite de oliva Sal ELABORACIÓN Nunha tarteira con auga ponse a auga a cocer e cando ferva se lle bota o lacón e se deixa cocer cun chorro de aceite. Cando xa case estea feito se lle engaden os grelos e as patacas e se deixa cocer ata que as patacas estean cocidas. Xa está listo para comer.

Receita aportada pola familia de Brian 3a


LACÓN CON GRELOS INGREDIENTES: Lacón Grelos Patacas Chourizos ELABORACIÓN As nove en punto da mañá, despois de ben lavado, debe poñerse a cocer o lacón con bastante cantidade de auga. Ás once se lle xuntan os grelos e os chourizos. Ás doce as patacas mondadas e enteiras.Á unha do mediodía se colocan o lacón e ou chourizos nunha fonte, as patacas e os grelos noutra e todo sobre a mesa, que debe estar previamente rodeada de cidadáns con apetito.

Receita aportada pola familia de Alejandro 3b


LACÓN CON GRELOS INGREDIENTES: Grelos Lacón Patacas Chourizos Costela de tenreira Cacheira de porco ELABORACIÓN Ponse a ola coa auga a cocer coa carne, o lacón e a cacheira. Cando xa esta cocido se lle botan as patacas e os chourizos. Por último se lle engaden os grelos

Receita aportada pola familia de Anxo 4a


ROSQUILLAS INGREDIENTES 8 culleradas de fariña 10 culleradas rasas de maicena ½ sobre de lévedo royal 2 culleradas rasas de azucre 4 culleradas de leite 3 culleradas de aceite 1 ovo ½ copa de anís Rela de ½ limón Azucre en po ELABORACIÓN Mesturar a fariña, a maicena e o lévedo. Formar coa mestura un círculo e engadir no centro o ovo, o azucre, o leite, o aceite, o anís e a reladura do limón. Mesturar ben. Amasar todos os ingredentes fora do cazo ata formar unha masa lisa e deixar repousar ½ hora. Facemos as rosquillas e as fritimos ata que estén ben douradas. En quente lle botamos azucre en po.

Receita aportada pola familia de Leticia 5b


ROSQUILLAS INGREDIENTES 2 ovos 2 culleradas de azucre ½ sobre de lévedo en po 1 cullerada de manteiga 1 cullerada de auga 1 cullerada de maicena Un chorro de esencia de anís Fariña (a necesaria) ELABORACIÓN Mestúranse tódolos ingredientes e faise unha masa consistente. Déixase feita do día anterior tapada con un pano. Cando se vaian facer se lles da forma de rosquilla e frítense nunha tixola con abundante aceite quente ata douralas. Pásanse por azúcre moido e xa están listas.

Receita aportada pola familia de Yerai 3a


ROSQUILLAS DE ANÍS INGREDIENTES Fariña 1 copa de anís 2 ovos Lévedo Azucre 1 vasiño de aceite ou 50 gr de manteiga ELABORACIÓN Cóllense 100 gr. De azucre e mestúranse coa manteiga ou o aceite. Trabállase uns momentos e se lle poñen os ovos batidos e a copa de anís. A esta pasta ben traballada se lle vai engadindo fariña mesturada cunha culler de lévedo e se forma unha pasta que non se pegue as mans. Cóllense pequenos anacos de masa e se forman as rosquillas que se van fritindo en aceite ben quente. Cando estean ben douradas pásanse a unha fonte con papel de cociña e se lles bota azucre moído.

Receita aportada pola familia de Adrián 3a


ORELLAS INGREDIENTES 700 gr. de fariña de trigo 1 sobre de lévedo tipo royal 5 ovos Medio pocillo de viño branco Medio pocillo de auga 2 copas de anís 100 gr. De manteiga de vaca (manteca) Unha chisca de sal Rela de limón ELABORACIÓN Amasar todo moi ben e deixar repousar. Estirar e fritir en aceite de oliva Botarlle azucre en po ó gusto

Receita aportada pola familia de Hugo Sanlés 4b


ORELLAS INGREDIENTES Lévedo de panadería Manteiga de vaca (manteca) Fariña Esencia de anís Un ovo Unha chisca de sal Auga quente ELABORACIÓN

Amasar a fariña có lévedo, a manteiga de vaca (previamente derretida), o ovo, unha chisca de sal e a esencia de anís. Iremos botando auga quente os poucos. Deixaremos repousar nunha tarteira. Estiraremos a masa e cortaremos en forma de orella. Preparar a tixola con aceite quente e ir botando as orellas dándolle a volta cando esten douradas.

