fasdf

Page 1

FONDO SOCIAL EUROPEO “O FSE inviste no teu futuro”

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

www.autonomosgalicia.org www.bicgalicia.es

Manuais prácticos de xestión

O AUTÓNOMO

M A N U A I S

P R Á C T I C O S

Guía básica do

Autónomo

D E

X E S T I Ó N



Guía básica do Autónomo

Dirección, coordinación e supervisión técnica

C.E.E.I. GALICIA, S.A.


2

AUTOR Analiza – Técnicas de Investigación Social S.A. COLABORADOR Ana Núñez González EDITA C.E.E.I. GALICIA, S.A. (c) da edición: C.E.E.I. GALICIA, S.A. D.L DESEÑO E MAQUETACIÓN Analiza – Técnicas de Investigación Social S.A. Producciones Khartum S.L. IMPRIME Santiago de Compostela, C.E.E.I. GALICIA, S.A. 2009 Quedan rigorosamente prohibidas, sen a autorización escrita dos titulares do “Copyright”, baixo as sancións establecidas nas leis, a reprodución total ou parcial desta obra por calquera medio ou procedemento, incluídas a reprografía e o tratamento informático e a distribución de exemplares dela mediante aluguer ou préstamos públicos.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


ÍNDICE 0. INTRODUCIÓN

5

1. O TRABALLO AUTÓNOMO

9

1.1 Principais características do traballo autónomo

12

1.2 Supostos incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos

13

1.3 O Estatuto do Traballador Autónomo

17

2. VANTAXES E INCONVENIENTES DO TRABALLO AUTÓNOMO

21

2.1 Principais vantaxes:

23

2.2 Principais inconvenientes:

24

3. A RESPONSABILIDADE DO TRABALLADOR AUTÓNOMO

27

3.1 Bens que se poden protexer fronte ás futuras débedas

29

3.2 A responsabilidade ilimitada no caso de matrimonio

30

4. PATRIMONIO EMPRESARIAL VS PATRIMONIO PERSOAL

33

4.1 Incidencias no IRPF

36

4.2 Incidencias no IVE

38

5. AS PRINCIPAIS OBRIGAS CONTABLES E DE REXISTRO 5.1 Libros Esixidos polo IRPF

39 42

5.2 Libros esixidos polo IVE

43

5.3 Como levar os libros contables?

45

5.4 Conservación dos libros

45

5.5 Legalización dos libros

45

6. A SEGURIDADE SOCIAL DO AUTÓNOMO

47

6.1 Afiliación

49

6.2 Cotización

49

6.3 Base de cotización

50

6.4 Tipo de cotización

51

6.5 Cotas

51

6.6 Beneficios na cotización: reducións e bonificacións

52

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

3


7. A CONTRATACIÓN DE PERSOAL:PARTICULARIDADES 7.1

59

Solicitude de traballadores

61

7.2 O contrato de traballo

63

7.3 Tipos de contratos

64

7.4 Trámites ante o Instituto Nacional da Seguridade Social

70

7.5 Incentivos á contratación de traballadores

71

7.6 Contratación de familiares do traballador autónomo

72

8. TRÁMITES DE POSTA EN MARCHA COMA AUTÓNOMO

73

9. O COLECTIVO AUTÓNOMO ECONOMICAMENTE DEPENDENTE

77

9.1 Definición e características

79

9.2 O contrato do TAED

80

9.3 Dereitos adquiridos polo traballador autónomo economicamente dependente

82

10. A CONVERSIÓN DO AUTÓNOMO OU AUTÓNOMA EN SOCIEDADE 10.1 Tipoloxía e constitución da sociedade mercantil

86

11. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

4

83

91

11.1 A PRL: Obrigas dos autónomos coma empresarios

94

11.2 A PRL: Dereitos dos autónomos coma traballadores por conta propia

98

11.3 Marco xurídico aplicable.

99

12. AXUDAS E SUBVENCIÓNS

101

12.1 Aspectos clave a ter en conta antes de solicitar unha subvención

103

12.2 Axudas para a mellora e desenvolvemento das empresas

105

12.3 Axudas para o fomento da creación de empresas

109

13. DIRECCIÓNS DE INTERESE

111

14. PREGUNTAS FRECUENTES

119

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


0. Introduci贸n



0.

Introdución

O colectivo autónomo fórmano aquelas persoas físicas que realizan de xeito habitual, persoal e directo por conta propia unha actividade económica”. Baixo esta definición encádranse miles de persoas cuxas achegas ao crecemento económico, e ao benestar social, son decisivas. Os datos recollidos neste ámbito polo Instituto Nacional de Estatística son abafadores: no ano 2007 operaban en Galicia 100.126 empresas que non posuían ningún asalariado e que supoñían, en termos porcentuais, o 46% do total. Pese á magnitude dos datos proporcionados polo INE, estes só recollen a parte do colectivo autónomo sen asalariados, neste sentido, os datos da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos-ATA, que nos poden proporcionar un mellor indicativo, cifran o número de autónomos para o mesmo período en 190.664. O labor dos empresarios e empresarias individuais é arduo. A parte dos labores propios da actividade empresarial teñen que realizar labores de xestión, planificación, comerciais... Por este motivo, desde o BIC Galicia percibiuse como necesaria a creación dun manual de consulta que servise de apoio aos autónomos e emprendedores. Este manual, ademáis desta Guía Básica, compleméntase coa creación inicialmente de seis cadernos prácticos de xestión: 7

• Instrumentos básicos de financiamento para autónomos • A xestión de tesouraría no colectivo autónomo • Visual merchandising • Os contratos mercantís e financeiros • Comunicación e técnicas de venda • A fiscalidade do autónomo

Todos estes contidos intégranse, para a súa consulta “online”, no portal Web www.autonomosgalicia.org, no cal pódense atopar, ademais destes, outros recursos de grande utilidade. O obxectivo deste conxunto de recursos é permitir aos autónomos e autónomas, resolver as posibles dúbidas, que lles xurdan no desenvolvemento da súa actividade. Noutras palabras, permitir que este colectivo opere cun nivel máis elevado de información, acadando, deste xeito, unha mellora na xestión dos seus negocios. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


8

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


1. O traballo aut贸nomo



1.

O traballo autónomo

Quen forma o colectivo Autónomo? Cales son as características do traballo autónomo?

Usualmente identificamos como colectivo autónomo todas aquelas persoas que traballan por conta propia baixo a forma xurídica de Empresario individual. Esta denominación débese a que como norma xeral este colectivo está obrigado a cotizar no Réxime Xeral de Traballadores Autónomos (RETA) da Seguridade Social. A efectos deste réxime o colectivo autónomo fórmano aquelas persoas físicas que realizan de xeito habitual, persoal e directo por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo, contando ou non con traballadores ao seu cargo.

11

Segundo o Réxime Especial de Traballadores Autónomo estes deberán: > Realizar de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica ou profesional a título lucrativo. > Estar fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa.

Agás proba en contrario, presumirase que unha persoa é autónomo cando ostente a titularidade dun establecemento aberto ao público como propietario, arrendatario, usufrutuario ou outro concepto análogo. Tamén se inclúen como autónomos ao cónxuxe e aos parentes ata o segundo grao que traballen con el, a non ser que se acredite a súa condición de asalariados. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


1.1 Principais características do traballo autónomo As principais características comúns a esta figura, entendida como empresario/a individual e como persoa titular dun establecemento comercial, agricultor ou profesional liberal son as seguintes: • A personalidade xurídica da empresa é a mesma cá da persoa que ostenta a propiedade do negocio. • Quen ostenta a propiedade do negocio é quen exerce a xestión e o control total da empresa. • Non precisa proceso de constitución aínda que si require a realización dalgúns trámites de posta en marcha en función da actividade a desenvolver. • Non existe un capital mínimo esixido. • A responsabilidade do colectivo autónomo é ilimitada, é dicir, responde ante as débedas futuras con todo o seu patrimonio profesional e persoal. • A contabilidade realizarase conforme á normativa mercantil e fiscal vixente. Porén, hai que ter en conta que existe un incentivo para as persoas autónomas, que é a posibilidade de acollerse a un réxime simplificado á hora de tributar. • Os beneficios tributarán polo IRPF na modalidade de Rendementos de Actividades Económicas. • A actividade estará sometida ás disposicións xerais do Código de Comercio en materia 12

mercantil e ao Código Civil en materia de dereitos e obrigas.

Debe sinalarse que esta figura clásica veu evolucionando enormemente nos últimos anos. Na actualidade, xunto con ela, xa conviven outras figuras tan heteroxéneas como as persoas autónomas economicamente dependentes, os socios traballadores de cooperativas e sociedades laborais, ou os administradores de sociedades mercantís que posúen o control efectivo das mesmas. Todos eles son tamén supostos incluídos no Réxime Especial dos Traballadores Autónomos e aparecen recollidos no epígrafe seguinte.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


1.2 Supostos incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos Como se sinalou os empresarios individuais deben afiliarse ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos para a súa cotización á Seguridade Social.

ADEMAIS, ESTARÁN OBRIGADAS A DARSE DE ALTA NESTE RÉXIME AS PERSOAS QUE ESTEAN NUN DOS DOUS SUPOSTOS SEGUINTES:

> QUE CUMPRAN ALGUNHA DAS CONDICIÓNS QUE SE INDICAN A CONTINUACIÓN. > QUE, AÍNDA NON CUMPRÍNDOAS, DESENVOLVAN POR CONTA PROPIA CERTAS ACTIVIDADES QUE MÁIS ADIANTE SE SINALAN.

13

Condicións que, de cumprirse, obrigan a afiliarse ao RETA: • Persoas traballadoras maiores de 18 anos, que, de forma habitual, persoal e directa, realizan unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición a contrato de traballo. • Cónxuxe e familiares ata o segundo grao inclusive por consanguinidade, afinidade e adopción que colaboren co traballador autónomo de forma persoal, habitual e directa e non teñan a condición de asalariados. • Os escritores de libros. • Os traballadores autónomos estranxeiros que residan e exerzan legalmente a súa actividade en territorio español. • Traballadores autónomos agrícolas, titulares de explotacións agrarias, cando teñan atribuído un líquido impoñible, segundo a extinguida contribución territorial rústica e pecuaria correspondente ao exercicio de 1982, superior a 300,51 euros. • Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación a un Colexio Profesional cuxo colectivo se integre no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


• Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación a un Colexio Profesional cuxo colectivo non fose integrado no Réxime Especial da seguridade Social dos Traballadores Autónomos1. • Os socios de sociedades regulares colectivas e socios colectivos de sociedades comanditarias que reúnan os requisitos legais. • Os socios traballadores das Cooperativas de Traballo Asociado, cando estas opten por este réxime nos seus estatutos. Nese caso, a idade mínima de inclusión no Réxime Especial é de 16 anos. • Comuneiros e socios das comunidades de bens e sociedade civís irregulares. • Os socios traballadores das sociedades laborais que teñan como mínimo o 50% do capital social. Para o cómputo desta porcentaxe incluíranse tamén as participacións do seu cónxuxe e dos seus parentes ata o segundo grao por consanguinidade, afinidade ou adopción, sempre que convivan con eles. • Aquelas persoas que desempeñen os cargos de conselleiros ou administradores e que exerzan as funcións de dirección e de xerencia que estes implican. • Tamén aquelas outras persoas que presten outros servizos para unha sociedade mercantil capitalista, a título lucrativo e de forma habitual, persoal e directa, sempre que posúan o control efectivo da mesma, sexa de maneira directa ou indirecta. Entenderase, en todo caso, que se produce tal circunstancia cando as accións ou participacións do traballador supoñan como mínimo o 50% do capital social.

14

1 Se o inicio da actividade polo profesional colexiado se producise entre o 10 de novembro de 1995 e o 31 de decembro de 1998, a alta no citado Réxime Especial, de non ser esixido con anterioridade a esta última data, deberá ser solicitada durante o primeiro trimestre de 1999 surtindo efectos a partir do primeiro día do mes en que se formulase a correspondente solicitude. De formularse esta no mencionado prazo, os efectos das altas atrasadas serán as regulamentariamente establecidas, fixándose como data de comezo da actividade o 1 de xaneiro de 1999.

Non obstante, o establecido nos parágrafos anteriores, quedan exentos da obriga de alta no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, os colexiados que opten ou optasen por incorporarse á Mutualidade de Previsión Social que puidese ter establecida ao correspondente Colexio Profesional, sempre que a citada Mutualidade sexa algunha das constituídas con anterioridade ao 10 de novembro de 1995. Se o interesado, tendo dereito, non optase por incorporarse á Mutualidade correspondente, non poderá exercitar devandita opción con posterioridade.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Actividades que, sempre que sexan exercidas por conta propia (aínda non cumprindo as condicións anteriores) deberán estar incluídas obrigatoriamente no Réxime de Autónomos.

1.

Administradores de fincas urbanas.

24. Escritores/as de Libros.

2.

Administradores de Loterías.

25. Farmacéuticos Titulares de Oficinas de

3.

Axentes comerciais.

4.

Axentes comerciais especializados en aceites.

5.

Axentes Propiedade Industrial.

6.

Axentes e Comisionistas de Aduanas.

7.

Axentes da Propiedade Inmobiliaria.

8.

Axentes de seguros.

9.

Agrícolas por conta propia.

10. Agrícolas cun líquido impoñible que non permita a súa inclusión no REASS (Réxime Especial Agrario da Seguridade Social).

Farmacia. 26. Xestores Intermediarios en Promocións de Edificacións. 27. Graduados sociais. 28. Ferradores e tosquiadores de gando. 29. Enxeñeiros agrónomos. 30. Enxeñeiros Técnicos, Facultativos e Peritos de Minas. 31. Naturópatas. 32. Notarios. 33. Odontólogos e Estomatólogos.

11. Apostas Deportivas (Receptores).

34. Ópticos.

12. Asistentes Sociais.

35. Periodistas.

13. Autoescolas (Profesorado titulado).

36. Peritos e Taxadores de Seguros.

14. Capitáns, Xefes e Oficiais da Mariña Mercante.

37. Relixiosos/as da Igrexa Católica.

15. Censores Xurados de Contas.

38. Relixiosos/as de Dereito diocesano de Congregacións da Igrexa Católica.

16. Condutores reparto bombonas de

39. Subaxentes de Seguros.

butano (propietarios vehículos). 17. Delineantes. 18. Decoradores. 19. Diplomados/as en Traballo Social. 20. Distribuidores Oficiais de Butano, S.A. 21. Doutores e Licenciados en Ciencias Físicas. 22. Doutores e Licenciados en Ciencias Políticas e Socioloxía. 23. Economistas.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

40. Titulados/as mercantís. 41. Tractoristas que conducen o seu propio tractor e que prestan os seus servizos a titulares de explotacións agrarias. 42. Transportistas con vehículo propio. 43. Vendedores/as de xeados en quioscos. 44. Vendedores/as de prensa. 45. Veterinarios/as.

15


A continuación, amósase unha táboa resumo cos supostos que se deberán incluír no Réxime Especial de Traballadores Autónomos en función da forma xurídica

Empresario individual

Sempre Socios traballadores con capital >33,33%

S.L. e S.A.

16

Socios traballadores con capital >25% e con funcións de dirección e xerencia Socios e familiares ata o 2º grao co 50% do capital

Sociedade Laboral

Socios e familiares ata o 2º grao co 50% do capital

Sociedade Civil

Todos os socios traballadores (excepto aqueles que teñan unha porcentaxe de participación menor ao 25%)

Sociedade Cooperativa

Libre elección dos socios (a única condición é que se inclúan todos eles no mesmo réxime)

Por último, hai que ter en conta que, ademais do RETA, existen outros dous réximes especiais de afiliación á Seguridade Social para os autónomos. Son os seguintes: • Réxime Especial Agrario. • Réxime Especial dos Traballadores do mar.

