Dossier de prensa FelosMaceda 2010

Page 1

Dossier de Prensa

Año 2010

DOSSIER DE PRENSA SOBRE OS FELOS DA BISBARRA DE MACEDA ANO 2010

Página 1 de 14 www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2010

Ano 2010 02/02/2010 Más allá del triángulo mágico La Voz de Galicia 05/02/2010 Boteiros, troteiros o felos, la importancia de la tradición La Voz de Galicia 10/02/2010 Entroido Galicia Hoxe 11/02/2010 Los Felos recorreran este sábado los pueblos del concello de Maceda La Voz de Galicia 12/02/2010 Los Felos salen a la calle La Región 13/02/2010 Os chocallos trilingües Galicia Hoxe 14/02/2010 El Entroido lo invade todo La Voz de Galicia 14/02/2010 Los Felos de Maceda ganan fama y se multiplican El País 20/02/2010 Por terras de Maceda Galicia Hoxe 28/02/2010 Maceda sigue recuperando las peculiaridades propias de la fiesta La Voz de Galicia

Página 2 de 14

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 3 de 14

AĂąo 2010

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 4 de 14

AĂąo 2010

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2010

retallos dunha época: Entroido XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN | 10.02.2010

Xa hai días que entramos no entroido. A súa porta leva aberta varias semanas, para entrarmos no entroido, de cheo, no mundo ao revés, como o chamaba Risco. O mundo do dereito e do revés. Pero, u-la diferenza entrambos os mundos? Haina? Quizais si, pero o mundo anda máis do revés que do dereito. Observando polo miúdo o noso redor semella que quen goberna Galicia é España e quen goberna España é Galicia. Por se isto non se entende, explícoo. Nós estamos aquí celebrando o noso carnaval, tratando de esquecer que non temos horizonte, que os problemas da Fisterra nolos queren resolver desde fóra e que os problemas que temos ademais tamén veñen de fóra. Que vento os fai chegar ao noroeste? Pois o vento do ultra-neo-liberalismo. De aí que non teñamos goberno ou que vivamos nun desgoberno. O vento do mega-nacional-irracionalismo que sopra para conseguir a desnormalización lingüística. Que unhas veces o trae e outras o leva con certas políticas, pleonasticamente, eólicas. Un lobo feroz que sopra e sopra sen parar, que habita neste bosque para derrubar o que é noso, a nosa casa, que, unhas veces parece feita de palla e outras non sabemos como tanto aguanta. Un vento que como tal se orixina na troposfera. Que ten moita forza e intensidade. Botémoslle un ollo ao catavento e miremos cara a onde está orientado. A frecha sinala á fusión-fisión das caixas, precisamente coa intención de que aquí si se respire e nos osixene a galeguidade financeira. E nesa dirección está un novo plan fabada litoral. Para ordenar e protexer as nosas costas. E que ocorre máis aló da Canda e do Padornelo? Por aló, os galeguiños do Goberno tratan de turrar pola burra da nave Hispaniola na procura dun tesouro que nos saque da crise nestes tempos que corren, nos que o todo é doce ou todo amargo ou todo soso ou todo demasiado salgado. Vivimos nunha bacanal política; nunha saturnal de corrupción e nunha lupercal de crise continua. Por iso, nos desfiles das cidades e vilas haberá moitos zapateros remendóns e moitos marianiños que irán ao enterro da sardiña crendo que van ao enterro político do presidente do Goberno. Á fin do seu entroido político, sen decatarse de que son eles os que están nun carnaval permanente. É así como fan política. Como se esta fose unha continua lea entre don Carnal e dona Coresma. Por iso sinalan a Zapatero como a personificación de todos os males, da gula e de todos os pecados da carne e de todos os de España xuntos. E por iso din, tantas veces, que só eles están preparados para liberarnos deles, para perseguir a quen faga falta; para pelexar como carniceiros e peixeiros ou para acabar coa eterna crise. E mentres, no auténtico entroido, saen á rúa xenerais, volantes, felos, boteiros, pantallas, cigarróns ou peliqueiros, os populares seguen con esa comparsa apocalíptica dicindo que España vai mal e que só con eles vai ben. Gocemos pois destes días, de don Carnal, deste mundo ao revés e soñemos con que nunca lle imos volver ver as orellas ao lobo. http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/entroido/idEdicion-2010-02-10/idNoticia-514990/

