228 García González, Silvia (2012) “A metodoloxía de traballo de Antoni Muntadas, A traducción cultural e o Work in Progress.”
A mensaxe que Muntadas coloca na vía pública, na fachada do pabellón español na Bienal de Vencecia, e tamén como papel adhesivo para pechar sobres, ou como pegatina nunha farola, un dispositivo mediador en distintos soportes, a mensaxe di: “¡Atención! a percepción require implicación.” Toda unha declaración de intencións que transita no seus proxecto só longo de varias décadas, podemos advertir ese propósito de interferir na mirada do cidadán sen resultar invasor, sen colaborar dende a arte á inflación do mobiliario urbano. En canto ó contexto no que traballa en cada actuación, na publicación titulada Muntadas la construcción del miedo y la pérdida de lo público, Muntadas escribe nas súas notas datadas de 2006: Cada Proyecto tiene que asumir su propio contexto y lo que ese contexto genera, y no debe crear una producción mecanicista por el simple hecho de que existan ciertas situaciones y problemáticas similares. Esa es una de las razones de no poder anticipar una duración final del proyecto (Muntadas, 2008: 85).
O proxecto On Translation Fear/miedo analizou o paralelismo de dúas situacións similares na fronteira entre México e EEUU e a fronteira entre España e África, analizando mediante entrevistas os estereotipos, os medos, a manipulación da información e os prexuizos que se dan en ambos casos, sin permitir que o excesivo énfasis nos paralelismos nos obligue a simplificar o ánalise, por iso en sentido o traballo no propio contexto, a complicidade cos equipos multidisciplinares que traballan sobre o terreo e non permiten aplicar a mirada colonizadora do artista-xenio o que estamos tan acostumados. 3. Work in Progress
Os procesos de traballo de Muntadas son case sempre proxectos a longo prazo, nos que a colaboración entre equipos multidisciplinares é esencial. Neses proxectos prodúcese unha continua negociación que atinxe a producción, as institucións culturais, os mediadores que invitan a Muntadas a participar nun proxecto, por iso é frecuente que os proxecto evolucionen ó longo dos anos e permanezan en stand by ou xeneren outros proxectos. Este foi o caso por exemplo de TVE que lle encargou facer un programa para Metrópolis pero cando comezou a investigar nos arquivos de TVE e como esta institución non coidaba debidamente os seus propios arquivos, anularon o en-