REVISTA A GUÍA

Page 1


EDITORIAL Isto que ides a ler e desfrutar é un anaco de tempo, un anaco de memoria do que sucedeu neste curso escolar no CEIP A GUÍA. Polo tanto, tedes un pequeno tesouro nas vosas mans. Un resumo do traballo feito polo alumnado do centro e dos acontecementos que sucederon durante o curso 2019-2020. Esas cousas que pasaron e que fomos vivindo tod@s xunt@s. Na escola aprendemos moitas cousas importantes para a vida, pero o máis importante é que se aprende a vivir e convivir (e a coller ben o lápis). Un curso escolar é coma unha pantalla dun videoxogo que temos que superar para pasar a unha outra un pouco máis complicada, e así ata que a nosa formación está completa. Polo camiño imos agrandando o noso corpo, van collendo peso as ideas; os medos vanse tornando pequenos… é un cambio lento que vivimos con inquedanza, pero que é necesaria para o noso futuro. Máis adinate, nese futuro que apenas podemos ver ao lonxe, os que agora sodes nenos e nenas seguro que ides a esquecer algunhas das vivencias da escola primaria, xa que será un minúsculo tramo de traxectoria da vida. Esta revista poderá axudar a lembrar os pequenos e grandes momentos que van formando a historia dun curso escolar. Recollemos aquí todos aqueles traballos que fixeron os alumnos/as do centro no Obradoiro de expresión escrita, así coma as celebracións e acontecementos importantes que sucederon no centro durante este curso. Coa gran pena de non poder realizar moitas cousas que quedaron pendentes por culpa da crise sanitaria que asolou a nosa sociedade a mediados do mes de marzo. O proxecto quedou sen finalizar como nos guastaría, pero o resultado foi moi positivo, e podédelo comprobar a continuación por vós mesmo. Esperamos que o desfrutedes tanto coma o fixemos nós.


ÍNDICE CÓMIC

Pax 1-4

ENTREVISTA

Pax 5

ACRÓSTICOS

Pax 6

SAMAÍN

Pax 7

REFRANES

Pax 8-9

MAGOSTO

Pax 10

ENTROIDO

Pax 11-15

CONCURSO COMBA

Pax 16

DÍA DE ROSALÍA

Pax 16

DÍA DA PAZ

Pax 17

OBRADOIROS

Pax 18-19

HORÓSCOPO

Pax 20

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Pax 21

DESPEDIDA

Pax 22

FOTOS ALUMNADO

Pax 23-25

COLABORACIÓN NESTA REVISTA Destacar a participación e implicación de todo o alumnado do centro que traballou no Obradoiro de expresión escrita; coordinado polos mestr@s. Maite, Andrea e Santiago; xa que sen eles e elas isto non se podería levar a cabo; así coma a colaboración de todolos mestr@s do CEIP A GUÍA. Nota da editorial: por mor do estado de alarma decretado no noso país o día 13 de marzo, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, e a suspensión das clases presenciáis en todas as etapas educativas, acordamos dar por finalizado o Obradoiro de expresión escrita, xa que consideramos que ningún medio ou plataforma dixital, pode suplir o traballo presencial que se estaba a facer en dito Obradoiro, baseado na estreita colaboración entre o alumnado e os coordinadores da actividade.


Despois dun experimento fallido, facendo unha máquina de crioxenización; o protagonista da nosa historia, cae por accidente e se desconxela no ano 4032. É a fin do mundo na terra donde intenta sobrevivir .

CAÍNME ACCIDENTALMENTE NA MIÑA MÁQUINA E DESCONXELEIME AQUÍ. EN QUÉ ANO ESTOU? OH NO!! SAÍUME MAL!

ONDE ESTOU?

QUEN ERES E QUE FAS NO MEU LABORATORIO

ESTAMOS NO 2019. CON ESTA POCIÓNVOLTAR ÁS ONDE ESTABAS

A MOCHILA FOI TODO UN ÉXITO COLT!!

NA MESA DOS EXPERIMENTOS?? PODE PASARLLE ALGO MALO.

CON ESTA MOCHILA PROPULSORA PODES IR ANOS CARA ADIANTE E CARA ATRÁS. BOA SORTE!!!!

CREO QUE APOCIÓN NON FUNCIONOU. COMO PODO VOLTAR? VAIA!! QUE GOLPE E DIN!!