Para ampliar información sobre algún deles, podes consultar os seguintes vínculos á páxina web da Seguridade Social: http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Réxime Especial Agrario) http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Réxime Especial dos traballadores do mar)

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


1.3 O Estatuto do Traballador Autónomo O Estatuto do Traballador Autónomo, aprobado o 11 de xullo do ano 2007, é o primeiro exemplo de regulación sistemática e unitaria do traballo autónomo en toda a Unión Europea. Ata este momento as referencias á figura do autónomo atopábanse dispersas por toda a lexislación social, de aí o avance que supuxo. É unha lei que regula o traballo autónomo pero sen interferir noutros ámbitos do noso tecido produtivo, como o sector agrario, que conta coa súa propia regulación e as súas propias canles de representación. Os colexios profesionais tampouco verán afectadas as súas competencias e atribucións pola aprobación deste Estatuto.

A continuación enuméranse as principais novidades que introduciu o Estatuto, con independencia de que cada unha delas sexa tratada con máis profundidade no seu epígrafe correspondente: Aspectos xerais: - Establécese por primeira vez a definición de traballador autónomo. - Formúlase un catálogo de dereitos e deberes dos traballadores autónomos. - Créase o Consello do Traballador Autónomo como órgano consultivo do Goberno en materia socioeconómica e profesional do traballo autónomo. - Regúlanse as regras de prevención de riscos laborais. Aspectos referidos ao Traballador Autónomo Economicamente Dependente: - Regúlase o réxime profesional do traballador Autónomo Economicamente Dependente. - Concrétanse condicións específicas para determinar con claridade quen pode ser considerado traballador Autónomo Economicamente Dependente. - Asígnase á xurisdición social a resolución dos litixios dos traballadores Autónomos Economicamente Dependentes. - Indemnización no caso de despido. - Prestación por cesamento da actividade. - Defensa dos dereitos diante da xurisdición laboral. - Coberturas para accidentes “in tinere”, en desprazamentos. - Dereito a período de vacacións de 18 días hábiles. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

17


Prestacións: - Establécense maiores garantías económicas para o traballador autónomo. - Regúlase a protección no caso de baixa por enfermidade. - Permiso por maternidade, paternidade, risco derivado do embarazo ou lactación. - Posibilidade de retiro anticipado. - Incrementouse a redución e bonificación das cotas á seguridade social para mozos ata 30 anos e mulleres ata 35 que inicien a actividade como Autónomos. (Establécese unha redución do 30% da cota durante 30 meses, mentres que ata o de agora era dun 25% durante 24 meses). Outros dereitos do Traballador Autónomo: - Contémplase a posibilidade de celebrar acordos de interese profesional entre asociacións de autónomos ou sindicatos e empresas, sempre que non vaian en contra dos postulados da Lei de Defensa da Competencia. - Dereito ao asociacionismo e demais dereitos asociados. - Posibilidade de contratar como asalariados aos fillos menores de 30 anos que convivan no mesmo fogar. Os Reais Decretos que desenvolven este Estatuto son os seguintes: - Real Decreto 1382/2008, do 1 de agosto, polo que, en desenvolvemento da Lei 18/2007, 18

do 4 de xullo, pola que se procede á integración dos traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario da Seguridade Social no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, e a Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo, modifícanse diversos regulamentos xerais no ámbito da Seguridade Social. - Real Decreto 197/2009, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do Traballo Autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente e o seu rexistro e créase o Rexistro Estatal de asociacións profesionais de traballadores autónomos.

Podes consultar o texto completo da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo no seguinte enlace: http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2007/13409

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Ademais das medidas impulsadas por este Estatuto, nos últimos anos tamén se produciron varias reformas que contribuíron a mellorar a situación do traballo autónomo en España. A continuación enuméranse algunhas das máis salientables: - Eliminouse o Imposto de Actividades Económicas para todas as persoas físicas. - Mellorouse o sistema de capitalización da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único para os desempregados que inicien a súa actividade como autónomos. (Lei 2/2004, do 27 de decembro, de Presupostos Xerais para o Estado para o ano 2005). - Recolleuse a cobertura da Incapacidade Temporal desde o cuarto día da baixa. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica). - Recoñeceuse a posibilidade de cobertura por accidentes de traballo e enfermidades profesionais. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica). - Aprobouse unha minoración na base de cotización para todos aqueles que se incorporen por primeira vez ao Réxime Especial dos Traballadores Autónomos, sendo menores de 30 anos ou mulleres maiores de 45. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica).

19

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO



2. Vantaxes e inconvenientes do traballo aut贸nomo



2.

Vantaxes e inconvenientes do traballo autónomo

Na actualidade, cada vez son máis as persoas que libremente deciden realizar un traballo profesional por conta propia, valorando a súa autodeterminación e a súa capacidade para non depender de ninguén. Xa non é algo exclusivo de actividades que requiren escaso investimento, e cada vez é máis habitual ver esta forma xurídica en actividades de alto valor engadido. Isto débese en boa parte ás melloras introducidas nos últimos anos no que se refire á regulación do traballo autónomo, sobre todo na parte das proteccións sociais. Esta forma xurídica é idónea para as empresas de reducido tamaño e para aquelas persoas para as que non supón un problema desenvolver un proxecto en solitario. Nalgunhas ocasións utilízase como sistema para empezar a actividade empresarial cando non se ten o capital necesario para constituír unha sociedade, co fin de poder creala máis adiante. Porén, tamén segue a presentar certas desvantaxes con respecto ao resto de formas xurídicas, que haberá que valorar para elixir a que máis conveña.

2.1 Principais vantaxes: • No traballo autónomo a persoa ten completa liberdade de decisión e o control total da empresa. Non precisa consensuar decisións con outros socios e ela mesma define a súa estratexia e encárgase da xestión. • Liberdade de organización: establece o seu horario con liberdade, agás as limitacións que estableza a propia actividade. • No traballo autónomo non existen os conflitos entre os membros do grupo promotor que adoitan vir dados polas diferentes visións e obxectivos de cada un deles, e que en moitas ocasións pode rematar coa disolución da sociedade.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

23


• Simplifícanse os trámites formais e de xestión: » A personalidade xurídica da empresa é a mesma cá da persoa autónoma. O feito de non crear personalidade xurídica distinta da do empresario fai que a súa constitución resulte máis económica e sinxela. » Non necesita proceso previo de constitución e a regulación aplicable é moito menos complexa cá das sociedades mercantís. » É a forma empresarial que mellor se adapta ao funcionamento das empresas de moi reducido tamaño xa que a súa xestión é menos complexa. » É a forma xurídica que menos trámites esixe para a posta en funcionamento da actividade. Non esixe inscrición no Rexistro Mercantil nin constitución mediante escritura pública, co que ademais se reducen os custos notariais e de rexistro. » Non esixe capital mínimo para a súa constitución, senón que depende da vontade de cada autónomo, polo que o investimento necesario é menor. • Pode ofrecer vantaxes fiscais con respecto ao resto. O empresario individual terá que tributar polo IRPF, o que supón que se lle aplicará un tipo progresivo que aumenta a medida que o fagan os beneficios. En cambio, as sociedades mercantís terán que tributar a un tipo fixo do 30% (do 25% para as Empresas de Reducida Dimensión). Isto supón que para as empresas cun montante de beneficios non moi elevado a tributación progresiva lles pode beneficiar.

24

• Ofrece algunhas bonificacións: as persoas menores de 35 anos e as mulleres maiores de 45 que se incorporen ao Réxime Xeral dos Traballadores Autónomos poderán reducir a súa base de cotización ata o 75% da base mínima durante tres anos. • Aínda que é certo que a responsabilidade do empresariado autónomo con respecto as súas futuras débedas é totalmente ilimitada, isto pode non ser demasiado grave no caso de que o endebedamento previsto non sexa moi elevado.

2.2 Principais inconvenientes: • A responsabilidade do empresariado autónomo é ilimitada, xa que non hai separación entre o patrimonio empresarial e o persoal e a persoa autónoma deberá responder persoalmente das obrigas derivadas da actividade da empresa. • No caso de matrimonio en réxime de gananciais, os bens do outro cónxuxe poden quedar afectados polas obrigas derivadas da actividade da empresa.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


• O titular da empresa terá que facer fronte en solitario a todos os custos e investimentos, así como á xestión e administración da mesma. • O que antes se mencionou como un beneficio fiscal derivado da aplicación dun tipo impositivo progresivo, pode tamén converterse nunha desvantaxe cando o volume de beneficios sexa moi elevado e o tipo impositivo aplicable sexa superior ao que correspondería no caso de tributar polo tipo fixo do IS (30 ou 25%). • As deducións fiscais ás que se pode acoller unha sociedade son moito máis numerosas que as que pode obter o empresariado autónomo, sobre todo en materia de contratación de persoal e de I+D+i. • Tamén obter financiamento é moito máis sinxelo para unha sociedade que para un autónomo, xa que a maioría de produtos que ofertan as entidades financeiras están orientadas a elas. • En moitas ocasións os concursos públicos esixen como requisito constituírse como sociedade para poder optar a eles. • Por último, existen algunhas actividades que non admiten a forma xurídica do empresariado individual. Un exemplo serían as axencias de viaxes que deberán constituírse obrigatoriamente como S.A. ou S.L. 25

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO



3. A responsabilidade do traballador aut贸nomo



3.

A responsabilidade do traballador autónomo

Que grao de responsabilidade ten o autónomo ou autónoma á hora de facer fronte ás débedas futuras?

O autónomo terá o control total da empresa. Será o que se encargue persoalmente da xestión da mesma e ademais a súa responsabilidade fronte ás débedas contraídas será ilimitada. Isto quere dicir que terá que responder con todo o seu patrimonio, tanto empresarial como persoal e presente e futuro, ante as posibles débedas que se poidan contraer fronte a terceiros.

3.1

Bens que se poden protexer fronte ás futuras débedas 29

Existe a posibilidade de protexer algúns bens para que non poidan ser embargados? Pode o autónomo ou autónoma chegar a perder a súa vivenda habitual?

Efectivamente, existe a posibilidade de que algúns bens mínimos non se poidan embargar. Son os seguintes: • O mobiliario e o enxoval da casa, así como as súas roupas e as da súa familia, no que non poidan considerarse superfluos. En xeral, aqueles bens como alimentos, combustible e outros que, a xuízo do tribunal, resulten imprescindibles para que a parte executada e as persoas que del dependan poidan atender cunha dignidade razoable a súa subsistencia. • Os libros e os instrumentos necesarios para o exercicio da profesión, arte ou oficio ao que se dedique o executado, cando o seu valor non garde proporción coa contía da débeda reclamada. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


• O salario, soldo, pensión, retribución ou o seu equivalente, sempre na parte que non exceda á contía sinalada para o salario mínimo interprofesional. Pola parte que exceda embargarase nunhas determinadas porcentaxes, que poderán ser rebaixadas en función das cargas familiares da parte executada, sempre que sexa por decisión xudicial. • Os bens declarados inalienables. Serán aqueles que se atopan fóra do comercio, que están prohibidos legalmente ou os de disposición de última vontade.

No caso de que o embargo afecte a un ben inmoble e o autónomo ou autónoma poida demostrar que se trata da súa vivenda habitual, o embargo da mesma non se poderá producir nos dous casos que se indican a continuación: • Cando se coñezan outros bens da persoa debedora que sexan suficientes e susceptibles de realización inmediata no procedemento executivo. • Cando entre a notificación da primeira dilixencia de embargo e a realización do medio administrativo de alleamento (sexa concurso, poxa…) non pasase o prazo mínimo dun ano. Este prazo dun ano non se interromperá nin tampouco se suspenderá, en ningún caso, nos supostos de ampliacións do embargo orixinario nin nos casos de prórroga das anotacións rexistrais.

30

3.2 A responsabilidade ilimitada no caso de matrimonio A responsabilidade podería chegar ata os bens do cónxuxe do autónomo ou autónoma?

Se a persoa autónoma está casada, a responsabilidade da súa actividade pode afectar tamén ao seu cónxuxe. Haberá que ter en conta o Réxime económico que rexe o matrimonio e a natureza dos bens que teñan en común.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


• Réxime de gananciais: Cando non se opta expresamente polo réxime de separación de bens, o de gananciais será o réxime que rexa no matrimonio. Neste caso quedarán afectados ao pago das posibles débedas contraídas na actividade empresarial os bens privativos do empresario ou empresaria, pero tamén os bens comúns do matrimonio que se adquiriran cos beneficios xerados pola actividade empresarial. Cando se trate do resto de bens comúns do matrimonio, para que queden afectados á actividade empresarial, será necesario o consentimento dos dous cónxuxes. Ese consentimento presúmese dado cando a actividade é exercida con coñecemento e sen oposición expresa do cónxuxe, e tamén cando ao contraer matrimonio o empresario ou empresaria xa realizase a actividade e continuase con ela sen a oposición do outro.

Exemplo: A dona dunha axencia de tradución casa coa súa parella en réxime de gananciais. Se o seu marido non manifesta a súa oposición expresa, todos os seus bens tamén quedarán afectos á actividade da súa muller, desde o mesmo momento do matrimonio.

Polo que se refire aos bens privativos do cónxuxe do empresario, nunca poderán quedar afectos a menos que exista o consentimento expreso. Hai que ter en conta que o consentimento, tanto o expreso como o presunto, poderá ser revogado libremente e en calquera momento polo cónxuxe do empresario. Como xa se sinalou anteriormente, o empresariado individual non está obrigado a inscribirse no Rexistro Mercantil. Porén, este trámite podería ser moi conveniente por varias razóns, entre outras porque para que o consentimento, a revogación ou a oposición do cónxuxe á afectación dos seus bens á actividade empresarial teña efecto, será necesario que conste en escritura pública e que se inscriba no Rexistro Mercantil.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

31



4. Patrimonio empresarial vs Patrimonio persoal



4.

Patrimonio empresarial vs Patrimonio persoal

No caso do empresariado autónomo pódese distinguir entre patrimonio persoal e empresarial? Por que é importante iso á hora de determinar se un ben está afecto?

O tratamento do patrimonio presenta algunhas particularidades con respecto ao resto de formas xurídicas, xa que neste caso non se distingue entre patrimonio persoal e patrimonio empresarial, senón que existe unha única masa patrimonial indivisible e susceptible de usos distintos.

35

Como xa vimos, as persoas físicas non posúen dous ámbitos distintos de responsabilidade, senón que responden con todos os seus bens, tanto particulares como empresariais. De aí que se fale dunha única masa patrimonial, con independencia de que se destine ao ámbito privado ou ao exercicio da actividade económica. Este feito de contar cun único patrimonio ten unha importancia enorme para o traballador autónomo, sobre todo desde o punto de vista da fiscalidade. Para moitos aspectos é imprescindible ter ben delimitados os elementos patrimoniais que están afectos á actividade económica e os que non o están, e isto resulta especialmente complicado cando só existe un único patrimonio.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


4.1

Incidencias no IRPF Por que é tan transcendente para o autónomo que os seus elementos patrimoniais estean afectos á actividade? Como pode influír a non afectación no IRPF?