Receita aportada pola familia de Paula Laíño 3a


ORELLAS DE ENTROIDO INGREDENTES 3 ovos ½ Kg.de fariña 3 culleradas de azucre 50 gr. de manteiga Rela de limón Un chorro de anís Un pouco sal ELABORACIÓN Mestúranse todos os ingredientes ata conseguir unha masa ben ligada. Logo estírase a masa e se cortan anacos en forma de triángulo. Frítense nunha tixola con aceite moi quente. Cando empecen a coller unha cor tostada retíranse e se lles bota azucre en po ó gusto.

Receita aportada pola familia de Brais Olveira 4a


ORELLAS INGREDENTES 1 Kg.de fariña 10 ovos 250 grs. De manteiga 6 Culleradas de azucre Un pouco leite ½ vaso de anís Un pouco de esencia de anís Un pouco sal ELABORACIÓN Faise un volcán coa fariña e vánselle engadindo os ingredientes:a manteiga derretida no leite quente, o sal, o azucre, o anís e a esencia. A continuación engádenselle os ovos un a un. Empézase a amasar ata que a masa se despegue das mans. Deixase repousar ½ hora aproximadamente. Estírase enriba da mesa a masa, córtase un anaco e dáselle forma de orella. Frítense en abundante aceite e se lles bota azucre en po ó gusto.

Receita aportada pola familia de Kike 3a


ORELLAS DA TERESA INGREDIENTES ½ kg. De fariña triga I ovo I cullerada de margarina 1 vaso de auga 1 anaco de canela en rama Pela de limón sal ELABORACIÓN Ponse a quentar a auga coa canela e a pela do limón ate que ferva. Déixase arrefriar ate que esta morna. Ponse a fariña sobre unha superficie dura, ábrese un burato no medio e bótaselle a margarina, o ovo e a auga(que se deixou arrefecer) necesaria para que ligue ben ó amasala. Déixase repousar durante dez minutos. Procédese a estarricar a masa cun rolo, salferindo de fariña onde se vai facer, deixándoa ben fina e facéndoo ós poucos. Cuartéase a masa, previamente estarricada, coa forma que se lle queira dar. Frítense en abundante aceite ben quente, sen deixalas queimar. Para servir salfírense de azucre Variantes Hai quen engade azucre e lévedo a masa e substitúe a auga por leite. Hai quen substitúe a margarina por aceite.


Nota: sen lévedo aguantan máis tempo frescas e renxen máis.

Receita aportada pola familia de Aldara 5a


CHULAS INGREDIENTES Fariña 4 ovos ½ litro de gasosa (máis ou menos) Rela de limón ELABORACIÓN Bater os ovos, botar a fariña ata que quede unha masa espesa. Engadir a gasosa. Ponse a quentar unha tixola con abundante aceite e cando estea ben quente, cunha culler colleremos a mestura e a botaremos dentro facendo pequenos botóns. Cando estea dourado sacar e escorrer sobre un papel de cociña. Botarlle azucre por riba

Receita aportada pola familia de Paula Laíño 3a


CHULAS (BUÑUELOS) DE ENTROIDO INGREDIENTES 8 culleradas cheas de fariña 8 culleradas de maicena 3 ovos 75 grs. De manteiga 4 culleradas de ron 1 cullerada chea de azucre ½ sobre de lévedo en po Unha chisca de sal ELABORACIÓN Mesturar a fariña, a maicena, o lévedo, o azucre e o sal. Engadir os ovos un a un, o ron e a manteiga abrandada. Amasar coas mans enfariñadas ata obter unha masa espesa. Esténdese a masa sobre unha superficie enfariñada cun rolo ata que quede unha capa delgada. Cun vaso ou similar cortamos uns discos de masa. Frítense en abundante aceite quente un a un dourándoos polos dous lados. Escórrense e se lles bota azucre en po.

Receita aportada pola familia de Leticia 5b


CHULAS (BUÑUELOS) DE PATACA INGREDIENTES 8 patacas Sal Auga Lévedo Aceite Fariña mel ELABORACIÓN Cócense as patacas. Cando estean cocidas se pasan polo pasapurés cun pouco da auga da cocción. Nunha tarteira quéntase auga e bótase nunha cunca grande xunto co puré, fariña, sal e lévedo. Deixase repousar unhas dúas horas. Cóllese a masa cunha culler e se bota nunha tixola con aceite quente. Cando estean fritidos póñense nunha fonte e se engade o mel.

Receita aportada pola familia de Miguel Pérez 3b


CHULAS (BUÑUELOS) DE OVO INGREDIENTES 1 ducia de ovos 4 vasos de Auga 1 vaso de Aceite de xirasol 400 gr.Fariña mel Sal ELABORACIÓN Nunha tixola bótanse os 4 vasos de auga, un pouco de sal e o vaso de aceite; Cando estea un pouco quente se engade a fariña e lle vai dando voltas ata que se forme unha masa algo pegañenta. Sácase da tixola e ponse a arrefriar nunha cunca grande. Bátense ós ovos e ese engaden a masa fría mesturándoos ben. Ponse ó lume unha tixola con bastante aceite (metade xirasol, metade oliva). Vaise collendo a masa cunha culler e se bota na tixola cando o aceite está ben quente. Cando estean fritidos colócanse nunha fonte se lles engade mel líquida.

Receita aportada pola familia de Miguel Pérez 3b


FILLOAS INGREDIENTES Fariña 3 ovos 1 litro de auga Unha chisca de sal ELABORACIÓN Mestúrase a auga, os ovos, o sal e vaise engadindo a fariña ata conseguir unha masa líquida pero algo espesa. Ponse unha pedra especial para filloas a quentar enriba do lume. Refrégase a pedra cun cacho de touciño de porco e bótase cun cullerón un pouco de masa. Déixase callar e dáselle a volta para que se faga polo outro lado. Están moi ricas recheas de marmelada ou con chourizo asado.

Receita aportada pola familia de Yerai 3a


FILLOAS CON TONA (NATA) INGREDIENTES ½ Kg. De Fariña 6 ovos ½ litro de auga 1 vaso de anís Rela de limón azucre Tona

ELABORACIÓN Mestúranse os ingredientes ata conseguir unha masa suave. Untar a tixola con aceite ou manteiga. Botara en porcións cun cullerón. Darlle a volta canto estea feita. Colocar nun prato cun pouco de azucre. Botarlle tona o gusto.

Receita aportada pola familia de Ozara 3b


FILLOAS INGREDIENTES 8 ovos 1 litro de leite Azucre Un chorro de anís Un pouco fariña Unha chisca de sal ELABORACIÓN Bótase todo menos a fariña nunha cunca grande. Mestúrase todo e se lle vai botando fariña pouco a pouco ata que quede unha pasta non moi espesa.Cóllese unha tixola e se lle bota unha chisca de aceite e con un cacho de touciño se unta a tixola. Cando estea a tixola ben quente se colle a culler do caldo e se bota unha cullerada na tixola deixándose facer. Cando se empece a despegar co garfo se lle da a volta e cando esta se colle un prato e se lle bota azucre e logo a filloa enriba. Logo se lle bota azucre por riba e así sucesivamente ata que se acabe a masa.

Receita aportada pola familia de Brian 3a


FILLOAS INGREDIENTES 4 ou 6 ovos Leite Un pouco de anís Rela dun limón Unha pouca de auga ELABORACIÓN Bater os ovos coa fariña, a rela do limón, o anís, a auga e o leite. Poñemos a tixola ó lume e cubrimos o fondo da tixola coa mestura

Receita aportada pola familia de Paula Laíño 3a


CANAS DE CREMA INGREDIENTES Para a masa: 400 grs. De fariña ½ vaso de leite Sal aceite Para a crema pasteleira: 75 grs. De azucre 40 grs. De fariña ½ litro de leite 4 ovos 1 pola de vainilla Para decorar: Azucre Canela ELABORACIÓN PARA A MASA: Poñer a fariña, o leite o sal e un vaso de aceite nunha cunca grande. Amasar coa man ata que estea ben mesturada. Tapar e deixar 2 horas. PARA A CREMA PASTELEIRA: botar nun cazo o leite a poliña de vainilla e deixar ferver. Nunha cunca grande mesturar a fariña e o azucre, verter un pouco de leite fría. Engadir os 4 ovos e bater ben. Botar un chorriño de leite quente e seguir batendo. Botar o contido da cunca no cazo e seguir batendo ata que espese.


MONTAXE FINAL: estira a masa co rolo. Corta anacos rectangulares e enr贸laos nunha cana de metal. Fritir nunha tixola con aceite ben quente. Desmoldar e deixar arrefriar. Coloca a crema nunha manga pasteleira e enche as ca帽as. Para decorar b贸talle azucre en po e canela.

Receita aportada pola familia de Kike 3a

entroido recetas  

recopilación de receitas aportadas polas familias do alumnado