Página 5 de 14

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 6 de 14

AĂąo 2010

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 7 de 14

AĂąo 2010

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2010

O CICLO PAGÁN ·· sábado de cabritadas

Os chocallos trilingües Galicia enteira comeza hoxe a celebración dos días grandes do entroido, protagonizado este ano pola polémica do borrador do decreto do galego MARÉ. SANTIAGO | 13.02.2010 As Trilugües (Jalisian fusion traditional speaking and dancing in the Entroido) foron as encargadas de dar onte o pregón do entroido en Ourense, unha das cidades de Galicia nas que maior arraigo ten esta celebración pagá. O polémico borrador do Decreto do galego, porén, non só é o protagonista do entroido ourensán xa que o Meco de Compostela -a figura típica destas xornadas na capital galega, nesta ocasión deseñada por Xosé Luís Méndez- é trilingüe en inglés, galego e castelán. Tamén a plataforma Queremos Galego organizou varias comparsas carnavalescas sobre o borrador en distintas vilas e cidades. En Cangas, localidade que ten como figura central O Momo, os desfiles terán tamén a polémica lingüística como eixe e, de feito, creouse unha comparsa, denominada Bailaches Carolaine, que onte saíu vestida de trilingües. Hoxe sábado comezan os días fortes do entroido, que se prolonga até o Mércores de Cinza, momento no que os chocalleiros lle din adeus a don Carnal para entregarse á larmeirada da coresma. A compañía Teatro en Punto será a encargada de dar o pregón en Compostela ás oito do serán no Toural, praza na que o Meco quedará instalado. Coruña e Pontevedra, onde a figura central é o loro Rovachol celebran tamén este sábado o comezo das festas, ao igual que numerosas vilas do país. En Vigo, máis madrugadores, leron o pregón o pasado mércores -o encargado foi o actor Antonio Durán-. O sábado será cando haberá presenza e hoxe será a comitiva de recepción do deus Momo, presidente do entroido vigués. A referencia, con todo, está no denominado Triángulo Máxico, formado por Verín, Laza e Xinzo de Limia. En Laza, o programa céntrase no Sábado de cabritadas, que serve de prólogo á presentación -prevista para mañá- dos peliqueiros. En Verín, os personaxes protagonistas son os cigarróns, que hoxe celebran unha xornada de honra na praza que leva o seu nome. En Xinzo de Limia, celébrase a XXVIII Edición do Festival da Canción Humorística do Entroido, mentres que preto do triángulo, na vila de Maseda será o día para o desfile dos felos, figuras típicas do carnaval con elevados copetes nos que aparecen pintados diferentes animais. Na outra punta do país, na parroquia canguesa do Hío, celébrase un dos entroidos máis antigos de Galicia. Organízano os mozos de cada un dos sete barrios da parroquia: Igrexario, Pinténs, Vilanova, Nerga, Donón, Vilariño e Liméns. En cada un álzase un palco artesanal, adornado con ramas de mimosas, palmeiras ou loureiros, no que tocan os gaiteiros contratados por cada unha das comparsas. A festa comeza o sábado e prolóngasde até o domingo. Nas comarcas do interior, o carnaval da Pobra do Brollón é sen dúbida, o máis singular, coa figura do oso como protagonista, unha tradición que se se estende por diferentes vilas da cornixa cantábrica e, sobre todo, en centroeuropa. No Brollón, mañá terá lugar a saída de madamas e danzantes e será mañá cando faga a súa aparición o célebre oso. Página 8 de 14

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2010

Río de Xaneiro dálle a chave ao seu rei Coa temperatura no seu maior nivel en varios anos e miles de animados cariocas e turistas gozando de festas desde hai unha semana, Río de xaneiro abriu onte oficialmente o entroido máis tradicional de Brasil e un dos máis famosos do mundo. A entrega simbólica das chaves da cidade ó Rei Momo, acompañado pola súa raíña e corte, deu inicio formal ás festas, as comparsas e os desfiles de orquestras e escolas de samba, que se prolongarán ata a madrugada do Mércores de Cinza. A coroación de Milton Rodrigues Júnior como Rei Momo no Palacio da Cidade, nun acto animado por unha batería (orquestra de percusión), cun sol canicular, unha temperatura de 38 graos, mulatas bailando e un alcalde que demostrou o seu dominio dos pasos de samba, foi un reflexo do que se espera para os próximos catro días. "Este é o primeiro entroido da cidade olímpica, dunha cidade cuxas festas son referencia para todo o mundo. É un pracer entregarlle as chaves ó Rei Momo e permitirlle comandar a cidade ata o mércores", afirmou o alcalde de Río de Janeiro, Eduardo Paes, ó recordar a súa elección como sede dos Xogos de 2016. http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/chocallos-trilingues/idEdicion-2010-02-13/idNoticia516073/

Página 9 de 14

www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 10 de 14 www.blogoteca.com/felosdemaceda