No caso do IRPF que un elemento sexa afecto ou non é fundamental. • En primeiro lugar, porque as rendas que se deriven dos elementos patrimoniais afectos estarán a xerar rendementos de Actividades Económicas, e as que se deriven dos non afectos xerarán rendementos de capital . • Por outro lado, porque os gastos que se deriven de elementos non afectos non van poder ser considerados como gastos fiscalmente deducibles. No manual correspondente á fiscalidade, trataranse os requisitos que deben cumprir os bens para considerarse afectos ás actividades económicas. De todos os xeitos, xa cómpre mencionar que é posible a afectación parcial dos mesmos, é dicir,

36

unha parte dos bens pode considerarse afecta á actividade e outra non, aínda que só nos casos de elementos divisibles.

Exemplo: Un médico decide montar unha consulta privada na súa propia casa habilitando unha habitación para iso. Neste caso, é un ben perfectamente divisible e poderíase falar de afectación parcial. Isto supón que os custos que correspondan á parte destinada á consulta van ser deducibles, mentres que o resto non. Así, por exemplo, o custo de luz será deducible só na parte proporcional á habitación habilitada como consulta.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Ademais desta afectación parcial, tamén cabe outra posibilidade de gran relevancia para os autónomos. Permítese que un elemento afecto poida ser utilizado simultaneamente no ámbito privado, sempre que sexa de forma accesoria e notoriamente irrelevante. Isto non vai supoñer desafectación, nin tan sequera afectación parcial. Entenderase que se usan de forma accesoria e notoriamente irrelevante aqueles bens do inmobilizado adquiridos e utilizados para o desenvolvemento da actividade económica pero que se destinen ao uso persoal do autónomo en días e horas inhábiles durante os que deberá interromperse o exercicio da actividade.

Este uso notoriamente irrelevante non será válido para automóbiles de turismo e os seus remolques, ciclomotores, motocicletas, aeronaves ou embarcacións deportivas ou de recreo, agás nos seguintes casos: • Os vehículos mixtos dedicados ao transporte de mercadorías. • Os destinados á prestación de servizos de transporte de viaxeiros mediante pago. • Os destinados aos desprazamentos profesionais dos representantes ou axentes comerciais. • Os destinados a ser obxecto de cesión de uso con habitualidade e onerosidade.

Exemplo: Un taxista poderá utilizar o mesmo vehículo co que realiza a súa actividade profesional para trasladarse á súa casa ao remate da xornada laboral. Neste caso é un uso irrelevante e o vehículo non deixará de estar afecto por iso. Non obstante se, en lugar dun taxista, fose un médico que utiliza o seu propio vehículo para realizar consultas a domicilio, o uso irrelevante para fins particulares xa non estaría admitido. O vehículo deixaría de estar afecto.

Por último, hai que ter en conta que o feito de que un elemento sexa considerado afecto á actividade económica é independente de que a titularidade do mesmo sexa común ou non ao cónxuxe do autónomo.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

37


4.2 Incidencias no IVE Como incide a afectación no IVE? No caso do IVE tamén é moi relevante o feito de que un ben estea afecto á actividade ou non. Neste caso, ao contrario que no IRPF, non se considera a posibilidade da afectación parcial. Por outra parte vimos que no IRPF os vehículos, ou eran exclusivamente de uso privado, ou se estaban afectos á actividade non se permitía ningunha utilización para fins particulares, por moi irrelevante que esta fora. En cambio, no IVE para este tipo de elementos patrimoniais sempre se vai presumir unha afectación mínima do 50%, podendo ser do 100% se así se demostra.

Exemplo: Volvendo ao exemplo anterior do médico que utiliza o seu propio vehículo para realizar consultas a domicilio. No caso do IRPF estaba totalmente desafecto porque non se

38

admitía o seu uso notoriamente irrelevante para fins particulares. En cambio, no IVE, aínda que se use simultaneamente no ámbito privado, presumirase unha afectación mínima do 50% para o mencionado vehículo.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


5. As principais obrigas contables e de rexistro



5.

As principais obrigas contables e de rexistro

Que libros está obrigado a levar o empresariado autónomo? Que operacións haberá que rexistrar en cada un deles? Durante canto tempo será necesario conservar os libros? Que libros hai que legalizar?

O empresariado autónomo está suxeito a unha serie de obrigas en materia contable que veñen determinadas principalmente polo Código de Comercio, o Plan Xeral Contable das Pemes e a normativa fiscal (o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto sobre o Valor Engadido). En 2008 entrou en vigor o Plan Xeral de Contabilidade específico para pequenas e medianas empresas 1. Debe sinalarse que as obrigas contables e rexistrais non son as mesmas para todo o colectivo autónomo, senón que depende en gran medida do réxime de estimación ao que se acollan no IRPF. A continuación indícanse as obrigas en materia de contabilidade e os libros que deben de levar segundo cada Réxime.

1 REAL DECRETO 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas e os criterios contables específicos para microempresas

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

41


5.1 Libros Esixidos polo IRPF • Empresarios mercantís en estimación directa normal: Este réxime é o único que esixe a levanza de Contabilidade axustada ao Código de Comercio e ao Plan Xeral de Contabilidade. Os libro obrigatorios son: • Libro de Inventario e Contas Anuais: O Libro de Inventario e Contas anuais debe ter un contido mínimo. O Libro debe abrirse co Balance inicial detallado da empresa. Nel transcribiranse: - Trimestralmente: Balances de comprobación, con sumas e saldos. - Anualmente: » Inventario de peche de exercicio. » As contas anuais, que á súa vez se compoñen de: - Balance. - Conta de perdas e ganancias. - Memoria. 42

• Libro Diario: O Libro Diario rexistrará día a día todas as operacións relativas á actividade da empresa.

• Empresarios non mercantís en estimación directa normal e todos os empresarios en estimación directa simplificada: • Libro rexistro de vendas e ingresos. • Libro rexistro de compras e gastos. • Libro rexistro de bens de investimento.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


• Profesionais en estimación directa, en calquera das súas modalidades: • Libro rexistro de ingresos. • Libro rexistro de gastos. • Libro rexistro de bens de investimento. • Libro rexistro de provisións de fondos e suplidos.

• Empresarios e profesionais en estimación obxectiva: • Libro rexistro de bens de investimento (unicamente os contribuíntes que deduzan amortizacións). • Libro rexistro de vendas e ingresos (unicamente os titulares de actividades cuxo rendemento neto se determine en función do volume de operacións, é dicir, titulares de actividades agrícolas, gandeiras, forestais accesorias e de transformación de produtos naturais).

5.2 Libros esixidos polo IVE • Libro de facturas expedidas. IVE 43

Deben anotarse todas as facturas expedidas. O contido mínimo dos asentos será: número de factura, data, destinatario, base impoñible do IVE, tipo e cota repercutida.

• Libro de facturas recibidas. IVE Anotaranse: • As facturas correspondentes aos bens adquiridos e aos servizos recibidos no desenvolvemento da súa actividade empresarial. • Igualmente deben anotarse por separado as facturas nos casos de investimento. O contido mínimo dos asentos será: número de recepción da factura, data, nome e apelidos ou razón social do expedidor, base impoñible do IVE, tipo e cota soportada.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


• Libro Rexistro de bens de investimento Neste Libro rexistraranse, un a un, os bens adquiridos polo suxeito pasivo cualificados como de investimento. Así mesmo, débense reflectir neste Libro os datos suficientes para identificar de forma precisa as facturas e documentos de Aduanas correspondentes a cada un dos bens de investimento rexistrados. Tamén se anotará a data do comezo da utilización de cada un dos bens, a prorrata anual definitiva e a regularización anual, se procede, das deducións.

Que é un ben de investimento? Os bens corporais, mobles, semoventes ou inmobles que, pola súa natureza e función, estean a ser utilizados por un período de tempo superior a un ano como instrumentos de traballo ou medios de explotación. Por exemplo, a maquinaria, os vehículos… Non teñen a consideración de bens de investimento os seguintes bens: 1. Os accesorios e pezas de recambio adquiridos para a reparación dos bens de investimento utilizados polo suxeito pasivo. 44

2. As execucións de obras para a reparación doutros bens de investimento. 3. Os envases e embalaxes, aínda que sexan susceptibles de reutilización. 4. As roupas utilizadas para o traballo polos suxeitos pasivos ou o persoal dependente. 5. Calquera outro ben cuxo valor de adquisición sexa inferior a 3005,06 €.

• Libro rexistro de provisións e suplidos É o libro no que se inscriben tanto os suplidos, é dicir, as cantidades pagadas en nome do cliente, como as provisións, é dicir, entregas anticipadas realizadas polo cliente que logo deberán ser descontadas na factura final.

Que gastos se consideran suplidos? Desprazamentos, Fax, mensaxería, fotocopias, impresos oficiais, sobres, franqueo, carpetas, etc.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


5.3 Como levar os libros contables?

Os libros en papel quedaron en desuso na actualidade, xa que existen suficientes ferramentas informáticas baseadas en software libre que facilitan enormemente a contabilidade. Podes atopar información en: - Mancomún (http://www.mancomun.org/) - www.openxpertya.org

5.4 Conservación dos libros Os libros, correspondencia, documentación e xustificantes concernentes ao seu negocio, deben conservarse durante seis anos. Idéntica obriga existe nos casos de cese da actividade, disolución de sociedades ou morte do empresario, en cuxo caso a obriga recae sobre os seus herdeiros.

5.5 Legalización dos libros O Libro de Inventario e Contas Anuais así como o Libro Diario débense legalizar no Rexistro Mercantil. Unha vez finalizado o exercicio social e no prazo máximo de catro meses desde este peche, lístanse todos os asentos, numéranse as follas e encadérnanse para ser presentadas. Tamén se pode legalizar directamente o soporte magnético. Os demais libros non é preciso presentalos en ningún rexistro.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

45



6. A seguridade social do aut贸nomo



6.

A seguridade social do autónomo: Réxime Especial de Traballadores Autónomos

Os empresariado autónomo terá un único réxime de afiliación á Seguridade Social, o Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA) Isto non impide que algúns colectivos específicos estean encadrados noutros réximes da Seguridade Social debido á súa pertenza a determinados sectores económicos. Este é o caso dos Traballadores do mar e dos Traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario (aínda que estes últimos quedan incorporados ao RETA desde o 01/01/2008 sempre que cumpran os requisitos que correspondan). A afiliación á Seguridade Social garante aos autónomos asistencia e prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade, tal e como se recolle no Artigo 41 da Constitución. As prestacións complementarias a estas serán libres.

6.1 Afiliación A afiliación realizarase unha única vez ao longo de toda a vida profesional do traballador autónomo, sen prexuízo das altas e baixas nos distintos réximes da Seguridade Social, así como das demais variacións que se poidan producir despois da afiliación.

6.2 Cotización A cotización por parte do traballador autónomo é obrigatoria e deberá facerse xa desde o primeiro día do mes en que inicie a súa actividade. A obriga a cotizar non se vai interromper en ningún momento mentres o traballador estea a desenvolver a actividade. Haberá tamén que cotizar durante os períodos de incapacidade temporal, de descanso por maternidade ou paternidade, e mesmo en situacións de risco durante o embarazo ou durante a lactación natural.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

49


A obriga non remata ata o último día do mes en que finalice a actividade por conta propia, e isto sempre e cando a baixa se comunique á Tesouraría Xeral da Seguridade Social nos 6 días naturais seguintes. No caso de que non se comunique a baixa nese prazo, a obriga de cotizar estenderase ata o último día do mes en que efectivamente se comunique, a non ser que se xustifique dalgún xeito o cese da actividade.

6.3 Base de cotización A base de cotización no Réxime Especial do Traballador Autónomo será escollida polo traballador entre a base mínima e a máxima que lle corresponda. Para o ano 2009 estas bases son as seguintes:

Base mínima = 833,40 euros mensuais.

Base máxima = 3.166,20 euros mensuais.

Estas bases oscilarán en función das características persoais dos autónomos (por exemplo os 50

maiores de 50 anos terán uns límites mínimo e máximo diferentes) e tamén en función da propia actividade que estea a desenvolver (algúns sectores económicos como o da venda a domicilio terán os seus propios límites). Para ver todas estas especificidades podes consultar a páxina web da seguridade social: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Cotización – Réxime Especial Traballo Autónomo) As bases tamén serán distintas para o caso dos traballadores autónomos economicamente dependentes, tal e como se verá no capítulo desta guía dedicado a eles. Hai que ter en conta que a elección da base de cotización vai determinar a contía das futuras prestacións ás que o autónomo terá dereito. Todas as prestacións calcúlanse como unha porcentaxe da cota de cotización e esta dependerá directamente da base elixida. Isto explica que aínda que a maioría de autónomos se decanten pola base mínima, canto máis se achegan á idade de xubilación, aumentan a cantidade a pagar co obxectivo de ter unha mellor pensión.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Unha vez elixida a base de cotización, existe a posibilidade de cambiala. Pódese facer no mesmo ano, con efectos a partir do 1 de xullo, se o solicita antes do 1 de abril; ou para o ano seguinte se o solicita antes do 1 de outubro. Tamén se pode solicitar o incremento automático da base na mesma porcentaxe do incremento anual das bases máximas, co tope límite máximo aplicable ao traballador. O cambio de base solicitarase na Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, nas Administracións da mesma ou a través da Internet na web www.seg-social.es

6.4 Tipo de cotización Para o ano 2009 o tipo de cotización aplicable a este Réxime Especial de Traballadores Autónomos será do 29,80%. Os autónomos estarán obrigados a cubrir a continxencia de Incapacidade Temporal, excepto no caso de que estean en situación de pluriactividade e cotizaran noutro réxime diferente. Neste suposto sería voluntario e no caso de que optaran por non cubrila o tipo de cotización sería do 26,50%.

Ademais aqueles que non optaran por cubrir a continxencia de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, terán que facer unha cotización adicional do 0,1% sobre a base de cotización elixida. O obxectivo é financiar as prestacións por risco tanto durante o embarazo como durante a lactación natural. No caso de que si optaran por cubrilas, aplicarase a Tarifa de Primas establecida na Disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro.

6.5 Cotas As cotas son as cantidades que hai que ingresar finalmente na Seguridade Social, e son o resultado de aplicarlle o tipo que corresponda á base de cotización.

Exemplo: Un autónomo que opte pola base mínima de cotización e que decida cubrir a continxencia de Incapacidade Temporal terá que ingresar unha cota igual a 833,40 X 29,80% = 248,35 €.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

51


• O ingreso das cotas: Cada mes haberá que ingresar as cotas correspondentes e o encargado de facelo será o propio autónomo. Para iso poderá acudir a calquera entidade financeira autorizada para actuar como Oficina Recadadora da Seguridade Social, onde terá que presentar os documentos de cotización que correspondan, e que podes encontrar no seguinte enlace da páxina web da seguridade social: http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Servizos de Cotización) O pago das cotas pódese domiciliar en calquera entidade financeira. A solicitude deste trámite poderase realizar a través dos seguintes medios: • Na propia entidade financeira. • Nas administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Na actualidade xa existe a posibilidade de aforrar tempo facéndoo a través da Oficina Virtual da páxina web da Seguridade Social www.seg-social.es

6.6 Beneficios na cotización: reducións e bonificacións As cotas a ingresar na Seguridade Social poderanse ver minoradas grazas a unha serie de 52

reducións ou bonificacións que teñen como obxectivo favorecer a determinados colectivos incluídos dentro do empresariado autónomo, en atención ás súas características persoais ou ás características profesionais da actividade exercida. (Artigo 25 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo). Algunhas das reducións e bonificacións máis salientables son as seguintes:

COLECTIVOS

REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Traballadores autónomos a partir de 65 anos e con 35 ou máis cotizados

Exención Estarán exentos de pagar as cotas que lles correspondan excepto a parte das mesmas que cubra a continxencia de incapacidade temporal. (Aos que optaran por cubrir esta continxencia aplicaráselles o 3,3%).

