226 García González, Silvia (2012) “A metodoloxía de traballo de Antoni Muntadas, A traducción cultural e o Work in Progress.”
As súas obras artísticas organízanse en torno a proxectos que duran varios anos, nun work in progress que combina coa idea de Site specific, porque o contexto configura a orientación específica de cada traballo. Dependendo da institucións museística e artística coa que traballa e a proposta de colaboración que estableza, traballa coa exposición como dispositivo que pon en relación diversos ámbitos, o artístico e o social. Analiza o contexto social no que se insire o seu traballo dende unha perspectiva transnacional, exercitando a lectura das cidades nas que traballa, buscando un certo pathos. A súa metodoloxía require dun análise pormenorizado pero o mesmo tempo, revélase como unha ferramenta útil, un posible modelo para outros artistas. 1. On Translation
A idea de tradución cultural plásmase nos proxectos de On Translation que desenvolveu dende o ano 1995 onde ocupan un lugar clave os protocolos que interfiren e median nos procesos de comunicación. A traducción non atinxe só os procesos lingüísticos, a traducción afecta tamén ós procesos culturais, ós protocolos informáticos, e o ritual da comunicación…Como un observador atento da realidade era lóxico que no transcurso dos anos reparase nos procesos de comunicación que son chave para poder levar a cabo un proxecto, unha obra concebida para un contexto e que non foi xerada na soídade do estudo empaquetada, transportada e mostrada polos especialistas das institucións como lle sucede a unha grande parte dos artistas. Nas notas que publicou no volumen On traslation: I Giardini atopamos as referencias ós seus propósitos (as notas están datadas no comezo do proxecto On Translation en 1995): On Traslation es una serie de obras que exploran cuestiones de transcripción, interpretación y traducción. Del lenguaje a los códigos. Del silencio a la tecnología. De la subjetividad a la objetividad. Del acuerdo a las guerra. De lo privado a lo público. De la semiología a la criptografía. (Muntadas, 2005:16)
Atopamos esplícitamente o propósito de analizar dende o ámbito artístico os mecanismos de comunicación, de traducción cultural que se producen cando falamos de arte contemporáneo que se amosa en institucións públicas e privadas de distintas partes do mundo. As súas obras polo tanto amosan, tamen para os artistas, os intersticios do sistema artístico (obxetivo doutro proxecto que desenvolveu o longo de varios anos Entre/ Between, a última intervención-exposición que na actualidade 2011-2012 pódese contemplar no MNCARS en Madrid).