227
2. Site specific
No seu traballo segue a idea de site specific porque o contexto configura a orientación específica de cada intervención. En Venecia, no pabellón español, traballou coa propia historia dos Giardini onde ten lugar a Bienal de Arte, arquitectura creada a un evento concreto, no que a intra-historia dos pabellóns revela as estratexias socio-políticas do poder e a súa manifestación a través da arte, a documentación xenerada nesa búsqueda sera recopilada na publicación, creando non un simple catálogo, senón un dispositivo que se activa tamén despois da exposición. Na súa estratexia de búsqueda e análisis pon en marcha equipos multidisciplinares de persoas que no contexto dos workshops analizan o contexto social e cultural invitando a arquitectos, urbanistas, historiadores e estudantes a que percorran a cidade nunha especie de “deriva antiturística” e intenten aprehendela dende distintos puntos de vista. Nos dispositivos e intervencións nos que inxire os seus proxectos evidencia os mecanismos de comunicación, a linguaxe da publicidade, a dos políticos, a dos Media. Busca o intersticio no diálogo coas imaxes que se produce na rúa, co propósito de subertir a imaxe, facendo que o cidadán se chegue a percepción crítica, coma un xeito de tomar consciencia do sistema de poder que agochan as imaxes.
Revista :Estúdio. ISSN 1647-6158. Vol. 3, (5): 225-229.
Figura 1 – Pegatina-intervención Atención: La percepción requiere participación de Antoni Muntadas sobre publicación (2006). Fonte propia.