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


COLECTIVOS

Traballadores incorporados ao RETA a partir da entrada en vigor do Estatuto do Traballador Autónomo ( o 01/01/2005), os autónomos de 30 anos ou menos, e as autónomas de 35 anos ou menos.

Traballadoras autónomas que cesarán a súa actividade por maternidade e a reiniciarán nos dous anos seguintes á data do parto.

Traballadores autónomos substituídos durante os períodos de descanso por maternidade, adopción, acollemento, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural, mediante contratos de interinidade bonificados, celebrados con desempregados.

Discapacitados que causen alta inicial no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS Redución O 30% da cota resultante de aplicar o tipo mínimo vixente (29,80%) á base mínima de cotización. Bonificación Mesma contía. Duración A redución aplicarase durante os 15 meses seguintes á alta na Seguridade Social e a bonificación nos 15 seguintes á finalización desa redución. A duración total é de 30 meses ininterrompidos, con independencia de que nos mesmos se produzan períodos de baixa. Bonificación O 100% da cota resultante de aplicar o tipo vixente á base mínima de cotización. Duración A bonificación aplicarase durante os 12 meses seguintes. Bonificación O 100% da cota resultante de aplicar o tipo de cotización obrigatorio (29,80%) á base mínima de cotización. Duración A bonificación aplicarase durante o tempo que se suspenda a actividade sempre que coincida o tempo co contrato de iterinidade do substituto. Nunca poderá ter unha duración maior que o propio período de suspensión.

Bonificación O 50% da cota resultante de aplicar o tipo vixente á base mínima de cotización. Duración Aplicarase durante os 3 anos seguintes á alta no RETA.

Estes beneficios serán igualmente aplicables aos socios traballadores das cooperativas de Traballo Asociado que se inclúan no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e que cumpran os requisitos establecidos.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

53


6.7 A acción protectora do Réxime Especial dos Traballadores Autónomos O Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores Autónomos, segundo a Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo, garantirá en todo caso as seguintes prestacións: • Asistencia sanitaria nos casos de maternidade, enfermidade común ou profesional e accidentes, sexan ou non de traballo. • Prestacións económicas nas situacións de incapacidade temporal, incapacidade permanente, maternidade e paternidade, risco durante o embarazo e a lactación, xubilación, morte e supervivencia e familiares por fillo a cargo. Os traballadores autónomos economicamente dependentes deberán incorporar obrigatoriamente, dentro do ámbito da acción protectora da Seguridade Social, a cobertura de incapacidade temporal e dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.

A acción protectora do réxime da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos, tenderá a converxer en achegas, dereitos e prestacións coa existente para os traballadores por conta allea no Réxime Xeral da Seguridade Social.

54

A continuación, enuméranse as principais prestacións ás que ten dereito o empresariado autónomo: Hai que ter en conta que o autónomo ten a posibilidade de optar por cubrir algunhas delas ou non na súa cotización. Concretamente, a continxencia de Incapacidade Temporal e a continxencia de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Dereito a asistencia sanitaria Será nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral da Seguridade Social.

Cobertura das situacións de incapacidade temporal A partir do 1 de xaneiro do ano 2008, os traballadores autónomos que non optaran por cubrir a incapacidade temporal deberán facelo de forma obrigatoria, excepto no caso de que estean en situación de pluriactividade e cotizaran noutro réxime. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Esta cobertura garantirase nos mesmos termos que no Réxime Xeral, cunha serie de particularidades que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións)

Prestación en situacións de risco durante o embarazo É unha prestación para cubrir os períodos de interrupción da actividade profesional nos casos de que esta inflúa negativamente na saúde da embarazada ou do feto. Consiste nun subsidio do 100% da base reguladora correspondente. Será obrigatorio que esta situación de risco estea certificada polos servizos médicos do INSS ou da mutua que corresponda. O día seguinte a que se produza esta certificación, nace o dereito para a muller embarazada, aínda que a prestación non se cobrará ata o cese efectivo da actividade profesional.

Prestación en situacións de risco durante a lactancia natural É unha prestación para cubrir os períodos de interrupción da actividade profesional nos casos de que esta inflúa negativamente na saúde da nai traballadora ou do seu fillo. Consiste tamén nun subsidio do 100% da base reguladora correspondente. Será obrigatoria, igual que no caso anterior, que esta situación de risco estea certificada polos servizos médicos do INSS ou da mutua que corresponda. O día seguinte a que se produza esta certificación, nace o dereito para a nai traballadora, aínda que a prestación non se cobrará ata o cese efectivo da actividade profesional.

Prestación por maternidade As autónomas terán dereito a cobrar o 100% da súa base de cotización desde o mes anterior á baixa e durante 16 semanas. Os requisitos que deberán cubrir para que ese dereito se faga efectivo son os seguintes: • Se ten menos de 21 anos terá dereito á prestación sempre, non necesita ter cotizado. • Se ten entre 21 e 26 anos necesita ter cotizados 90 días nos últimos 7 anos, ou medio ano en toda a súa vida laboral. • No resto dos casos haberá que ter cotizados 180 días nos últimos 7 anos, ou un ano en toda a súa vida laboral.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

55


Polo que se refire aos trámites para cobrar a prestación por maternidade, as traballadoras deberán presentar o modelo IT.1 no INSS ou na mutua correspondente nun prazo de 15 días desde a data do parto. Ademais deberá entregar tamén a declaración de situación da actividade, onde indique se pecha o negocio, contrata un traballador do Réxime Xeral ou a substitúe outro autónomo.

Prestación por paternidade Recoñécese tamén o dereito a recibir a prestación por paternidade nos mesmos termos que os previstos para os traballadores do Réxime Xeral, cunha serie de particularidades que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións)

Prestacións nos casos de Incapacidade permanente Existen dous tipos de Incapacidade permanente: • Incapacidade permanente total: Refírese a aqueles casos nos que o autónomo non pode seguir coa súa actividade habitual pero si podería desenvolver algunha outra. Terán dereito ao 55% dunha base reguladora, que por regra xeral será a dos últimos 8 56

anos. • Incapacidade permanente absoluta: Neste caso o autónomo non pode traballar en nada, nin na súa actividade habitual nin en ningunha outra. Terán dereito ao 100% dunha base reguladora, en xeral a dos últimos 8 anos. Máis información: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións)

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Prestación por lesións permanentes non invalidantes A partir do 01/01/04, o autónomo tamén terá dereito á prestación por este motivo nas mesmas condicións que o resto de traballadores do Réxime Xeral, aínda que debe cumprir os seguintes requisitos: • Estar acollidos á mellora voluntaria da acción protectora derivada das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Ademais, teñen que ter optado tamén pola cobertura de prestación económica por incapacidade temporal. • Encontrarse ao día no pago das cotas.

Xubilación A idade de xubilación dos autónomos é de 65 anos, aínda que se contempla a posibilidade de xubilación anticipada aos 60 anos, sempre que se cumpran as seguintes condicións: • Ter cotizados como mínimo un día antes do 01/01/1967. • Ter cotizado como mínimo o 25% de toda a súa vida laboral nun réxime distinto ao de autónomos. No caso de que se teñan máis de 30 anos cotizados, só se esixen 5 anos de cotización noutro réxime. Hai que ter en conta que por cada ano anticipado entre os 60 e os 65 anos, ao autónomo réstanlle un 8%. 57

Por outra banda, en ningún caso existe a posibilidade de xubilación antes dos 60 anos. Por último, mencionar que a pensión por xubilación é perfectamente compatible co mantemento da titularidade do negocio, así como co desempeño das funcións inherentes á mencionada titularidade.

Prestacións por morte e supervivencia A partir do 01/01/04, os traballadores que se acolleran de xeito voluntario á acción protectora das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e que, ademais, optaran pola cobertura da incapacidade temporal, terán dereito ás prestacións por morte e supervivencia. As mencionadas prestacións recoñécense nos mesmos termos que para os traballadores do Réxime Xeral da Seguridade Social, cunha serie de particularidades que podedes consultar no seguinte enlace: http://www.seg-social.es/(Traballadores – Prestacións/Pensións)

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Prestacións por actos terroristas Os autónomos terán dereito ás mesmas prestacións por este concepto que o resto de traballadores do Réxime Xeral. Tanto as persoas incapacitadas como os familiares de persoas falecidas por este motivo terán dereito a percibir da Seguridade Social pensións extraordinarias por actos de terrorismo, así como asistencia sanitaria e servizos sociais.

Prestacións familiares Existen unha serie de prestacións non contributivas que teñen como obxectivo cubrir a situación de necesidade económica, provocada pola existencia de responsabilidades familiares, e polo nacemento ou adopción de fillos en determinados casos. Son as seguintes: • Prestación económica por fillo ou menor acollido a cargo. • Prestación económica por nacemento ou adopción do terceiro ou sucesivos fillos. • Prestacións económicas polo nacemento ou adopción dun fillo, nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas. • Prestación económica por parto ou adopción múltiples. • Prestación económica por nacemento ou adopción dun fillo. 58

Ademais, contémplase tamén a existencia doutra prestación non contributiva, a prestación por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares. Para máis información sobre estas prestacións: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións)

Pensións do seguro obrigatorio de vellez e invalidez Trátase dun réxime residual que se aplica aos traballadores que, reunindo os requisitos esixidos pola lexislación do extinguido réxime, non teñan dereito a unha pensión do actual Sistema da Seguridade Social, con excepción das pensións de viuveza.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


7. A contrataci贸n de persoal: particularidades



7.

A contratación de persoal: particularidades

Nun determinado momento o autónomo pode considerar necesaria a contratación dun ou máis traballadores. Nos epígrafes seguintes enumeraranse os principais aspectos a ter en conta neste sentido. Non obstante, antes de dar este paso, o traballador/a debe contemplar todas as opcións que ten ao seu alcance, xa que a contratación de traballadores non sempre é a única alternativa. Por exemplo, ante necesidades puntuais por aumentos de traballo ou outras necesidades concretas, pode ser tamén unha boa alternativa subcontratar parte das actividades. Por outro lado, tamén hai que ter en conta que o autónomo/a é posible que non conte cos mesmos recursos financeiros que unha sociedade. Por iso, para competir con elas á hora de contratar traballadores deben facer fincapé en aspectos como a flexibilidade laboral, o trato amable e próximo, a posibilidade de conciliación da vida laboral e familiar…

7.1 Solicitude de traballadores 61

Onde podo acudir para conseguir traballadores? Podo contratar a calquera persoa como traballador por conta propia?

Unha vez que se ten clara a necesidade de contratar novos traballadores, as fontes ás que pode acudir o autónomo son moi numerosas. Aquí enuméranse algunhas delas: • A través do boca a boca. • Poñendo anuncios en prensa. • Acudindo a Axencias Privadas de Colocación. • A través de Empresas de Traballo Temporal. • Nas Oficinas de Emprego.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Este último suposto de acudir ás Oficinas de Emprego, vai ser obrigatorio no caso de que o autónomo queira solicitar unha das dúas medidas seguintes: • Incentivos por realizar un contrato indefinido de traballadores discapacitados. • Transformación de contratos dos traballadores discapacitados de temporais a indefinidos. Sempre que decida acudir a estas oficinas deberá indicar as características do posto que se quere cubrir, os requisitos que deben cumprir os candidatos, o tipo de contrato que se vai realizar, a forma, o lugar e a data de selección dos traballadores. Despois diso, será a propia Oficina de Emprego a que faga unha preselección dos candidatos aptos para ser entrevistados e lla envíe ao autónomo.

Á hora de seleccionar os traballadores hai que ter en conta a quen se pode contratar e a quen non. As persoas que poden ser contratadas son as seguintes: • Persoas maiores de idade. 62

• Menores de 18 anos legalmente emancipados. • Persoas maiores de 16 anos e menores de 18, nos seguintes casos: - Se viven de forma independente co consentimento expreso ou tácito dos seus pais ou titores. - Se teñen autorización dos pais ou de quen os teña ao seu cargo. • Estranxeiros de acordo coa lexislación que lles sexa aplicable.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


7.2 O contrato de traballo Que é un contrato de traballo? Como se deben realizar os contratos de traballo? Que obrigas teñen os autónomos cando realizan un contrato de traballo?

Unha vez elixido o traballador/a axeitado, o autónomo/a deberá formalizar o acordo a través dun contrato de traballo.

O contrato de traballo non é máis que un acordo entre o autónomo/ a e o traballador/a polo que este se obriga a prestar determinados servizos por conta do primeiro baixo a dirección do mesmo, a cambio dunha retribución.

En principio, os contratos poderán ser por escrito ou de palabra. Porén, existen determinados supostos nos que é obrigatorio que se faga por escrito. Son os seguintes: • Contratos de prácticas. • Contratos de formación. • Contratos para a realización dunha obra ou servizo determinado. • Contratos a tempo parcial, fixo descontinuo ou de relevo. • Contratos de traballo a domicilio. • Contratos de traballadores en España ao servizo de empresas españolas no estranxeiro. • Contratos eventuais por circunstancias da produción con duración superior ás 4 semanas.

Por outra banda, calquera das partes pode esixir en calquera momento que o contrato se celebre por escrito, aínda que non estea nun dos supostos anteriores.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

63


Obrigas dos empresarios: • Terán a obrigación de comunicar á oficina de emprego, no prazo dos 10 días seguintes á celebración do contrato, o contido do mesmo, sexa por escrito ou non. Do mesmo xeito haberá que comunicar tamén as prórrogas dos contratos xa existentes. • Deberán tamén entregar unha copia básica dos contratos que se deban formalizar por escrito aos representantes legais dos traballadores. Esta copia básica deberá incluír todos os datos do contrato a excepción do DNI, o domicilio, o estado civil, e calquera outro que poida afectar á intimidade persoal. Posteriormente, deberá enviala á Oficina de Emprego correspondente.

7.3 Tipos de contratos Que tipos de contratos pode realizar o autónomo? Cales son as súas características fundamentais? Onde se poden obter modelos de cada un dos tipos? 64

Que traballadores se poden acoller a cada un dos contratos? Como se deben formalizar? Existe unha gran variedade de contratos, entre os que o autónomo/a deberá elixir o que mellor se adapte a cada circunstancia. A continuación enuméranse os máis habituais. • Contratos indefinidos. • Contratos indefinidos bonificados. • Contratos de duración determinada. • Contratos de relevo. • Contratos en prácticas. • Contratos para a formación. • Contratos con persoas con discapacidade. • Outros contratos. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


1 Contratos indefinidos: Contrato realizado entre traballador e empresario a xornada completa e por tempo indefinido. É dicir, non se establecen límites de tempo no que se refire á prestación de servizos.

Que traballadores se poden subscribir: Todos.

Enlace para a descarga de modelos: http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-170.pdf

2 Contratos indefinidos bonificados: Existen varios tipos de contratos indefinidos que van contar cunha serie de bonificacións. Son os seguintes: • Contrato de traballo indefinido para mulleres desempregadas. • Contrato de traballo indefinido para desempregados entre 16 e 30 anos. • Contrato de traballo indefinido para desempregados inscritos durante 6 ou máis meses. • Contrato de traballo indefinido para persoas maiores de 45 anos. • Contrato de traballo indefinido para desempregados con responsabilidades familiares. • Contrato de traballo fixo descontinuo. • Contrato de traballo indefinido bonificado para traballadores beneficiarios das prestacións por desemprego (RD Lei 2/2009). • Contrato de traballo indefinido bonificado para traballadores incluídos nos plans sectoriais de apoio ao emprego (sector téxtil e da confección). • Contrato de traballo indefinido bonificado para desempregados nos plans sectoriais de apoio ao emprego (sector calzados, curtido e marroquinería). Máis información: http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

65


3 Contratos a tempo parcial: Contrato polo que se acorda a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable.

Que traballadores se poden subscribir: Todos.

Máis información: http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)

4 Contratos por obra ou servizo:

Contrato que ten por obxecto a realización de obras ou servizos con autonomía propia dentro da actividade da empresas. A execución dos mesmos terá unha duración, en principio, incerta e a xornada poderá concertarse a tempo completo ou parcial.

Que traballadores se poden subscribir: Todos.

66

Máis información: http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)

5 Contratos de duración determinada en función das circunstancias da produción:

Contrato realizado para atender as esixencias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa. A súa duración máxima será de seis meses dentro dun período de doce.

Que traballadores se poden subscribir: Todos.

Máis información: http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


6 Contratos en prácticas:

Contrato formativo concertado por quen está en posesión dun título universitario, de formación profesional de grao medio ou superior ou dun título recoñecido oficialmente coma equivalente, para a prestación de servizos retribuídos nun posto de traballo que permite a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudos cursados. A duración do contrato non pode ser inferior a seis meses nin maior de dous anos.

Que traballadores se poden subscribir: Pódense subscribir todas aquelas persoas que cumpran os dous requisitos seguintes: • Estar en posesión dun título de diplomado universitario, enxeñeiro (técnico ou non), arquitecto (técnico ou non), licenciado universitario, técnico ou técnico superior da formación profesional, ou título recoñecido como equivalente que habilite para o exercicio profesional. • Que non transcorreran máis de catro anos (6 se é un discapacitado) desde a finalización dos estudos necesarios para a titulación de que se trate, ou desde a data de validación dos estudos en España de ter obtido a titulación no estranxeiro.

Enlace para a descarga de modelos: http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-176.pdf 67

7 Contratos en formación:

Contrato formativo polo que o traballador se compromete a prestar un traballo, e a recibir formación teórico- práctica para o desempeño adecuado dun oficio ou posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación, e polo que o empresario/a obrígase a remunerar a aquel, e a proporcionarlle traballo efectivo e concederlle os permisos necesarios para aquela. Este contrato non pode ser a tempo parcial. A duración non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Que traballadores se poden subscribir: Pódense subscribir todas aquelas persoas que cumpran os dous requisitos seguintes: • Carecer da titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio obxecto da formación. • Ser maior de 16 anos e menor de 21 no momento de formalizar o contrato, a non ser que o contrato se concerte cun desempregado incluído nalgún dos seguintes colectivos: - Discapacitados. - Persoas en situación de exclusión social. - Persoas que leven sen actividade laboral máis de tres anos. - Persoas que se incorporen a un programa de escola – taller ou casa de oficios, nos que a idade máxima será de 24 anos. - Persoas que se incorporen a un programa de taller de emprego.

Non poderá ser contratado novamente baixo esta modalidade o traballador que esgotara o prazo máximo de duración deste contrato ou dun de aprendizaxe. (Para non incumprir este requisito o autónomo pode solicitar información ao INEM).

68

Enlace para a descarga de modelos: http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-175.pdf

8 Contratos con persoas con discapacidade:

Contrato especialmente dirixido a aquelas persoas que presenten algún tipo de discapacidade. Existen varias modalidades: • Indefinidos. • Temporais. • Para a formación. • En prácticas. • De interinidade.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Que traballadores se poden subscribir: Pódense subscribir todas aquelas persoas que estean nalgunha das seguintes circunstancias: • Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que sexa recoñecido polo organismo competente. • Pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidade. • Pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou por inutilidade.

No caso de que se queira subscribir un contrato indefinido para persoas con discapacidade, o traballador non poderá estar vinculado á empresa (nin ao grupo de empresas se é o caso) mediante outro tipo de contrato indefinido nos 24 meses anteriores

Enlace para a descargas de modelos (correspondente ao indefinido): http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-186.pdf

9 Outros contratos:

Estes son só algúns dos contratos máis usuais. Existen moitos máis, dos que se pode atopar cumprida información na páxina web do INEM. Algúns deles son os seguintes: • Contratos para a investigación. • Contratos de interinidade. • Contratos de relevo. • Contratos de substitución por xubilación anticipada. • Contratos de traballo a domicilio. • Contratos de traballo en grupo.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

69


7.4 Trámites ante o Instituto Nacional da Seguridade Social Haberá que realizar tres trámites fundamentais ante o INSS: • Inscrición da empresa e comunicación de apertura do centro de traballo. • Afiliación dos traballadores. • Alta dos traballadores. • Inscrición da empresa e comunicación de apertura do centro de traballo: O autónomo debe solicitar a súa inscrición na Seguridade Social á Tesouraría Xeral da Seguridade Social previamente á alta dos traballadores. Tamén debe ser comunicada á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a apertura de centros de traballo para a súa identificación. • Afiliación dos traballadores: A afiliación á Seguridade Social é obrigatoria e única para toda a vida. A afiliación dos traballadores pode realizarse: - A instancia do empresario: Os empresarios están obrigados a solicitar a afiliación á Seguridade Social dos traballadores ao seu servizo, a non ser que estivesen xa afiliados. 70

- A instancia do traballador: Os traballadores por conta propia (p.ex. autónomos) que inicien a súa actividade como tales deben solicitar a súa afiliación, a non ser que xa estivesen afiliados. Así mesmo, os traballadores por conta allea respecto dos que o empresario non cumprise a obriga de solicitar a súa afiliación, poderán solicitala directamente. - Afiliación de oficio: A afiliación realizarase de oficio pola Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, cando como consecuencia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, se comprobe o incumprimento da obriga de solicitar a afiliación. • Alta dos traballadores: Ademais da obriga de solicitar a afiliación dos traballadores que non o estivesen, os empresarios están obrigados a comunicar as altas dos traballadores que entren na empresa ou cambien de centro de traballo cun número de cotización diferente. A alta é o acto formal de integración do traballador nun determinado réxime do sistema da Seguridade Social. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


7.5 Incentivos á contratación de traballadores As Administracións Públicas ofrecen distintos tipos de incentivos para fomentar a creación e a calidade do emprego.

Aínda que os programas de apoio teñen diversos obxectivos, pódese dicir que os incentivos son establecidos para fomentar a creación de emprego, para elevar o nivel de contratos por tempo indefinido, e para facilitar o acceso ao mercado de traballo de colectivos con especiais dificultades.

Estes incentivos teñen contido diverso: • Poderían consistir no pagamento dunha cantidade a fondo perdido; • Tamén poderían consistir na redución da carga que soporta o empregador: por exemplo, unha redución das cotizacións á Seguridade Social. Por outra parte, a creación de emprego, nos mesmos termos que se acaban de mencionar, é unha variable que se pode ter en conta á hora de conceder outro tipo de axudas ou incentivos. Por exemplo, se varios empresarios optan a unha subvención en réxime de concorrencia competitiva, seguramente obterán puntos por crear emprego, por manter unha política de estabilidade ou por incluír persoas de determinados colectivos no seu cadro de persoal. 71

Na actualidade, hai distintas Administracións e distintos órganos que ofrecen incentivos á contratación, entre outros: • Consellería de Traballo. Co cambio de goberno agora chámase Consellería de Traballo e Benestar. • Administración da Seguridade Social. Algúns programas de incentivos son estes: • Programa de fomento da contratación en prácticas de mozos con titulacións de difícil empregabilidade. • Programa de fomento da contratación de mozos para substitución de traballadores que rematan a súa vida laboral. • Programa de creación de novos empregos para mozos titulados nas empresas de menos de 30 persoas traballadoras. • Programa da contratación indefinida inicial de mozos desempregados.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


• Programa de incentivos á transformación en indefinidos de determinados contratos temporais celebrados con mozos. • Programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. • Programa de fomento da contratación indefinida inicial de colectivos desempregados con dificultades de inserción laboral. • Programa de fomento de permanencia nas empresas con contrato estable a aqueles que teñan na actualidade un contrato temporal. • Programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo. • Programa de fomento da contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D. • Programa de incentivos a Plans empresariais de estabilidade laboral. • Programa para o fomento das transformacións dos contratos temporais en indefinidos. • Incentivos á contratación indefinida de persoas con discapacidade.

7.6 Contratación de familiares do traballador autónomo O Estatuto do Traballador Autónomo, na súa Disposición adicional décima, recoñece o dereito do empresariado autónomo a contratar 72

como traballadores aos seus familiares. Isto supón unha modificación da Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a Mellora do Crecemento e do Emprego..

Máis concretamente, este dereito recoñécese en dous casos: • En primeiro lugar, todo/a autónomo/a poderá contratar como traballadores por conta allea aos seus fillos menores de 30 anos, aínda que convivan con el. • En segundo lugar, e só no caso de que se trate dun autónomo sen asalariados, poderá tamén contratar a un único familiar menor de 45 anos, aínda que non conviva con el nin estea ao seu cargo. Ademais, os familiares contratados terán dereito ás medidas protectoras da Seguridade Social, coa excepción da cobertura por desemprego. Non terán dereito a percibir a prestación por dito motivo.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


8. Tr谩mites de posta en marcha coma Aut贸nomo



8.

Trámites de posta en marcha coma Autónomo

A medida que se foron desenvolvendo os epígrafes que compoñen a presente guía, tamén se foi facendo referencia ás obrigas con eles relacionados. Porén, facíase necesario á súa vez recoller os trámites e lugares para constituírse como empresario/a individual. Estes trámites son máis sinxelos que os que se terían que realizar para constituír unha sociedade mercantil. Por exemplo, un autónomo ou autónoma non precisa solicitar un CIF en Facenda xa que operará co seu NIF. A continuación describiremos os lugares que haberá que visitar e os trámites que se deberán realizar para poñer en marcha un negocio como empresario/a individual:

TRÁMITES

ENTIDADE

Declaración Censal

Delegación provincial de Facenda

Alta no Imposto de Actividades Económicas

Delegación provincial de Facenda ou concello

Alta no Réxime Especial de traballadores autónomos Solicitude do número de patronal(CCC) Comunicación de apertura do centro de traballo

Tesouraría Xeral da Seguridade Social Tesouraría Xeral da Seguridade Social Dirección provincial de traballo

Solicitude de calendario laboral

Dirección provincial de traballo

Solicitude de libros de visita

Dirección provincial de traballo

Licenza de obras

Concello

Licenza de apertura

Concello

Descrición dos trámites: • Declaración censual Antes do inicio da actividade debemos realizar este trámite en Facenda. Nel deben indicarse os datos do autónomo/a así coma as obrigas fiscais ás que estará suxeito. Se existe unha modificación nos datos, como un cambio de domicilio, ou se produce o cese deberase cumprimentar outra declaración. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

75


• Alta no IAE Aínda que o empresario ou empresaria individual, pola súa condición de persoa física, está exento do pago deste imposto, deberá darse de alta no epígrafe do IAE que mellor se axuste á actividade que se vai realizar. Hai que poñer especial atención á hora de escoller o epígrafe xa que soamente se poderán realizar as actividades que se lle asocien. Neste sentido permítese darse de alta en máis dun epígrafe polo que é recomendable darse de alta en todos os que correspondan coa actividade que se vai desenvolver. • Alta no réxime Especial de traballadores autónomos (RETA) Toda persoa que realice de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica a título lucrativo e sen suxeición a contrato de traballo, deberá darse de alta no RETA. Este trámite deberá facerse no mes seguinte ao inicio da actividade. • Solicitude do número de patronal (CCC) Este trámite tan só é necesario se se van contratar empregados/as. Con el inscríbese á empresa na seguridade social e asígnaselle ao empresario ou empresaria un Código de Conta Cotización. Esta requisito só se realizará unha vez, e será válido para toda a vida do empresario e para todo o territorio nacional. • Comunicación de apertura do centro de traballo Cando se inicie a actividade deberá realizarse de xeito obrigatorio. Nela recolleranse datos sobre o centro de traballo, e sobre a actividade que desenvolve. 76

• Solicitude do calendario laboral Este pódese obter na dirección provincial de traballo, en sindicatos…Debe reflectir o horario de traballo e as festas nacionais e autonómicas. • Solicitude do libro de visitas É obrigatorio para todas as empresas ter este libro, xa que se deberá presentar ante unha Inspección de traballo. • Licenza de obras Tan só é necesaria se se van realizar obras de acondicionamento no local; se non se van realizar obras non haberá que solicitala. Este trámite realízase no concello. • Licenza de apertura Toda persoa física ou xurídica debe contar con esta licenza, xa que é a autorización previa e necesaria para a apertura de establecementos nos cales se realicen actividades de índole económica.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


9. O colectivo aut贸nomo economicamente dependente



9.

O colectivo autónomo economicamente dependente

Cando un autónomo ou autónoma é economicamente dependente? Ten algunha vantaxe esta consideración? No ano 20071 incorporouse ao Estatuto do Traballador Autónomo a figura do Traballador Autónomo Economicamente Dependente (TAED). Unha das principais motivacións da inclusión desta figura foi evitar a, cada vez máis frecuente, simulación contractual do “falso autónomo”, que consistía na contratación dunha persoa baixo esta forma para realizar un traballo coas características propias do traballo por conta allea eludindo, deste xeito, as obrigas en materia laboral e de Seguridade Social.

9.1 Definición e características Tal e como se recolle no Estatuto, o Traballador Autónomo Economicamente Dependente (TAED) será aquel que, de xeito lucrativo, realice actividades económicas ou profesionais de forma habitual e directa para unha empresa (ou cliente/a) da cal dependa economicamente, por xerar a actividade un mínimo do 75% dos seus ingresos.

Para o cálculo do 75% considerarase os ingresos percibidos polos rendementos do traballo recibidos polo autónomo de todos os seus clientes, incluído o que se toma como referencia para determinar a condición de traballador autónomo economicamente dependente, e tamen, se existisen, os rendementos por conta allea.

1 Lei 20/2007 do 11 de Xullo

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

79


A parte dos requisitos contidos na definición, para encadrarse como economicamente dependente, o traballador autónomo debe cumprir as seguintes condicións: • Non ter ao seu cargo traballadores ou subcontratar parte da actividade a terceiras persoas. • Non realizar a súa actividade dun xeito indiferenciado dos restantes traballadores e traballadoras que presten servizos ao cliente, sexan cales sexan a súas modalidades contractuais. • Dispoñer de medios materiais propios para o desenvolvemento da actividade. • Non estar sometidos á organización do cliente, sen prexuízos das súas indicacións técnicas. • Asumir o risco da súa actividade, recibindo por ela o pago pactado en función do resultado.

9.2 O contrato do TAED Para que o traballador ou traballadora economicamente dependente realice a súa actividade debe mediar entre el e o cliente un contrato de traballo, formalizado sempre por escrito, onde se detallen as características do servizo que se prestará. O contrato debe estar debidamente inscrito nunha oficina pública de emprego. Para poder realizar o contrato a persoa traballadora comunicará ao cliente a súa condición de 80

dependente, podendo este último pedir documentos xustificativos do cumprimento dos requisitos enunciados no punto anterior. O contrato, que terá a duración que as partes determinen podendo remitirse esta á finalización do servizo, debe reflectir para ser válido, como mínimo, os seguintes aspectos:

• Identificación das partes que realizan o contrato (cliente e autónomo) • Enumeración e descrición dos elementos que outorgan ao autónomo o estatus de economicamente dependente respecto ao cliente. • Obxecto e causa do contrato. • O réxime de interrupción da actividade, contemplando a interrupción anual, o descanso semanal e os festivos. Neste sentido, débese especificar tamén a duración máxima da xornada laboral incluíndo a súa distribución semanal. • De aplicarse, o acordo de interese profesional

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Aparte dos contidos obrigatorios tamén se poden especificar no contrato aspectos tales como a data de comezo e duración do contrato e das súas prelacións, a contía da indemnización en caso de extinción do contrato por algunha das partes ou aclaración en materia de prevención de riscos laborais. En definitiva, poderase incluír calquera estipulación que se considere oportuna. A extinción do contrato entre as partes producirase cando concorra algunha das seguintes circunstancias: • Exista mutuo acordo entre as partes. • Concorran causas validamente consignadas no contrato. • Causas incompatibles coa actividade tales como invalidez, xubilación ou defunción. • Por abandono do TAED, debendo mediar o aviso previo estipulado conforme aos termos recollidos no contrato. • Vontade do TAED fundada en incumprimentos contractuais severos por parte do cliente. • Vontade do cliente por causa xustificada. • Por decisión da traballadora autónoma economicamente dependente no suposto de ser vítima da violencia de xénero.

Cando a extinción do contrato se deba ao incumprimento contractual dunha das partes, a outra terá dereito a percibir unha indemnización polos danos que lle ocasione. Neste sentido, se a resolución é por vontade do cliente sen causa, o traballador terá dereito á indemnización do parágrafo anterior, e no caso de que se resolva o contrato por vontade do traballador, sen fundarse nunha causa, o cliente poderá ser indemnizado cando a extinción lle cause un prexuízo importante ou paralice ou perturbe a súa actividade

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

81


9.3 Dereitos adquiridos polo traballador autónomo economicamente dependente Cando un autónomo ou autónoma ten a consideración de economicamente dependente adquire determinados dereitos que o benefician. Os máis significativos son: • Ten dereito a interromper a súa actividade laboral 18 días hábiles. Esta cifra poderase incrementar se se recolle explicitamente no contrato ou no acordo de interese profesional. • A realización de actividades por un tempo superior ao pactado terá carácter voluntario. • O horario da actividade deberá adaptarse, na medida do posible, para poder conciliar a vida laboral e profesional. • Dereito á defensa dos seus dereitos diante da xurisdicción. • Dereito a indemnización no caso de despido improcedente. Para concluír este epígrafe debe mencionarse, aparte dos dereitos do Traballador Autónomo Economicamente Dependente, a obrigatoriedade de incorporar dentro do ámbito de acción protectora da seguridade social as cotizacións para a cobertura por incapacidade temporal, accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

82

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


10. A conversi贸n do Aut贸nomo ou Aut贸noma en sociedade



10.

A conversión do Autónomo ou Autónoma en sociedade

Como se fai o cambio cara unha sociedade mercantil? Cal é a sociedade mercantil máis sinxela de constituír ?

Durante o desenvolvemento dunha actividade empresarial poden darse diversos feitos, como o incremento do volume da cifra de negocios ou a necesidade de abrir novos nichos de mercado, que fagan que se presente a disxuntiva de se sería conveniente, ou non, mudar a forma xurídica para levala a cabo. Para realizar este proceso non existen métodos “máxicos” senón que se debe crear unha sociedade desde “cero” para, a continuación, transmitirlle os bens e, de telos, os traballadores contratados polo empresario individual. Para transmitir os bens á nova Sociedade existen varias posibilidades: unha é manter a propiedade dos bens e arrendarllos á nova empresa. Outra sería vender os bens á Sociedade que se creou, tributando, dependendo do imposto ao que se estea suxeito: • un 7% polo Imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) e Transmisións Patrimoniais (ITP). • un 16% polo Imposto Sobre o Valor Engadido (IVE). A última opción e, en moitos casos a óptima, é a de ceder os bens como unha achega non monetaria ao capital da nova sociedade, pagando neste caso o 1% do seu valor polo imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) e Transmisións Patrimoniais (ITP)1. No caso de que o empresario ou empresaria individual teña contratado a algún traballador, o seu traspaso á sociedade deberase realizar mediante unha subrogación empresarial. Garántense deste xeito os dereitos adquiridos polos traballadores no seu anterior traballo, respectando así o contido do Estatuto dos traballadores.

1 Concretamente, dentro do imposto de actos Xurídicos Documentados e Transmisións Patrimoniais, esta operación encádrase na modalidade de Operación Societaria (OS) que grava, entre outras cousas, as achegas ás sociedades.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

85


Se finalmente se opta por dar o salto de Empresario/a individual a Sociedade mercantil, débese ter en conta que as obrigas de rexistro aumentarán dunha maneira considerable. A parte de levar unha contabilidade axustada ao Código de Comercio deberanse elaborar as memorias, as actas das Xuntas Xerais, libros de rexistro de accións ou socios, segundo corresponda. Á hora de facer o cambio de persoa física á sociedade mercantil, é moi conveniente, sempre que sexa posible, facer no mesmo día todos os trámites, xa que no tempo que dista entre a baixa como Autónomo/a e a alta como administrador da Sociedade estarase sen a cobertura da Seguridade Social.

10.1 Tipoloxía e constitución da sociedade mercantil Á hora de elixir a forma societaria existen varias alternativas, entre as cales se poden destacar as que figuran no seguinte cadro.

FORMA XURÍDICA Número de socios

Capital social mínimo

Responsabilidade

Réxime fiscal

Formalidades de constitución

Seguridade social

Empresario/a individual 1

86

Ilimitada

IRPF

Ningunha Formalidade

Autónomos

Limitada ao capital achegado

Imposto Sociedades

Escritura Pública

Réxime Xeral ou Autónomos

3,012€ máximo 120,202€

Limitada ao capital achegado

Imposto Sociedades

Escritura Pública(técnicas telemáticas)

Réxime Xeral ou Autónomos

60,101,21€ desembolso mínimo 25%

Limitada ao capital achegado

Imposto Sociedades

Escritura Pública (con estatutos)

Réxime Xeral ou Autónomos

3,005,06€ desembolso 100%

Limitada ao capital achegado

Imposto Sociedades

Escritura Pública

Réxime Xeral

Fixado nos estatutos

Limitada ao capital achegado

Imposto Sociedades

Escritura Pública

Réxime Xeral ou Autónomos

Non existe legalmente

Sociedade de responsabilidade limitada Mínimo 1

3,005,06€ desembolso 100%

Sociedade limitada Nova Empresa Mínimo 1 Máximo 5 no momento de constitución (técnicas telemáticas) Sociedade anónima Mínimo 1

Sociedade limitada laboral Mínimo 3 Sociedade cooperativa De 1º grao: mín. 3 De 2º grao: mín. 2

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Aínda que poden existir pequenas diferenzas nalgúns trámites dependendo do tipo de sociedade que se vaia constituír, por norma xeral os pasos a seguir son os seguintes:

TRÁMITES

ENTIDADE

Certificación negativa do nome

Rexistro Mercantil central www.rmc.es

Escritura pública de constitución

Notaría

Impostos de TPO e AXD Alta da sociedade en facenda

Dirección Xeral de tributos Delegación provincial de Facenda

Inscrición no Rexistro Mercantil Alta na Seguridade Social

Rexistro Mercantil Tesouraría Xeral da Seguridade

Comunicación de apertura do centro de traballo

Social Inspección de traballo

Licenza de obras

Concello

Licenza de apertura

Concello

Descrición dos trámites: 1 .Certificación negativa do nome ou denominación social. Este é o primeiro trámite que se ten que levar a cabo. Mediante a súa realización, acredítase que non existe ningunha outra sociedade cun nome igual ou parecido á que se pretende crear.

2. Escritura pública de Constitución. Este é o trámite de constitución dunha Sociedade Mercantil e debe realizarse mediante unha escritura notarial na que se debe facer constar: - A identidade da persoa ou persoas promotoras. - A vontade de constituír a Sociedade - A achega que realiza cada socio/a - Sistema de administración que vai rexer a Sociedade

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

87


Ademais cando se realice a escritura débese presentar a certificación negativa do nome e os Estatutos Sociais. Nestes últimos debe figurar: - A denominación da sociedade - Obxecto social, é dicir, a actividade á que se vai dedicar a empresa. - Capital Social, número de participacións e o seu valor unitario. No caso de achegas non monetarias ao capital social deben entregarse os títulos de propiedade. - Domicilio social da empresa. 3. Pago do imposto de ITP e AXD Cando se forma unha sociedade débese liquidar este imposto, xa que é un requisito indispensable para poder inscribir a empresa no Rexistro Mercantil. A súa contía será, por norma xeral, un 1% do capital social, se ben existen determinadas formas societarias, como as cooperativas, que gozan de bonificacións e exencións.

4. Alta da sociedade en Facenda Na delegación da Axencia Tributaria levaranse a cabo tres trámites importantes: - Obtención do CIF. Este díxito identifica á empresa a nivel fiscal e é imprescindible para poder emitir unha factura. - Alta da empresa no Imposto de Actividades Económicas (IAE). A xestión deste 88

imposto corresponde á Axencia Tributaría, porén a xestión deste imposto pode estar delegada nos concellos2. De ser este o caso, os trámites realizaranse no concello correspondente - Declaración Censual. Cando se inicia unha actividade económica no territorio español débese cumprimentar unha Declaración Censual de alta onde se recolle información acerca da empresa. Se algún dos datos muda deberíase cumprimentar unha Declaración Censual de modificación, e se a actividade cesase, unha declaración de baixa.

5. Inscrición no Rexistro Mercantil Con este trámite a sociedade adquire personalidade xurídica. Para realizalo é necesario presentar o Número de Identificación Fiscal.

2 Artigo 91 Real Decreto Lexislativo 2 / 2004 , do 5 de Marzo de 2004 .

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


6. Seguridade Social Nas oficinas da Tesouraría Xeral da Seguridade Social débense realizar os seguintes trámites: - Alta da empresa na Seguridade Social - Alta no Réxime correspondente da Seguridade Social - Alta e afiliación das persoas traballadoras á Seguridade Social 7. Comunicación da apertura do centro de traballo Deberá realizarse de forma obrigatoria cando se proceda á apertura dun novo centro de traballo ou se retome a actividade. 8. Solicitude dos libros de visita O libro de visita é obrigatorio para as empresas, teñan ou non traballadores ou traballadoras. Este libro debe estar a disposición dos inspectores de emprego en eventuais inspeccións. 9. Licenza de Obras Será necesaria se se van realizar obras de acondicionamento no local; se non se van realizar obras non haberá que solicitala. 10. Licenza de apertura Toda persoa física ou Xurídica debe contar con esta licenza, xa que é a autorización previa e necesaria para a apertura de establecementos nos cales se realicen actividades de índole económica.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

89



11. Prevenci贸n de Riscos laborais



11.

Prevención de Riscos laborais

Cales son as principais obrigas do autónomo/a en materia de prevención de riscos laborais?

A prevención de riscos pódese definir como “ o conxunto de actividades ou medidas adoptadas ou previstas en todas as fases de actividade da empresa, a fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo”, segundo se recolle no Artigo 4.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais. Esta lei ten por obxecto promover a seguridade e a saúde dos traballadores a través do desenvolvemento das actuacións pertinentes. Neste sentido establece que todos os traballadores teñen dereito a unha protección eficaz nesta materia e, en consecuencia, os empresarios terán o correspondente deber de protección dos traballadores fronte aos riscos laborais. Tradicionalmente, a normativa de riscos laborais só contemplaba o traballador autónomo como empresario e establecía unha serie de obrigas deste cos seus traballadores, tal e como se recolle na xa mencionada Lei de PRL 35/1995. Non obstante, os dereitos do autónomo como traballador por conta propia non se recoñeceron legalmente ata o desenvolvemento da Lei 20/2007, pola que se aproba o Estatuto do Traballador Autónomo. A isto tamén contribuíu a Estratexia Nacional en materia de Seguridade e Saúde no Traballo para os anos 2007-2012, impulsada polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

En

definitiva,

o

traballador

autónomo

presenta

certas

particularidades no que se refire á Prevención de Riscos Laborais, particularidades que se derivan da súa dobre condición: • Por un lado, como empresario con traballadores por conta allea. • Por outro, como traballador por conta propia que debe facer fronte tamén a unha serie de riscos laborais.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

93


Entre os principais deberes dos empresarios son os seguintes: • Deber de seguridade. • Deber de elaboración dun plan de prevención e avaliación de riscos. • Deber de formación, información e vixilancia da saúde. • Deber de actuar de xeito adecuado en caso de risco grave e inminente e medidas de urxencia.

11.1 A PRL: Obrigas dos autónomos coma empresarios Deber de seguridade Deberes relativos ás condicións materiais da empresa: • Utilizar os equipos de traballo cos preceptivos sistemas de protección colectiva. • Non empregar instrumentos que supoñan graves riscos con probabilidade de resultados lesivos para os traballadores. • Instalar as máquinas e ferramentas de tal forma que se eliminen os riscos derivados do seu uso. 94

• Organizar o traballo de modo que sempre sexa posible o exercicio dunha axeitada dirección e control sobre o correcto desenvolvemento da actividade laboral. • Instalar os dispositivos de salvamento e socorro para reducir todo o posible a gravidade dos resultados no suposto de que se produza calquera accidente. • Proporcionar aos traballadores os medios de protección persoal de carácter preceptivo adecuados aos traballos que realicen e impoñer a utilización dos mesmos.

Deberes relativos ás persoas que van intervir na actividade laboral: • Prohibición de empregar menores en traballos prohibidos para eles. • Seleccionar as persoas encargadas da dirección do traballo, conforme a criterios de competencia profesional, capacidade e responsabilidade e determinar as facultades e deberes do persoal directivo e dos mandos intermedios. • Seleccionar os traballadores conforme á súa adecuación ao posto de traballo, en base ás súas especiais condicións físicas, idade, sexo, saúde, experiencia laboral, etc. • Instruír o persoal, antes de comezar a desempeñar calquera traballo, acerca dos riscos e perigos cos que se poden atopar para que saiban como evitalos.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Deberes relativos ao exercicio do poder de dirección no curso da actividade laboral: • Vixilancia dos niveis de seguridade no traballo. • Facer cumprir as normas de seguridade, mesmo imperativamente. • Adoptar todas as medidas necesarias para neutralizar os riscos no suposto de que por calquera circunstancia se incremente o seu grao. • Prohibir ou suspender o traballo en todos aqueles casos nos que exista un perigo de accidente ou enfermidade que non sexa susceptible de ser combatido eficazmente polas medidas de seguridade.

