Dossier de prensa FelosMaceda 2011

Page 1

Dossier de Prensa

Año 2011

DOSSIER DE PRENSA SOBRE OS FELOS DA BISBARRA DE MACEDA ANO 2011

Página 1 de 8

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2011

Ano 2011 19/01/2011 Los Milagros y el felo La Región 01/03/2011 O Felo: estrela da festa entroideira O Sil 02/03/2011 Maceda repartira 1200 euros en premios en el desfile de entroido La Voz de Galicia 03/03/2011 Maceda repartira 1200 euros en premios en el desfile de entroido 06/03/2011 Los felos ya son un ejército El Faro de Vigo 08/03/2011 Martes de esmorga Galicia Hoxe 09/03/2011 Entroido en Galicia Galicia Hoxe

Página 2 de 8

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 3 de 8

AĂąo 2011

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 4 de 8

AĂąo 2011

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 5 de 8

AĂąo 2011

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 6 de 8

AĂąo 2011

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2011

noticias cotiás:Martes de esmorga RUTH FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ | 08.03.2011 Este ano decidín pasar o Entroido mergullada de cheo no triángulo máxico ourensán: de Verín a Laza e de aquí a Xinzo de Limia, coas súas características Pantallas. Iso si, achegándome a Viana do Bolo para ver de preto os boteiros, ata o de agora descoñecidos para min, uns personaxes típicos do Entroido do lugar que comparten cos de Viñariño de Conso o seu aspecto, malia as diferenzas que atopan os oriúndos de cada lugar. Gozando da gastronomía típica do Entroido dende a véspera ao Xoves de Comadres, onde Verín se vestiu de gala para dar a entrada aos días grandes destas festas... Cos cigarróns baixando do Castelo de Monterrei fixen un agasallo á miña vista, xa sinto verdadeira paixón por esta singular máscara do Entroido ourensán. Entre cigarróns e peliqueiros, gocei da festa do Entroido máis ancestral. Destes últimos dise que datan do século XVI, cando os Condes de Monterrei, exercendo o seu poder na comarca, facíanos funcionar como cobradores de tributos. Con 25 quilos ao lombo, o cigarrón sae polas rúas de Verín facendo notar o seu orgullo a todos os que se achegan para contemplar un dos entroidos máis sonados da nosa xeografía. Hoxe Galicia enteira celebra o día grande do Entroido. En ningunha mesa faltan a cachucha, as unllas de porco, os chourizos e o botelo ou as androias. Grelos, orella e lacón. O porco é o produto estrela nestas datas na mesa de Carnaval. Máis alá do triángulo máxico ourensán están as máscaras dos Volantes de Chantada, os Xenerais en Boqueixón, A Estrada e Silleda. Pero tampouco quero esquecerme de máscaras acabadas de descubrir nas miñas pescudas sobre o Entroido:a "Mázcara" de Manzaneda, os Felos de Maceda, os Troteiros de Bande ou as Teixugueiras de Cartelle. Do Domingo Fareleiro ou Borrallento ao Martes de Entroido, pasando polo Xoves de Compadres, o Domingo Corredoiro ou Oleico, o Xoves de Comadres e o propio Domingo de Entroido. Como sempre digo... Esmorga asegurada! Sempre coa axuda de ceas ou xantares "hipercalóricos", abusando da comida ata chegar a un postre ao que ninguén pode resistirse: as filloas con mel, as torrixas e as orellas de Entroido poñen a guinda á festa pagá. Mañá celebraremos o enterro da sardiña, no Mércores de Cinsa e sentiremos a melancolía que produce o final dunha festa. O remate duns días de troula e risos aos que pon remate a chegada da Coresma.. http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/martes-esmorga/idEdicion-2011-03-08/idNoticia646966/

Página 7 de 8

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2011

xerfas esvaídas: Entroido en Galicia ABEL B. VEIGA COPO | 09.03.2011

Entroido, Antroido no sur de Lugo. Festa popular, cultura e tradición. Folclore e costume. Evasión e escarnio, humor e fuxida cara a adiante. Peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín, felos de Maceda. Chocallóns de Vilardevós. Xoves de comadres e de compadres en Monforte ou en Viana. Festa e sorriso. Un xeito de ser, de entendernos, de comportarse. Días e semanas de esmorga, ata o mércores de cinza. Corenta días antes de Semana Santa. A Galicia interior e a costeira. Ritmos e ruídos, rúas que ferven de fervor e charanga. Fai falta. Malos tempos estes que corren. Malos tempos tamén para Galicia que soporta como pode os enveses dunha crise lacerante e asfixiante. Días de esmorga e entroido. En ningún pobo de Galicia é igual. Disfraces e máscaras. Madamitas de Cotobade, galáns de Vilaboa, xenerais de Ulla. Merdeiros en Vigo, oso de Salcedo, mecos bonitos e feos de Froxás. Necesitamos antroido, necesitamos evadir a carne e a mente. A realidade aprema, é angosta. Raíces e tradición, pasado e cultura. Identidade galega, propia, xenuína e distinta. Tempos distintos, de risas e o mundo ao revés, o mundo de Risco que cantaba ó entroido, nos que está permitido o que no resto do ano non o está. É entroido, é entroido, é evasión. Solaz e pertinaz. Máscaras e personaxes que embriuagan e enchen de vida as rúas, pululan e corren, aguilloan e fan sorrir. A vida é unha representación, unha máscara. Transgresión e escarnio. Ben e mal enmascarados. Vida e morte, ritual e sacrificio, simboloxía e mitos. En entroido, entroido en Galicia, mística e guerreira. A antesala da primavera, do explendor da vexetación, da vida, da flor, tras a fría noite da invernía, do escuro, xélido e solitario. Vellos e boteiros, cinseiros e charrúas, borralleiros e farandulleiros. Volantes de Chantacha e campanas que soan e chaman a festa e gastronomía. Paganismo e tradición. Precristianismo e pureza ante a Coresma. Bacanais de alegría e exceso. Luz e noite. Bole Galicia en entroido polos seus catro costados. Respira ilusión e esquecemento dunha realidade máis sombría e cega. Latexa, espera e sorrí. Cobra pulso e vida. A vida en aldeas e parroquias que celebran con orgullo as súas festas. Romarías e foliones, romarías de esmorga.. http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/entroido-galicia/idEdicion-2011-0309/idNoticia-647313/

Página 8 de 8

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.