1 SI, ESTÁ MOI BEN. MIRA!!!! ALGUEN CAEU SOBRE A MESA!!!

1

IMOS PROBALA!!!


2


3


4


Este ano, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria, durante o obradoiro de expresión escrita levado a cabo polos mestres Mayte e Santi; deciden facer unha entrevista a ………. ENTREVISTA A SANTIAGO 1º Por que tiveches a idea de facer o cómic? Por que os cómics me parecen moi divertidos ,fáciles de ler e gústanme as ilustracións que acompañan aos textos. Pensei en facer un cómic con vos, porque neste grupo hai nenos e nenas que debuxades moi ben e aportartes moi boas ideas. 2ª Gústanche os cómics? Si, gústanme polas historias que contan. Penso que este que imos a facer vai a quedar xenial polas ideas divertidas que aportastes. 3º Cal é o teu cómic favorito? É unha decisión difícil, quizais os de Mortadelo e Filemón , gústanme moito estos personaxes polas disparatas aventuras que lle suceden continuamente. 4º Gústache ser profesor? Sí, sempre quixen ensinar, gústame ser participe da aprendizaxe dos nenos e nenas. Tamén aprendo moito deles. 5º Gústache o deporte? Cal practicas? Sí, gústame practicalo e velo. Practico tenis, vexo fútbol e baloncesto. De pequeno xogaba no Verín FC pero decidín deixalo porque non se me daba moi ben e nunca me convocaban. 6º Cales son as túas aficións? Gústame moito o cine e a música; gústame tamen ler. A última película que vin no cine foi O Joker. 7º Interésache a natureza? Paseo moito polo campo cando vpu ao meu pobo, penso que hai que coidala respetala. 8º Cal é a tua comida favorita? Eres vexetariano? É unha decisión complicada pero se tivera que elexir diría un bo cocido. Non, son omnívoro como de todo. 9º Cal é o teu mellor amigo? Tanto fora coma dentro do cole teño moitos. Moitas grazas Santi pola atención e sinceridade Grazas a vós, foi un placer atender as vosas cuestións.

5


6


HISTORIAS DE SAMAÍN

7


8


9


O dia 15 de Novembro celebramos no CEIP AGUÍA, o MAGOSTO. Comemos castañas e choripán que asou o mestre Santi, axudado polo alumnado de 6º de E.P. e a profe Ana. Ademáis os nenos e nenas de 6º, tamen nos axudaron a xogar nos xogos populares que prepararon coa axuda dos profesores. Un profe estaba en cada xogo para axudar aos de 6º a explicar ao grupo como se facia o xogo. Xogamos a: As carreiras de sacos onde te metias nos sacos e ías saltando hacia a meta. Xogamos coas chapas as carreiras, onde tiñamos que dar tres toques para chegar a meta. Os bolos. Tiñamos 6 bolos e 3 bolas para intentar facer un pleno. Temos que intentar tirar todos os bolos en 3 tiros collendo a bola cunha soa man. O tres en raia. Dividimos o grupo en parellas. Cada xogador tiña 3 chapas, e tiña que facer una raia en horizontal, diagonal ou vertical. Aos zancos: había que chegar ao centro da pista sobre uns zancos. Había zancos de diferentes tamaños. As cordas. Necesitábamos una corda e tiñamos que saltar de lado sen pisar a comba. O pañuelo. Dividimonos en 2 grupos e cada xogador elixe un número. Cando se di ese numero, o xogador ten que sair correndo a coller o pano e boltar a onde estaba sen que o pillen. A petanca. Tiñas que tirar unha bola pequena ata que pare. Os xogadores teñen 2 bolas mais grandes para tirar o mais próximo a pequeña. Foi moi divertido Alumnado de 1º e 2º Ed. Primaria