Deber de elaboración dun plan de prevención e avaliación de riscos • A prevención de riscos laborais deberá integrarse no sistema xeral de xestión da empresa a través da implantación e aplicación dun plan de prevención de riscos laborais. O mencionado plan deberá incluír a estrutura organizativa da empresa, as responsabilidades, as funcións, os procedementos e os recursos necesarios para realizar a acción de prevención de riscos. • Os instrumentos esenciais son a avaliación inicial dos riscos laborais e a planificación da actividade preventiva. • No momento no que se produza un dano para a saúde dos traballadores ou cando aparezan indicios de que as medidas de prevención resultan insuficientes, o empresario deberá levar a cabo unha investigación ao respecto, co fin de detectar as causas do mesmo. 95

Deber de formación, información e vixilancia da saúde Formación dos traballadores: • Haberá que garantir que cada traballador reciba unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación como cando se produzan cambios nas funcións que desempeñen. • A formación deberá ser específica para cada posto de traballo. • Deberá impartirse, sempre que sexa posible, dentro da xornada de traballo ou, no seu defecto, noutras horas pero descontando da xornada de traballo as horas investidas. • Impartirase pola propia empresa ou concertándoa con medios alleos pero en ningún caso pode recaer o custo sobre os traballadores.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Información: Haberá que adoptar as medidas axeitadas para que os traballadores reciban todas as informacións necesarias en relación con: • Todos os riscos que afecten á empresa no seu conxunto e ao seu posto de traballo concreto. • As medidas de protección e prevención aplicables aos riscos sinalados. • As medidas de urxencia que se sinalan no Artigo 20 da LPRL. Vixilancia da saúde: • Haberá que garantir a vixilancia periódica do estado de saúde dos traballadores en función dos riscos inherentes ao traballo. • As medidas de vixilancia e control da saúde dos traballadores realizaranse garantindo a intimidade e a dignidade dos mesmos, así como a confidencialidade da información recollida. • Os resultados recollidos deberán ser sempre comunicados aos traballadores afectados. • Nunca poderán empregarse estes datos con fins discriminatorios nin en prexuízo do traballador/a. • No suposto de que os riscos aos que foran sometidos os traballadores o fixeran necesario, a vixilancia do seu estado de saúde deberá prolongarse máis alá da finalización da relación laboral. 96

• O control da saúde deberá realizalo persoal sanitario con competencia técnica, formación e capacidade acreditada. Pódense consultar os criterios a seguir na vixilancia da saúde dos traballadores na Consulta do 7 de outubro de 1996 da Dirección Xeral de Traballo.

Deber de actuar de xeito adecuado en caso de risco grave e inminente e medidas de urxencia Medidas de urxencia: Haberá que analizar as posibles situacións de urxencia e adoptar as medidas necesarias nas seguintes materias: • Primeiros auxilios. • Loita contra incendios. • Evacuación dos traballadores. Para poñer en práctica estas medidas designarase o persoal coa formación necesaria e comprobarase periodicamente o seu correcto funcionamento. Para iso pode ser necesario establecer e organizar as relacións con servizos externos á empresa. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Risco grave e inminente: Sempre que os traballadores estean ou poidan estar expostos a un risco grave e inminente debido ao seu traballo, o empresario/a estará obrigado a tomar as seguintes medidas: • Informar os traballadores acerca do risco e das medidas que se adoptaron ou se van adoptar. • Adoptar as medidas necesarias e dar instrucións para que en caso de perigo grave, inminente e inevitable os traballadores poidan interromper a súa actividade e mesmo abandonar o seu lugar de traballo. • Dispoñer de todo o necesario para que o traballador que non puidera poñerse en contacto co seu superior xerárquico estea en todo momento en condicións de adoptar as medidas necesarias para evitar as consecuencias de dito perigo.

Alternativas dos empresarios á hora de cumprir coa normativa en materia de Prevención de Riscos Laborais A prevención de riscos laborais é algo obrigatorio para calquera empresario e para cumprir con iso conta con diversas opcións. O empresario/a pode asumir el mesmo a prevención, tan só en empresas con menos de 6 traballadores, e se a actividade que se realiza non é perigosa. Agora ben, o empresario/a debe reunir os seguintes requisitos: 1.Ter feito un curso de prevención que o capacite. 2.Encontrarse habitualmente no lugar de traballo, é dicir, que non estea viaxando ou saíndo continuamente.

En todos os demais casos, a empresa debe optar por: - Designar un ou varios traballadores para ocuparse da prevención de riscos laborais (tamén neste caso, deben ter cursos que os capaciten e estar habitualmente no centro de traballo). - Ter un servizo de prevención na propia empresa. - Contratar este servizo cunha entidade especializada.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

97


Sancións previstas. Di o artigo 47 da Lei de Prevención: “Son infraccións graves: Non levar a cabo as avaliacións de riscos e, no seu caso, os controis periódicos das condicións de traballo...” O artigo 49.4 establece as Sancións ás infraccións graves: - Grao mínimo: de 1.502.53 a 6.000 euros. - Grao medio: de 6.000 a 15.025 euros. - Grao máximo: de 15.025 a 30.050 euros.

11.2 A PRL: Dereitos dos autónomos coma traballadores por conta propia O desenvolvemento do Estatuto do Traballador Autónomo e da Estratexia Nacional en materia de Seguridade e Saúde no Traballo (2007-2012) permitiron un espectacular avance no que se refire á prevención de riscos laborais dos traballadores autónomos. Comezáronse 98

a contemplar os dereitos dos autónomos baixo a súa perspectiva de traballadores e non só as súas obrigas como empresarios.

O Estatuto dos Traballadores Autónomos establece no seu Artigo 8 unha serie de disposicións de aplicación para este colectivo. Iso si, aclarando que se fai sen prexuízo das obrigas legais impostas para os autónomos con asalariados ao seu cargo na súa condición de empresarios. As mencionadas disposicións son as seguintes: • As administracións públicas deberán xogar un papel activo na promoción da prevención, da vixilancia e do control do cumprimento da norma de PRL. • Tamén as administracións públicas encargaranse de promover formación específica para os autónomos nesta materia. • Establécense as condicións de utilización de máquinas e demais equipos de traballo. • Recoñécese o dereito dos autónomos a interromper a súa actividade e abandonar o lugar de traballo cando consideren que a actividade supón un grave e inminente risco para a súa saúde. • Garántese tamén unha cobertura para continxencias profesionais, así como unha de incapacidade temporal.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


A Estratexia Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (2007-2012) establece, pola súa parte, un marco xeral para todas as políticas de Prevención de Riscos Laborais, tanto a curto como a longo prazo. Busca dous obxectivos fundamentalmente: • Reducir os niveis de siniestralidade. • Mellorar os niveis de seguridade e saúde no traballo.

11.3 Marco xurídico aplicable. • Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais. • Lei 54/2003, do 12 de decembro, de reforma do marco normativo da Prevención de Riscos Laborais. • Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo.

• Real Decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo. • Real Decreto 487/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipulación manual de encargas que entrañen riscos. • Real Decreto 488/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas ao traballo con equipos que inclúan pantallas de visualización. • Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo. • Real Decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización por parte dos traballadores de equipos de protección individual. • Real Decreto 773/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo. • Real Decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo. • Real Decreto 95/1993, polo que se aproba o regulamento das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais. • Convenio 155 da OIT, sobre seguridade e saúde dos traballadores e medio ambiente de traballo. • Constitución española de 1978.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

99



12. Axudas e subvenci贸ns



12.

Axudas e subvencións

Conscientes das dificultades coas que habitualmente se atopa o autónomo para obter recursos financeiros suficientes para levar a cabo a súa actividade, os organismos públicos poñen á súa disposición unha serie de axudas e subvencións. Aínda que é certo que moitas axudas teñen como obxectivo dar ese primeiro impulso ás persoas emprendedoras, non o é menos que cada vez son máis numerosas esas outras axudas destinadas ao desenvolvemento e consolidación das iniciativas xa implantadas. O obxectivo fundamental destas axudas é facilitar, de diversas maneiras, o acceso dos autónomos ao financiamento. Ademais non só os organismos públicos ofrecen axudas deste tipo. Existen tamén entidades privadas que ofrecen produtos financeiros que facilitan crédito ao autónomo/a con dificultades para acceder ás canles financeiras tradicionais por mor da falta de garantías e avais.

12.1 Aspectos clave a ter en conta antes de solicitar unha subvención • A subvención é un incentivo económico e, en ningún caso, pode considerarse como unha fonte básica de financiamento. O autónomo/a debe ter a capacidade de asumir riscos e de facerlles fronte por si mesmo, e a actividade debe ser sustentable sen necesidade de depender da concesión ou non dunha axuda. • Ademais, raras veces unha subvención financia o 100% do proxecto, polo que unha parte do financiamento recaerá directamente sobre a persoa que solicita. • Pode ser habitual que pase un tempo entre que unha subvención é concedida e efectivamente se cobra. • As subvencións son específicas para tipos de negocio concretos, polo que haberá que analizar moi ben as características da actividade para ver cal é a que mellor se adapta. • Todas as subvencións esixen unha serie de requisitos para poder acceder a elas. Algúns deles esíxense só para podelas solicitar e outros haberá que cumprilos unha vez concedidas. De non facelo habería que devolver todo o importe.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

103


• O feito de cumprir os requisitos para ter acceso a unha subvención non significa que sexa concedida. Hai que ter en conta que existirá un bo número de candidatos que van competir entre eles por un número determinado de axudas. • En todas elas existe un prazo de presentación das solicitudes que haberá que ter en conta. Pero non só iso, haberá tamén un prazo para cumprir os requisitos esixidos unha vez que son concedidas, é dicir, para executar as accións subvencionadas. • Algunhas subvencións son incompatibles con outras axudas tanto de carácter público como privado, polo que haberá que consultar as bases da convocatoria para comprobalo. En moitos casos, aínda que non sexan incompatibles si que haberá uns límites máximos de axudas recibidas que non poderán superar, e que tamén se recollen nas convocatorias.

Fontes de información:

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) na súa páxina web, dispón dun completo buscador de axudas ofertadas polos diferentes Organismos e Consellerías da Xunta de Galicia, así como polos diversos Ministerios estatais. http://app.igape.es/.axudas/

104

PRINCIPAIS ORGANISMOS AOS QUE PODES ACUDIR PARA SOLICITAR AXUDAS E SUBVENCIÓNS EN GALICIA Instituto Galego de Promoción Económica Instituto de Crédito Oficial Consellería de Economía e Industria Ministerio de Industria Turismo e Comercio Consellería de Traballo e Benestar Ministerio de Traballo e Inmigración. INEM Consellería de Cultura e Turismo Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


12.2 Axudas para a mellora e desenvolvemento das empresas A continuación, recóllese unha listaxe coas principais subvencións ás que se pode acoller unha persoa autónoma cunha actividade xa en marcha. Hai que ter en conta que non se trata dunha listaxe exhaustiva senón que é unha selección das axudas máis comúns. A maioría destas axudas teñen unha convocatoria anual, aínda que haberá que consultar as bases de cada unha para asegurarse porque poderían non saír todos os anos.

1 Liña ICO PEME: • Organismo outorgante: Instituto de Crédito Oficial. • Obxecto da axuda: Financiamento de ata o 100% de calquera proxecto de investimento que incorpore novos activos fixos para o negocio, así como, financiamento complementario do beneficiario. Haberá que ter en conta as seguintes limitacións: - O financiamento complementario está totalmente ligado á concesión de financiamento de novos activos produtivos. - O financiamento en activos fixos debe representar, como mínimo, o 60% do total do financiamento. Os investimentos deste tipo financiables non poden ter unha antigüidade superior a 6 meses e deberá executarse nun prazo máximo dun ano desde a sinatura. • Máis información: http://www.ico.es/

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

105


2 Subvención ao empresariado autónomo que abandone a actividade comercial: • Organismo outorgante: Dirección Xeral de Comercio (Consellería de Economía e Industria). • Obxecto da axuda: Esta axuda está englobada dentro do Plan de renovación e mellora do comercio galego. Ten como obxectivo fomentar o cambio xeracional dos empresarios individuais próximos a acadar a idade de xubilación na actividade comercial. Tamén pretende a rexeneración do tecido empresarial comercial grazas á dispoñibilidade de novos locais comerciais no mercado. • Máis información http://www.conselleriaiei.org/

3 Subvención para a adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo: • Organismo outorgante: Dirección Xeral de Comercio (Consellería de Economía e Industria). • Obxecto da axuda: 106

Tamén está englobada dentro do Plan de renovación e mellora do comercio galego. Neste caso, o seu obxectivo é a renovación do comercio retallista galego e a incorporación das novas tecnoloxías da información á xestión dos establecementos comerciais. En definitiva, preténdese adaptar as estruturas dos establecementos ao seu contorno de maneira máis competitiva. • Máis información http://www.conselleriaiei.org/

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


4 Subvencións para a implantación do distintivo de calidade do comercio galego: • Organismo outorgante: Dirección Xeral de Comercio (Consellería de Economía e Industria). • Obxecto da axuda: Trátase, igual cás dúas subvencións anteriores, dunha axuda englobada no Plan de renovación e mellora do comercio galego. O seu obxectivo é mellorar a competitividade do comercio galego a través de actuacións encamiñadas á obtención do distintivo de calidade do comercio galego nos establecementos comerciais, o establecemento de marcas de canle, o establecemento de medidas que contribúan á mellora do ambiente por parte dos comerciantes e os seus establecementos e mellorar a imaxe dos establecementos comerciais. •

Máis información: http://www.conselleriaiei.org/

5

Subvencións para a adhesión ao selo de Comercio Rural Galego:

• Organismo outorgante: Dirección Xeral de Comercio (Consellería de Economía e Industria). • Obxecto da axuda: Fomentar a adecuada dotación comercial no medio rural (oferta de produtos de primeira necesidade e servizo de hostalaría), así como promover a modernización dos establecementos situados en zonas rurais e a adhesión ao selo de Comercio Rural Galego. • Máis información: http://www.conselleriaiei.org/

6

Programa de Apoio ao Circulante:

• Organismo outorgante: IGAPE (Xunta de Galicia). • Obxecto da axuda: Conceder pólizas de crédito ou préstamos ás PEMES para que se destinen ao financiamento do activo corrente. • Máis información: http://app.igape.es/.axudas/temp/IGAP145%20.doc GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

107


7 Proxectos de investimentos para a innovación ou a mellora tecnolóxica das PEMES: • Organismo outorgante: IGAPE (Xunta de Galicia). • Obxecto da axuda: Concesión de subvencións a fondo perdido en concorrencia competitiva para a innovación ou a mellora competitiva das PEMES. O investimento subvencionable estará entre os 100.000 e os 500.000 euros. • Máis información: http://app.igape.es/.axudas/temp/IGAP127%20.doc

8 Axudas de salvamento e reestruturación de empresas en crise: • Organismo outorgante: IGAPE (Xunta de Galicia). • Obxecto da axuda: Favorecer a volta á viabilidade técnica e económica das PEMES galegas que se atopen nunha situación de crise, mediante a concesión de axudas de salvamento ou reestruturación. Farase a través de garantías e axudas a fondo perdido. 108

• Máis información: http://app.igape.es/.axudas/temp/IGAP019%20.doc

9 Programa de apoio á innovación das PEMES 2007-2013 (Innoempresa): • Organismo outorgante: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. • Obxecto da axuda: Subvencións dirixidas ao apoio da innovación e competitividade das pequenas e medianas empresas mediante a realización de proxectos nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión empresarial. Esta axuda englóbase no Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (Innoempresa). • Máis información: http://app.igape.es/.axudas/ver_pdf.asp?cod=897 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


12.3 Axudas para o fomento da creación de empresas A continuación cítanse algunhas das máis salientables, así como unha serie de links onde poder obter información de cada unha delas: • Programa de promoción do emprego autónomo. http://traballo.xunta.es/ • Programa de apoio ás iniciativas locais de emprego (ILES). http://traballo.xunta.es/ • Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBTS). http://app.igape.es/.axudas/temp/TRAB014%20.doc • Liña ICO Emprendedores 2009. http://www.ico.es • Microcréditos da Obra Social Caixa Galicia. http://microcreditos.caixagalicia.es/ • Convenio IGAPE – Sociedades de Garantía Recíproca – Entidades Financeiras: - Liña Microempresas - Liña PEME Xove http://www.igape.es/axudas/9.html • Convenio IGAPE – ICO – Entidades Financeiras 2009: - Liña ICO PEME (xa comentada anteriormente) • Liña Emprendedores (para autónomos dados de alta desde o 01/01/2008) http://app.igape.es/.axudas/temp/IGAP151%20.doc • Programas de desenvolvemento rural promovidos por AGADER: - Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2009-2010 - Convenios de colaboración con entidades financeiras para apoiar os proxectos de desenvolvemento rural - Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2008-2009 - Programas LEADER, PRODER e AGADER. http://agader.xunta.es/Axudas_Agader.do GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

109



13. Direcci贸ns de Interese



13.

