Conclusión
O traballo por proxectos analizado no presente artigo revélase como unha metodoloxía útil que pode ser (como noutros ámbitos) aplicado no campo artístico, Muntadas aplicou este modelo de forma efectiva, acomodando as particularidades de cada participación no contexto so sistema da arte (como no caso da súa participación na Bienal de Venecia representando a España no pabellón español. Unha das dúbidas que nos xurden analizando a súa traxectoria, e si o espectador non se sinte abrumado pola cantidade de información dispoñible que constitúe cada proxecto, información que contida na publicación conforman un dispositivo efectivo de arquivo e comunicación, pero que no contexto da exposición probablemente apenas roce a percepción do apresurado paseante que lle bota un vistazo as obras colgadas nos museos pero elude a implicación da lectura e análise das decenas de documentos que se lle mostran.
Referencias AAVV (2002) Muntadas: On Translation. Barcelona: Ed Actar. AAVV (2005) Muntadas: On Translation. I Giardini. Madrid: Ed. Ministerio de
Contatar o autor: silviagarcia@uvigo.es
asuntos Exteriores y de cooperación. AAVV (2008) Muntadas. la construccion del miedo y la perdida de lo publico. Granada: Centro José Guerrero, Diputación de Granada.
229 Revista :Estúdio. ISSN 1647-6158. Vol. 3, (5): 225-229.
cargo, polo que despois dun tempo decidiu crear en internet un arquivo mundial da censura (File Room) como un modo de reaccionar, exortizar o que para outros artistas sería un fracaso esteril. Tomou nese sentido o proxecto fracasado como un site specific, e decidiu crear unha ferramenta que servira para que outros artistas e cidadáns puderan difundir outros casos de censura relacionada coa arte. Polo tanto no transcurso dos proxectos retómanse as ideas, reconstrúense, e actívanse mediante unha intervención específica que pode ser unha intervención especial, un dispositivo on-line, unha pegatina ou unha publicación. O traballo en proceso, permite incorporar na reelaboración de cada proxecto novas realidades, procesos que se reconstruen en cada novo dispositivo.