AĂąo 2010


Dossier de Prensa

Año 2010

14 FEB 2010

Los Felos de Maceda ganan fama y se multiplican Hace diez años cabían en un microbús, y ayer dos autocares de los grandes no bastaron. Los felos de Maceda necesitaron echar mano, además, de un tractor con un remolque enorme para poderse desplazar en su ronda por las aldeas de la comarca. Son los primos carnales de los peliqueiros de Laza (se diferencian porque llevan medias negras, no claras) y representan la esencia pura del Entroido orensano. Pero su estampa permanecía a la sombra por la inmensa fama de peliqueiros, cigarróns y pantallas. Sin embargo, ahora se están multiplicando (ayer eran más de cien) y había turistas en la fiesta, entre ellos la poetisa sueca Helena Ericsson, también vestida de felo

http://elpais.com/diario/2010/02/14/galicia/1266146289_850215.html

Página 11 de 14 www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2010

O RODICIO DO TEMPO: Por terras de Maceda CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ | 20.02.2010

Alá vai o Entroido de 2010, e os felos de Maceda (e agora tamén algunhas felas) volveron para as súas casas, logo de abouxaren ben a veciños e visitantes co estridente rebumbio das chocas. A festa rematou o mércores co enterro de Don Carnal, na praza das Toldas. A Maceda pódese chegar dende a estrada de Ourense a Ponferrada (desviándose en Xunqueira de Espadanedo) ou da de Ourense a Madrid (dende Allariz). O primeiro itinerario é máis curto, pero mellor é xuntar os dous e facelos no día: ver os alfares de Niñodaguia, chegar á hora do xantar a Maceda, e pola tarde visitar o santuario dos Milagres do Monte Medo, pasar por Baños de Molgas, por Xunqueira de Ambía e cear en Allariz. Un percorrido para facer devagar, esquecéndose por unhas horas das présas que decote nos atafega. Hoxe falarei soamente desta vila, deixando para máis adiante o santuario dos Milagres, Baños de Molgas, co balneario do século XIX, e Xunqueira de Ambía, coa espléndida igrexa románica co seu fermoso claustro de comezos do século XVI. O monumento senlleiro de Maceda é o castelo, ergueito sobre un outeiro que domina todo o val. Unha construción que chama a atención polo grandor e tamén por ter chegado deica aos nosos días en bo estado, claro está, se se compara con outros dos que pouco máis resta que unha morea de pedras. Na placa que conmemora a restauración e arranxo para convertelo en restaurante e hotel, o ano 2004, lese: En Maceda oíu e aprendeu o monarca Alfonso X O Sabio a lingua na que daría gloria e prez nas Cantigas de Santa María. A tradición mantén que pasou parte da infancia nesta fortaleza de Maceda, nas propiedades do seu aio García Fernández de Villaldemiro, casado coa galega Maior Arias. Aquí debeu ser, como opina entre outros estudosos da nosa lírica medieval o profesor Xosé Filgueira Valverde, onde aprendeu o idioma en que había de escribir anos despois as Cantigas, 426 loanzas dedicadas a Santa María: ... Esta Dona que teño por Señor/ et de que quero seer trobador,/ se eu por ren poso haber seu amor/ dou ao demo os outros amores.// Rosa das rosas et Fror das frores./ Dona das donas, Señor das señores. Entre os milagres que contan non faltan algúns obrados na nosa Terra: en Santiago de Compostela, en Caldas, en Ribela, en Armenteira, no Viso e mais en Lugo. Ademais tamén se conservan trinta cantigas profanas súas en galego, de escarño e maldicer, entre elas a do mestre Xoán, na que di que quería comer de bon salmón e beber bon viño de Ouréns. Cando compuxo este poema debía ter o pensamento no viño que degustara de neno en Maceda, sobre todo nas noites de invernía e ao agarimo do lume da lareira principal, ben morniño e quizais ata con mel. Que mellor que estes rexos muros para defenderse da xeada e da chuvia! O castelo de Maceda (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1949), remonta as orixes ao século XI, primeiro como baluarte para defender o territorio das incursións musulmás e logo das dos veciños portugueses, que de cando en vez tamén facían as súas correrías. Pertenceu á familia Página 12 de 14 www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

Año 2010

dos Nóvoa, entre eles, a Xoán Arias de Nóvoa que vivía na época de Alfonso IX, e a Pedro Yáñez de Nóvoa e Parada, un dos asistentes á coroación de Alfonso XI en Burgos, o ano 1330. Ao longo dos séculos sufriu reformas, engadidos e tempadas de abandono, pero aínda así chama a atención o seu rexo feitío, unha impoñente mole de pedra recuperada agora como hotel e restaurante. Cantas veces contemplaría o rei Sabio a paisaxe de Maceda sentado nos parladoiros das súas fiestras! http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/terras-maceda/idEdicion-2010-02-20/idNoticia518242/

Página 13 de 14 www.blogoteca.com/felosdemaceda


Dossier de Prensa

PĂĄgina 14 de 14 www.blogoteca.com/felosdemaceda

AĂąo 2010


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.