Direccións de Interese

Axencia Tributaria www.aeat.es

Delegacións provinciais de Facenda DELEGACIÓN A CORUÑA

DELEGACIÓN PONTEVEDRA

Código da Delegación: 15600

Código da Delegación: 36600

Rúa Comandante Fontanes, 10. 15003 A Coruña

Praza de Ourense, 1. 36002 Pontevedra

Teléfono: 981 20 13 00 Fax: 981 20 29 24

Teléfono: 986 85 15 31 Fax: 986 84 07 90

DELEGACIÓN LUGO

DELEGACIÓN VIGO

Código da Delegación: 27600

Código da Delegación: 54600

Rúa da Raíña, 2. 27001 Lugo

Rúa Lalín, 2. 36209 Vigo

Teléfono: 982 28 55 00 Fax: 982 22 49 11

Teléfono: 986 20 24 11 Fax: 986 20 41 91

DELEGACIÓN OURENSE Código da Delegación: 32600 Rúa Santo Domingo, 25. 32003 Ourense Teléfono: 988 23 25 11 Fax: 988 23 21 72

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

113


Seguridade social www.seg-social.es

Administracións da Seguridade social No apartado de direccións da paxina web da seguridade social aparecen todas as direccións das administracións da seguridade social para a Comunidade Autónoma de Galicia

Ministerio de traballo www.mtas.es

Dirección provincial de traballo DIRECCIÓN CORUÑA

114

PROVINCIAL

DA

DIRECCIÓN OURENSE

PROVINCIAL

DE

AVDA. EXERCITO, 12-14, PLANTA 2 15006 - A CORUÑA

AVENIDA DE MARÍN 29-31 BAIXO 32001 - OURENSE

Teléfono: 981138209

Teléfono: 988219265

DIRECCIÓN LUGO

PROVINCIAL

DE

DIRECCIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA

ROLDA DA MURALLA, 50 BAIXO 27003 – LUGO

R/ MÉXICO,29 36204 – PONTEVEDRA

Teléfono: 982223818

Teléfono: 982224200

DE

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Rexistro mercantil Central http://www.rmc.es/

Rexistros Mercantís REXISTRO DA CORUÑA

REXISTRO DE PONTEVEDRA

R/ NOVOA SANTOS, 5-7-9, 1º e 2º Telefono: 981-171613 Fax: 981-139741

R/EDUARDO PONDAL, 68 Telefono: 986-847244 Fax: 986-865988

REXISTRO DE COMPOSTELA

REXISTRO DE LUGO

SANTIAGO DE

RÚA DA ROSA 16, 1º A Telefono: 981-594628 Fax: 981-139741

PZA. SANTO DOMINGO 24 Telefono: 982-228754 Fax: 982-228754

Inspección de traballo 115

A CORUÑA

OURENSE

R/ Gaiteira, 54-56 (1ª Planta) 15009

Parque de San Lázaro, nº 12, 2ª Planta

Teléfono: 981 12 02 67 Fax: 981 12 20 82

32003 Teléfono: 988 23 12 12 Fax: 988 25 23 29

LUGO

PONTEVEDRA

Rolda da Muralla, 58 27071 Teléfono: 982 22 39 05 Fax:982 22 42 73

Avda. Cánovas del Castillo, 18 - Vigo 36202

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

Teléfono: 986 43 06 00 Fax: 986 43 08


Dirección xeral de tributos www.economiaefacenda.org

Consellería de Economía e Facenda Edificios Administrativos - San Caetano, s/n 15704 Santiago de Compostela Teléfono: 981 545 400 Fax: 981 544 125

Consello superior de cámaras www.camaras.org/publicado/

Cámaras de Comercio de Galicia

116

A CORUÑA

TUI

R/ Alameda 30-32 15003 A Coruña

R/. A. G. BESADA, 15, 1º Dta.

Teléfono: 981 216 072

36700 TUI (PONTEVEDRA) Teléfono: 986 600 216

LUGO

VIGO

Ramón Ferreiro, 18 Teléfono: 982284300

República Arxentina. 18 A. 36201 Vigo Teléfono: 986 44 63 46

OURENSE

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Avda. Habana 30 bis 32003 Ourense

Polígono de Costa Vella, R/República Checa, 40 15707 Santiago de Compostela Teléfono: 981 55 17 00

Teléfono: 988 23 31 16

PONTEVEDRA Xardín Vincenti 4, 36001 Pontevedra Teléfono: 986 866 303�

VILAGARCÍA Avda. Doutor Tourón, 46 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA Teléfono: 986 56 52 86

FERROL R/ María 15 15401 FERROL Teléfono: 981 36 90 35

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Outras direccións de interese IGAPE Complexo Administrativo San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela. informa@igape.es Teléfono 981 587633 www.igape.es

C.E.E.I. GALICIA, GALICIA)

ASOCIACIÓN DE TRABALLADORES AUTÓNOMOS – ATA GALICIA R/ Antonio Carballo, nº 1 - 1º D 15007 - A Coruña Teléfono: 981 243 763 www.atagalicia.com

S.A.

(BIC

Barrio de San Lázaro 63A Edificio IGAPE 3º 15703, 2174 SANTIAGO Teléfono: 981546823 Fax: 981 54 68 32 www.bicgalicia.es

CONSELLO GALEGO COOPERATIVAS

DE

Rexistro Central de Cooperativas Edificio Administrativo San Caetano, B1. 5. 3º 15781 Santiago de Compostela Teléfono: 981 54 55 40 www.cooperativasdegalicia.org

UNIÓN DE PROFESIONAIS E TRABALLADORES AUTÓNOMOS DA GALICIA (UPTA GALICIA)

SERVIZO GALEGO COLOCACIÓN

Rúa Mónaco nº1, Local 2-1

902 262 902 Teléfono de atención a demandantes

15703 Santiago de Compostela Teléfono: 981 55 23 85 Fax: 981 55 41 25 www.uptagalicia.org

Teléfono de atención a empresarias:

de emprego: 902 125 000 http://traballo.xunta.es/

FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA – FEAGA

REXISTRO LABORAIS

Rúa Sinforiano López, 55 Baixo 15005 A Coruña (Galicia). – Teléfono: 981 151 453

Consellería de Traballo Complexo Administrativo de Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela Teléfono: 981 54 56 87

http://feaga.org/

DE

SOCIEDADES

http://traballo.xunta.es/

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

DE

San

117



14. Preguntas Frecuentes



14.

1.

Preguntas Frecuentes

Como tributan os rendementos obtidos por un autónomo?

Os rendementos derivados da actividade empresarial do empresariado autónomo tributarán polo IRPF. Unha vez cuantificados e obtida a base impoñible aplicaráselle o tipo de gravame establecido no Imposto sobre a Renda.

2. É máis favorable, en canto á tributación, constituírse como autónomo ou como sociedade mercantil? Tendo en conta que no IRPF, a non ser na estimación obxectiva, o xeito de determinar a base é moi similar á do Imposto sobre sociedades, a principal diferenza radica no tipo de gravame. No IRPF o tipo é progresivo mentres que no Imposto de sociedades é proporcional, polo que existe un importe de base impoñible que unha vez superado compensará constituírse como sociedade mercantil. 121

3. Unha persoa soa pode constituír unha Sociedade Limitada? Si, é posible. É o que se denomina Sociedade Limitada Unipersoal (S.L.U.), que conta coas mesmas características que a Sociedade Limitada. Ademais da modalidade de S.L.U., unha soa persoa podería constituír unha empresa baixo a denominación Sociedade Limitada Nova Empresa ( S.L.N.E). Neste caso, a nova empresa está pensada para proxectos empresariais máis pequenos. Baixo esta forma podes constituír a túa empresa con plenas garantías xurídicas nun prazo de 48 horas.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


4. Cal é a base de cotización para os traballadores autónomos ? No réxime de traballadores Autónomos da Seguridade Social a base de cotización será a elixida polo traballador ou traballadora entre as bases mínima e máxima que lle corresponda. Durante o ano 2009, a base elixida situarase entre unha base mínima de cotización de 833,40 euros mensuais e unha base máxima de cotización de 3.166,20 euros mensuais.

5. Pódese cambiar a base de cotización? Isto Inflúe na pensión por xubilación? As persoas que coticen no réxime de autónomos poden elixir libremente a súa base de cotización, sempre tendo en conta os límites establecidos. Para o cálculo da pensión por xubilación téñense en conta as cotizacións dos últimos 15 anos, polo que moitos autónomos incrementan a súa base durante ese período para incrementar, deste xeito, as súas prestacións por xubilación.

6. Que percepcións terei en caso de baixa ou incapacidade temporal? A contía das percepcións obterase aplicando as seguintes porcentaxes á base reguladora. 122

Se deriva de enfermidade común ou accidente non laboral: • O 60%, que se aboará desde o día cuarto ao vixésimo da baixa, ambos inclusive. • O 75%, que se aboará a partir do día vixésimo primeiro. Se deriva de accidente de traballo ou enfermidade profesional, aboarase o 75% da base reguladora desde o día seguinte ao da baixa, sempre que a persoa interesada optase pola cobertura das continxencias profesionais. A base reguladora obterase dividindo o importe da base de cotización do traballador, no mes anterior ao da data de iniciación da incapacidade, polo número de días aos que dita cotización refírese (no caso de ter un salario mensual o divisor será 30). Hai que ter en conta que unha incapacidade temporal non interrompe a obriga de cotizar, polo que haberá que seguir facendo fronte ás cotas da Seguridade Social.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


7. Teño que seguir cotizando durante a incapacidade temporal? Si. A obriga de cotizar non se interrompe pola baixa temporal. Se ben existe a posibilidade de solicitar un aprazamento do pago durante o período de incapacidade. Poderase pedir este aprazamento se se supera o mes de baixa e non se teñen débedas coa Seguridade Social

8. Teño que cotizar pola persoa que me substitúe durante unha baixa? Si. Se se contrata unha persoa para seguir coa actividade, nace a obriga de cotizar por ela. E como a actividade non se paraliza o autónomo ou autónoma non poderá pedir o aprazamento dos pagos da cotización.

9. É posible cotizar simultaneamente no réxime xeral e no réxime de autónomos? Si. Se un traballador ou traballadora por conta allea realiza simultaneamente actividades que dan lugar á cotización en distintos réximes deberá darse de alta e cotizar neles. Isto non implica que poida contabilizarse como dobre o tempo cotizado simultaneamente. Aínda que si terá efectos para a xubilación, xa que cotizando simultaneamente por dúas actividades o período mínimo esixido, terase dereito a dúas pensións de xubilación.

10. É posible cotizar por horas á Seguridade Social no réxime de autónomos? Non. Neste réxime existe a obriga de cotizar pola xornada completa aínda que se traballe tan só unhas horas ou uns días ao mes.

11. A efectos do réxime especial do recargo de equivalencia, que é o comercio polo miúdo? O comercio polo miúdo consiste en ofertar, de xeito profesional, artigos aos destinatarios finais empregando ou non un establecemento para tal efecto.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

123


12. Cal é o contido mínimo que ten que ter unha factura para ser válida a efectos do IVE? Os contidos mínimos que se deben especificar na factura son: • Número. As facturas deben estar numeradas e seguir unha orde. • Data na que se emite a factura. • Nome e Apelidos ou a denominación de quen a emite e de quen a recibe. Tense que reflectir quen é o que vende o ben ou servizo e quen o merca. • NIF (número de identificación fiscal) do que emite a factura. • Domicilio do expedidor e do destinatario (só se a emite unha sociedade mercantil) • Descrición das operacións. Débense incluír todos os datos necesarios acerca da venda, de tal xeito que se poida identificar o tipo de IVE (16%, 7% ou 4% ) que se debe aplicar. Dentro desta descrición sempre se debe poñer o prezo do produto. • A contía á que ascenda o IVE, que debe figurar por separado.

13. Se me conceden unha subvención para mercar un tractor Teño que declarala? 124

Si, no IRPF. Como se trata dun elemento que se ten que amortizar, a subvención incorporarase á base impoñible nos anos sucesivos na mesma contía na que se amortice o tractor.

14. Como podo saber se lle teño que reter a un provedor? Para estes casos a AEAT ten un servizo de consulta online (www.aeat.es), onde introducindo o NIF do provedor indicarase se é necesario efectuar a retención.

15. Durante canto tempo existe o dereito a deducir o IVE ? Catro anos. Durante ese tempo pódese incorporar unha factura existente a calquera liquidación que se realice. Por exemplo, pódese incorporar á última liquidación unha factura que se perdera hai dous anos e que se atopou na actualidade. Neste sentido, hai que ter en conta que para poder deducir o IVE dunha factura esta debe estar recollida nos libros. Se se atopase unha factura que se perdera, deberase rexistrar antes de deducila.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


16. No réxime do recargo de equivalencia teño que pagar recargo se quero cambiar o mobiliario? Non. O recargo de equivalencia tan só se aplica ás mercadorías que son obxecto de revenda. Se un provedor do mobiliario pretende cobrar o recargo, non se lle deberá aboar. Elementos tales como a electricidade, a auga, os servizos de profesionais ou o material de oficina están exentos do recargo.

17. Canto tempo hai que cotizar para cobrar a maternidade? Os días que hai que ter cotizados para acceder á maternidade dependeran da idade: • Menores de 21 anos, non se esixe cotización. • Entre 21 e 26 anos, 90 días dentro dos últimos 7 anos, ou 180 días cotizados en toda a vida laboral. • Para as maiores de 26 anos, esíxense 180 días dentro dos últimos anos ou 360 días en toda a vida laboral.

18. A que idade se pode xubilar un Autónomo ou Autónoma? Aos 65 anos. Tamén se pode xubilar anticipadamente, aínda que con penalizacións, a partir dos 60 anos se cumpre dúas condicións: • Ter cotizado polo menos un día antes de 01/01/1967. • De toda a súa vida laboral un 25% como mínimo debe de ser nun Réxime distinto ao do traballador autónomo.

19. Se realizo varias actividades económicas e por unha de elas estou abrigado a tributar en estimación directa. Que pasa coas outras ? Se realizas varias actividades económicas é nunha delas estas obrigado a empregar a estimación directa (IRPF) ou no réxime xeral (IVE), as outras actividades pasaran automaticamente ao mesmo réxime de IRPF ou IVE.

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO

125


20. Como empresario/a individual que libros teño que levar ao Rexistro Mercantil? Os únicos libros que hai que inscribir no Rexistro Mercantil son o Libro de Inventarios e Contas Anuais e o Libro Diario. Entón os únicos empresarios individuais que terán que inscribir os seus libros no rexistro mercantil serán os que tributen en estimación directa e realicen actividades mercantís, é dicir, os que teñan que levar unha contabilidade acorde co Código de Comercio.

21. Que gastos terei se desexo constituírme coma unha sociedade mercantil? Basicamente, os gastos que terás se decides adoptar a forma dunha sociedade mercantil serán: • Os gastos de Rexistro no Rexistro Mercantil. • Os gastos de Notaría O pago do Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados, que na súa modalidade de operacións societarias suporá o 1% do capital achegado para constituír a sociedade.

126

GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.