10


HISTORIA DO ENTROIDO: Tal e como coñecemos hoxe en día, o entroido é unha tradición provinte de países de fé católica. Foi a igresa quen, na idade media, atribuiu a esta tradición lúdica a súa etimoloxia, “carne-levare” que no Latín vulgar significa abandoar a carne. Máis tarde, prevalecería na palabra Italiana carnevale (deixar a carne) que é o comúnmente usado hoxe en día, cuxo significado literal fai referencia a época durante a que o pobo podía disfrutar de unha dieta rica en carne, símbolo do renacemento da virilidade, antes de comezar un período de 40 días de abstención, conocido para os católicos como Cuaresma. Sen embargo, esta tradición que navegantes Españois e Portugueses levaron as Americas no século XV, remontase a sociedade Exipcia de fai máis de 5000 anos. Posteriormente, os griegos adoptaron parte dos seus rituais en festas no honor de Baco, e logo, serían os romanos os que farían uso da tradición para poñerse finos a viño e delicias varias cas que celebraban a suas festas paganas. Os entroidos Galegos , presumen de ser oficialmente recoñecidos como ``Festas de Interés Turístico´´ por tratarse dunha festa con longa tradición popular onde os roles se invirten e está permitido rirse de todo. A frioleira de 175 municipios o longo e o ancho da comunidade estableceron como festivo o Luns e Martes de entroido e o Mercores de cinzas para disfrutar desta tradición. ALGÚNS ENTROIDOS DE GALIZA queremos destacar pola súa tradición son entre outros: Os Peliqueiros de Laza. Os Cigarróns de Verín. As Pantantallas de Xinzo. Os Xenerais de Ulla. Os Boteiros de Viana do Bolo. Os Volantes de Chantada. Os Merdeiros de Vigo. As Madamas e Os Galáns de Cobres. O Oso de Salcedo (Lugo). O Loro Ravachol de Pontevedra. Os Felos de Maceda. Os Choqueiros de A Coruña. Os Vellaróns de Castrelos As Máscaras de Manzaneda. Os Troteiros de Bande. A Pita de Eiroás. Os Vergalleiros de Serreaus.

11


A continuación, explicaremos máis profundamente algúns dos PRINCIPAIS ENTROIDOS DE GALICIA, nos que queremos repasar os personaxes máis destacados do entroido galego, así que, QUE COMECE O ENTROIDO!!!!!!!!! Na provincia de Coruña falaremos dos CHOQUEIROS, que se celebra o 23 de febreiro; Na provincia de Lugo falaremos do O OSO de Salcedo, onde o entroido dura dende o 21 ata o 26 de Febreiro; Na provincia de Ourense falaremos dos Vellaróns, Os Peliqueiros, Os Cigarróns e As Pantallas, que Terán lugar do 13 ao 25 de Febreiro e Na provincia de Pontevedra falaremos, dos Merdeiros de Vigo, As Madamas e Galáns e O Loro Ravachol, do 21 ata o 29 de Febreiro. OS CHOQUEIROS: No carnaval coruñés o principal é deixar voar a imaxinación, buscando o traxe máis disparatado e colorido para deleitar o público. No entroido do OSO DE SALCEDO, un veciño disfrazase con peles de animais simulando a figura dun oso. Esta figura despertase despois de estar hibernando abandoa a súa coba encargase de embarar a todo aquel que atopa no seu camino. É moi habitual ver a rapaces e maiores sair correndo para non ser atrapados polo oso. Os VELLARÓNS é un disfraz con unha máscara moi típica de municipio de Riós. Consiste nunha vestimenta moi colorida e un cinturón de esquilas. Saían en grupo a recaudar cartos para despois darse un festín. En ocasións concretas as máscaras ían acompañados de cans disfrazados.

Nos MERDEIROS DE VIGO, a súa vestimenta representa unha semellanza dous escabicheiros (campesinos que recollian os restos do peixe) valeiravan os pozos negros da cidade para abonar os seus campos.Levaban na súa indumentaria un gono,un farol e exaseraban os símbolos típicos dos campesinos. Paséanse saltando e gritantando co obxetivo de amedrentar a xente. Para iso ian armados cunha vara coa que lle vatian a xente,pero sen chegan a facerlles dano.

12


As MADAMAS E GALÁNS, van acompañados dunha charanga percorrendo as rúas levando levando a festa e o baile con eles.Este disfraz destaca pola súa obstentación do seu traxe,que representa un rango social e económico da época. As madamas ían vestidas con vistosas faldas de encaixe,unha blusa branca na que locen un peto con cadeas e outros adornos metálicos,é un espectacular sombreiro adornado con flores.Por outra banda os galáns levan tamén un gran sombreiro, unha camisa branca adornada con cintas de cores, garabatos, pano de seda, pantalón branco e zapato negro. En Pontevedra, para celebrar o entroido, recrearon o enterro e velatorio dun loro, o LORO RAVACHOL. Nesta celebración é habitual que o loro vaia disfrazado cun disfraz temático que varía de ano en ano, según o tema da actualidade. Este entroido celébrase o fin de semana para toda xente do pobo, e para que os turistas disfruten deste evento. En Laza, na comarca de Verín, os PELIQUEIROS son os protagonistas do entroido, levando unha coidada vestimenta que pode chegar a pesar ata 25 Kg, ca súa elaborada e extravagante vestimenta, chama a atención a mitra que levan suxeita na cabeza cun animal debuxado, as chocas na cintura e o seu traxe composto por: pantalón, Zamarra e outros accesorios. Os peliqueiros recorren as calles de Laza azotando ca súa zamarra (a fusta) a quen se atreva a saír a estrada sen o seu disfraz, que tamén reciben o nome de pel de animal (Pelica), que colga pola parte traseira da máscara en forma de coleta. As PANTALLAS son outros dos personaxes máis destacados do entroido galego e que tamén se encargan de vixiar a todo o mundo que saia a calle co seu disfraz. Visten con camisa e calzóns longos brancos, capa vermella ou negra, polainas negras, zapatos negros e unha faixa vermella da que colgan os cencerros, aínda que o que máis os caracteriza son as dúas vexigas de vaca que levan nas Outra das partes máis mans importantes e que utilizan para o disfraz é a máscara ou pantalla, para asustar que contén o a imaxe da cara do demonio público. con cornos e que está decorada con motivos ancestrais. Na tradición dice que si encontran a unha muller sen disfraz, deberán bailar o redor dela, e si polo contrario é un home, será perseguido ou levado en brazos ata un bar e deberá invitar a unha ronda de viños.

13


Os XENERAIS DE ULLA, están inspirados nas loitas que tiveron lugar na comarca do río Ulla durante a 1ª metade do século XIX, ca invasión das tropas napoleónicas. Estos aristócratas militares do entroido galego animan aos vecinos e visitantes da comarca do Ulloa a realizar unha burla da guerra a través das súas loitas dialécticas cas que provocan os pobos vecinos usando cómicos “ataques” ou “altos” simulando os empregados Estes xenerais nas empregan un tono moi humorístico, guerras. que predomina en todo o entroido galego, e que serve para que disfruten os do pobo que escoitan e contemplan este espectáculo. Outro personaxe destacado do entroido son OS CIGARRÓNS DE VERÍN, unha caracterización que se remonta o século XVI. Dise que a súa orixe provén dun impopular recaudador dos impostos dos de Monterrei. Destacan por levar unha máscara feita de madeira e pintada, na que resaltan as cellas, as meixelas, o bigotr, e unha ampla sorisa. Visten cunha camisa blanca, corbata e unha chaquetilla. O igual que os peliqueiros, levan chocas na cintura e unha fusta na man. Os cigarróns de Verín e os peliqueiros de Laza son caracterizados moi similares para o neral, aínda público que os xe- máis puristas sí que chegan a encontrar as súas diferenzas. Despois deste amplo repaso polo entroido da nosa xeografía galega, é o momento de centrarnos máis profundamente no da nosa comarca, MOAÑA.

14


O ENTROIDO EN MOAÑA O entroido (carnaval en español) é unha festa popular con tintes particulares e diferenciados entre as diversas localidades rurais de Galiza. O entroido en Moaña e no Morrazo conta cunha tradición centenaria como o demostra a foto da comparsa LOS DUENDES no ano 1913. Esta festa, era a máis importante do ano a comezos do século XX e durante a segunda República, é dicir, ata a súa prohibición despois de 1936 co inicio da ditadura de Franco. As comparsas existentes antes de 1936 foron moi importantes para un pobo como Moaña e certamente algunhas delas ían a Vigo onde eran recibidas con moita ledicia. Terían que pasar moitos anos, desde 1936 a 1980 para que o entroido volvera a recuperar a forza que tivera antes do franquismo e se renovara definitivamente. Durante aqueles anos escuros soamente se permitían os bailes de entroido, e podían saír os Curruvellos , que ían vestidos con roupas vellas e a cara tapada meténdose coa xente. Ademáis, a Asociación de Veciños Breogán empezou a planificar os primeiros enterros da Sardiña e a xoubiña coa colaboración da comparsa marinense. ESTA É A XOUBIÑA

ESTA É A SARDIÑA

A partir desa data irán nacendo moitísimas comparsas, entre elas OS DA TAZA, que grabaron moitas cintas e editaron cinco CDs nos que se recollen máis dun cento de cancións orixinais das que moitas delas foron recuperadas do entroido moañés de hai cen anos. Neste ano 2020 están a elaboración do cartel todos os anos, e dende o en participar. Como aínelexido, amosámobos o

facendo un concurso para do entroido como fan case CEIP A GUÍA non dudamos da non sabemos cal será o que gañou o ano pasado.

Ademáis, non debemos CEIP A GUIA de Meira o entroido dun xeito moi divertidos stants que cacativo, ata desfiles polo sen parar.

esquecernos de que no (Moaña), tamén celebramos peculiar, dende colocando racterizan cada nivel edupobo bailando e cantando

15


CONCURSO COMBA 2020 A mestra de E.F, un ano máis organizou no centro o concurso de comba. Estes foron os equipos que participaron no concurso.

Todos os equipos recibiron un agasallo pola súa participación, e o equipo que se proclamou gañador puido alzar o trofeo de campeón. Un ano máis a diversión estivo asegurada!!!!

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro foi unha escritora que naceu no ano 1837 en Santiago de Compostela, casouse con Manuel Martínez Mugría no ano 1858 .Escribiu tanto en galego como en castelán, xa que na época que ela vivía, o galego estaba prohibido. Ela non aceptaba iso, e loitou para que se volvera a falar e a escribir en galego. Escribiu moitos poemas sobre a súa terra, que tiveron tanto éxito que Incluso algún se converteron en cancións por distintos artistas cómo o de “Adeus Ríos Adeus Fontes”. Tamén escribiu un libro chamado ”Cantares Gallegos”, que foi a primeira obra da literatura galega e contemporánea publicada na época. Rosalía tamén escribiu obras importantes cómo:Follas Novas, O Cabaleiro das botas azuis, As Literatas, O primeiro louco, O domingo de Ramos, Costumes Galegas, Nas Orillas de Sar, A Flor, A Filla Do Mar, A miña nai ,Cantares Da Miña Terra e O Cadiceño, entre outras.

16


30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ Con motivo da temática central deste curso “A CIENCIA”, o alumnado, para conmemorar o día da paz, imaxinaron os seus propios inventos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgúns deles.

17


OBRADOIROS DIDÁCTICOS

18


19


20

HORÓSCOPO A GUÍA


21


DESPEDIDA ALUMNADO 6º DE ED. PRIMARIA

“Cando entrei no cole, coñecín a moitos amigos e foi alucinante, porque tamén me ensinaron moitas normas. Gústame moito pero sei que este ano marcho do colexio.”

“Cando entrei no cole, coñecín a moitos amigos e foi alucinante, porque tamén me ensinaron moitas normas. Gústame moito pero sei que este ano marcho do colexio.”

“Eu paseino moi ben no cole da GUÍA, e fixen moitos amigos”

“Para min estudiar no CEIP A GUÍA, supuxo: aprender a ler e a escribir, facer novos amig@s e coñecer a nov@s profesores”

“Eu penso que estou contenta de estudiar neste colexio, paréceme xenial. Ao ser un cole pequeno coñeces a todo o mundo. Os profesores son moi bos, É un lugar donde aprendes moito.”

Para min estar no colexio da Guía, foi unha experiencia que nunca esquecerei. Compartir todos os momentos que pasei cos meus amigos e amigas, algunas risas, enfados ou choros., algún enfado.

“O colexio da GUÍA é unha gran rede de coñecementos que empregarei máis adiante na miña vida cotiá. Tamén supuxo facer grandes amizades, aprender a falar inglés e gran parte da vida”.

“Para min estar no CEIP A GUÍA, supuxo un avance nás materias e coñecer a amig@s e a profesores.”

“O CEIP A GUÍA, é unha pequena familia para min. Dame moita pena que os últimos días de cole, non os poida desfrutar cos meus amig@s e profesores.”

“A miña experiencia foi moi agradable. De maior quero ser profesora e penso que é porque o pasei xenial no cole. Quero nun futuro dar clases neste cole, porque é maravilloso”.

22


23


24


25



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.