(…) para quien el arte es tensión y densidad de significados; cuestión de actitud personal y sopesamiento de conocimiento y sensibilidad; proyección (en definitiva) conducida desde la mismidad individual a lo colectivo (Sáenz de Gorbea, 1992).
Traballa co propio proceso de maduración e elaboración e parece fuxir, por tanto, do obxeto final exposto na vitrina dun museo (sen pistas sobre a súa xénese). No seus traballos o proxecto expándese, retroaliméntase e sufre constantes modificacións que aparecen reflexadas na documentación. 1. Jardin d’hiver (Jardin blanc)
Este libro de artista aparece no contexto dos macro-proxectos que Francisco Ruiz de Infante desenvolve ó longo de varios anos, neste caso no Centro de Tránsito para adolescentes, parece que asistamos ó Work in Progress, e neste contexto é pertiente destacar que a utilización do soporte de libro de artista lle permite convertir o material documental nun recurso metalingüistico sobre as súas obras. Jardin d’hiver toma a forma de relato-diario sobre o proceso de traballo nun invernadoiro (na introducción do texto se nos aclara que existe ese espacio e que Ruiz de Infante traballou nel para o proxecto de Centro de tránsito para adolescentes). Non é polo tanto un espazo imaxinario, e as observacións físicas que nos proporciona se complementan coas fotografías descriptivas dalgúns detalles do espazo. Nas páxinas relatase a través do texto e a imaxe (que lonxe de ilustrar, presenta batalla) o esforzo para “habitar” un invernadoiro abandonado, onde a naturaleza invade o espazo introducíndose polas gretas; reclama o protagonismo, loitando contra o ensimismamiento do artista, a ruina, a realidade exterior que o reclama. No libro relata as dificultades físicas de traballar neste tipo de espazos, o frio, a chuvia, a ambivalencia de desexar abandonalo e a rutina do traballo.
205 Revista :Estúdio, Artistas sobre outras Obras. ISSN 1647-6158, e-ISSN 1647-7316. Vol. 3 (6): 204-208.
por espazos arquitectónicos modificados, taboas apoiadas que conforman unha fráxil pasarela, vasos, mobles pintados de branco…. Proxectos que se desenvolven ó longo de varios anos. Nas publicacións e catálogos de exposicións xeneradas por estes proxectos, podemos atopar os debuxos, bosquexos, planos e as distintas fases do proceso de desenvolvemento. No texto do catálogo de Centro de tránsito para adolescentes atopámonos coa seguinte descripción da concepción de Francisco Ruiz de Infante acerca das implicacións da arte e o proxecto: